DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 21951

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito destinado ás axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego (código de procedemento PR858A).

O 13 de xaneiro de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 19 de decembro de 2025, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego e se convocan para o ano 2026, mediante tramitación anticipada de gasto (código de procedemento PR858A).

O artigo 2 desta resolución establece a contía inicial dos créditos destinados a financiar estas axudas con cargo á aplicación orzamentaria 04.03.461A.470.0, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria.

Na data actual, e coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados, cómpre ampliar o importe do crédito asignado a esta axuda, con cargo á aplicación orzamentaria 04.03.151A.470.0.

Polo exposto e en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación de crédito

Amplíase o crédito destinado ás axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego en 160.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.03.151A.470.0. O importe total destinado ao financiamento destas axudas é de 200.000,00 euros.

Artigo 2. Prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Artigo 3. Réxime de recursos

Contra esta resolución poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Alternativamente, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2026

Pedro Francisco Rojo Otero
Secretario xeral de Medios