O título VIII da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, recolle os mecanismos de control e garantía pública do sistema galego de servizos sociais.
No artigo 59, a lei atribúelle á Xunta de Galicia a competencia sobre o Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, a autorización e acreditación de centros, servizos e programas sociais, o asesoramento e a asistencia técnica ás entidades e institucións que participen na prestación dos servizos sociais, a supervisión e avaliación da calidade na prestación dos servizos sociais e o exercicio das potestades inspectora e sancionadora.
Pola súa banda, o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 40 que están suxeitas á inspección de servizos sociais todas as entidades que desenvolvan servizos sociais no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma de Galicia.
De acordo co disposto no artigo 42, a actividade inspectora organízase de conformidade coas directrices e coas prioridades acordadas no plan anual de inspección aprobado pola persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais.
O plan de inspección debe fixar os obxectivos anuais da unidade en relación cos servizos existentes no momento en que se elabore. Ademais, recollerá os datos referidos ao ano anterior e avaliará o grao de cumprimento da planificación realizada.
Polo exposto, o plan de inspección constitúe o marco de actuación da Inspección de Servizos Sociais en Galicia en cada exercicio, establecendo os obxectivos xerais e específicos de cada unha das áreas estratéxicas e integrando as actuacións que vai realizar a Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais para o cumprimento da mellora da calidade dos servizos sociais e a garantía dos dereitos das persoas usuarias dos distintos centros, servizos e programas que prestan os ditos servizos.
Non obstante, esta planificación debe conciliarse con outras actuacións acordadas pola Consellería, ou que deriven de necesidades sobrevidas derivadas de circunstancias excepcionais ou da tramitación das queixas que presenten as persoas usuarias dos servizos.
O Plan de inspección para o ano 2026, aprobado pola persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, segue unha liña coherente coas actuacións priorizadas nos últimos anos, en relación coa garantía dos dereitos das persoas usuarias na procura do incremento da calidade nos servizos desenvolvidos polas entidades prestadoras de servizos sociais.
A cooperación con outros órganos da Administración pública e con todos os poderes públicos será un principio básico de actuación da actividade inspectora.
Así mesmo, os contratos e convenios realizados pola Consellería de Política Social e Igualdade e con entidades privadas serán tamén obxecto de seguimento, e reforzarase a supervisión do destino das axudas e subvencións concedidas ás persoas en situación de dependencia e en risco de exclusión social. Así tamén as que se lles concedan ás escolas infantís e puntos de atención á infancia que se acollan á orde de gratuidade da atención educativa.
Este plan elaborouse tras consultar cos centros directivos e unidades administrativas da Consellería de Política Social e Igualdade competentes en cada unha das distintas áreas sociais e tendo en conta o resultado da avaliación do plan de inspección do ano anterior, que se incorpora no anexo desta resolución.
O plan aprobado publícase no Diario Oficial de Galicia co fin de afondar no principio de transparencia na actuación inspectora e de darlle a máxima difusión ao seu contido polo elevado interese social que suscitan os temas que aborda.
Polo exposto, e de conformidade co establecido no artigo 42 do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia,
RESOLVO:
Publicar a Resolución do 18 de marzo de 2026 pola que se aproba o Plan de inspección de servizos sociais de Galicia para o ano 2026, que figura como anexo I a esta resolución, xunto cos datos da avaliación do Plan de inspección de servizos sociais de Galicia do ano 2025, que figura como anexo II.
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2026
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade
ANEXO I
Resolución do 18 de marzo de 2026 pola que se aproba o Plan de inspección de servizos sociais de Galicia para o ano 2026
Primeiro. Ámbito de aplicación
A Inspección de Servizos Sociais exerce as súas facultades sobre todas as entidades, centros, programas e servizos que desenvolven actividades de servizos sociais na Comunidade Autónoma de Galicia, sexan de carácter público ou privado, con independencia da existencia, ou non, de ánimo de lucro, do réxime de intervención administrativa que se lle exixa para a súa posta en funcionamento, da denominación formal da actividade, así como do lugar onde a entidade titular ou xestora teña a súa sede ou domicilio legal.
Segundo. Fins e obxectivos específicos
A Inspección de Servizos Sociais ten como fin verificar o estrito cumprimento da normativa aplicable nesta materia, de xeito que se garantan os dereitos das persoas usuarias e se procure a mellora continua da calidade nos servizos sociais que se lle presten á cidadanía no territorio de Galicia.
Para acadar este fin, márcanse os seguintes obxectivos específicos:
a) Velar polo respecto dos dereitos das persoas usuarias dos servizos sociais, en especial daquelas persoas que son atendidas en centros residenciais.
b) Velar polo axeitado emprego das axudas e subvencións concedidas, e polo cumprimento das cláusulas contractuais e dos convenios asinados pola Consellería de Política Social e Igualdade.
c) Promover a cooperación e coordinación administrativa tanto cos demais órganos da Administración xeral e institucional da Xunta de Galicia como con outras administracións públicas e cos demais poderes públicos, co obxectivo de darlles unha solución integral e máis eficaz aos problemas prácticos en que a cidadanía demanda a protección dos seus dereitos.
Terceiro. Vixencia
A vixencia deste plan estenderase ata o 31 de decembro de 2026. De ser preciso, prorrogarase de forma tácita ata a entrada en vigor do seguinte plan de inspección.
Cuarto. Principios reguladores
A Inspección de Servizos Sociais desempeña as funcións que lle son propias, con suxeición aos seguintes principios informadores:
a) A capacidade e a competencia profesional, con sometemento pleno á lei e ao dereito, ética, rigor, eficacia, obxectividade e imparcialidade no desenvolvemento da función inspectora.
b) A planificación do traballo con coherencia e sistematización, sen prexuízo de que, pola súa transcendencia e urxencia, existan necesidades sobrevidas.
c) A xerarquía, co deber de cumprir as instrucións e as ordes de servizo ditadas polo órgano competente.
d) A reserva e a confidencialidade das actuacións, así como respecto da documentación con orixe e destino na Inspección de Servizos Sociais.
e) A coordinación e o traballo en equipo para garantir a homologación e a homoxeneidade de criterios en todos os seus ámbitos de actuación.
f) O carácter asesor e orientador da inspección respecto ás entidades, servizos, centros e programas de servizos sociais de Galicia.
g) A cooperación interadministrativa.
Quinto. Funcións da Inspección de Servizos Sociais
De conformidade co artigo 73 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, son funcións da Inspección de Servizos Sociais:
a) Verificar o cumprimento dos requisitos e das condicións exixibles para a prestación e o funcionamento dos servizos de conformidade coa súa normativa sectorial específica e para a acreditación en materia de servizos sociais.
b) Velar polo respecto dos dereitos das persoas usuarias dos servizos sociais.
c) Verificar o cumprimento da normativa vixente e o nivel de calidade dos servizos sociais que se presten no territorio de Galicia, para o cal pode formular propostas de mellora na calidade dos servizos sociais.
d) Asesorar, no exercicio das actuacións de inspección, as entidades prestadoras de servizos sociais titulares ou xestoras de centros, programas ou servizos e as persoas usuarias ou os seus representantes legais sobre os seus respectivos dereitos e deberes e sobre a forma de cumprir as disposicións vixentes sobre a materia.
e) Emitir informe sobre o destino e a adecuada utilización das subvencións e axudas públicas percibidas por persoas físicas ou xurídicas en materia de servizos sociais, así como sobre calquera outra axuda económica articulada a través de convenios, contratos ou outras figuras establecidas na normativa vixente.
f) Recibir e investigar queixas e reclamacións.
g) Emitir informes e propoñer a iniciación de expedientes sancionadores, a adopción de medidas cautelares, a clausura ou o cesamento definitivo de servizos, centros e programas, a suspensión ou o cesamento temporal de servizos, centros e programas, a revogación das autorizacións e das resolucións ditadas no procedemento de comprobación no caso de servizos suxeitos a declaración responsable, así como a revogación e suspensión das acreditacións concedidas.
h) Todas aquelas funcións que lle encomende a lei ou a súa normativa de desenvolvemento.
Sexto. Liñas estratéxicas de actuación para o ano 2026
Liña 1: Información e asesoramento en materia de rexistro e autorización de entidades, centros, servizos e programas de servizos sociais.
Para o ano 2026 establécense os seguintes obxectivos:
a) A actualización permanente do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (en diante, RUEPSS), co fin de garantir a máxima transparencia para a cidadanía en canto ás entidades, centros e programas de servizos sociais existentes en Galicia.
https://politicasocial.xunta.gal/XiacWeb/
En concreto, para esta anualidade prevese, así mesmo, a implementación dunha nova interface no programa informático do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais, de xeito que este se faga visualmente máis intuitivo e dinámico para adecualo ás formas de presentación actuais.
b) A actualización que sexa precisa dos contidos da Asesoría Virtual de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, como medio para facilitar o coñecemento polas entidades sobre as funcións e actividades que se realizan desde a Inspección.
https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/asesoria-virtual-de-entidades
c) O reforzo dos labores de asesoramento ás entidades para o cumprimento da normativa vixente no relativo á posta en marcha de centros, programas ou servizos e ao adecuado funcionamento destes, así como das medidas que cómpre adoptar para mellorar a calidade da atención nos centros, programas e servizos en funcionamento.
d) A realización de visitas de inspección para a concesión da autorización de inicio de actividades e para autorizar as modificacións substanciais e os cesamentos de actividades, cando sexa o caso.
Liña 2: Inspección e garantía de dereitos.
Nesta liña fíxanse como obxectivos xerais para o ano 2026:
a) O envío de instrucións e documentación para a elaboración do control de legalidade á totalidade de centros e programas autorizados, agás aos centros de xestión propia da Xunta de Galicia, a aqueles que dependen da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e aos programas de titularidade municipal.
A posta á disposición das escolas infantís e PAI dun modelo de acordo de prestación de servizos e de normas marco de funcionamento visadas para a súa aceptación, ou como modelo para seguir no caso de presentación das súas propias normas, así como a elaboración do Regulamento marco de réxime interior dos centros de menores.
b) A posta á disposición dos centros de maiores e dos centros para persoas con discapacidade do Regulamento marco de réxime interior visado para a súa aceptación, ou como modelo para seguir no caso de presentación do seu propio regulamento.
c) A inspección de entidades, centros, servizos e programas de servizos sociais das distintas áreas.
d) A tramitación do 100 % das denuncias, queixas e reclamacións recibidas, coa realización, se é o caso, dunha visita de comprobación dos feitos denunciados, e dando resposta ás persoas interesadas en todos os casos.
e) Así mesmo, serán obxecto de especial seguimento os centros e servizos que fosen obxecto, en anos anteriores, de sanción administrativa en materia de servizos sociais. Ao mesmo tempo, serán obxecto de especial seguimento os centros, servizos e programas sobre os cales se presentasen queixas, denuncias ou reclamacións.
En particular, fíxanse os obxectivos seguintes:
– A prestación dunha atención especial á inspección aos centros de igualdade que presten servizos ás mulleres vítimas de violencia de xénero.
– A realización de inspeccións ás entidades que desenvolven programas da Rede galega de atención temperá.
Nas visitas de inspección incidirase especialmente:
– Na garantía dos dereitos das persoas usuarias en centros residenciais en situación de dependencia, dos menores suxeitos a medidas de protección e dos menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade.
– Na detección e intervención en caso de malos tratos, físicos, emocionais, de abandono ou de neglixencia nos centros de servizos sociais.
– Na comunicación á autoridade xudicial competente, cando sexa exixible, do ingreso ou da saída dos centros de servizos sociais das persoas usuarias con discapacidade. No caso de discapacidade sobrevida de persoas usuarias, a Dirección do centro dará inmediata conta ao Ministerio Fiscal.
– A racionalización do uso de suxeicións físicas e químicas nos centros de servizos sociais, e a súa correcta aplicación e retirada.
– O cumprimento da proporción mínima de persoal exixible a cada tipo de centro ou programa.
– A verificación do cumprimento da ocupación máxima dos centros conforme a tipoloxía de centro e a capacidade máxima autorizada.
f) Tamén se indicará na garantía dos dereitos das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar, en especial no que se refire:
– Ao cumprimento dos horarios establecidos nos contratos e nos proxectos de atención individual das persoas usuarias.
– A minimizar as rotacións do persoal auxiliar nos domicilios das persoas usuarias.
– Ás valoracións previas ao inicio da prestación do servizo.
– Ao cumprimento da proporción mínima de persoal técnico coordinador por parte das entidades que prestan o servizo.
– Á supervisión e ao seguimento efectivo da prestación, que o persoal técnico debe realizar nos domicilios das persoas usuarias, velando por que o persoal auxiliar realice as tarefas deseñadas para cada unha destas.
g) O asesoramento e a inspección dos servizos comunitarios no que se refire á aplicación das disposicións do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
Liña 3: Calidade e acreditación.
Durante o ano 2026 levarase a cabo a análise do grao de implantación dos protocolos mínimos de funcionamento nos centros, programas e servizos.
Liña 4: Formación e capacitación.
Un dos obxectivos inmediatos a curto e medio prazo da Consellería de Política Social e Igualdade é garantir a calidade dos servizos sociais en Galicia.
Así, dentro desta liña de actuación facilitarase a formación continua do persoal que desempeña funcións de inspección.
Liña 5: Mellora e renovación da normativa en materia de servizos sociais.
Participación e asesoramento na elaboración dos anteproxectos normativos en que se solicite a dita participación.
Sétimo. Metodoloxía
1. As funcións de información e asesoramento ás entidades instruméntanse mediante:
a) O asesoramento e as recomendacións en relación cos regulamentos de réxime interior ou normas de funcionamento dos distintos centros e programas e o seu posterior visado, a resolución de consultas das persoas interesadas e das entidades prestadoras de servizos sociais que desexan poñer en funcionamento novos servizos, en relación co deseño, a autorización de centros, programas e servizos.
b) O asesoramento ás entidades prestadoras de servizos sociais respecto ao contido dos contratos que deben subscribir coas persoas usuarias, de modo que estes no inclúan cláusulas que se poidan considerar abusivas.
c) Na redacción dos contratos coas persoas usuarias, a información ás entidades do deber de cumprimento da normativa da protección de datos.
d) A información e o asesoramento ás persoas usuarias dos servizos sociais de cara a garantir o respecto dos seus dereitos.
Así mesmo, as persoas usuarias poderán remitir directamente queixas e reclamacións á unidade de Inspección de Servizos Sociais co fin de que as avalíe e, cando proceda, realice as actuacións oportunas. Do resultado das actuacións realizadas daráselle conta á persoa interesada no prazo máis breve posible.
2. As funcións de control da legalidade vixente instrumentaranse a través:
a) Da realización de controis da documentación referida aos servizos sociais en funcionamento, en aspectos relacionados coa seguridade e co mantemento das instalacións, pólizas de seguros, carteira de servizos e recursos humanos empregados.
b) Da realización de visitas de inspección aos centros e programas de servizos sociais para a comprobación do cumprimento dos requisitos legalmente exixidos pola normativa específica en materia de servizos sociais, con carácter previo ao inicio das actividades e, posteriormente, durante o seu funcionamento.
c) Da realización de informes de inspección e requirimentos dirixidos ás entidades para a emenda de deficiencias detectadas e/ou recomendacións en torno á mellora dos servizos.
d) Da proposta da adopción de medidas preventivas e/ou provisionais, de clausura (total ou parcial) de centros, de suspensión de actividades e de inicio de expedientes sancionadores.
3. A función de control do financiamento público instruméntase a través da emisión de informes sobre a contratación de servizos, da concesión de subvencións ou doutras fórmulas de financiamento público, así como sobre o funcionamento dos servizos sociais contratados e o cumprimento das condicións ofertadas.
4. Así mesmo, a unidade de Inspección de Servizos Sociais, ademais da colaboración permanente coas demais unidades da Consellería de Política Social e Igualdade, poderá colaborar con outros órganos ou organismos da Xunta de Galicia ou doutras administracións públicas no exercicio das competencias que ten atribuídas.
En especial:
a) A colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública en aspectos relacionados coas condicións dos comedores, cociñas, almacéns e locais de manipulación de alimentos.
b) A colaboración coa Inspección de Servizos Sanitarios en canto á atención sanitaria prestada nos centros, ao almacenamento de medicamentos, á utilización da tarxeta sanitaria ou ao consentimento asinado para delegar no centro as condicións e a modalidade do servizo sanitario.
c) A colaboración co Instituto Galego de Consumo e da Competencia sobre os dereitos básicos das persoas consumidoras e usuarias, o dereito á información e á protección dos intereses lexítimos económicos das persoas consumidoras e o réxime de comprobación e os servizos de atención ás persoas usuarias.
d) A colaboración coa Inspección de Traballo e Seguridade Social no intercambio de información sobre aspectos que se detecten en canto a posibles incumprimentos da normativa laboral do persoal que presta servizos nos centros, servizos e programas de servizos sociais.
5 . As visitas de inspección realizaranse segundo os seguintes criterios:
a) O persoal inspector poderá acceder libremente, sen notificación previa, e en calquera momento, a todos os centros de servizos sociais autorizados, á sede das entidades ou ás instalacións de referencia dos servizos ou programas. Non obstante, notificarase previamente a actuación no caso de visitas para a apertura de centros e nas inspeccións que se realicen aos servizos sociais comunitarios dos concellos.
b) Durante a visita de inspección, o persoal inspector está facultado para acceder a todas as dependencias (co consentimento previo no caso de dependencias privadas das persoas usuarias), para efectuar toda clase de comprobacións materiais, documentais, rexistrais e contables, para entrevistarse con carácter privado co persoal profesional e coas familias e persoas usuarias ou cos seus representantes legais, así como para realizar todas as actuacións que conduzan a un mellor coñecemento dos feitos.
No caso de inspección do programa da Renda de integración social de Galicia, Risga, o acceso aos domicilios particulares requirirán sempre o consentimento expreso por parte do beneficiario.
c) As visitas de inspección aos centros poderanse realizar en calquera momento, incluíndo o horario nocturno, a fin de semana e os días festivos. As inspeccións poderán ser referidas á totalidade do funcionamento do centro, ou sectoriais sobre determinados aspectos en que conveña incidir.
6. Para o desenvolvemento da función inspectora e a actividade de acreditación, dotarase a Inspección de Servizos Sociais do persoal e medios que resulten axeitados e garantan a colaboración dos restantes órganos, e contará co apoio e colaboración doutras administracións públicas con facultades inspectoras ou competencias para o efectivo exercicio das funcións inspectoras.
7. Unha vez finalizado o período de vixencia do plan, levarase a cabo unha avaliación sobre as actuacións realizadas e o seu grao de cumprimento.
Oitavo. Procedementos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS)
https://politicasocial.xunta.gal›recursos›ruepss
A tramitación electrónica dos procedementos xestionados pola unidade de Inspección de Servizos Sociais comprende os seguintes:
a) Inscrición de entidades.
b) Modificación de datos.
c) Cambio de titularidade de centros e programas.
d) Cambio de entidade xestora de centros e programas.
e) Cancelación de entidades.
Noveno. Procedementos de autorización de centros e programas de servizos sociais
Tramitación electrónica dos procedementos xestionados pola unidade de Inspección de Servizos Sociais:
a) Creación/construción de centros.
b) Inicio de actividades de centros e programas.
c) Modificación substancial de centros e programas.
d) Cesamento de actividades de centros e programas.
No ano 2026 prevese a tramitación dos seguintes procedementos:
|
Familia e menores |
Maiores, discapacidade e dependencia |
Servizos comunitarios e inclusión social |
Total |
|
|
Inicio de actividades (PIA) |
15 |
30 |
15 |
60 |
Décimo. Liñas específicas de inspección para o ano 2026
1. As liñas específicas de inspección para o ano 2026 desenvolveranse nas seguintes áreas:
a) Familia e menores.
b) Maiores, discapacidade e dependencia.
c) Servizos comunitarios e inclusión social.
2. Liñas específicas nas áreas de familia e menores.
2.1. Familia.
Inspección do 100 % dos puntos de encontro familiar (PEF).
Nas visitas de inspección realizadas aos PEF titularidade da Xunta de Galicia que estean xestionados por outras entidades, de o solicitar a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, verificarase o cumprimento do contrato administrativo asinado.
Do resultado destas visitas daráselle conta ao dito centro directivo.
|
Provincia |
Número de centros |
Previsión de centros que se van visitar en 2026 |
|
A Coruña |
4 |
4 |
|
Lugo |
1 |
1 |
|
Ourense |
1 |
1 |
|
Pontevedra |
2 |
2 |
|
Total |
8 |
8 |
2.2. Infancia.
a) Inspección do 80 % dos centros de atención á infancia: escolas infantís, puntos de atención á infancia, espazos infantís e ludotecas. Así, incidirase especialmente:
– Na visita aos centros sancionados anteriormente ou con denuncias reiteradas das cales se verificaron aspectos susceptibles de mellora, así como a aqueles que levan máis tempo sen inspeccionarse.
– No cumprimento das proporcións mínimas de persoal exixidas pola normativa aplicable a cada tipo de centro e en que este posúa a formación requirida.
– Na verificación do cumprimento da ocupación máxima dos centros conforme a capacidade máxima autorizada e a tipoloxía de centro autorizado.
– Nas condicións de seguridade dos centros.
– Na garantía dos dereitos dos nenos e nenas e das familias.
– Na comprobación de que os datos do alumnado que figura na aplicación Escinf están actualizados.
– Na implantación efectiva do currículo educativo das escolas infantís, en especial nos aspectos relacionados coa proposta pedagóxica.
|
Provincia |
Número de centros |
Previsión centros que se van visitar en 2026 |
|
A Coruña |
235 |
188 |
|
Lugo |
76 |
61 |
|
Ourense |
70 |
56 |
|
Pontevedra |
189 |
151 |
|
Total |
570 |
456 |
b) A emisión dos informes que se requiran para a concesión de financiamento público a centros de atención á infancia.
2.3. Menores.
a) Inspección do 100 % dos centros de menores.
|
Provincia |
Número de centros |
Previsión centros que se van visitar en 2026 |
|
A Coruña |
23 |
23 |
|
Lugo |
21 |
21 |
|
Ourense |
16 |
16 |
|
Pontevedra |
35 |
35 |
|
Total |
95 |
95 |
b) Na inspección dos centros titularidade da Xunta de Galicia que estean xestionados por outras entidades, e dos centros titularidade doutras entidades con prazas concertadas, contratadas ou cun convenio coa Consellería de Política Social e Igualdade, de o solicitar a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, verificarase o cumprimento do contrato administrativo asinado. Do resultado destas visitas, así como das visitas realizadas a centros de menores titularidade da Xunta de Galicia de xestión propia, daráselle conta ao dito centro directivo.
c) Así, incidirase especialmente na atención prestada aos/ás menores, e velarase pola garantía dos seus dereitos.
d) Así mesmo, impulsarase na medida do posible a adopción de medidas tendentes a mellorar a coordinación entre os equipos técnicos de menores dos departamentos territoriais e os centros en funcionamento.
2.4. Subvencións e convenios.
As inspeccións que se soliciten desde a Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
3. Liñas específicas nas áreas de maiores, discapacidade e dependencia.
3.1. Maiores.
a) Durante o ano 2026 proseguirase o proceso de regularización dos centros de atención a persoas maiores e discapacidade que se detecten en funcionamento sen a preceptiva autorización.
b) Inspección do 90 % dos centros residenciais de persoas maiores (apartamentos tutelados, vivendas comunitarias, fogares residenciais e residencias).
|
Provincia |
Número de centros |
Previsión centros que se van visitar en 2026 |
|
A Coruña |
113 |
102 |
|
Lugo |
83 |
75 |
|
Ourense |
148 |
133 |
|
Pontevedra |
86 |
77 |
|
Total |
430 |
387 |
c) Inspección do 70 % dos centros de día de persoas maiores (centros de día e centros de día de alzhéimer).
|
Provincia |
Número de centros |
Previsión centros que se van visitar en 2026 |
|
A Coruña |
81 |
57 |
|
Lugo |
41 |
29 |
|
Ourense |
31 |
22 |
|
Pontevedra |
98 |
69 |
|
Total |
251 |
177 |
d) Os fogares/clubs (21 centros), dada a súa tipoloxía non serán obxecto de inspección, salvo no caso de denuncia.
e) Así, incidirase especialmente:
– No cumprimento das proporcións mínimas de persoal exixidas pola normativa aplicable a cada tipo de centro e en que este posúa a formación requirida.
– Na verificación do cumprimento da ocupación máxima dos centros conforme a capacidade máxima autorizada e a tipoloxía de centro autorizado.
– Na inspección dos centros titularidade da Xunta de Galicia que estean xestionados por outras entidades e dos centros titularidade doutras entidades con prazas contratadas pola Consellería de Política Social e Igualdade.
De o solicitar a Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria ou a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, verificarase o cumprimento do contrato administrativo.
Do resultado destas visitas, así como das visitas realizadas a centros titularidade da Xunta de Galicia de xestión propia, daráselle conta ao dito centro directivo.
– Nas visitas aos centros comprobaranse as persoas que teñen libranza vinculadas á adquisición do servizo, e remitirase esta información á Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria ou á Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
3.2. Discapacidade.
a) Inspección do 65 % dos centros residenciais de persoas con discapacidade (apartamentos tutelados, vivendas/pisos tutelados, residencias de persoas con discapacidade adultas e residencias de persoas con discapacidade gravemente afectadas).
|
Provincia |
Número de centros |
Previsión centros que se van visitar en 2026 |
|
A Coruña |
43 |
28 |
|
Lugo |
19 |
13 |
|
Ourense |
19 |
13 |
|
Pontevedra |
33 |
21 |
|
Total |
114 |
75 |
b) Inspección do 65 % dos centros de atención diúrna de persoas con discapacidade (centros ocupacionais e centros de día).
|
Provincia |
Número de centros |
Previsión centros que se van visitar en 2026 |
|
A Coruña |
68 |
44 |
|
Lugo |
17 |
11 |
|
Ourense |
15 |
10 |
|
Pontevedra |
51 |
33 |
|
Total |
151 |
98 |
Así, incidirase especialmente:
– No cumprimento das proporcións mínimas de persoal adecuadas a cada tipo de centro e que este posúa a formación requirida.
– Na verificación do cumprimento da ocupación máxima dos centros conforme a capacidade máxima autorizada e a tipoloxía de centro autorizado.
– Na inspección dos centros titularidade da Xunta de Galicia que estean xestionados por outras entidades e dos centros titularidade doutras entidades con prazas contratadas pola Consellería de Política Social e Igualdade. De o solicitar a Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria ou a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade, verificarase o cumprimento do contrato administrativo.
Do resultado destas visitas, así como das visitas realizadas a centros titularidade da Xunta de Galicia de xestión propia, dáraselle conta ao dito centro directivo.
– En todas as visitas aos centros comprobarase a exactitude dos datos referidos ás libranzas vinculadas á adquisición destes servizos, segundo os datos remitidos póla Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria ou pola Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
3.3. Subvencións e convenios.
a) Inspección das subvencións para a posta en funcionamento e o desenvolvemento das casas do maior. Inspeccionarase o 100 % dos proxectos solicitados desde a Dirección Xeral de Atención Sociosanitaria.
b) Outras inspeccións que se soliciten desde a Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria ou a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
|
Inspeccións previstas 2026 |
|
|
Casas do maior |
100 % das solicitadas |
|
Outras subvencións e convenios |
100 % das solicitadas |
4. Liñas específicas nas áreas de servizos comunitarios e inclusión social.
4.1. Comunidade.
a) Servizo de axuda no fogar de entidades privadas.
Inspeccións a 110 empresas privadas de axuda no fogar, dando prioridade ás visitas ás empresas que xestionen programas de titularidade local e ás que presten servizo a persoas usuarias de libranza vinculada ao servizo de axuda no fogar; neste último caso, comprobarase que a prestación se destina á adquisición destes servizos, segundo as nóminas remitidas polos distintos departamentos territoriais.
|
Núm. de programas SAF privados |
Previsión entidades que se van visitar en 2026 |
|
218 |
110 |
b) Visitas domiciliarias.
Estímase a realización de 85 visitas domiciliarias para comprobar a efectiva adquisición dos servizos e as súas intensidades, así como a adecuación dos servizos establecidos nos plans de atencións individuais e a supervisión e o seguimento do servizo nos domicilios das persoas usuarias (daráselles prioridade aos domicilios que teñan concedida unha libranza vinculada á adquisición do servizo e a aqueles de persoas usuarias do sistema da dependencia que perciben os servizos a través de empresas xestoras dos programas de axuda no fogar dos concellos).
|
Previsión visitas que se van realizar en 2026 |
|
|
Visitas domiciliarias |
85 |
4.2. Servizos sociais comunitarios.
No ano 2026 continuarase co obxectivo de asesorar os concellos para que os distintos programas que se levan a cabo neste nivel de atención se adapten á normativa de aplicación, así como velar pola garantía dos dereitos das persoas usuarias en relación cos programas básicos dos servizos sociais comunitarios, e a comprobación da dotación de persoal financiado a través do Plan concertado de servizos sociais.
Nas visitas prestarase especial atención ao seguinte:
Programa de orientación, asesoramento e información.
Neste programa comprobarase o grao de resposta e celeridade das citas e demandas solicitadas pola cidadanía no exercicio dos seus dereitos.
Para estes efectos, teranse en conta o tempo de espera para cada cita, os días e horario de atención presencial, a atención telefónica e os tempos de resposta desta nova modalidade de atención, o exame das axendas de citas do persoal técnico do departamento e a adecuación do tempo establecido para cada cita.
Programa de axuda no fogar.
Neste programa comprobarase o cumprimento da proporción de persoal técnico para o seguimento e a supervisión do servizo, así como que o dito servizo se adapta ás necesidades das persoas usuarias e se lles presta a intensidade horaria, recoñecida ou solicitada, a todas as persoas usuarias que constan de alta na aplicación Sigad-Concellos.
Así mesmo, verificarase que todas as persoas usuarias contan cun contrato/acordo de servizo asinado entre as partes, no cal se recollan os datos básicos (datos das partes, prezo/hora, horas iniciais de prestación do servizo...), que se realiza unha valoración inicial no domicilio da persoa usuaria antes do inicio da prestación do servizo, que o proxecto de atención individual está actualizado e que se están a realizan as visitas de supervisión e seguimento da prestación nos domicilios das persoas usuarias.
Tamén se realizará unha mostraxe aleatoria de expedientes para comprobar que no Sigad-Concellos se rexistran as diminucións horarias que xorden na prestación do servizo de axuda no fogar e que minoran no mes de referencia as horas efectivamente prestadas que constan na citada aplicación.
Servizo de educación e apoio familiar.
A inspección deste servizo realizarase co exame dunha mostraxe aleatoria dos expedientes de alta no programa, comprobando que as persoas usuarias/familias conten con proxectos de apoio educativo e psicosocial co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección.
Programa de prevención e inserción social.
As actuacións de inspección sobre este programa consistirán no exame dunha mostraxe aleatoria dos expedientes individuais da Risga e do seguimento trimestral de cada caso. Así tamén, o exame dos expedientes individuais das axudas de inclusión social (AIS) e das visitas domiciliarias realizadas, no caso das axudas para equipamento mobiliario básico da vivenda e mellora da habitabilidade, co obxecto de comprobar que as axudas se destinan á súa finalidade.
A previsión para a anualidade 2026 é a realización de 125 visitas aos servizos sociais comunitarios dos concellos, co obxecto de coordinar e controlar a calidade dos programas comunitarios básicos que se desenvolven, procurando realizar, polo menos, unha visita ordinaria aos distintos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia dentro dun período de tres anos.
|
Previsión concellos que se van visitar en 2026 |
|
|
Servizos comunitarios dos concellos |
125 |
4.3. Inclusión
Centros de inclusión, igualdade e comunitarios.
Durante o ano 2026 realizaranse visitas de inspección ordinaria a 60 centros de inclusión e comprobarase que os usuarios se corresponden coa tipoloxía do centro/programa autorizado. Prestarase especial atención ao cumprimento das proporcións do persoal técnico, a necesidade de facer unha valoración inicial no momento do ingreso no centro e á adopción das medidas de protección que sexan necesarias para as persoas usuarias. Tamén se verificará a existencia do proxecto de inclusión social/inserción laboral de todas as persoas residentes nos centros.
Centros de igualdade.
No ano 2026 visitaranse 8 centros de igualdade.
Así mesmo, emitiranse os informes solicitados polos centros directivos da Consellería de Política Social e Igualdade en relación coas subvencións solicitadas polas entidades titulares dos centros de inclusión.
|
Número de centros |
Previsión centros que se van visitar en 2026 |
|
|
Inclusión |
172 |
60 |
|
Igualdade |
12 |
8 |
4.4. Subvencións, convenios e prestacións.
a) No ano 2026, e segundo os datos remitidos pola Dirección Xeral de Discapacidade e a Dirección Xeral de Inclusión Social, realizaranse as visitas de seguimento aos servizos de atención temperá que desenvolven, de xeito individual ou compartido as entidades locais de Galicia no marco da Rede galega de atención temperá (regulada polo Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a rede).
Tamén se realizarán visitas de inspección para comprobar que as subvención concedidas ás entidades de inclusión social se destinaron á súa finalidade. A estimación é de 9 inspeccións a entidades que desenvolven servizos de atención temperá e 6 inspeccións a entidades que reciben subvencións para desenvolver programas de cobertura de necesidades básicas.
b) En canto ao seguimento da Risga e AIS, suxeito aos datos remitidos polos distintos departamentos territoriais, realizaranse 50 seguimentos de expedientes desta natureza. O obxectivo é constatar, na medida do posible, o mantemento dos requisitos que deron lugar á citada prestación. No caso das AIS, verificarase que a axuda se destinou á finalidade para a cal foi concedida.
|
Inspeccións previstas en 2026 |
|
|
Programas da Rede galega de atención temperá |
9 |
|
Subvencións a programas de cobertura de necesidades básicas |
6 |
|
Prestacións Risga e AIS |
50 |
5. Tramitación de queixas, reclamacións e denuncias.
Todas as queixas, reclamacións e denuncias que se reciban na unidade de Inspección de Servizos Sociais serán tramitadas, e do resultado das investigacións levadas a cabo daráselles conta aos denunciantes.
ANEXO II
Avaliación do Plan de inspección de servizos sociais de Galicia do ano 2025
1. Tramitación de procedementos do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
|
Procedementos rexistrais RUEPSS 2025 |
Expedientes tramitados |
|
Inscrición |
119 |
|
Modificación de datos |
301 |
|
Cancelación |
21 |
|
Total |
441 |
2. Tramitación de procedementos de autorización de centros e programas de servizos sociais.
|
Procedementos de autorización 2026 |
Familia e menores |
Maiores, discapacidade e dependencia |
Servizos comunitarios e inclusión social |
Total |
|
Creación/construción |
23 |
28 |
22 |
73 |
|
Inicio de actividades |
9 |
24 |
71 |
104 |
|
Modificación substancial |
35 |
34 |
10 |
79 |
|
Cambio de titularidade |
6 |
11 |
2 |
19 |
|
Cambio de entidade xestora |
73 |
65 |
29 |
167 |
|
Cesamento actividades |
38 |
18 |
30 |
86 |
|
Visado de regulamentos de réxime interior |
64 |
30 |
81 |
175 |
|
Total |
248 |
210 |
245 |
703 |
3. Visitas ás páxinas web xestionadas pola Inspección de Servizos Sociais.
|
Web |
Visitas 2025 |
|
RUEPSS (https://politicasocial.xunta.gal/XiacWeb/) |
184.334 |
|
Asesoría virtual (https://politicasocial.xunta.gal/gl/recursos/asesoria-virtual-de-entidades) |
48.092 |
4. Centros, servizos e programas de servizos sociais inspeccionados.
|
Centros, servizos e programas de servizos sociais inspeccionados 2025 |
|||
|
Área |
Centros previstos |
Centros inspeccionados |
% realización |
|
Menores |
95 |
81 |
85,26 % |
|
Infancia |
457 |
366 |
80,08 % |
|
PEF |
8 |
8 |
100 % |
|
Maiores |
579 |
593 |
102,41 % |
|
Discapacidade |
173 |
152 |
87,86 % |
|
SAF-Privado |
110 |
115 |
104,54 % |
|
Visitas domiciliarias SAF |
85 |
85 |
100 % |
|
Servizos comunitarios |
125 |
132 |
105,6 % |
|
Centros inclusión |
60 |
69 |
115 % |
|
Centros igualdade |
8 |
8 |
100 % |
|
Total |
1.700 |
1.609 |
94,64 % |
* Non se realizaron visitas a aqueles centros que non tiñan persoas usuarias.
5. Visitas para a autorización de centros/programas.
|
Área de Maiores e Discapacidade |
Área de Inclusión, Comunidade e Igualdade |
Área de Familia e Menores |
|
24 |
28 |
44 |
6. Visitas de inspección realizadas.
|
Visitas de inspección 2025 |
Inspeccións previstas |
Inspeccións realizadas |
% realización |
|
Familia e menores |
575 |
576 |
100,17 % |
|
Maiores, discapacidade e dependencia |
792 |
1.005 |
126,89 % |
|
Servizos comunitarios e inclusión social |
473 |
487 |
102,95 % |
|
Total |
1.840 |
2.068 |
112,39 % |
7. Denuncias tramitadas.
|
Avaliación 2025 |
Familia e menores |
Maiores, discapacidade e dependencia |
Servizos comunitarios e inclusión social |
Total |
|
Denuncias tramitadas |
145 |
411 |
199 |
755 |
8. Inspección prestacións Risga e AIS.
|
Avaliación 2025 |
Previstos |
Realizados |
% Realización |
|
Risga e AIS |
50 |
50 |
100 % |
9. Controis de legalidade.
|
Avaliación 2025 |
Familia e menores |
Maiores, discapacidade e dependencia |
Servizos comunitarios e inclusión social |
Total |
|
Controis de legalidade enviados |
483 |
892 |
373 |
1.748 |
Ao longo da anualidade 2025 desenvolvéronse distintas aplicacións no RUEPSS de cara á mellora da calidade da prestación dos servizos e da xestión e organización dos centros.
Así, a posta á disposición das entidades de modelos normalizados, regulamentos e normas de funcionamento marco como modelos homoxéneos de aplicación para toda a comunidade autónoma.
