En cumprimento do disposto no artigo 13.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de xuño de 2025, polo que se aproba definitivamente o Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das areeiras da Limia, que se recolle como anexo I a esta resolución.
Así mesmo, de conformidade co establecido no artigo 4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, publícanse como anexo II a esta resolución as disposicións normativas do citado proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.
De acordo co exixido no artigo 26 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, facilítase a seguinte información:
• Extracto en que se recolle a maneira en que se integraron no proxecto os aspectos ambientais, como se tomou en consideración o estudo ambiental estratéxico nel, resultado da información pública e das consultas, así como as razóns da elección da alternativa seleccionada, que se publica como anexo III.
• Medidas adoptadas para o seguimento dos efectos anexo IV.
• O citado proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, debidamente dilixenciado para facer constar a súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta de Galicia, estará a disposición do público no seguinte enderezo da internet: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras.
Contra o devandito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2026
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas
ANEXO I
Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de xuño de 2025, polo que se aproba definitivamente o Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das areeiras da Limia, nos concellos de Sandiás e Vilar de Santos (Ourense)
Feitos:
1. O 13.3.2015 as sociedades Áridos Antelanos, S.L., Corporación Arenera da Limia, S.L., Graveras Castro, S.L. e Manuel Jardón Dapoza, empresas dedicadas á extracción de area na zona da Limia, presentaron ante a entón Dirección Xeral de Enerxía e Minas a solicitude para promover o Proxecto sectorial das areeiras da Limia, que se implantará nos concellos de Sandías e Vilar de Santos (Ourense), para os efectos de iniciar o procedemento de aprobación deste, previsto no artigo 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, acompañada dunha memoria xustificativa.
2. Conforme o exixido no artigo 13.1 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, o 1.3.2016 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o seu informe ao respecto, no cal se conclúe o seguinte: «Analizada a documentación remitida, así como o informe da Dirección Xeral de Enerxía e Minas sobre a súa supramunicipalidade, considérase que o obxecto do Proxecto sectorial das areeiras da Limia responde ás finalidades que para estes instrumentos de ordenación do territorio se sinalan tanto na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, como no Decreto 80/2000 polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal». No mesmo informe indícase que se solicitarán «os informes legalmente preceptivos respecto ás súas afectacións en materia de conservación da natureza, patrimonio cultural, augas, montes, minas, estradas e telecomunicacións. Así mesmo, en virtude do artigo 5 da Lei 6/2007, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia, consultarase ao órgano ambiental sobre a necesidade de someter o proxecto á avaliación ambiental estratéxica prevista na Lei 21/2013 de avaliación ambiental».
3. O 7.4.2016 o Consello da Xunta acordou declarar a incidencia supramunicipal do Proxecto sectorial areeiras da Limia.
4. O 27.5.2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas (en diante, DXEM) remite unha copia do proxecto á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental en que solicita informe en relación co tipo de avaliación a que debía someterse o proxecto.
5. O 10.8.2016 os promotores presentaron a solicitude de inicio de avaliación ambiental estratéxica, acompañada do Documento de inicio da avaliación ambiental estratéxica do proxecto sectorial areeiras da Limia (xullo 2016).
6. O 31.8.2016 a DXEM remitiu o Documento de inicio da avaliación ambiental estratéxica do proxecto sectorial areeiras da Limia (xullo 2016) á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
7. O 3.1.2017 o órgano ambiental ditou resolución pola que se formula o documento de alcance correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Proxecto sectorial das areeiras da Limia, que remitiu á DXEM o 10.1.2017, xunto coas alegacións e informes recibidos durante o período de consultas a que se someteu o documento inicial estratéxico e o borrador de proxecto.
8. O 9.6.2017 os promotores remiten á Dirección Xeral de Enerxía e Minas o Proxecto sectorial das areeiras da Limia.
9. O 26.7.2017, por acordo da DXEM, sometéronse a información pública o proxecto sectorial e o estudo ambiental estratéxico das areeiras da Limia, por un prazo de corenta e cinco días hábiles. Este acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 6.9.2017 e no xornal La Voz de Galicia do 18.8.2017, e tamén se expuxo nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Vilar de Santos e Sandiás).
• En canto ao trámite de audiencia aos concellos afectados, obtivéronse os seguintes informes/alegacións:
|
Núm. |
Concello |
Normativa |
Informe/alegacións |
|
1 |
Sandiás |
Audiencia ao concello segundo o artigo 13.2 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal. |
Informe do arquitecto municipal do 27.9.2017 con observacións. |
|
Alegacións do Concello de Sandiás do 2.10.2017. |
|||
|
2 |
Vilar de Santos |
Informe do 4.10.2017 con observacións. |
• No que atinxe á petición dos informes sectoriais, o resultado é o sinalado na seguinte táboa:
|
Núm. |
Entidade |
Normativa |
Informe |
|
1 |
Dirección Xeral do Patrimonio Cultural |
Artigo 34 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. |
Informe favorable con condicións emitido o 14.9.2017 |
|
2 |
Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Unidade de Ourense |
Segundo a disposición adicional 2º.4 da Lei 13/2003, do 23 de maio, Reguladora do contrato de concesión de obras públicas. |
Informe con observacións emitido o 24.8.2017 |
|
3 |
Dirección Xeral de Ordenación Forestal |
O artigo 66 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. |
Informe favorable emitido o 13.3.2018 |
|
4 |
Confederación Hidrográfica do Miño-Sil |
Segundo o artigo 25.4 do Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. |
Informe desfavorable emitido o 11.7.2018 |
|
5 |
Dirección Xeral de Patrimonio Natural |
Segundo o artigo 16.2 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia. |
Informe con observacións emitido o 28.2.2018 |
|
6 |
Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) |
-Artigo 23.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia. -Artigo 23.7 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia. |
1º informe desfavorable emitido o 28.9.2017 |
|
7 |
Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información |
Artigo 35 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións. |
Informe favorable emitido o 1.9.2017 |
|
8 |
Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria |
Artigo 22 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. |
Informe con observacións emitido o 21.9.2017 |
|
9 |
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático |
En cumprimento do artigo 22 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental |
Informe con observacións emitido o 28.9.2017 |
|
10 |
Instituto de Estudos do Territorio |
Artigo 7.2 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia |
Informe con observacións emitido o 22.9.2017 |
|
11 |
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias |
En cumprimento do artigo 22 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental |
Informes con observacións emitidos o 11.8.2017 e o 17.8.2017 |
|
12 |
Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural |
En cumprimento do artigo 22 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental |
Informe con observacións emitido o 21.7.2017 |
|
13 |
Deputación de Ourense |
Artigo 23.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia. |
Informe favorable emitido o 20.9.2017 |
• En relación co trámite de consultas a persoas interesadas, as respostas son as que seguen:
|
Núm. |
Persoas interesadas |
Resposta |
|
1 |
Sociedade Galega de Historia Natural |
Resposta con observacións emitida o 5.10.2017 |
|
2 |
Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) |
Resposta con observacións emitida o 26.9.2017 |
• En canto ás alegacións presentadas durante o trámite de información pública, recóllense na seguinte táboa:
|
Núm. |
Alegante |
Data de presentación |
|
1 |
Particular 1 |
4.10.2017 |
|
2 |
Grupo político |
9.11.2017 |
|
3 |
Particular 2 |
9.11.2017 |
|
4 |
Particular 3 |
9.11.2017 |
|
5 |
Particular 4 |
9.11.2017 |
|
6 |
Graveras Limia, S.L. |
15.11.2017 |
10. O 27.7.2018, tendo en consideración os informes recibidos, así como as alegacións presentadas, os promotores presentaron ante a DXEM un novo proxecto sectorial (datado en xullo de 2018).
11. O 19.12.2018 os promotores presentaron a proposta final do proxecto sectorial (datado en decembro), unha vez integrado o requirido desde a DXEM. O 26.12.2018 esta dirección xeral deulle traslado desa documentación á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, consonte co establecido no artigo 24 da Lei 21/2013, de avaliación ambiental, xunto co informe do Servizo de Xestión Mineira, do 26.12.2018. Posteriormente, o 30.1.2019 a DXEM remitiu á antedita Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o anexo ao antedito informe do 26.12.2018.
12. O 30.1.2019 a Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental require a emenda da documentación achegada. Como resposta a este requirimento o 2.5.2019 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Ourense remite á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático nova proposta do proxecto sectorial presentado polos promotores (datado en abril de 2019) en que se emenda o requirido. O 2.5.2019 o antedito servizo remite unha copia da documentación a esta dirección xeral, en que indica a data en que se enviou a orixinal á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.
13. O 16.5.2019 o Servizo de Enerxía e Minas de Ourense remitiu á DXEM copia da memoria técnica anexa ao proxecto sectorial (datada en maio de 2019) presentada por unha das empresas promotoras para emendar o requirido pola Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, en que se indica que coa mesma data se enviou á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.
14. O 17.6.2019 emítese informe desfavorable da Axencia Galega de Infraestruturas (en diante, AXI).
15. O 19.6.2019 o órgano ambiental ditou a Resolución pola que se formula a declaración ambiental estratéxica do Proxecto sectorial areeiras da Limia, nos concellos de Sandiás e Vilar de Santos (Ourense). O órgano ambiental achegou á antedita resolución á DXEM o 20.6.2019. A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 4.7.2019.
16. O 19.7.2019 a DXEM solicita á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informe en virtude do disposto no artigo 13.3 do Decreto 80/2000.
17. O 25.10.2019 a DXOTU achega á DXEM o requirimento de documentación para poder emitir o informe en virtude do disposto no artigo 13.3 do Decreto 80/2000, co fin de que se complete ou modifique a documentación respecto do contido e determinacións do proxecto sectorial, así como ao respecto da tramitación do proxecto sectorial, cuxo contido resumido é o seguinte:
1. Respecto do contido e determinacións do proxecto sectorial:
1.1. No caso do Concello de Sandiás manteranse as clases de solo recollidas no planeamento (DT 1ª.1) e no caso de Vilar de Santos aplicarase integramente o disposto na LSG tendo en conta as afectacións recollidas no Plan básico autonómico.
1.2. Suprimirase tanto da memoria como dos planos a referencia á inclusión dos terreos nunha clase de solo rústico denominada SRPHMA.
1.3. Incluirase un plano no cal se superpoña a delimitación do proxecto sectorial sobre a súa cartografía.
1.4. Xuntarase ao proxecto sectorial o extracto a que fai mención a declaración ambiental estratéxica do proxecto sectorial, co contido indicado na dita resolución.
2. Respecto da tramitación do proxecto sectorial:
2.1. Recadaranse os informes da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con carácter favorable.
2.2. Incluiranse no documento as condicións respecto dos bens do patrimonio cultural que se indican no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 14.9.2017.
2.3. Incluiranse no proxecto sectorial as observacións contidas no informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
18. O 10.11.2020 tivo entrada na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (en diante, DXPERN) a revisión do proxecto sectorial solicitada.
19. O 10.12.2020 remitíuselles aos promotores un requirimento de emenda sobre o documento recibido o 10.11.2020, o cal obtivo resposta o 24.12.2020.
20. O 3.2.2021 remitiuse o documento recibido xunto coas emendas requiridas, xunto coa solicitude de informe, á Dirección Xeral de Avaliación Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, á AXI, á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e á Dirección Xeral de Patrimonio Natural (en diante, DXPN).
21. O 16.2.2021 emítese o informe da Dirección Xeral de Avaliación Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático con observacións.
22. O 9.3.2021 emítese informe desfavorable da AXI.
23. O 18.3.2021 fóronlle remitidos aos promotores os informes da Dirección Xeral de Avaliación Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático e da AXI, ambos os dous desfavorables, para que emendasen as deficiencias postas de manifesto.
24. O 6.4.2021 a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil emite informe favorable.
25. O 15.4.2021 a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe en que reitera o contido do informe emitido por esa dirección xeral o 14.9.2017.
26. O 28.1.2022 a DXPN emite informe con observacións.
27. O 18.3.2022 fóronlles remitidos aos promotores do proxecto os últimos informes emitidos na tramitación co fin de que o proxecto sectorial fose modificado tendo en conta as consideracións contidas neles.
28. O 14.9.2022 entrou na DXPERN escrito asinado polos promotores do proxecto sectorial en que dan contestación aos requirimentos de cada un dos organismos, indicando en cada caso as accións propostas para dar cumprimento aos requirimentos dos diferentes organismos.
29. O 21.11.2022 o equipo redactor do proxecto sectorial ata a data renunciou a continuar coa tramitación do expediente e a finais de 2022 nomeouse un novo equipo redactor para continuar coa tramitación.
30. O 10.3.2023 entra na DXPERN escrito do Servizo de Avaliación Ambiental de Plans e Programas en que se advirte da proximidade da data de vencemento da declaración ambiental estratéxica do Proxecto sectorial das areeirias da Limia, e da posibilidade de prórroga da dita vixencia por solicitude do promotor.
31. O 16.3.2023 entra da DXPERN escrito asinado polos promotores do proxecto sectorial en que solicitan a prórroga da DAE co fin de terminar de incorporar a documentación pendente para a finalización do trámite de aprobación do proxecto sectorial. Esta solicitude foi remitida á Subdirección Xeral de Avaliación ambiental o 17.3.2023.
32. O 25.5.2023 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático acorda prorrogar a vixencia da DAE por un prazo máximo de dous anos contado desde o 4.7.2023.
33. O 24.4.2023 e o 12.5.2023 a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense emite informe sobre a situación das explotacións do Proxecto sectorial das areeiras da Limia. Posteriormente, a mesma xefatura emite un novo informe o 7.9.2023 ao respecto, que se envían á DXPN.
34. O 18.3.2024 a DXPERN remite á AXI a versión consolidada do proxecto sectorial das areeiras da Limia, redactada por un novo equipo técnico e presentada polos seus promotores, logo de modificar o documento final e os anexos para dar cumprimento a aquelas cuestións que estaban pendentes de emenda segundo os últimos informes sectoriais emitidos. Como resposta, o 14.6.2024, o dito organismo emite informe favorable condicionado.
35. O 14.5.2024 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas (en diante, DXPEM) remite á DXPN a versión consolidada logo de introducir diversas emendas requiridas nos informes sectoriais emitidos durante a tramitación. Como resposta, o 24.1.2025, a antedita dirección xeral emite informe favorable.
36. O 7.4.2025 a DXPEM trasladoulle á Dirección Xeral de Urbanismo (en diante, DXU) o expediente completo para os efectos de obter o seu informe preceptivo, conforme o exixido no artigo 13.3 do Decreto 80/2000, con carácter previo á proposta que, se é o caso, se faga ao Consello da Xunta de Galicia para a aprobación definitiva do proxecto sectorial.
37. O 12.6.2025 a DXU emitiu o seu informe, de carácter favorable, en que se conclúe que se seguiron os trámites establecidos no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.
38. O 18.6.2025 a DXPEM emitiu informe sobre a tramitación realizada, indicando que procede facer a proposta ao Consello da Xunta de Galicia para a aprobación definitiva do proxecto sectorial.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto no artigo 25.4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 13.4 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.
Segunda. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites do procedemento establecido na normativa de aplicación, conformada pola Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, a Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, o Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, o Informe da SXOTU emitido con carácter previo á declaración de incidencia supramunicipal e a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Tanto a Lei 10/1995, do 23 de novembro, como o Decreto 80/2000, do 3 de marzo, seguen sendo de aplicación para este procedemento, por terse formulado a DAE con anterioridade á entrada en vigor da nova Lei de ordenación do territorio de Galicia (Lei 1/2021, do 8 de xaneiro), conforme o disposto na disposición transitoria primeira desta nova lei.
Terceira. No anexo II da versión definitiva do proxecto sectorial recóllense as respostas relativas ás consultas e alegacións públicas recibidas, mediante as cales se considera que se dá cumprimento á toma en consideración do proxecto por parte das partes interesadas.
Cuarta. Informe da DXU, do 12.6.2025, emitido conforme o exixido no artigo 13.3 do Decreto 80/2000, de carácter favorable, para propoñer ao Consello da Xunta de Galicia a aprobación definitiva do proxecto sectorial en que se conclúe que:
«6.1. Analizada a documentación achegada, infórmase de que se seguiron os trámites establecidos no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal (aplicable conforme a disposición transitoria primeira da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro), previos á aprobación definitiva polo Consello da Xunta do Proxecto sectorial das areeiras da Limia, nos concellos de Vilar de Santos e Sandiás (Ourense)».
Quinta. Informe da DXPEM, do 18.6.2025, en que se indica que procede facer a proposta ao Consello da Xunta de Galicia para a aprobación definitiva do proxecto sectorial, de conformidade co disposto no artigo 25.4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, e no artigo 13.4 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo.
Sexta. A continuación recóllense os datos básicos do proxecto sectorial:
• Promotores: Arenas Naturales da Limia, S.L., Corporación Arenera da Limia, S.L., Arenera Norteña, S.L. e Extracción de Áridos Lima, S.L.
• Obxecto: o proxecto sectorial ten por obxecto regular o aproveitamento areeiro destinado á fabricación de formigóns hidráulicos e construción en xeral, que se vén facendo nesta área da Limia desde os anos 70 do século XX, sobre terreos ocupados no seu día pola desecada lagoa de Antela, o que deu lugar de forma natural a unhas charcas antrópicas ao acadarse o nivel freático, unha vez rematada a actividade. Estas charcas ocupan hoxe unha superficie de aproximadamente o 6 % da que tiña a lagoa orixinariamente. Co proxecto sectorial prevese a unión de varios predios, en parte dos cales xa se extraen agregados na actualidade, nun predio único, incrementando a superficie que se explotará cara ao concello de Sandiás.
• Actividade: consiste na extracción de area a ceo aberto por bancos de pequena altura e ata unha profundidade máxima de 15 metros, empregando medios mecánicos e sen emprego de explosivos, cun procedemento semellante ao que se veu utilizando ata agora. Tamén se prevé a recuperación dos terreos afectados de cara á paulatina creación dunha lagoa artificial cun horizonte temporal de 25 anos. As sucesivas fases que se prevén espázanse no tempo cunha periodicidade de 5 anos.
• Concellos afectados: Vilar de Santos e Sandiás (Ourense).
• Ámbito territorial: a zona de actuación sitúase nos termos municipais de Vilar de Santos e Sandiás, no fondo dun val plano onde se situaba a lagoa de Antela. Ocúpase unha superficie total superior ás 300 ha.
De acordo con todo o que antecede, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte
ACORDO:
1. Aprobar definitivamente o Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das areeiras da Limia.
2. De conformidade co contido do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7.4.2016, polo que se declara a incidencia supramunicipal do devandito proxecto sectorial, os planeamentos dos concellos de Vilar de Santos e Sandiás (Ourense) quedan vinculados ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
ANEXO II
Disposicións normativas do Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal das areeiras da Limia
TÍTULO I
Disposicións xerais
Artigo 1. Ámbito de aplicación
O proxecto sectorial establece as condicións xerais para o futuro desenvolvemento de cada un dos proxectos de explotación mineira que o desenvolverán.
Poderán ser titulares de autorización de explotación na área do Proxecto sectorial das areeiras da Limia todas aquelas persoas físicas ou xurídicas a quen lles recoñeza tal oportunidade a lexislación vixente, sen importar se foron ou non promotores do proxecto.
O ámbito de aplicación do Proxecto sectorial das areeiras da Limia é o representado nas figuras 1.3-1. Situación e 1.3-2. Localización do proxecto aprobado.
Artigo 2. Natureza e obxecto
O Proxecto sectorial das areeiras da Limia é un instrumento de ordenación territorial de incidencia supramunicipal redactado ao abeiro do disposto na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, modificada pola Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.
Artigo 3. Revisión e vixencia
O proxecto poderá ser revisado ou modificado de acordo co establecido no artigo 56 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.
Non se consideran modificacións aquelas alteracións que os correspondentes proxectos de explotación poidan introducir ao regular e ordenar detallada e pormenorizadamente os ámbitos.
Segundo o establecido no artigo 49 da Lei 1/2021, os proxectos de interese autonómico terán vixencia indefinida. Con todo, o Consello da Xunta, de oficio ou por instancia de persoa interesada, poderá acordar a caducidade dun proxecto de interese autonómico no caso de que, por causa imputable ao promotor do proxecto, se incumpran os prazos previstos para o seu inicio ou finalización, salvo que, respecto a algún ou algúns de tales prazos, a consellería que tramitou o procedemento de aprobación do proxecto concedese prórroga, a cal non poderá ser superior á metade do prazo correspondente fixado no proxecto.
O artigo 50 da Lei 1/2021 establece que a declaración de caducidade poderá iniciarse de oficio ou por petición dun concello afectado ou de calquera persoa interesada e corresponderá ao Consello da Xunta de Galicia, por proposta e tras o informe da consellería competente por razón da materia que tramitou o proxecto de interese autonómico, logo de informe da consellería competente en materia de ordenación do territorio e audiencia aos interesados.
Unha vez declarada a caducidade dun proxecto de interese autonómico de iniciativa particular, os terreos afectados recuperarán a súa clasificación e cualificación orixinaria. A persoa física ou xurídica responsable da execución do proxecto repoñerá os terreos ao estado que tiñan antes do inicio da actuación, perdendo, se é o caso, a garantía que constituíse, e as persoas titulares dos terreos que fosen obxecto de expropiación para a execución da actuación poderán solicitar a reversión, cando así proceda nos termos do disposto na normativa vixente en materia de expropiación forzosa.
A declaración de caducidade indicará, se é o caso, as determinacións do planeamento urbanístico municipal que teñan que ser modificadas, as condicións a que queden sometidas as construcións e as instalacións xa realizadas e aqueloutras que resultasen adecuadas para corrixir ou eliminar os impactos que poidan producirse no medio físico.
A declaración de caducidade non dará lugar, por si soa, a ningunha indemnización.
Artigo 4. Réxime do solo
As determinacións establecidas no proxecto sectorial non implican a modificación da clasificación urbanística do solo, sen prexuízo das maiores limitacións respecto dos usos que se implantarán que se introducen na regulación deste proxecto sectorial.
En todo caso, no ámbito a que afecta este proxecto sectorial non será necesaria a elaboración e aprobación previa do Plan especial de recuperación da antiga lagoa de Antela e zona de explotación areeira a que se refire o artigo 12.1.4 do PXOM do municipio de Sandiás, aprobado definitivamente pola Orde do 13 de xullo de 2007, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
Artigo 5. Definicións
1. Zona de actuación.
Espazo incluído no perímetro de afectación aprobado para o desenvolvemento do Proxecto sectorial das areeiras da Limia.
2. Cuartel.
Espazo situado entre catro pistas ou camiños, dentro do perímetro de actuación do Proxecto sectorial das areeiras da Limia. Os situados nos límites da zona de actuación tamén poden limitar con predios na parte correspondente ao límite deste.
3. Charca tallo.
Espazo de actuación dun proxecto mineiro, situado todo nun mesmo cuartel. Cada cuartel pode conter unha ou varias charcas tallo.
A superficie mínima dunha charca tallo será de 45.000 m2 ou a superficie completa dun cuartel, ou o que quede por explotar del, se non alcanza os 45.000 m2.
Debe de ser proxectada toda como unha mesma autorización de explotación, independentemente de que se dispoña dos terreos, de xeito que poidamos alcanzar o aspecto final da zona de actuación buscado.
Só se poderán ocupar os terreos de que se dispoña e aqueles para os cales se formalice alugamento elevado a público para explotación e por unha duración igual ou superior á duración da explotación e a súa restauración.
Nos planos de afectación por quinquenios reflíctense as charcas tallo que se proxectarán para ese período ou seguintes.
4. Parcela.
Espazo de terreo individualizado que se recolle nun título de propiedade. Os predios que, en cumprimento das condicións para proxectar unha charca tallo, se vexan afectados por esa autorización de explotación deberán de ser explotados conforme o proxecto aprobado que os inclúe.
O titular mineiro dun predio pode ser distinto do que a promoveu, ben que teñen que cumprir o proxecto xa aprobado. Debe obter do órgano substantivo a autorización de explotación para ese predio e pode ser promovida para varios predios propiedade ou alugados no mesmo acto administrativo. Neste caso os predios deben ser ou propiedade do promotor que o pretende ou contar con contrato de alugamento elevado a público para explotación e por unha duración igual ou superior á duración da explotación e a súa restauración.
5. Noiro.
Superficie de terreo inclinada ou case vertical, en desnivel, á beira dun camiño, dunha charca ou dunha illa, configurando a marxe da zona de escavación.
Descríbense varios tipos de noiros cuxa combinación dará lugar ao aspecto en planta dos cuarteis.
6. Noiro seco.
Plano inclinado que une a zona de servidume coa lámina de auga.
7. Noiro húmido.
Plano inclinado sometido ás variacións de nivel freático.
8. Augas superficiais.
Superficie da masa de auga cuxo fondo está situado entre as cotas –1,5 m e –3 m respecto da situación de partida.
9. Biótopo.
Superficie da explotación conformada por augas superficiais, canles de auga de trazado sinuoso, e pozas con niveis da lámina de auga e profundidades variables co obxecto de que sobre ela se desenvolva unha comunidade palustre diversa.
10. Lombeiro de terras.
Resalte de terra con forma trapezoidal, realizado entre a cuneta da pista e a zona de servidume das charcas para evitar a caída accidental de vehículos. A súa altura será de ao redor de 80 cm.
TÍTULO II
Desenvolvemento do proxecto sectorial
Artigo 6. Disposicións xerais
1. Toda nova explotación mineira ou ampliación das existentes que se promova no ámbito territorial deste proxecto sectorial estará sometida ao réxime xurídico establecido na normativa sectorial en materia de minas.
2. Todo proxecto dunha nova explotación mineira ou ampliación das existentes no ámbito territorial do proxecto sectorial deberá someterse de forma individual ao procedemento ordinario de avaliación de impacto ambiental tal e como exixe a vixente Lei 21/2013 de avaliación ambiental (artigos 7, 9, 13 e anexo I, grupo 2, epígrafe a), punto 3) ou de acordo coa normativa que a substitúa chegado o caso.
Os estudos de impacto ambiental deberán axustarse ao establecido no artigo 35 e no anexo VI da Lei 21/2013 de avaliación ambiental, ou á normativa que a substitúa. Nos devanditos estudos debe realizarse un especial esforzo nos estudos específicos dos valores naturais de cada zona.
3. Os plans de restauración dos proxectos de explotación deberán cumprir as condicións e parámetros que se especifican no Plan de restauración marco recollido no Proxecto sectorial das areeiras da Limia.
4. Serán de obrigado cumprimento as medidas previstas na declaración ambiental estratéxica do 19 de xuño de 2019 do proxecto sectorial e no correspondente estudo ambiental estratéxico para previr, reducir e corrixir os posibles efectos negativos sobre o ambiente. En caso de contradición prevalecerá a primeira.
5. Tal e como establece o artigo 11 da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, en todos os proxectos que deban someterse ao procedemento de avaliación de impacto ambiental, segundo se establece na lexislación sectorial vixente, as entidades promotoras incorporarán no estudo de impacto ambiental un estudo de impacto e integración paisaxística, documento específico en que se avaliarán os efectos e impactos que o proxecto poida provocar na paisaxe e as medidas de integración paisaxística propostas polas devanditas entidades.
6. Cada promotor constituirá as garantías necesarias para responder das súas propias responsabilidades, que poidan derivar da súa actividade. Cada explotación mantén a súa individualidade.
7. Os labores mineiros en cada charca contarán co seu plan de labores anual aprobado pola autoridade mineira.
8. Antes do inicio da actividade en cada charca ou ampliación, o promotor deberá obter as autorizacións correspondentes segundo a lexislación vixente, como a do organismo de bacía (Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, en diante, CHMS) e presentar a pertinente comunicación previa ao concello que corresponda.
9. A inclusión dun predio no ámbito de actuación do proxecto sectorial non implica necesariamente a súa explotación.
10. Cada explotador só poderá ter dúas charcas tallo en cuarteis distintos en explotación ao mesmo tempo. En ningún caso poderá comezar a explotación nun terceiro cuartel en canto non se realizasen as actuacións de restauración dun dos anteriores.
11. Se un explotador ocupa un cuartel completo poderá ter todas as súas charcas tallo en explotación ao mesmo tempo. Non poderá iniciar as que estean en unidades marcadas para etapas posteriores, pero poderá ir procurando a súa autorización, para que non haxa momentos de parada na explotación. Unha vez en explotación, esta non se deterá aínda cando se acabe o período para o que foi marcada e poderá coexistir coa do período en curso.
12. Se por non alcanzar acordo cos propietarios ou por calquera outra razón un predio non fose autorizado a explotar no período marcado, poderase solicitar a súa autorización sempre que o seu cuartel non fose dado por restaurado. Neste caso non se poderá promover para explotar e só se podería usar para completar labores de restauración e mellora do medio.
13. Só se iniciará a explotación de charcas en cada período naqueles lugares marcados para iso nos planos de secuencia. Se nalgunha zona marcada non fose iniciada a súa explotación no período previsto, poderá ser explotada nos seguintes, pero non se poderá iniciar a explotación de charcas en períodos anteriores aos marcados para a súa explotación.
14. As charcas tallo que aparecen na secuencia de explotación serán en xeral explotadas por un só explotador cada unha e o estado final do total da charca tallo proxectarao o primeiro explotador que acceda, independentemente de que se dispoña da totalidade do terreo.
15. Nos correspondentes estudos de impacto ambiental de cada proxecto deberá valorarse a posibilidade de transformar, total ou parcialmente, camiños e pistas sen funcionalidade co obxecto de mellorar a dispoñibilidade de hábitat para aves, promover actividades relacionadas coa natureza de calidade e procurar unha paisaxe de maior valor natural.
16. Unha vez extraído o recurso mineiro existente nun tallo dos que compoñan o dereito mineiro deberá restaurarse este de acordo co plan de restauración autorizado, que incluirá os condicionantes definidos neste proxecto sectorial.
17. Cada explotador promoverá o «peche e abandono» das súas charcas, conforme a lexislación vixente cando considere finalizada a súa explotación. Someterá á aprobación do órgano substantivo o proxecto particular de cada unha delas.
TÍTULO III
Normas xerais de execución
Artigo 7. Instalacións
1. Enténdese por instalacións aquelas charcas tallo que conforman a explotación.
2. Non se consideran instalacións as plantas de lavado e naves taller por estaren legais urbanisticamente e non prever realizar novas instalacións.
3. No proxecto de explotación fíxase o plano de situación de cada unha das charcas tallo que se pretende e o momento da súa utilización recreando a ocupación da área de afectación cada 5 anos, ata alcanzar os vinte e cinco anos, que se espera que sexa o tempo total de execución.
Artigo 8. Características e tipoloxía das charcas
1. Distínguense dous tipos de charcas en función do uso proposto para cada unha delas despois da restauración, uso estritamente ambiental ou uso lúdico. Todas as charcas ao sur da canle e as do norte que non se destinen a uso lúdico-recreativo destinaranse a recuperación ambiental, cunha regulación a futuro para ser visitadas con fins científicos e educativos, asegurando o respecto dos seus valores naturais. Algunhas das charcas situadas ao norte de canle poderán dedicarse en gran parte, de acordo co correspondente concello, a uso lúdico-recreativo.
2. En caso de destinar algunha charca para uso lúdico como zona de baño terase en conta que se deberán cumprir as determinacións que establece a lexislación vixente en materia de calidade das augas de baño (Real decreto 1341/2007, do 11 de outubro, sobre a xestión de calidade das augas de baño), para protexer a saúde humana dos efectos adversos derivados de calquera tipo de contaminación.
3. Cada concello comunicará aos promotores cales son as charcas en que deben prever o seu uso lúdico-recreativo na restauración, de modo que durante a explotación desta se vaian realizando os labores que sexan necesarios para asegurar este uso. Prevese a cesión aos municipios daquelas charcas situadas ao norte da canle, unha vez pechada a explotación, con fins lúdico-recreativos.
4. As charcas con recuperación para uso de protección ambiental poderán ser cedidas á Xunta de Galicia e obsérvase igualmente a posibilidade de cesión baixo a emerxente figura de custodia do territorio, que se poderá exercer igualmente con organizacións sen ánimo de lucro. Tamén se poderán ceder aos concellos, pero só para usos ambientais, científicos e educativos.
5. As charcas antigas, despois de acometer as accións de naturalización propostas polo proxecto, obterán a cualificación de naturalizadas, e segundo a súa localización pasarán a custodia municipal ou, baixo a figura de custodia do territorio, ao organismo ou sociedade que proceda.
Artigo 9. Características que deben cumprir as charcas
A configuración das charcas cumprirá as especificacións establecidas no anexo I da declaración ambiental estratéxica do 19 de xuño de 2019 (reprodúcese no artigo 20 deste regulamento) e no punto 7 do Plan de restauración marco, prevalecendo as marcadas no primeiro se algún as contradixese.
Artigo 10. Revexetación
A planificación e execución dos labores de preparación de substratos e revexetación realizaranse conforme as especificacións establecidas nos anexos I e II da declaración ambiental estratéxica do 19 de xuño de 2019 (reprodúcese no artigo 20 deste regulamento) e no punto 7.5 do Plan de restauración marco, prevalecendo as marcadas nos primeiros se algún as contradixese.
Artigo 11. Mantemento de pistas e do tramo antigo da estrada OU-531
1. O uso de camiños e pistas para o desenvolvemento da actividade mineira debe ser compatible cos usos para os cales foron creados (explotacións agropecuarias, observación de aves, itinerarios de lecer etc.). Para garantir o mantemento das condicións óptimas de uso, os promotores comprometeranse a realizar os labores de mantemento en todas aquelas pistas que se atopen en uso en cada momento, así como no tramo antigo da estrada OU-531.
2. Condicións de mantemento e uso das pistas:
– Manterase a xeometría das cunetas de todas as pistas, realizando tantas limpezas como sexan necesarias para o seu correcto funcionamento. Prestarase especial atención a que as entradas de auga desde as cunetas ás charcas se realice por canles adecuadas que eviten cárcavas e caída de noiros. Dotaranse as pistas de tantas baixantes como sexa necesario para a evacuación da auga de pluviais. Serán entubadas, con diámetro non inferior a 30 cm e verterán directamente ao final da zona de augas superficiais. Discorrerán enterradas na zona de noiro e de augas superficiais.
– Para o mantemento da plataforma de rodaxe repoñerase o material nas zonas en que se produzan fochas, coa axuda de motoniveladora restablecerase a xeometría da plataforma, que verterá augas cara ás charcas. Repetiranse os labores tantas veces como sexa preciso.
– Rega das pistas no verán mediante cuba, o número de regas será condicionado pola presenza de po ao paso de camións, de tal sorte que tan pronto se observe que se levanta po repetirase a rega.
– No tramo antigo da estrada OU-531 manterase o firme, e repoñerase sempre que sexa necesario. Ademais, realizaranse as limpezas e regas que sexan necesarios para asegurar o correcto funcionamento das cunetas e para evitar a acumulación de po ou outros materiais na plataforma do tramo antigo.
– Os gastos asumiranos solidariamente os areeiros que utilicen a pista que hai que manter. A plataforma asfaltada da zona de cruzamento de canle, entrada e entrada/saída das areeiras será pagada por todos os areeiros proporcionalmente á súa produción.
– Os traballos de mantemento poderán ser realizados por medios propios ou contratados polos areeiros.
– A velocidade máxima de tránsito polas pistas será de 20 km/h, con iso colabórase no mellor mantemento e menor xeración de po, aumentando a seguridade nas pistas.
– O estudo de viabilidade económica do proxecto mineiro xa recolle partidas de 300.000 € cada dez anos para o mantemento de pistas sen comprometer a rendibilidade, compromiso de gasto que adquiren os areeiros.
– Os concellos sinalizarán as pistas prohibidas para o tráfico mineiro. Serán actualizadas en cada período.
– Os areeiros darán a coñecer aos transportistas as normas de uso, así como as pistas utilizables en cada momento.
– Os concellos vixiarán o correcto mantemento das pistas e reclamarán as actuacións necesarias cando o consideren oportuno, sempre que os areeiros descoiden o seu cumprimento.
Artigo 12. Condicións xerais
1. Na medida do posible manteranse as masas arborizadas existentes, en especial aquelas que exerzan de pantalla visual da explotación respecto a explotacións gandeiras ou vías de comunicación e que destaquen pola súa función de filtro verde. Manteranse o salgueiral e a carballeira existentes nas parcelas 2593 e 2594 do polígono 503.
2. Na restauración de charcas admítese a achega de solos non contaminados, roca en rama e residuos mineiros inertes (Código LER 17-05.04).
3. Cando dúas charcas tenden a unirse e os predios lindeiros de ambas xa sexan propiedade de cada empresa non será necesario manter a zona de seguridade.
4. Tentarase que as dragas e demais maquinaria susceptible de traballar con electricidade se vaian transformando para que así sexa, para iso tratarase de promover a electrificación da zona conforme o estudo de eficiencia enerxética que se presenta como anexo ao proxecto, e gardando as medidas anticolisión.
5. Darase a coñecer aos transportistas que cargan na lagoa a norma que rexerá a circulación na zona de afectación do proxecto sectorial. A norma recollerá como mínimo:
– Só se utilizarán as pistas paralelas á canle para abandonar a zona de actuación mineira.
– Non se utilizará máis ponte sobre a canle que a situada nas inmediacións da estrada de Celanova.
– Cando os camións deban utilizar unha das pistas de concentración para acceder do punto de carga ou ás pistas da canle, ou viceversa, se se cruzan con algún vehículo agrícola ou lixeiro deterán a súa marcha para permitir un cruzamento seguro. En xeral, non superarán os 20 km/h cando circulen polo interior da zona de afectación do proxecto sectorial.
6. Os concellos promoverán un uso público ordenado e compatible coa conservación dos tipos de hábitats naturais de interese comunitario.
7. Os concellos promoverán a creación e adecuación de infraestruturas de uso público necesarias para achegar á poboación local e aos visitantes os valores do espazo natural, de forma ordenada e compatible cos obxectivos de conservación.
TÍTULO IV
Normas derivadas da aplicación da lexislación vixente
Artigo 13. Vías
1. Queda prohibido empregar, para a entrada e saída dos camións e demais vehículos á zona que se vai explotar, accesos distintos aos recollidos no plan de mobilidade.
2. En materia de estradas, o proxecto sectorial e os instrumentos que o desenvolvan axustaranse ás seguintes normas ou ás que as substitúan ou actualicen:
– Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
– Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.
– Orde circular 2/2017 pola que se regulan os accesos na Rede autonómica de estradas de Galicia.
3. En relación coa Rede autonómica de estradas de Galicia, o proxecto sectorial rexerase pola normativa vixente. Resúmense a continuación os condicionantes actuais indicados pola Axencia Galega de Infraestruturas:
«1.1. Clasificación das estradas autonómicas.
As estradas autonómicas clasifícanse, en atención ás súas características técnicas, segundo se dispón no artigo 4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, ou no precepto correspondente da norma de rango legal que a veña substituír.
En atención ás súas características funcionais, as estradas autonómicas clasifícanse segundo se dispón no artigo 32 do Regulamento xeral de estradas de Galicia aprobado polo Decreto 66/2016, do 26 de maio, ou no precepto correspondente da norma que o veña substituír.
1.2. Condicións da rede de estradas autonómicas.
1.2.1. Zona de dominio público.
– A zona de dominio público das estradas está integrada polos terreos ocupados por todos os elementos do dominio público viario adquiridos por título lexítimo pola Administración autonómica, e defínese segundo o previsto no artigo 37, en relación co 2, da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, ou nos preceptos correspondentes da norma de rango legal que a veña substituír.
– A execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade na zona de dominio público das estradas autonómicas está suxeita ao deber de obter a correspondente autorización, previamente ao outorgamento da licenza municipal, se é o caso.
– A competencia para autorizar a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade na zona de dominio público das estradas autonómicas correspóndelle á Axencia Galega de Infraestruturas ou ao órgano da Administración autonómica que asuma as súas funcións.
– As limitacións á propiedade e á titularidade doutros dereitos establecidos para a zona de dominio público serán efectivas tamén para os terreos afectados por actuacións previstas, logo de ser aprobados definitivamente os anteproxectos, proxectos de trazado ou proxectos de construción correspondentes.
1.2.2. Zonas de protección da estrada e liña límite de edificación.
– Para a protección do dominio público viario e a debida prestación do servizo público viario, ademais da zona de dominio público, establécense as zonas de protección da estrada denominadas de servidume e de afectación, así como a liña límite de edificación.
Para o seu establecemento e delimitación observarase o previsto nos artigos 38 (zonas de protección da estrada e liña límite de edificación), 39 (delimitación da zona de servidume), 40 (delimitación da zona de afectación) e 41 (delimitación da liña límite de edificación) da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, ou nos preceptos correspondentes da norma de rango legal que a substitúa.
– A execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade nas zonas de protección das estradas autonómicas está suxeita ao deber de obter a correspondente autorización, previamente ao outorgamento da licenza municipal, se é o caso.
– A competencia para autorizar a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade nas zonas de protección das estradas autonómicas correspóndelle á Axencia Galega de Infraestruturas, ou ao órgano da Administración autonómica que asuma as súas funcións.
– As limitacións á propiedade e á titularidade doutros dereitos establecidos para as zonas de protección e pola liña límite de edificación serán efectivas tamén para os terreos afectados por actuacións previstas, logo de aprobados definitivamente os anteproxectos, proxectos de trazado ou proxectos de construción correspondentes.
1.2.3. Limitacións de uso derivadas do ruído.
Para a execución de obras e instalacións no contorno das estradas autonómicas, establécese como requisito previo ao outorgamento da licenza municipal a realización dos estudos necesarios para a determinación dos niveis sonoros esperables, así como para o establecemento das limitacións á edificabilidade ou da obrigatoriedade de dispor dos medios de protección acústica necesarios, en caso de superarse os límites recomendados, segundo o establecido na normativa básica estatal en materia de ruído ou na correspondente normativa autonómica de desenvolvemento.
Fóra das áreas urbanizadas existentes antes da data de entrada en vigor do Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no referente á zonificación acústica, obxectivos de calidade e emisións acústicas, nos sectores do territorio gravados polas servidumes acústicas das estradas autonómicas aprobadas e reflectidas nos planos de información do documento, conforme a normativa en materia de ruído, as inmisións producidas polas estradas autonómicas poderán superar os obxectivos de calidade acústica aplicables ás correspondentes áreas acústicas. Os niveis de ruído esperables vinculados ás estradas autonómicas serán os reflectidos nos mapas estratéxicos de ruído das estradas autonómicas, que se inclúen como parte dos planos de información do documento.
2. Ordenanzas reguladoras do solo rústico.
2.1. Condicións de parcelación e segregación.
As parcelacións e segregacións de parcelas lindeiras coas estradas autonómicas están suxeitas ao deber de obter a correspondente autorización da Axencia Galega de Infraestruturas, ou do órgano da Administración autonómica que asuma as súas funcións.
O outorgamento da antedita autorización será requisito previo para a obtención da correspondente licenza municipal de parcelación ou segregación, se é o caso.
2.2. Condicións de posición.
2.2.1. Posición da edificación.
– Entre as estradas de titularidade autonómica e a liña límite de edificación, segundo establece a lexislación sectorial en materia de estradas autonómicas, prohíbese calquera tipo de construción de nova planta, por encima ou por debaixo da rasante do terreo.
Non se admitirán voos sobre as liñas límites de edificación que dan fronte ás estradas autonómicas.
– Será requisito para o outorgamento da correspondente licenza municipal para a execución de todo tipo edificacións e outras construcións nas zonas de servidume e afectación das estradas autonómicas a obtención previa da autorización da Axencia Galega de Infraestruturas, ou do órgano da Administración autonómica que asuma as súas funcións.
2.2.2. Posición do peche.
– A posición dos peches de parcelas nas marxes das estradas de titularidade autonómica rexerase pola lexislación e normativa sectorial aplicable en materia de estradas.
– Será requisito para o outorgamento da correspondente licenza municipal para a execución de peches nas zonas de servidume e afectación das estradas de titularidade autonómica a obtención previa da autorización da Axencia Galega de Infraestruturas, ou do órgano da Administración autonómica que asuma as súas funcións.
2.3. Condicións de acceso.
Será requisito para o establecemento de accesos ás estradas autonómicas a obtención previa da autorización da Axencia Galega de Infraestruturas, ou do órgano da Administración autonómica que asuma as súas funcións.
O outorgamento da antedita autorización de acceso será requisito previo para a obtención da correspondente licenza municipal para realizar calquera tipo de edificación na parcela, agás no caso de que se dispoña dun acceso alternativo que non se realice a través da estrada autonómica».
Artigo 14. Enerxía eléctrica
1. O proxecto sectorial e os instrumentos que o desenvolvan axustaranse ás determinacións establecidas na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.
2. A zona de actuación constitúe unha zona delimitada como área prioritaria de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, polo que serán de aplicación as medidas previstas contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas recollidas no Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.
3. Serán recomendables as liñas eléctricas enterradas sempre que sexan técnica e economicamente viable segundo cada caso. De non ser posible, deberanse recoller no proxecto as medidas anticolisión para aves.
4. A distribución das liñas eléctricas obedecerá ao avance das explotacións e das súas instalacións auxiliares, e serán desmanteladas unha vez finalizado o seu uso.
Artigo 15. Residuos
1. Serán de aplicación as disposicións contidas na Lei 10/2008, de residuos de Galicia, e no Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.
2. Cumprirase coa Orde APM/1007/2017, do 10 de outubro, sobre normas xerais de valorización de materiais naturais escavados para a súa utilización en operacións de recheo en obras distintas a aquelas en que se xeraron. Só se poderán achegar materiais naturais escavados (Código LER 17.05.04) sempre que se acredite o seu carácter de non contaminados, para o recrecemento de noiros, prazas e illas, sempre coa autorización da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Ourense, a quen se lle dará a coñecer a orixe dos produtos de escavación.
3. Establécense as seguintes normas de prevención:
– Prohíbese dentro do ámbito de actuación todo tipo de acumulación de esterco e residuos sobre o terreo.
– A aplicación de esterco e xurros dentro da zona de actuación realizarase en función do cultivo e a época do ano segundo o indicado no Código galego de boas prácticas agrarias, nos predios que estean sen extracción.
– O esterco e os xurros deberán incorporarse ao terreo ao mesmo tempo que se aplican, para iso empregaranse preferentemente sistemas de aplicación/inxección directa no terreo.
– Non se realizará ningún tipo de emendas ou melloras edáficas. Para protexer as charcas non se utilizará ningún tipo de fertilizante.
Artigo 16. Augas
1. De conformidade co establecido no artigo 6 da Lei de augas, a protección das marxes das canles está definida en toda a súa extensión lonxitudinal polas seguintes zonas:
a) Zona de servidume: de 5 metros de anchura para uso público, que se regula no Real decreto 9/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico (RDPH).
b) Zona de policía: de 100 metros de anchura, en que se condiciona o uso do solo e as actividades que se desenvolvan.
2. Calquera actuación que se realice en dominio público hidráulico requirirá autorización administrativa do organismo de bacía (artigo 126 RDPH).
3. Teranse en conta as limitacións para aproveitamentos mineiros que afecten o dominio público hidráulico ou as súas zonas de protección establecidas nos artigos 32, 47 e 48 da normativa do Plan hidrolóxico do Miño-Sil e nos artigos 9 bis, 9 ter e 14 bis do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, que desenvolve os títulos preliminar I, IV, V, VI e VII da Lei 29/1985, do 2 de agosto, de augas.
4. Cada un dos instrumentos que desenvolvan o proxecto deberá realizar un estudo hidrolóxico-hidráulico pormenorizado de cada explotación que analice, entre outros, o efecto de ampliación da superficie de masas de augas superficiais e doutros posibles usos e factores concorrentes sobre os niveis freáticos existentes. Nos devanditos estudos deberanse incluír planos de planta e perfís transversais da canle en que se recollan as liñas ou zonas de inundación, con topografía da zona, que permitirán valorar a inundabilidade do ámbito de actuación a unha escala máis adecuada.
Deberanse realizar estudos específicos do fluxo superficial do escoamento das parcelas drenantes cara á lagoa artificial xerada, e unha modelización dos fluxos de augas subterráneas e a interferencia dos ocos xerados pola extracción de areas, con obxecto de determinar a nova hidrodinámica xerada e a súa influencia nas zonas inundables.
Estes estudos deberán incluírse para a aprobación dos proxectos de extracción de agregados englobados no proxecto sectorial, e terán en conta o efecto sinérxico das explotacións existentes.
5. Nos estudos de impacto ambiental de cada proxecto de explotación que desenvolvan o proxecto sectorial deberase avaliar o efecto da ampliación da superficie de masa de augas superficiais, do cambio climático e doutros posibles usos e factores concorrentes sobre os niveis freáticos existentes no ámbito. En caso de prever ou detectar variacións no nivel freático respecto aos valores utilizados como referencia (variación anual entre as cotas -1.5 e -2.5, sobre o nivel orixinal do terreo), o correspondente plan de restauración do proxecto deberá adaptar os parámetros dos noiros e do plan de revexetación ás novas condicións, de maneira que se manteñan as superficies de augas superficiais previstas no Plan de restauración marco.
6. Cada proxecto de explotación deberá incluír medidas de vixilancia e seguimento ambiental de control de calidade das augas, tanto durante a fase de explotación como na fase de abandono.
7. En materia de augas serán de aplicación as normas seguintes ou as que as substitúan ou actualicen:
– Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, o Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas, considerando as modificacións introducidas polo Real decreto lei 4/2007, do 13 de abril, polo que se modifica o texto refundido da Lei de augas.
– Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento de dominio público hidráulico, considerando as modificacións introducidas polo Real decreto 606/2003, do 23 de maio, polo que se modifica o Real decreto 849/1986.
– Real decreto 35/2023, do 24 de xaneiro, polo que se aproba a revisión dos plans hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas do Cantábrico Occidental, Guadalquivir, Ceuta, Melilla, Segura e Xúcar, e da parte española das demarcacións hidrográficas do Cantábrico Oriental, Miño-Sil, Douro, Texo, Guadiana e Ebro.
Artigo 17. Protección atmosférica
1. As emisións máximas permitidas á atmosfera regularanse polas disposicións vixentes na materia contida na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, e no Real decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003 no referente á avaliación e xestión do ruído ambiental, no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, no referente a zonificación acústica e obxectivos de calidade e emisións acústicas, e no Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 1367/2007.
2. Os proxectos de explotación deberán realizar un estudo acústico pormenorizado, de conformidade coa lexislación de ruído indicada no punto anterior, no cal deberán identificar os receptores sensibles existentes na contorna da actuación.
3. Corresponde á consellería competente en materia de medio ambiente a vixilancia, control, potestade sancionadora e establecemento de medidas cautelares, dos niveis de emisión e inmisión de contaminantes á atmosfera, naqueles casos especificados nas citadas leis, e corresponden ao concello as competencias que igualmente se lle asignan.
4. Normas de prevención
– Os servizos de inspección municipal poderán realizar en todo momento cantas comprobacións sexan oportunas e o propietario ou responsable da actividade xeradora de ruídos deberá permitilo, facilitando aos inspectores o acceso ás instalacións ou focos de emisión de ruídos e dispoñendo o seu funcionamento ás distintas velocidades, cargas ou marchas que lles indiquen os devanditos inspectores, e aqueles poden presenciar o proceso operativo.
– Con carácter xeral, priorizaranse as medidas de redución da fonte emisora, nas máquinas, nas infraestruturas, nos motores, nos pavimentos, nas actividades industriais etc., empregando, na medida do posible, as mellores tecnoloxías dispoñibles e as boas prácticas ambientais que minimicen a emisión e limiten a transmisión do ruído e as vibracións.
– A maquinaria utilizada debe axustarse ás prescricións establecidas na lexislación vixente referente a emisións sonoras de maquinaria de uso ao aire libre e, en particular, cando lles sexa de aplicación, ao establecido no Real decreto 212/2002, do 22 de febreiro, polo que se regulan as emisións sonoras na contorna debidas a determinadas máquinas de uso ao aire libre, e as normas complementarias.
Artigo 18. Patrimonio natural
1. A introdución para a revexetación de especies non recollidas no anexo II da declaración ambiental deberá ser avaliada especificamente nos correspondentes estudos de impacto ambiental de cada proxecto de explotación.
2. Cando se considere realizar un novo proxecto de explotación das reservas nunha charca que xa estea naturalizada, o correspondente estudo de impacto ambiental deberá actualizar a información da existencia de especies e hábitats de interese de conservación e establecer medidas para evitar incidir negativamente sobre eles, mellorando a súa situación en caso de ser posible. Como información de partida, na documentación do proxecto sectorial (documento anexo V, Estado de naturalización das charcas existentes na zona de actuación do proxecto sectorial areeiras da Limia, e os seus planos asociados) ofrécese información textual e cartográfica dos datos dispoñibles actualmente de presenza de especies de interese de conservación, anfibios, aves acuáticas, palustres e rupícolas, así como de flora ameazada.
3. O proxecto sectorial, así como os proxectos de explotación que o desenvolvan, terán en consideración as determinacións establecidas nas normas seguintes ou as que as substitúan ou actualicen:
– Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.
– Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000.
– Decreto 411/2009, do 12 de novembro, polo que se declara a zona de especial protección para as aves da Limia.
– Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se actualiza a delimitación das áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas non Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia en que serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.
– Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas, modificado polo Decreto 167/2011, do 4 de agosto.
– Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, polo que se establecen medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.
– Decreto 70/2013, do 25 de abril, polo que se aproba o Plan de recuperación do sapoconcho común (Emys orbicularis L.) en Galicia.
– Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico dos humidais protexidos e se crea o Inventario de humidais de Galicia.
– Resolución do 27 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se inclúen catrocentas zonas húmidas no Inventario de zonas húmidas de Galicia.
– Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade.
– Real decreto 1997/1995, do 28 de maio, polo que se establecen medidas para contribuír a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestre (modificado polo Real decreto 1193/1998, do 25 de xuño).
– Real decreto 139/2011, do 4 de febreiro, para o desenvolvemento da Lista de especies silvestres en réxime de protección especial e do Catálogo español de especies ameazadas.
– Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras.
Artigo 19. Patrimonio cultural
1. En materia de patrimonio cultural o proxecto sectorial e os instrumentos que o desenvolvan axustaranse ás normas seguintes ou ás que as substitúan ou actualicen:
– Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.
– Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia.
– Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.
– Acordo da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 13 de xaneiro de 1998 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro; correccións de erros DOG núm. 26, do 9 de febreiro e DOG núm. 92, do 15 de maio), polo que se somete a información pública o trazado relativo á delimitación e deslindamento da Vía da Prata.
– Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (en diante, LPCG).
2. As condicións contidas neste punto serán de aplicación a todos os xacementos e elementos grafados na figura 3.4-2. Inventario arqueolóxico, así como aos seus contornos de protección:
a) Xacementos ou zonas arqueolóxicas.
Establécense os seguintes niveis de protección:
– Nivel I. Protección integral.
– Concepto: inclúe o xacemento ou elemento arqueolóxico en si, de acordo coa localización establecida durante a prospección.
– Delimitación: o límite inclúe toda a superficie ocupada polo sitio arqueolóxico, sendo os seus límites fixados polas estruturas máis externas da propiedade en cuestión, ademais dos arredores inmediatos a redor do seu perímetro.
– Usos permitidos: nas superficies incluídas nesta delimitación tan só se permitirán accións dirixidas á conservación, mellora ou posta en valor do elemento e o contorno protexido, coa condición de que a consellería competente en materia de patrimonio cultural outorgue a autorización necesaria.
– Nivel II. Contorno de protección.
– Concepto: refírese ao espazo comprendido por aqueles xacementos ou bens arqueolóxicos catalogados que presentan altos niveis de alteración, ou aqueles onde a definición especial e adscritiva non puideron ser determinadas de forma concreta. Inclúense tamén aquelas zonas ou áreas catalogadas en que, por referencias ou indicios, poida presumirse a existencia de restos arqueolóxicos, a pesar de que actualmente non sexan visibles.
– Recolle igualmente os contornos inmediatos doutros xacementos catalogados nos cales, aínda que non son visibles, poidan existir restos arqueolóxicos, e onde a transformación no uso do solo supoñería ademais un grave impacto sobre as súas condicións ambientais e espaciais, conformándose aquí como protección complementaria ao grao I.
– Delimitación: nos seus límites recóllense todos aqueles terreos que marcan o contorno circundante do xacemento catalogado, así como as zonas en que se localizan materiais arqueolóxicos significativos.
– Usos permitidos: nas zonas comprendidas nesta delimitación admítense todas aquelas actuacións permitidas para a clase e categoría de solo afectada, coa condición de que se cumpran as disposicións establecidas neste punto, e establécese a priori a primacía da conservación das estruturas arqueolóxicas que poidan ser descubertas.
– Calquera intervención que se realice no contorno de protección dos bens integrantes do patrimonio arqueolóxico e que supoña movemento de terras de calquera tipo deberá contar cunha intervención arqueolóxica preventiva (control arqueolóxico) e coa autorización expresa da consellería competente en materia de patrimonio cultural, de conformidade co disposto no artigo 45.1 da LPCG.
b) Vías culturais: Camiño de Santiago.
– Concepto: a Vía da Prata está constituída por unha franxa de, polo menos, 3 metros e o seu contorno de protección, formado por unha franxa de 30 metros de anchura medida a cada lado, desde o ben ou vestixio máis exterior.
– Usos permitidos: no ámbito delimitado do territorio histórico da Vía da Prata e grafado como contorno de protección neste proxecto prohíbense as explotacións mineiras e as canteiras, incluídas as extraccións de grava e area, así como os usos e actividades contidas no artigo 78.3 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
Ademais, tenderase á conservación dos valores tradicionais destes solos, tentando liberar espazo con fronte ao camiño e protexendo as visuais sempre que sexa posible, evitando a apertura de vías perpendiculares ao camiño, que incrementen o tráfico rodado, cando non sexa de vital importancia para o desenvolvemento da actividade nas areeiras.
Artigo 20. Condicionantes da declaración ambiental estratéxica do 19 de xuño de 2019
En cumprimento da resolución de declaración ambiental estratéxica, da Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, do 19 de xuño de 2019, tómanse as especificacións dos anexos I e II como parámetros marco para a restauración e prevalecen sobre as marcadas no texto se algún as contradí.
Anexo I. Parámetros que hai que cumprir nos proxectos de explotación.
|
Elemento de deseño |
Tipo de charca |
Ocupación na charca |
Caracterización |
|
Augas superficiais |
Todas |
> 10 % da superficie da charca |
Nivel do terreo entre as cotas -1,5 e -3 m respecto da situación de partida |
|
Perfil base (tipo 1) |
Todas |
Perímetro non ocupado polo noiro vertical |
Distancias: |
|
a ≥ 5 m* |
|||
|
b ≥ 2 m |
|||
|
c ≥ 5 m |
|||
|
a: entre o límite da parcela e o principio do primeiro noiro |
|||
|
b: base do primeiro noiro (ata a cota -2 m) |
|||
|
c: base do segundo noiro (ata a cota -3 m) |
|||
|
Son fixas as referencias das cotas sobre o nivel do terreo |
|||
|
* Na zona de resaltes que se sinala no contorno das charcas (a) poderá reducirse ata 2 m cando c ≥ 10 m |
|||
|
En función dos lindes da charca, teremos as seguintes consideracións: |
|||
|
Perfil noiro vertical (tipo 2) |
Todas |
5-15 % do perímetro |
Distancias: |
|
a ≥ 5 m |
|||
|
b = 0,1 m |
|||
|
c ≥ 2 m |
|||
|
Situaranse preferentemente na beira norte da charca |
|||
|
Para os dous tipos de perfís descritos (Perfil base-tipo 1 e Perfil noiro vertical-tipo 2), en función dos lindes da charca, teremos as seguintes consideracións: |
|||
|
Onde: a: distancia entre o límite da parcela e o primeiro noiro b: base do primeiro noiro c: base do segundo noiro Estas distancias para cumprir na configuración dos distintos perfís son medidas variables na súa maior parte, establecendo valores mínimos co obxecto de crear noiros irregulares. |
|||
|
1. Camiño: por motivos de seguridade contra caídas accidentais de vehículos e persoas, e para evitar verteduras ilegais nas charcas, dotaranse os límites da charca duns lombeiros de terra vexetal que fagan de muro de terras de protección da explotación. Non superarán os 80 cm de altura e presentarán unha plataforma plana no seu cume. No caso de que exista barreira arbórea ou arbustiva, non será necesaria a disposición destes lombeiros. |
|||
|
2. Predio: cando as charcas non alcancen o seu desenvolvemento total no cuartel e teñan como límite outro predio e non un camiño terán que respectar unha distancia de máis de 5 m ata a liña de marcos do predio lindeiro. |
|||
|
Se, con posterioridade, o predio pasa a formar parte da explotación lindeira ou da explotación doutro areeiro non será preciso manter as franxas de seguridade, pasando a lindar as explotacións só pola liña de limite sen barreira física entre elas. |
|||
|
3. Edificacións: o inicio de escavación con respecto ás edificacións existentes xerará zonas de exclusión de explotación conforme o Regulamento xeral para o réxime da minaría. As distancias serán tomadas desde o punto máis próximo da edificación ao comezo da escavación, sendo a distancia mínima 40 m. |
|||
|
Elemento de deseño |
Tipo de charca |
Ocupación na charca |
Caracterización |
|
Contorno das charcas |
Todas |
Todo o perímetro, cunha zona de resalte cada tramo de (ver abaixo) |
Serán irregulares e crebados, variando no perfil a lonxitude entre o límite da parcela e o comezo do primeiro noiro (a), da base do primeiro noiro (b) e a do segundo noiro ( c) |
|
No bordo das charcas deben existir zonas de resaltes que se caracterizarán por presentar, polo menos, un cabo de terreo emerxido e unha superficie de auga superficial en que, polo menos, se poidan inserir en planta círculos de diámetros (e) e (f), respectivamente |
|||
|
< 3 ha |
600 m |
e =10 m, f=10 m |
|
|
3 – 10 ha |
400 m |
e =10 m, f=10 m |
|
|
> 10 ha |
200 m |
e =10 m, f=15 m |
|
Elemento de deseño |
Tipo de charca |
Ocupación na charca |
Caracterización |
|
Praias |
Charcas situadas ao norte da canle con uso recreativo |
Plataformas de recheo xeradas nas charcas situadas ao norte da canle con uso recreativo |
O seu perfil correspóndese co seguinte gráfico, en que as medidas son orientadoras. |
|
No caso de destinarse como zona de baño, as augas das charcas deberán cumprir as determinacións que establece o Real decreto 1341/2007, do 11 de outubro, sobre a xestión da calidade das augas de baño. |
|
Elemento de deseño |
Tipo de charca |
Ocupación na charca |
Caracterización |
|
Biótopos |
Todas excepto as anteriores |
Máxima que permita o aproveitamento das plataformas de recheo. Como mínimo o 6 % da superficie da charca. |
Ampla superficie de fondo areoso-limoso situada entre as cotas -1 e -3m respecto ao nivel do terreo, coa seguinte distribución en planta de superficies: |
|
– Supralitoral (entre as cotas 1,0 e -1,5 m); 5-20 % |
|||
|
– Mesolitoral (entre as cotas 1,5 e -2,5 m); 30-60 % |
|||
|
– Infralitoral (entre as cotas 2,5 e -3,0 m); 30-40 % |
|||
|
Nesta plataforma conformaranse: |
|||
|
– Canles de trazado sinuoso e profundidade variable, algunha das canles manterá a conexión durante a estiaxe coa lámina de auga principal |
|||
|
– Pozas con niveis da lámina de auga e profundidades variables (unhas por encima do nivel freático mínimo e outras por debaixo). |
|||
|
Os parámetros anteriores e os tipos de substratos poderanse modificar cando se realice un deseño específico con obxecto de conseguir hábitats específicos para especies de interese de conservación, como a avefría (Vanellus vanellus), píllara pequena (Charadrius dubius), mazarico real (Numenius arquata), cegoñela común (Himantopus himantopus), plantas ameazadas (Eryngium viviparum; Piluraria globulifera) ou o sapo dos esporóns (Pelobates cultripes). |
|||
|
Considérase de especial interese o establecemento de biótopos e con tal finalidade o estudo de impacto ambiental que se elabore para a tramitación de cada proxecto de explotación deberá achegar un cálculo do volume de rexeites previstos, establecer a superficie destas plataformas e xustificar tecnicamente o seu deseño. |
|||
|
Illas-banco |
Opcional |
Opcional sobre plataforma de recheo |
Superficie de fondo areoso-limoso situada entre as cotas 0 e -3 m respecto ao nivel do terreo, separada da beira da charca por unha canle de anchura > 3 m. Polo menos un 40 % da superficie estará entre as cotas -1,5 e -2,5 m (mesolitoral) |
|
Illas |
< 3 ha |
Non necesarias |
|
|
3 – 10 ha |
≥ 2 % da superficie final da charca |
En casos xustificados pódense substituír illas por superficies equivalentes de illas-banco. |
|
|
Non computan as illas flotantes. |
|||
|
> 10 ha |
≥ 2 % da superficie final da charca |
En casos xustificados pódense substituír illas por superficies equivalentes de illas-banco. En todo caso, deberá haber unha illa que represente o 1 % da superficie da charca |
|
|
Non computa a superficie das illas flotantes. |
|
Elemento de deseño |
Tipo de charca |
Ocupación na charca |
Caracterización |
|
Pistas lindeiras |
As lindeiras cunha pista que perda a súa función |
|
Nos estudos de impacto ambiental de cada proxecto de explotación valorarase a posibilidade de transformar, total ou parcialmente, camiños e pistas sen funcionalidade co obxecto de mellorar a dispoñibilidade de hábitat para aves, promover actividades relacionadas coa natureza de calidade e procurar unha paisaxe de maior valor natural. |
|
Substratos |
Todas |
En función dos obxectivos establecidos para cada ámbito |
A reconstrución do solo realizarase en función das necesidades de profundidade da vexetación que se queira implantar e en función dos obxectivos establecidos para ese ámbito. Para iso realizarase o apropiado mantemento das acumulacións de terra vexetal. |
|
Revexetación |
Todas |
En función dos obxectivos establecidos para cada ámbito |
A revexetación de cada zona concreta adaptarase ás condicións de cada zona concreta que se vaia revexetar dependendo das condicións edáficas, batimétricas e, se é o caso, fisicoquímicas das augas, en función dos obxectivos establecidos para ese ámbito. |
|
Respectaranse os pés arbóreos ou arbustivos das especies autóctonas presentes no ámbito, cando sexa posible e non interfiran coa actividade extractiva. |
|||
|
Para favorecer a revexetación aproveitarase a capa de terra vexetal propia, así como os restos de roza e o material vexetal retirado ao comezo da explotación, xa que é aí onde están as sementes. Tamén se procederá á dispersión de sementes recollidas na contorna, nas zonas apropiadas para o seu desenvolvemento |
|||
|
Poderá realizarse a plantación de exemplares reproducidos en viveiro das árbores e arbustos coa finalidade de crear pantallas sonoras e visuais ou potenciar a biodiversidade e restauración ecolóxica. Nestes casos adiantarase canto antes as tarefas e utilizaranse marcos de plantación irregulares. |
|||
|
Todo o xermoplasma utilizado procederá da comarca da Limia ou das comarcas lindeiras con ela. As especies que se utilizarán son as que se indican no anexo II. A introdución doutras especies deberá de ser avaliada especificamente nos correspondentes estudos de impacto ambiental de cada proxecto de explotación. |
|||
|
Revexetación |
Todas |
En función dos obxectivos establecidos para cada ámbito |
Cando se observe que as praias e biótopos creados están a ser colonizados por especies primocolonizadoras como o salgueiro de forma non acorde cos obxectivos establecidos para ese ámbito (praias para limícolas, zona palustre), procederase previamente a eliminalas manualmente. |
|
Evitarase a utilización de terra vexetal de zonas con presenza de especies invasoras, como a falsa acacia (Robina pseudoacacia) ou a mimosa (Acacia dealbata). Aplicaranse medidas para previr a entrada nas charcas de Azolla filiculoides, Ludwigia grandiflora ou outras invasoras, e para o seu control/erradicación nas charcas en que se detecte. |
Anexo II. Especies que se utilizarán na revexetación mediante plantación ou dispersión de sementes/froitos.
|
Sector |
Infralitoral |
Mesolitoral |
Supralitoral |
Exterior |
|
Cotas |
-2,5 a -3 m |
-1,5 a -2,5 m |
-1,5 a 0 m |
≥ 0 m |
|
Árbores e |
Frangula alnus |
Betula pubescens celtiberica |
||
|
Arbustos |
Humulus lupus |
Hedera hibernica |
||
|
Herbáceas |
Glyceria declinata |
Alisma plantago-aquática |
Alopecurus aequalis |
Agrostis tennuis |
ANEXO III
Integración dos aspectos ambientais no proxecto, consideración do estudo ambiental estratéxico e dos resultados da información pública e das consultas nel. Razóns da alternativa seleccionada
Adaptouse o estudo de avaliación ambiental estratéxica ao índice do anexo IV da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.
Os aspectos ambientais postos de manifesto na avaliación ambiental estratéxica condicionaron o proxecto principalmente no deseño dos ocos, que toman como criterio non só o aproveitamento de reservas e a seguridade, e no desenvolvemento do proxecto que recolle localizacións quinquenais. Por outra banda, a avaliación ambiental do proxecto de restauración fai que esta non se poida variar sen realizar unha nova avaliación estratéxica.
No anexo II do proxecto recóllense as principais observacións realizadas durante o trámite de información pública e de consultas, indicando os correspondentes cambios realizados e/ou as razóns para a non consideración destas.
No Proxecto sectorial das areeiras da Limia, dadas as características e o obxecto deste, as alternativas que se analizan desenvólvense en áreas da zona de actuación, variando as superficies de cada un dos polígonos pero sempre mantendo os espazos libres nas zonas sensibles desde o punto de vista paisaxístico e ambiental. Débese considerar que os efectos ambientais negativos derivados da súa actividade son mínimos e, pola súa vez, son un motivo de creación de riqueza ambiental na zona en que se realiza a actividade extractiva. Valoráronse tres alternativas en función de vinte criterios que se agrupan en nove variables (paisaxe, natureza, solo, atmosfera, ciclo hídrico, patrimonio, sociedade, economía e enerxía). A alternativa seleccionada (alternativa 2), respecto das alternativas 0 e 1, obtén a maior puntuación para cada un dos criterios.
ANEXO IV
Medidas adoptadas para o seguimento dos efectos do proxecto no ambiente
Para realizar o seguimento ambiental realizouse un programa de vixilancia ambiental durante o desenvolvemento da explotación e os anos posteriores á súa finalización.
Este período comeza a computarse desde o inicio da explotación e, no seu transcurso, deben tomarse as medidas precisas para garantir que os efectos ambientais son os previstos. No caso contrario, modificaranse as medidas adoptadas e adaptaranse á realidade observada.
Igualmente, farase un seguimento e control das medidas preventivas e correctoras propostas, rectificando efectos negativos ocasionais ou redeseñándoas, se é necesario, cando as condicións reais así o indiquen.
No programa de vixilancia ambiental inclúense os seguintes puntos:
• Noiros.
• Solos.
• Calidade de aire.
• Calidade sonora.
• Hidroloxía superficial.
• Fauna.
• Restauración da vexetación.
• Medidas complementarias.
• Medidas para evitar a propagación de especies exóticas invasoras.
