DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 24 de abril de 2026 Páx. 24985

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 22 de abril de 2026 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada polas organizacións sindicais Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM), Organización de Médicos de Galicia Independentes (O’Mega) e Sindicato Médico de Galicia (Simega), para os días 27, 28, 29 e 30 de abril de 2026, no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

A prestación da asistencia sanitaria non pode verse gravemente afectada polo lexítimo exercicio do dereito de folga, ao estar aquela recoñecida como servizo esencial e prevalente en relación con este. En consecuencia, resulta necesario compatibilizar o exercicio do dereito de folga coa fixación dos servizos mínimos nas áreas e actividades que inciden directamente na xestión e continuidade da asistencia sanitaria, co obxecto de preservar, en último termo, o dereito á vida, á saúde e á integridade física das persoas usuarias.

O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, establezan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a determinación do persoal preciso para a súa prestación.

O 23 de xaneiro de 2026, a Confederación Estatal de Sindicatos Médicos (CESM) convocou unha folga de carácter estatal que afecta o persoal médico e facultativo do Sistema nacional de saúde e, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, o persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Segundo a convocatoria presentada, a folga desenvolverase nos seguintes períodos:

• Do 16 ao 20 de febreiro de 2026, ambos incluídos.

• Do 16 ao 20 de marzo de 2026, ambos incluídos.

• Do 27 ao 30 de abril de 2026, ambos incluídos.

• Do 18 ao 22 de maio de 2026, ambos incluídos.

• Do 15 ao 19 de xuño de 2026, ambos incluídos.

O 27 de novembro de 2025, a organización sindical Facultativos de Galicia Independentes (O’Mega) presentou unha comunicación de folga dirixida a todo o persoal médico e demais persoal facultativo empregado no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, incluídos os médicos internos residentes, o profesorado vinculado e o resto do persoal médico e facultativo, con independencia da modalidade de contratación ou de xestión.

Na devandita comunicación facíase constar que a folga tería carácter permanente, coa previsión de comunicar os días concretos con dez días de antelación, convocándose inicialmente as xornadas nos meses de decembro de 2025, e posteriormente, en distintas datas dos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2026.

Así mesmo, o Sindicato Médico de Galicia (Simega) presentou en distintas datas varias convocatorias de folga coincidentes coas anteriormente referidas, que afectaban todo o persoal médico e facultativo empregado no ámbito da sanidade pública de Galicia, incluídos os médicos internos residentes, con independencia da modalidade de contratación e do réxime de xestión.

Mediante a Orde da Consellería de Sanidade do 11 de febreiro, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 13 de febreiro de 2026, establecéronse os servizos mínimos en relación coa folga convocada pola CESM, coincidente coas outras convocatorias ao afectar o mesmo colectivo.

Posteriormente, mediante unha orde complementaria publicada o 13 de marzo de 2026, procedeuse á modificación dos devanditos servizos mínimos como consecuencia da concorrencia con outra situación de folga, actualmente desconvocada.

Na devanditas ordes establécese que os criterios reitores fixados serían igualmente de aplicación aos restantes períodos de folga convocados pola CESM nos meses de marzo, abril, maio e xuño de 2026, sen prexuízo de que os servizos mínimos establecidos ao seu abeiro puidesen ser revisados ou modificados mediante resolución motivada se variasen as circunstancias tidas en conta para a súa fixación.

Con posterioridade, o 13 de abril de 2026, a organización sindical O’Mega comunicou a ampliación da convocatoria de folga presentada o 27 de novembro de 2025 aos días comprendidos entre o 27 e o 30 de abril de 2026, ambos incluídos.

Así mesmo, o 16 de abril de 2026, o Sindicato de Médicos de Galicia (Simega) presentou unha convocatoria de folga para os mesmos días, que afectará o mesmo ámbito de persoal.

Á vista das novas convocatorias para o período comprendido entre o 27 e o 30 de abril de 2026, resulta necesario fixar os correspondentes servizos mínimos, tendo como referencia os criterios establecidos na citada Orde do 11 de febreiro de 2026, na medida en que responden á necesidade de garantir a continuidade asistencial e resultan proporcionados á duración e características da convocatoria, adaptados ás circunstancias actuais e á organización dos centros sanitarios.

Con base no que antecede e logo da audiencia aos comités de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Os servizos mínimos que se fixan resultan imprescindibles para garantir a adecuada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, co obxecto de evitar graves prexuízos á cidadanía. Ao mesmo tempo, responden á necesidade de compatibilizar o exercicio do dereito fundamental de folga coa atención á poboación que, baixo ningún concepto, pode quedar desatendida en termos que poñan en risco a súa saúde ou integridade física dadas as características do servizo prestado.

A súa determinación realízase conforme os principios de proporcionalidade, necesidade e adecuación, co fin de compatibilizar o dereito fundamental de folga coa protección da saúde e da integridade física da poboación, que deben preservarse en todo caso dada a natureza esencial do servizo afectado.

Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible ás persoas hospitalizadas, así como a atención urxente e permanente e aqueles servizos sanitarios que non poden ser adiados sen consecuencias negativas para a saúde.

Hai que ter en conta que, malia tratarse dunha convocatoria de folga de duración limitada que abrangue o período semanal do 27 ao 30 de abril, estes días están enlazados cun festivo nacional e co correspondente fin de semana, polo que algúns centros adaptaron as presenzas mínimas establecidas tendo en conta se se trata dun día laborable ou festivo, mantendo en todo momento os niveis necesarios para garantir a continuidade da atención sanitaria esencial.

Por último, cómpre considerar o impacto acumulado das múltiples convocatorias de folga recentemente desenvolvidas no sector sanitario, tanto no ámbito hospitalario como no da atención primaria, circunstancia que xustifica a necesidade de evitar unha deterioración na continuidade asistencial. Neste sentido, resulta necesario asegurar un nivel mínimo de actividade asistencial que permita atender os procesos prioritarios e non demorables da poboación, garantindo en todo caso a protección da saúde e da integridade física das persoas usuarias.

Para a determinación das presenzas mínimas téñense en conta a organización asistencial de cada área sanitaria, a súa carga de actividade e os criterios poboacionais e operativos que condicionan a cobertura imprescindible durante as xornadas de folga. A fixación destas presenzas non ten por finalidade limitar o dereito fundamental de folga, senón asegurar a atención dos procesos prioritarios e non demorables, garantindo en todo momento a seguridade das persoas pacientes e a continuidade dos servizos esenciais.

Así mesmo, a definición dos efectivos necesarios debe atender á estrutura asistencial de cada área sanitaria, baseada en parámetros poboacionais. O volume de habitantes e a súa distribución por idades, o grao de dispersión territorial, o carácter urbano, semiurbano ou rural da área, así como as isócronas de acceso aos centros asistenciais de referencia (centros de saúde, PAC e hospitais), constitúen elementos determinantes que condicionan a planificación e a cobertura asistencial mínima requirida.

Por iso, non é posible aplicar un patrón único e ríxido para establecer os servizos mínimos do persoal sanitario e non sanitario durante as xornadas de folga sen comprometer a adecuada atención sanitaria á cidadanía. Son, polo tanto, as xerencias das áreas sanitarias as que propoñen as presenzas mínimas, baseándose en criterios asistenciais que garanten tanto o dereito de folga das persoas traballadoras coma o dereito da poboación a recibir unha atención sanitaria adecuada.

Os criterios reitores que se establecen a continuación coincidentes cos establecidos na Orde do 11 de febreiro de 2026 e os servizos mínimos concretos fixados no anexo responden ás circunstancias descritas e aos principios de necesidade, proporcionalidade e adecuación.

De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:

I. Persoal da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061: o persoal mínimo necesario para a cobertura do 100 % da atención urxente e permanente e das emerxencias xestionadas pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O servizo que presta a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ten como misión atender calquera demanda que sexa percibida pola poboación como de resolución urxente. Para iso conta, entre outros profesionais, con persoal médico coordinador, médico asistencial base ambulancia, así como médico asistencial base helicóptero.

Unha redución do persoal médico implica desatender parte das urxencias vitais en materia de saúde que ocorren no territorio galego, con consecuencias directas sobre a mortalidade e a supervivencia da poboación.

Polas características do servizo prestado, a poboación non pode quedar desatendida en circunstancias de urxencia e emerxencia. Ademais, son tarefas específicas e cualificadas que non poden ser suplidas por outro persoal e debe terse en conta que a carga de traballo, ao longo do día, depende do número de chamadas, que non son programables.

II. Persoal da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos: persoal mínimo necesario para a cobertura da subministración de sangue e hemoderivados, a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos.

No ámbito da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a adecuada cobertura da subministración de sangue e hemoderivados a todos os centros sanitarios, tanto públicos como privados, do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para evitar que se produzan prexuízos ás persoas doadoras e, consecuentemente, ás posibles receptoras. Na mesma medida debe garantirse a coordinación das doazóns, dos transplantes de órganos e dos implantes de células e tecidos, velando polo cumprimento dos estándares de calidade vixentes e da lexislación de aplicación.

III. Persoal dos centros e institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde:

A) Persoal licenciado sanitario do ámbito da atención especializada ou hospitalaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

• Servizos de urxencias e gardas médicas.

• Quirófanos urxentes para a atención das persoas usuarias que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

• Salas de partos.

• Laboratorios de urxencias.

Nas áreas sinaladas é imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, dado que non é posible prever as necesidades, por non ser unha actividade programable e, posto que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, debe manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. Cobertura do 100 % da actividade nas seguintes áreas:

• Unidades de reanimación.

• Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas, e unidades coronarias, se é o caso.

• Área de diálise.

• Área de tratamentos oncolóxicos.

3. Cobertura da actividade cirúrxica das/dos pacientes, tanto hospitalizados/as como ambulatorios/as, respecto das patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde, en especial, procesos neoplásicos.

4. Na área de hospitalización, establecerase o número necesario para garantir a atención urxente dos/das pacientes hospitalizados/as e as altas clínicas. Ademais, garantirase a presenza dun/dunha facultativo/a por unidade de hospitalización médica e cirúrxica co obxectivo de garantir a asistencia ás persoas usuarias ingresadas, calquera que sexa a modalidade da prestación, coa seguinte proporción:

• En unidades con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

• En unidades de cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

• En unidades de nove a doce profesionais: 3 efectivos.

• En unidades con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

5. No ámbito de consulta, así como das interconsultas dos/das pacientes hospitalizados/as que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, segundo o criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas dos/das pacientes oncolóxicos que requiran tratamento citostático e dos/das pacientes desprazados/as polo mesmo motivo.

6. Garantirase a realización das determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiran aos/ás pacientes hospitalizados/as que, segundo o criterio facultativo, sexan necesarias e inaprazables, entendéndose incluídas as dos/das pacientes con neoplasias malignas.

7. Garantirase a dispensación de sangue, medicamentos e produtos sanitarios que, segundo o criterio do persoal facultativo, sexan necesarios.

8. Garantirase a atención necesaria ás persoas pacientes de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.

9. Garantirase a actividade relacionada con aqueles pacientes con indicación cirúrxica de prioridade 1 ou con indicación de proceso garantido (consulta, cirurxía ou probas), ao abeiro do Decreto de tempos máximos, co fin de cumprir os prazos exixidos para cada un destes procesos (P1 <30 días e Procesos garantidos <60 días).

B) Persoal facultativo sanitario do ámbito da atención primaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.

É imprescindible a cobertura do 100 % da actividade do servizo de urxencias extrahospitalarias (puntos de atención continuada-PAC), tendo en conta que non cabe prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable e ante a que é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, polo que ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. No tramo ordinario de atención nos centros de saúde (non PAC) prestarase a asistencia urxente ou inaprazable da unidade ou servizo, calquera que sexa a modalidade da prestación. A prestación sanitaria no horario ordinario é desenvolvida polos profesionais dos servizos e unidades de atención primaria, polo que cómpre definir uns mínimos para garantir a asistencia urxente e o seguimento e tratamento dos procesos inaprazables, tendo en conta as ausencias por permisos autorizados e as continxencias por incapacidade temporal do persoal adscrito ao centro, garantindo a seguinte dotación:

• En centros con catro ou menos médicos de familia: 1 efectivo.

• En centros con de cinco a oito médicos de familia: 2 efectivos.

• En centros con de nove a doce médicos de familia: 3 efectivos.

• En centros con trece ou máis médicos de familia: 4 efectivos.

Así mesmo, garantirase a atención pediátrica urxente coa presenza dun/dunha pediatra por centro e/ou zona de referencia.

En canto ao persoal farmacéutico, trátase de garantir que a homologación sanitaria de todos aqueles medicamentos, produtos sanitarios e dietéticos que non admitan demora poida realizarse dentro dos prazos e requisitos establecidos na normativa vixente.

Así mesmo, no que respecta ao persoal odontólogo, resulta necesario asegurar unha dotación mínima que permita atender procesos odontolóxicos agudos, especialmente os que afecten a poboación infantil, dada a súa urxencia e necesidade de resolución inmediata. Esta previsión cobra especial importancia tendo en conta que a folga abrangue catro días laborais consecutivos (do 27 ao 30 de abril), inmediatamente seguidos do festivo nacional (1 de maio) e do correspondente período de fin de semana, o que podería supoñer unha prolongación excesiva na falta de atención destes cadros agudos.

Artigo 2

Durante as xornadas de folga do 27 ao 30 de abril de 2026, os servizos mínimos aplicables no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde serán os establecidos no anexo que forma parte integrante desta orde, de acordo con criterios obxectivos previamente establecidos.

A determinación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos establecidos corresponderá ás direccións das correspondentes institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, de acordo co disposto na presente orde, atendendo, ademais, ás características específicas de cada centro, servizo ou unidade asistencial, ao volume de actividade e á necesidade de garantir a continuidade da atención sanitaria esencial.

A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

A relación de persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicada nos taboleiros de anuncios do centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos –que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio e conforme criterios obxectivos e non discriminatorios– será determinada pola respectiva institución e notificada aos/ás profesionais designados/as.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e os efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán sancionados con base nas normas vixentes.

Disposición adicional

Así mesmo, e sen prexuízo do establecido para as xornadas do 27 ao 30 de abril de 2026, os criterios reitores recollidos na presente orde poderán ser tidos en conta, con carácter orientativo, nos restantes períodos de folga convocados, sen prexuízo da necesaria adaptación ás circunstancias concorrentes en cada caso e da adopción, se procede, das correspondentes disposicións específicas.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Provincia da Coruña

Área Sanitaria da Coruña e Cee.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

15

15

9

Área Cirúrxica

80

35

35

Área Clínica/Hospitalización

79

20

20

Servizos centrais

25

10

10

Hospital Virxe da Xunqueira-Cee.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

4

3

Área Cirúrxica

9

5

5

Área Clínica/Hospitalización

5

3

2

Servizos centrais

4

1

1

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

100

54

18

Pediatra

28

9

-

Odontólogo/a

1

-

-

Farmacéutico/a

1

-

-

Área Sanitaria de Ferrol.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

5

Área Cirúrxica

33

12

12

Área Clínica/Hospitalización

40

12

12

Servizos centrais

19

7

6

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

42

23

11

Pediatra

14

2

-

Odontólogo/a

2

-

-

Farmacéutico/a

2

-

-

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

14

13

7

Área Cirúrxica

78

36

36

Área Clínica/Hospitalización

84

26

25

Servizos centrais

32

18

15

Hospital Público da Barbanza.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

5

5

4

Área Cirúrxica

6

6

6

Área Clínica/Hospitalización

4

3

2

Servizos centrais

4

3

2

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

96

37

24

Pediatra

30

3

-

Odontólogo/a

4

-

-

Farmacéutico/a

4

-

-

Provincia de Lugo

Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Lucus Augusti.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

13

14

10

Área Cirúrxica

42

17

17

Área Clínica/Hospitalización

53

13

12

Servizos centrais

31

9

8

Hospital Público de Monforte.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

9

9

9

Área Clínica/Hospitalización

9

4

4

Servizos centrais

9

5

4

Hospital Público da Mariña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

3

3

Área Cirúrxica

13

11

11

Área Clínica/Hospitalización

11

4

4

Servizos centrais

8

2

2

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

89

37

27

Pediatra

18

1

-

Odontólogo/a

3

-

-

Farmacéutico/a

-

-

-

Provincia de Ourense

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

4

Área Cirúrxica

46

15

15

Área Clínica/Hospitalización

83

18

13

Servizos centrais

65

16

13

Hospital de Verín.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

5

4

4

Área Clínica/Hospitalización

6

1

1

Servizos centrais

6

1

1

Hospital Público de Valdeorras.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

2

2

Área Cirúrxica

4

4

4

Área Clínica/Hospitalización

5

4

4

Servizos centrais

5

3

3

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

105

36

25

Pediatra

14

-

-

Odontólogo/a

12

-

-

Farmacéutico/a

12

-

-

Provincia de Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

12

10

7

Área Cirúrxica

56

21

21

Área Clínica/Hospitalización

58

13

12

Servizos centrais

26

7

6

Hospital do Salnés.

Servizos mínimos

Maña

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

7

6

3

Área Cirúrxica

14

4

4

Área Clínica/Hospitalización

9

2

2

Servizos centrais

6

2

2

– Servizos sanitarios de atención primaria:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

62

26

12

Pediatra

14

1

-

Odontólogo/a

2

1

-

Farmacéutico/a

2

1

-

Área Sanitaria de Vigo.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria:

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

17

17

10

Área Cirúrxica

76

37

37

Área Clínica/Hospitalización

80

29

28

Servizos centrais

39

17

15

– Servizos sanitarios de atención primaria de Vigo:

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico/a de familia

100

60

21

Pediatra

34

9

-

Odontólogo/a

1

-

-

Farmacéutico/a

3

-

-

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Localidade

Servizo

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Ourense

Medicina nuclear

Facultativo/a

2

-

-

Santiago

Ciclotrón

Facultativo/a

1

-

UTPR

Facultativo/a

1

-

-

Vigo

Diagnóstico por imaxe unidade móbil

Facultativo/a

1

-

Medicina nuclear-PET

Facultativo/a

1

2

Oncoloxía radioterápica

Facultativo/a

3

1

-

Radiofísica

Facultativo/a

3

1

-

¹ Localizado.

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS).

Servizos mínimos

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Persoal facultativo

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Hematólogo/a

2

2

2

Médico/a hemodoazón

9

10

-

10

9

-

10

9

-

7

12

-

¹ Localizado.

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Médico coordinador

6+1¹

6+1¹

3

Médico asistencial base ambulancia

12

12

Médico asistencial base helicóptero

-

¹ Aos 6 efectivos na quenda de mañá hai que sumarlle un efectivo en horario das 10.00 ás 16.00 horas de luns a xoves, e en horario das 10.00 ás 17.00 horas o venres e festivos. Aos 6 efectivos na quenda de tarde hai que sumarlles un efectivo en horario das 16.00 ás 23.00 horas de luns a xoves e en horario das 17.00 ás 00.00 horas o venres e festivos.

² Están operativos de orto a ocaso.