DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 15 de abril de 2026 Páx. 22880

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, pola que se publica o requirimento de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento SI431A e SI431E).

No Diario Oficial de Galicia número 22, do 3 de febreiro de 2026, publícase a Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento SI431A e SI431E).

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 10 da Orde do 9 de xaneiro de 2026. Así mesmo, no artigo 11 determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos.

O artigo 14.2 da Orde do 9 de xaneiro de 2026 dispón que, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos, o órgano instrutor requirirá as entidades interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa solicitude e, logo de resolución, arquivarase o expediente.

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o requirimento de emenda farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do requirimento de emenda das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e de proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento SI431A e SI431E), por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras, que figura como anexo desta resolución (anexo: requirimento de emenda de documentación-SI431A e SI431E).

2. Facer indicación expresa ás persoas solicitantes que figuran no anexo desta Resolución de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece nesta resolución, coa advertencia de que, de non o faceren, se considerarán desistidas das súas solicitudes, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se diten as oportunas resolucións ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

3. Informar as persoas interesadas de que, de acordo co establecido no artigo 11.4 das bases reguladoras, a presentación da documentación requirida debe ser realizada electronicamente.

4. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social e Igualdade, Dirección Xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero, a través do teléfono indicado no artigo 27 da convocatoria (981 95 76 13) ou presencialmente.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2026

Roberto Barba Alvedro
Director xeral de Loita Contra a Violencia de Xénero

ANEXO

Asunto: requirimento de emenda das solicitudes relacionadas a continuación por non estaren debidamente cubertas e/ou non achegaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.

Data do requirimento: 27 de marzo de 2026.

Efectos: no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación dos requirimentos a través desta resolución no Diario Oficial de Galicia, cómpre emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos conforme se establece nos ditos requirimentos, coa advertencia de que, de non o faceren, se considerarán desistidas das súas solicitudes, de acordo co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de que se diten as oportunas resolucións ao abeiro do artigo 21 da dita lei.

Órgano instrutor: Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero.

Solicitudes suxeitas a emenda de documentación:

Liña 1: proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual, na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431A).

Nº de expediente

Entidade

Documentación requirida

SI431A-2026-00000009-00

Asociación In Género (Interculturalidad y Género)

1. Anexo II: memoria do proxecto (artigo 11.1.b)

Deben cubrilo correctamente e achegalo debidamente asinado (indicar correctamente o ámbito xeográfico).

2. Anexo III: ficha individualizada de cada profesional que desenvolva ou vaia desenvolver servizos, actuacións ou actividades no proxecto (artigo 11.1.c)

Deben volver achegalos, de forma que sexan congruentes co indicado no anexo II e as sinaturas electrónicas deben ser verificables.

3. Acreditación da colaboración da entidade con calquera Administración pública no desenvolvemento de proxectos de atención a persoas en situación de explotación sexual (artigo 11.1.e)

Deben acreditalo, utilizando o modelo que figura na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/211619516/Certificado%20Solicitud.pdf

4. Acreditación da integración da entidade nalgunha estrutura ou organización relacionada co apoio ás vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual (artigo 11.1.f)

Deben acreditalo, utilizando o modelo que figura na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/211619516/Certificado%20Solicitud.pdf

Liña 2: proxectos de información, prevención e sensibilización en materia de trata con fins de explotación sexual e explotación sexual, así como de apoio ás súas vítimas, preferentemente entre mulleres inmigrantes, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia (SI431E).

SI431A-2026-00000009-00

Asociación In Género (Interculturalidad y Genero)

1. Anexo V: memoria do proxecto (artigo 11.2.b)

Xunto coa memoria do proxecto achegan unha memoria complementaria que deben corrixir, pois contén un orzamento que non se axusta á orde de convocatoria (artigo 8).

Deben corrixila, asinala e achegala novamente.

2. Acreditación da integración da entidade nalgunha estrutura ou organización relacionada co apoio ás vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual (artigo 11.2.c)

Deben acreditalo, utilizando o modelo que figura na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/211619947/Certificado%20Solicitud.pdf