Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo que figura como anexo á presente resolución.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2026
Sandra Vázquez Domínguez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral
do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa
Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 3/2025, do 15 de decembro,
de modificación da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia
A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral da Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seguinte acordo:
1º. Iniciar as negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación co artigo único da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 3/2025, do 15 de decembro, de modificación da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.
2º. Designar un grupo de traballo para propoñerlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.
3º. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.
|
Ángel Víctor Torres Pérez |
Diego Calvo Pouso |
