O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 24.2.2026 aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Marcón (Pontevedra) e Vilarchán (Ponte Caldelas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.
Antecedentes e consideracións técnicas:
Primeiro. O 19.8.2025 a representación da CMVMC de Marcón presentou a solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Marcón (Pontevedra) e a CMVMC de Vilarchán (Ponte Caldelas).
Os montes veciñais en man común (en diante MVMC) afectados por este deslindamento son:
– MVMC de Castañal e outros (ID monte: 3868) da CMVMC de Marcón.
– MVMC de Vilarchán (ID monte: 3072) da CMVMC de Vilarchán.
Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento, consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):
– Acta do apeo do deslindamento do 20.2.2025.
– Demanda e acta de conciliación do 3.7.2025 no Xulgado de Paz de Ponte Caldelas (Auto 38/2025).
– Certificado do secretario da CMVMC de Marcón, coa conformidade do presidente do 15.6.2025, da aprobación na Asemblea xeral do 15.6.2025.
– Certificado do secretario da CMVMC de Vilarchán, coa conformidade do presidente do 9.6.2025, da aprobación na Asemblea do 30.3.2025.
– Memoria descritiva, asinada o 19.8.2025 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 296 do COETF de Galicia, co plano de deslindamento e a cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829 dos puntos medidos.
– Informe de validación gráfica catastral con CSV: CMAECFW20PGWW821 e Q6RY0T7B7MSGG4PN.
Segundo. Os puntos levantados no campo de acordo coas dúas comunidades e que se corresponden con puntos identificados con fitos sobre o terreo son os seguintes:
|
Puntos_Tot |
UTMX |
UTMY |
|
1 |
535.076,34 |
4.696.065,20 |
|
2 |
535.114,17 |
4.696.108,07 |
|
3 |
535.152,69 |
4.696.143,82 |
|
4 |
535.183,82 |
4.696.169,46 |
|
5 |
535.259,95 |
4.696.248,06 |
|
6 |
535.291,11 |
4.696.275,24 |
|
7 |
535.339,61 |
4.696.317,93 |
|
8 |
535.376,25 |
4.696.347,55 |
|
9 |
535.414,51 |
4.696.379,62 |
No traballo de gabinete establécense puntos de deslindamento secundarios para respectar as propiedades particulares e o dominio público dos ríos. Estes puntos son:
|
Puntos_Tot |
UTMX |
UTMY |
|
1.1 |
535.050,93 |
4.696.036,41 |
|
9.1 |
535.454,14 |
4.696.412,82 |
Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 553 m (0,55 km) e vén descrita por un único tramo que percorre en liña recta os puntos 1.1-1-2-3-4-5-6-7-8-9-9.1, e que corresponde cos seguintes puntos en coordenadas ETRS89 (zona29N):
|
Puntos_Tot |
UTMX |
UTMY |
|
1.1 |
535.050,93 |
4.696.036,41 |
|
1 |
535.076,34 |
4.696.065,20 |
|
2 |
535.114,17 |
4.696.108,07 |
|
3 |
535.152,69 |
4.696.143,82 |
|
4 |
535.183,82 |
4.696.169,46 |
|
5 |
535.259,95 |
4.696.248,06 |
|
6 |
535.291,11 |
4.696.275,24 |
|
7 |
535.339,61 |
4.696.317,93 |
|
8 |
535.376,25 |
4.696.347,55 |
|
9 |
535.414,51 |
4.696.379,62 |
|
9.1 |
535.454,14 |
4.696.412,82 |
Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe lindancia. O deslindamento non afecta terceiros propietarios.
A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación, polo que se presenta un axuste do esbozo da CMVMC de Vilarchán. A CMVMC de Marcón ten unha revisión de esbozo (exp. RE25037) que se axusta a este deslindamento.
O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no art. 53 da LMG, polo que propón que o Xurado aprobe o deslindamento segundo a liña presentada.
Cuarto. O art. 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.
Á vista do exposto, este Xurado
RESOLVE:
Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Marcón (Pontevedra) e Vilarchán (Ponte Caldelas), nos termos antes indicados.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes, de acordo co disposto nos art. 123 e 124 LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.
Pontevedra, 18 de marzo de 2026
Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra
