DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 10 de abril de 2026 Páx. 22292

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se emenda erro material na resolución pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carral (expediente IN407A 2024/162-1).

Expediente: IN407A 2024/162-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: regulamentación LMTA BEG703 entre apoios nº 64 e nº 65.

Concello: Carral.

Feitos:

1. O 20 de febreiro de 2026 resolveuse conceder a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. No anexo da devandita resolución detectouse un erro material en canto á afectación de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica recollido na relación de bens e dereitos afectados, en concreto, non figuran a lonxitude nin a superficie de servidume soterrada.

Consideracións legais e técnicas:

O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De acordo con todo o indicado, resolvo rectificar o anexo da dita resolución coa inclusión dos seguintes datos:

– A lonxitude da servidume soterrada é de 1,5 m.

– A superficie de servidume soterrada é de 4,5 m2.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 16 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña