De acordo co Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e Vitaly Health Services, S.L. para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación,
RESOLVO:
Convocar o curso que figura no anexo II, que deberá desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2026
Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Primeira. Requisitos das persoas participantes
Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, dos seguintes centros de traballo da provincia de Ourense:
Servizo de Mobilidade.
Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental.
Servizo de Patrimonio Natural.
Servizo de Dependencia.
Servizo de Discapacidade.
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.
Residencia de Maiores de Castro Caldelas.
Departamento Territorial de Ourense.
Servizo Técnico do Instituto Galego da Vivenda e Solo/Sección de Subvencións e Tramitacións/Habilitación e Finanzas.
Servizo de Urbanismo.
Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).
Este persoal terá que estar en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e reunir os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como ás súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Terceira. Acceso ás actividades formativas
O acceso será a través da páxina web da EGAP: <https:// egap.xunta.gal> e unha vez dentro haberá que seguir as seguintes instrucións:
1. É preciso estar rexistrado na área de matrícula da EGAP. Para iso ten que premer na icona «área de matrícula» da páxina web da EGAP e rexistrarse premendo en «rexistrar unha conta para acceder ás aplicacións», situada na parte inferior da pantalla (no caso de que o/a traballador/a xa estea rexistrado/a, este paso non será necesario).
2. A EGAP matriculará o alumnado indicado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais .
3. Unha vez rexistrado e matriculado, poderá acceder ao curso o día do seu comezo.
4. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.
5. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53, 981 54 62 54, 981 54 62 73 e 981 54 63 35, en horario de atención ao publico (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
Cuarta. Comprobación de datos
1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), para tramitar o procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar, ademais, unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración, a través do seguinte enderezo electrónico: <xestion.egap@xunta.gal>.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección.
Quinta. Criterios de selección
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais indicará o persoal obrigado a realizar esta formación.
Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado
1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Sétima. A asistencia
A asistencia:
a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.
b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.
c) As faltas de asistencia:
1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días, contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.
2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.
Oitava. Superación da actividade formativa
Para poder superar a actividade de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación, que se realizará ao final dela.
Novena. Certificados
Para acadar o certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.
Décima. Facultades da EGAP e Vitaly Health Services, S.L.
1. A EGAP e Vitaly Health Services, S.L. poderán modificar o desenvolvemento, as datas e os lugares da actividade formativa, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Tamén lles corresponde a ambos os dous organismos prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.
2. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP e Vitaly Health Services, S.L. reservan para si o dereito a suspender ou cancelar a actividade, caso en que empregarán os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.
3. A EGAP e Vitaly Health Services, S.L. garantirán na actividade derivada desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.
ANEXO II
|
Código |
Edición |
Denominación |
Persoal destinatario |
Horas |
Prazas |
Modalidade |
Localidade |
Data e lugar de realización |
|
CV26075 |
Ourense 1 |
Formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación |
O persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, dos seguintes centros de traballo da provincia de Ourense: Servizo de Mobilidade, Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Patrimonio Natural, Servizo de Dependencia, Servizo de Discapacidade, Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Residencia de Maiores de Castro Caldelas, Departamento Territorial de Ourense, Servizo Técnico do IGVS/Sección de Subvencións e Tramitacións/Habilitación e Finanzas, Servizo de Urbanismo e APLU |
12 |
35 |
Presencial |
Ourense |
5 e 6 de maio de 2026 Horario: das 8.30 ás 14.30 horas Lugar de realización: aula de formación do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Ourense (Issga), r/ Villaamil e Castro, s/n, 32071 Ourense |
|
CV26075 |
Ourense 2 |
Formación en prevención de riscos laborais: Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación |
O persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención, dos seguintes centros de traballo da provincia de Ourense: Servizo de Mobilidade, Servizo de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Patrimonio Natural, Servizo de Dependencia, Servizo de Discapacidade, Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Residencia de Maiores de Castro Caldelas, Departamento Territorial de Ourense, Servizo Técnico do IGVS/Sección de Subvencións e Tramitacións/Habilitación e Finanzas, Servizo de Urbanismo e APLU |
12 |
35 |
Presencial |
Ourense |
12 e 13 de maio de 2026 Horario: das 8.30 áas 14.30 horas Lugar de realización: aula de formación do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral de Ourense (Issga), r/ Villaamil e Castro, s/n, 32071 Ourense |
