DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22304

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de marzo de 2026, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución aprobatoria do deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Marcón (Pontevedra) e A Reigosa (Ponte Caldelas) (expediente DC25064).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra resolveu, na súa reunión do 24.2.2026, aprobar o deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) de Marcón (Pontevedra) e A Reigosa (Ponte Caldelas), con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. O 19.8.2025, a representación da CMVMC de Marcón presentou a solicitude de deslindamento entre a CMVMC de Marcón (Pontevedra) e a CMVMC da Reigosa (Ponte Caldelas).

Os montes veciñais en man común (en diante MVMC) afectados por este deslindamento son:

– MVMC de Loureda, Pazos, Costa de Barcia, Monte de Carrasco, Beleitar e Portela (ID monte: 2952) da CMVMC de Marcón.

– MVMC de Reigosa (ID monte: 3069) da CMVMC da Reigosa.

Consta no expediente a seguinte documentación do deslindamento, consonte o artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (LMG):

– Acta do apeo do 9.6.2025.

– Certificado do secretario da CMVMC de Marcón, coa conformidade do presidente do 15.6.2025, da aprobación na asemblea xeral extraordinaria do 15.6.2025.

– Certificado do secretaria da CMVMC de Reigosa, coa conformidade do presidente de 15.6.2025, da aprobación na asemblea xeral extraordinaria do 15.6.2025.

– Demanda e acta de conciliación do 3.7.2025 no Xulgado de Paz de Ponte Caldelas (Auto 39/2025)

– Memoria descritiva, asinada o 18.8.2025 polo enxeñeiro técnico forestal colexiado núm. 296 do COETF de Galicia, co plano de deslindamento e a cartografía en formato dixital no Datum ETRS89/UTM zona 29N EPSG: 25829 dos puntos medidos.

– Informe de validación gráfica catastral con CSV: A1NA37299FJMHC4V e RP6V417BRYW1BJTQ.

Segundo. Os puntos en coordenadas ETRS89 (zona 29N), levantados no campo de acordo coas dúas comunidades e que se corresponden con puntos identificados con fitos sobre o terreo son os seguintes:

Punto

UTMX

UTMY

1

533.329,09

4.693.611,60

2

533.479,43

4.693.813,55

3

533.828,99

4.694.227,89

4

533.851,84

4.694.253,72

Terceiro. A liña de deslindamento proposta ten unha lonxitude de 828 m (0,83 km) e vén descrita por un único tramo que percorre en liña recta os puntos 1-2-3-4 descritos no antecedente segundo.

Revisada a cartografía das resolucións de clasificación de ambos os MVMC, detéctase que existe lindancia. O deslindamento non afecta terceiros propietarios.

A liña de deslindamento produce modificacións na cartografía dos esbozos de clasificación, polo que se presenta un axuste do esbozo da CMVMC da Reigosa. A CMVMC de Marcón ten unha revisión de esbozo (exp. RE25037) que se axusta a este deslindamento.

O Servizo de Montes considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da LMG, polo que propón que o Xurado aprobe o deslindamento segundo a liña presentada.

Cuarto. O artigo 53 da LMG establece que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará unha resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

Á vista do exposto, este xurado

RESOLVE:

Aprobar o deslindamento parcial entre as CMVMC de Marcón (Pontevedra) e A Reigosa (Ponte Caldelas), nos termos antes indicados.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Pontevedra no prazo dun mes, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 LPAC, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, de acordo cos artigos 8 e 46 da LXCA.

Pontevedra, 18 de marzo de 2026

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común