Mediante a Resolución do 16 de febreiro de 2026 (DOG núm. 133, do 19 de febreiro), a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de expertos/as lingüistas.
En vista da proposta da comisión encargada de valorar os méritos alegados polas persoas concursantes e de conformidade coa base IX da convocatoria, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro),
RESOLVE:
Primeiro. Publicar as puntuacións provisionais das persoas concursantes admitidas para cada un dos postos solicitados no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta
Segundo. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, concretamente ata o 5 de maio de 2026. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base IV da convocatoria (Tramitación electrónica) https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions/
A reclamación deberá especificar a alínea ou as alíneas da base III sobre as que se reclama, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
