Examinado o expediente instruído por solicitude de UFD Distribución Electricidad, S.A., sobre as autorizacións administrativas previa e de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalacións eléctricas que se describe a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida de San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: Regulamentación da LAMT BDV801 A Rúa 1 entre os apoios CLCL80Y6 e CL62XIM7//15.
Situación: concellos de Vilamartín de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.
Orzamento: 10.914,75 €.
Características principais do proxecto de execución, que foi asinado o 13.9.2022 polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, colexiado núm. LE-1010 do COIILE:
– Substitución, na LMT BDV801 A Rúa 1, dos apoios números CLBCJR18//12, CLAAMIJ0//13 e CL7V39VQ//14 por novos apoios de celosía metálica do tipo C-12/2000, C-12/2000 e C-16/2000, respectivamente.
– Instalación dun novo condutor LA-56, en substitución do existente, nos seguintes tramos: 167 m entre os apoios proxectados núm. CLBCJR18//12 e núm. CL7V39VQ//14, e 16 m entre o apoio proxectado núm. CL7V39VQ//14 e o apoio existente núm. CL85B5GW//14-1.
A información pública do proxecto foi realizada mediante o Acordo deste departamento territorial do 18.3.2025, que foi inserido no DOG do 8.4.2025 e no xornal La Región de Ourense do 26.3.2025. Debido á un erro nos datos achegados por UFD respecto dos predios afectados pola DUP, realizouse unha segunda información pública mediante o Acordo deste departamento territorial do 20.6.2025, que foi inserido no DOG do 11.7.2025 e no xornal La Región de Ourense do 4.7.2025.
O proxecto tamén estivo en exposición pública neste departamento territorial e no portal de transparencia desta consellería durante o prazo regulamentario. Dentro do prazo establecido para iso foron presentadas alegacións polo Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia relativas á falta de competencia profesional do redactor do proxecto técnico, debido á falta de especialidade. Na contestación realizada polo solicitante, xustifícase a competencia profesional ao non sobrepasarse a limitación cuantitativa de sesenta e seis mil voltios de tensión establecida no Real decreto lei 37/1977, do 13 de xuño, sobre atribucións dos peritos industriais. Ademais, esta determinación foi ratificada pola Sentenza do 9 de xullo de 2002, da Sala do Contencioso-Administrativo, ditada no ámbito do recurso de casación núm. 7785/1994, que establece que «Os enxeñeiros técnicos industriais teñen ilimitadas atribucións profesionais dentro da súa especialidade e limitadas no resto de especialidades coas limitacións cuantitativas que se reflectían no artigo 1 do Real decreto lei 37/1977, do 13 de xuño, sobre as atribucións dos peritos industriais».
Á vista do anterior, non se teñen en conta as alegacións formuladas polo Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.
En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública á devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, dea comezo ao levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada persoa interesada se lle notifique de xeito individual, daqueles predios que figuran no anexo do acordo de información pública do proxecto.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 23 de marzo de 2026
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
