DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 17 de abril de 2026 Páx. 23645

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se modifica a orde na relación de persoas aspirantes que o superaron.

Na sesión que tivo lugar o día 14 de abril de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio; corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño) e do 28 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e a Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro; corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 17 de decembro de 2024 (DOG núm. 244, do 19 de decembro), modificada polas resolucións do 2 de abril de 2025 (DOG núm. 71, do 11 de abril), do 7 de xullo de 2025 (DOG núm. 138, do 21 de xullo) e do 17 de marzo de 2026 (DOG núm. 55, do 24 de marzo), este tribunal acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Segundo. A base III.4 da convocatoria establece que «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma das puntuacións na fase de concurso...». Por outra banda, a base V.1 dispón que «...No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

1º. En caso de infrarrepresentación do sexo feminino na correspondente escala, especialidade ou categoría profesional, o empate resolverase a prol da muller.

2º. Polo maior tempo de servizos prestados na escala, especialidade ou categoría profesional obxecto da convocatoria na Administración ou entidade convocante.

3º. Pola maior antigüidade de servizos prestados no ámbito de aplicación da Administración convocante.

4º. Pola maior idade da persoa aspirante.

5º. En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

Terceiro. Como consecuencia dun erro aritmético detectado no cálculo dos criterios de desempate para o establecemento da orde de prelación, consonte o establecido no punto anterior, faise preciso modificar a dita orde respecto das persoas que se relacionan a seguir, de conformidade co establecido no artigo 109.2) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Núm.
de orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

4

***0599**

Blanco Fernández, María Fernanda

Libre

95

5

***9551**

Fuentes Tojo, María Teresa

Libre

95

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a orde de prelación das persoas aspirantes que se indican e que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2026

Víctor Gallego Víncent
Presidente do tribunal