DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Venres, 17 de abril de 2026 Páx. 23567

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2026, da Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dispón o depósito e a inscrición, no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da xuntanza da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de empresas organizadoras do xogo do bingo, na cal se actualizan as táboas salariais do Convenio colectivo autonómico das empresas organizadoras do xogo do bingo para o ano 2025.

Feitos:

Primeiro. O día 18 de marzo de 2026 tivo entrada nesta unidade a solicitude para a inscrición, no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da xuntanza da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de empresas organizadoras do xogo do bingo, na cal se actualizan as táboas salariais do Convenio colectivo autonómico das empresas organizadoras do xogo do bingo para o ano 2025.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais ten atribuídas, entre outras funcións, as competencias que como autoridade laboral lle corresponden á consellería, de conformidade co disposto no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Segundo. De acordo co artigo 25 do citado Decreto 147/2024, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano competente de coordinación dos rexistros administrativos de eleccións sindicais, de asociacións empresariais e sindicais (Deose), de convenios colectivos (Regcon) e de empresas acreditadas para intervir no proceso de contratación no sector da construción (REA).

Terceiro. O artigo 8 do Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, regula o procedemento de inscrición de solicitudes de rexistro e convenios e acordos colectivos de traballo e establece que a autoridade laboral competente ditará a resolución en que ordene o seu rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.

Revisada a documentación achegada e tendo en conta a normativa aplicable, a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, na súa condición de autoridade laboral,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o depósito e a inscrición, no Rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da acta da xuntanza da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de empresas organizadoras do xogo do bingo, na cal se actualizan as táboas salariais do Convenio colectivo autonómico das empresas organizadoras do xogo do bingo para o ano 2025.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2026

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

Acta da xuntanza da Comisión Paritaria do Convenio colectivo de empresas organizadoras do xogo do bingo

Ás 13.00 horas do día 16 de marzo de 2026 reúnense as persoas a seguir relacionadas, que integran a Comisión Paritaria do Convenio colectivo autonómico das empresas organizadoras do xogo do bingo.

Parte empresarial:

Jorge Fernández-Chao González-Dopeso (Abiga).

Lorenzo Sanmartín Alonso (Abiga).

Parte sindical:

Marcos Rodríguez Ramos (UGT).

Diego Mosquera Rodríguez (UGT).

Sergio Urdampilleta Gómez (UGT).

Cristina Calvo Espasadín (asesora UGT).

O motivo da xuntanza é a actualización das táboas salariais do Convenio colectivo autonómico das empresas organizadoras do xogo do bingo para o ano 2025. Logo do oportuno debate, procede reflectir na acta o seguinte:

Primeiro. Actualización das táboas salariais.

Esta comisión, de conformidade co disposto no artigo 53, último parágrafo, do Convenio colectivo autonómico das empresas organizadoras do xogo do bingo, acorda actualizar as táboas salariais para o ano 2025, cuxo contido se achega como anexo á presente acta, salvo erro ou omisión.

Desas táboas descontárase a cantidade xa aboada (2 %) á conta do convenio, de conformidade co establecido no seu artigo 53, que é consonte as táboas salariais provisionais publicadas no DOG núm. 120, do 26.6.2023.

Segundo. A parte empresarial comprométese a facer efectiva a dita actualización e a aboar os atrasos, como máximo, o 15.4.2026.

Terceiro. Delegación no persoal habilitado do CGRL.

As partes acordan delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais a realización dos trámites de rexistro, depósito e publicación deste acordo ante a autoridade laboral competente.

E, non tendo máis asuntos que tratar, levántase a xuntanza ás 13.00 horas do día sinalado no encabezamento, e para o efecto esténdese esta acta, que asinan en proba de conformidade as persoas abaixo relacionadas en representación de cada unha das organizacións presentes:

Jorge Fernández-Chao González-Dopeso (Abiga).

Marcos Rodríguez Ramos (FeSMC UGT Galicia).

ANEXO

Táboa salarial actualizada 2025

3,9 %

Ano 2025

Ano 2025

1,039

2,9 % IPC + 1 %

Grupo I

Grupo II

Grupo III

Art. 43

Persoal técnico de xogo

Persoal técnico de sala

Servizos auxiliares

Salario base

Nivel A

Nivel B

Sala especial

1.565,60

1.428,38

1.291,13

1.291,13

Sala 1

1.428,38

1.332,32

1.222,58

1.222,58

Sala 2

1.291,13

1.222,55

1.153,91

1.153,91

Sala 3

1.188,23

1.153,91

1.126,50

1.126,50

Ano 2025

 

Grupo I

Grupo II

Grupo III

Persoal técnico de xogo

Persoal técnico de sala

Servizos auxiliares

Art. 46

Ano 2025

Nivel A

Nivel B

Prolongación de xornada

42,25

40,32

36,01

36,01

Art. 49

Ano 2025

Quebranto moeda

54,68

Art. 50

Ano 2025

Complemento transporte

87,51

Art. 51

Ano 2025

Complemento vestiario

15,46

Ano 2025

 

Grupo I

Grupo II

Grupo III

Persoal técnico de xogo

Persoal técnico de sala

Servizos auxiliares

Art. 52

Nivel A

Nivel B

Horas extraordinarias

20,96

19,72

18,50

18,50