Expediente: IN407A 2024/175-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMTS, CT, RBT Ferreiros.
Concello: Boiro.
Feitos:
1. O día 13.5.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, coa finalidade de mellora da calidade de subministración de enerxía eléctrica mediante construción de centro de transformación, liñas eléctricas de media tensión e liñas eléctricas de baixa tensión.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan os seguintes documentos:
– Proxecto de execución denominado LMTS, CT, RBT Ferreiros, asinado por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo, o 8.4.2024.
– Anexo I, asinado por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo, o 12.5.2025.
– Anexo II, asinado por Victoriano González Lemos, enxeñeiro tecnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo, o 14.1.2026.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
– Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
– DOG: 15.1.2026.
– BOP: 26.12.2025.
– Xornal La Voz de Galicia: 5.1.2026 (Ed. Barbanza).
– Taboleiro de anuncios do concello: con data 16.12.2025 solicitouse ao Concello de Boiro a exposición pública do proxecto e a correspondente acreditación de realización dese trámite, sen que conste no expediente a emisión da dita certificación.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Boiro. Deputación Provincial, Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda e Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 18.3.2026 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación.
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro de.
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas Ferreiros, O Coveliño e Quinteiro (parroquia de Cespón), no concello de Boiro e as súas características técnicas son as seguintes:
– Proxéctase a instalación dun centro de transformación de tipo rural de 100 kVA, compacto, baixo envolvente prefabricada, para o traspaso de cargas da punta da rede existente do CT 15AAH0. O novo CT será alimentado pola liña de media tensión BOI-802 a 20 kV procedente da subestación Boiro e desde a cal se alimentará a rede de BT existente mediante dúas saídas.
– O entroncamento coa liña de media tensión aérea BOI-802 realizarase mediante paso aéreo-subterráneo para a nova derivación subterránea que alimentará o novo CT, sendo necesario a instalación dun apoio proxectado de tipo C-1000/14, no cal se instalará un reconectador (RC) que servirá como dispositivo de protección e manobra para a derivación.
– Para dar servizo ao CT proxectado, proxéctase unha nova liña de media tensión subterránea (LMTS) en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×150) cunha lonxitude de 505 metros, a cal partirá dun paso aéreo subterráneo (PAS) proxectado no apoio proxectado C-1000/14 e rematará no centro de transformación proxectado. Esta liña discorrerá canalizada en gabia, instalada baixo tubo de polietileno de alta densidade, de 16 cm de diámetro, ata o centro de transformación proxectado, sendo necesaria a instalación de cinco puntos de acceso á rede. O cruzamento coa estrada DP-1106 (PK 4 + 494) realizarase mediante perforación dirixida.
4. Do visto na visita realizada o 3.2.2026 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000 para impor servidumes de paso.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– No seu caso, acreditación ou declaración de que o proxecto se atopa dentro dalgunha das excepcións de aplicación do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, ou das indicadas na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) 2024/573 nos puntos relativos á aparellaxe électrica.
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 23 de marzo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Boiro
|
Nº parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
1 |
Porto 15011A034005130000XW |
Rústico agrario viña secano |
Manuel Ángel Romero Carreño |
Apoio |
2,0 |
3,76 |
11,12 |
||
|
2 |
Cubeliño 15011A034003510000XZ |
Urbana |
Manuela Bermúdez Cespón |
CT |
31,82 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m² aér.: superficie de servidume aérea en m².
m² sot.: superficie de servidume soterrada.
