DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 22 de abril de 2026 Páx. 24271

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios e se dá publicidade ao esgotamento do crédito da Orde do 23 de decembro de 2025 pola que se procede á terceira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, para persoas traballadoras ocupadas, para o exercicio 2026 (código de procedemento TR301X) (Diario Oficial de Galicia número 12, do 20 de xaneiro).

Primeiro. Mediante a Orde do 13 de agosto de 2024 (DOG núm. 167, do 30 de agosto), a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración estableceu as bases reguladoras para o período 2024-2026 e realizou a primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, co fin de financiar accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, destinadas a persoas traballadoras ocupadas, para o exercicio 2024 (código de procedemento TR301X).

Segundo. A Orde do 23 de decembro de 2025 procedeu a publicar a terceira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, para persoas traballadoras ocupadas, para o exercicio 2026.

Terceiro. A Orde do 23 de decembro recolle no seu artigo 3 o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.03.323B.471.0 e 14.03.323B.481.0, código de proxecto 2021 00150, cunha contía de 4.000.000,00 €, procedentes de fondos finalistas transferidos polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

No mesmo artigo 3 establécese que eses créditos poderán ser obxecto de modificacións nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará dunha nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Unha vez instruídos os expedientes de acordo co procedemento establecido no artigo 14 das bases reguladoras, e obtida a relación de accións formativas que van ser subvencionadas que cumpren cos requisitos establecidos nas citadas bases, cómpre realizar unha redistribución do crédito entre as distintas aplicacións orzamentarias, en función do tipo de entidade que vai impartir a formación (empresas ou entidades sen ánimo de lucro), debido a que a dispoñibilidade de crédito se considera no seu conxunto.

Cuarto. A Orde de bases do 13 de agosto establece no artigo 14.5 que as axudas se lles concederán ás entidades solicitantes que reúnan todos os requisitos establecidos na orde, seguindo a orde de prelación temporal da presentación electrónica das solicitudes e ata o esgotamento do orzamento dispoñible na aplicación orzamentaria que corresponda ou, de ser o caso, o remate do prazo límite de presentación de solicitudes.

Indícase tamén que o esgotamento do crédito se publicará no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e procederá a inadmisión de todas as solicitudes presentadas que non sexan tramitadas ata ese momento sen necesidade de ningunha actuación previa.

Quinto. O artigo 3 da Orde do 23 de decembro pola que se publica a terceira convocatoria establece o crédito destinado a estas subvencións, por importe total de 4.000.000,00 €, coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial

14.03.323B.471.0

2021 00150

3.200.000,00 €

14.03.323B.481.0

2021 00150

800.000,00 €

Total

4.000.000,00 €

Sexto. A disposición derradeira primeira da Orde de bases do 13 de agosto de 2024 establece que se autoriza a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e as instrucións necesarias para o desenvolvemento e a execución desta disposición.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 23 de decembro de 2025 pola se procede á terceira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, para persoas traballadoras ocupadas, para o exercicio 2026 (código de procedemento TR301X), redistribuíndo o crédito previsto na dita orde da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento final

14.03.323B.471.0

2021 00150

3.200.000,00 €

+360.000,00 €

3.560.000,00 €

14.03.323B.481.0

2021 00150

800.000,00 €

-360.000,00 €

440.000,00 €

Total

4.000.000,00 €

4.000.000,00 €

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito indicado no punto quinto, ao abeiro do procedemento TR301X, da Orde do 23 de decembro de 2025 pola se procede á terceira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, e competencias clave, para persoas traballadoras ocupadas, para o exercicio 2026.

A derradeira solicitude que se poderá conceder antes do esgotamento do crédito é a correspondente ao expediente TR301X-2026/000060-0, acción formativa 2026/003002, presentada na sede electrónica, nos termos recollidos no artigo 6 das bases reguladoras, o día 1.4.2026, ás 15.00.34 horas.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego