A Constitución española establece, no seu artigo 49, que os poderes públicos realizarán unha política de previsión, tratamento, rehabilitación e integración das persoas con discapacidade, ás cales prestarán a atención especializada que requiran. Así mesmo, o artigo 148.1.20ª establece que as comunidades autónomas poderán asumir competencias en materia de asistencia social.
En desenvolvemento desta previsión, o artigo 27.23 do Estatuto de autonomía de Galicia atribúe á Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter exclusivo, a competencia en materia de asistencia social.
Con base na referida atribución competencial, promulgouse a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, en que se configura e define o Sistema galego de servizos sociais.
De acordo co establecido no artigo 2 da devandita lei, enténdese por servizos sociais o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega.
O artigo 29.1 deste texto normativo sinala que os servizos sociais prestaranos as administracións públicas galegas a través das seguintes fórmulas: a) a xestión directa, b) a xestión indirecta no marco da normativa reguladora dos contratos do sector público, c) mediante o réxime de concerto social previsto nesa lei, ou d) mediante convenios con entidades sen ánimo de lucro.
Para os efectos desta lei, e segundo recolle o seu artigo 33.bis, enténdese por concerto social o instrumento por medio do cal se produce a prestación de servizos sociais de responsabilidade pública a través de entidades cuxo financiamento, acceso e control sexan públicos. Segundo o artigo 33.ter da mesma lei, poderán ser obxecto de concerto social:
a) A reserva e a ocupación de prazas para uso exclusivo das persoas usuarias de servizos sociais ou os colectivos vulnerables, cuxo acceso sexa autorizado polas administracións públicas mediante a aplicación dos criterios previstos na normativa das administracións competentes.
b) A xestión integral de prestacións técnicas, tecnolóxicas, de servizos, programas ou centros.
En desenvolvemento destes artigos aprobouse o Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. De acordo co previsto no artigo 2.1 deste decreto, este é de aplicación aos concertos sociais que realice a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da consellería competente en materia de servizos sociais, e o sector público autonómico, a través das entidades instrumentais adscritas a ela, con entidades que ofrezan servizos sociais previstos nas carteiras de servizos vixentes que se determinen.
Con isto, dótase a Administración autonómica dun novo mecanismo que permite impulsar as súas relacións coas entidades prestadoras de servizos sociais e acadar unha maior seguridade xurídica nas actividades económicas deste sector. Así mesmo, o establecemento de concertos sociais incorpora na provisión dos servizos sociais os principios de atención personalizada e integral, arraigo da persoa no contorno de atención social, elección da persoa e continuidade na atención no seu ciclo de vida e calidade.
O artigo 11.1 do devandito decreto sinala que os procedementos de concerto social se iniciarán de oficio mediante resolución da persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais.
A Consellería de Política Social e Igualdade, de conformidade co Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e tendo en conta o Decreto 139/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade, é o departamento da Administración autonómica ao cal lle corresponde propoñer e executar as directrices xerais da Xunta de Galicia no ámbito do benestar, que engloban as competencias en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de atención ás persoas con discapacidade.
O deseño e establecemento dun sistema de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal para as persoas con discapacidade exixe, para que sexa efectivo, a implantación dun modelo que teña en conta as necesidades e os desexos das ditas persoas, así como das súas familias.
A Consellería de Política Social e Igualdade é consciente da situación das persoas dependentes con discapacidade intelectual, que demandan unha atención desde o ámbito público en prol de previr situacións de dependencia máis graves e/ou potenciar, no que sexa posible, o grao de autonomía ou capacidade que posúen en cada momento.
En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
RESOLVO:
Autorizar a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, para a prestación de servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal, para persoas con discapacidade intelectual nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo, segundo as seguintes bases:
Primeira. Necesidades administrativas para satisfacer
A Xunta de Galicia, a través da consellería competente en materia de servizos sociais, considera prioritaria a progresiva implantación de servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal, dirixidos a persoas con discapacidade intelectual, que lles faciliten a execución das actividades básicas da vida diaria e lles axuden a manter a capacidade persoal de controlar, afrontar e tomar decisións acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias, de maneira que todas as persoas poidan levar unha vida o máis autónoma posible.
Segunda. Obxecto
1. O obxecto desta convocatoria é establecer as bases reguladoras do procedemento de asignación do concerto social para a prestación de servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal, para persoas con discapacidade intelectual nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Vigo para o período 2026-2029, e proceder á súa convocatoria (código de procedemento BS633A), polo procedemento de asignación de concertos.
2. Este procedemento convócase ao abeiro do disposto no artigo 9.1 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceira. Servizos que se van concertar
1. A través desta convocatoria concertaranse, mediante cinco lotes, de acordo coa distribución xeográfica na cal se deben prestar, os servizos de logopedia (01010505), adestramento de habilidades persoais e sociais (01010805) e formación prelaboral (01010901).
Estes servizos, destinados á prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal, establécense no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo.
As horas máximas anuais de prestación dos servizos recóllense na seguinte táboa:
|
Lote |
Concello |
Servizos de prevención da dependencia e promoción da autonomía persoal |
Número máximo de horas |
|||
|
2026 |
2027 |
2028 |
2029 |
|||
|
1 |
A Coruña |
Logopedia |
134 |
200 |
200 |
66 |
|
Adestramento de habilidades persoais e sociais |
376 |
560 |
560 |
184 |
||
|
Formación prelaboral |
215 |
320 |
320 |
105 |
||
|
Total horas por lote |
725 |
1.080 |
1.080 |
355 |
||
|
2 |
Santiago de Compostela |
Logopedia |
302 |
450 |
450 |
148 |
|
Adestramento de habilidades persoais e sociais |
450 |
670 |
670 |
220 |
||
|
Formación prelaboral |
1.074 |
1.600 |
1.600 |
526 |
||
|
Total horas por lote |
1.826 |
2.720 |
2.720 |
894 |
||
|
3 |
Lugo |
Logopedia |
67 |
100 |
100 |
33 |
|
Adestramento de habilidades persoais e sociais |
97 |
145 |
145 |
48 |
||
|
Formación prelaboral |
201 |
300 |
300 |
99 |
||
|
Total horas por lote |
365 |
545 |
545 |
180 |
||
|
4 |
Ourense |
Logopedia |
67 |
100 |
100 |
33 |
|
Adestramento de habilidades persoais e sociais |
81 |
120 |
120 |
39 |
||
|
Formación prelaboral |
168 |
250 |
250 |
82 |
||
|
Total horas por lote |
316 |
470 |
470 |
154 |
||
|
5 |
Vigo |
Logopedia |
604 |
900 |
900 |
296 |
|
Adestramento de habilidades persoais e sociais |
758 |
1.130 |
1.130 |
372 |
||
|
Formación prelaboral |
1.208 |
1.800 |
1.800 |
592 |
||
|
Total horas por lote |
2.570 |
3.830 |
3.830 |
1.260 |
||
|
Total horas por anualidade |
5.802 |
8.645 |
8.645 |
2.843 |
||
2. A entidade concertada poderá establecer servizos ou prestacións complementarias de conformidade co establecido no artigo 24 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
3. As condicións técnicas de execución do concerto son as establecidas no prego técnico que figura como anexo I desta resolución.
Cuarta. Modalidade de concertación
A modalidade de concertación é o procedemento de asignación de concerto, regulado no artigo 9 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Quinta. Réxime económico do concerto
a) Orzamento.
1. Esta convocatoria conta cun orzamento de 1.412.508,39 € (IVE incluído) que se financiará, na parte que lle corresponde á Administración, con cargo á aplicación orzamentaria 08.04.312D.228.2 do orzamento de gastos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 e a que corresponda para os anos 2027 a 2029, coa seguinte distribución:
|
Anualidade |
Orzamento |
Achega Xunta |
|
2026 |
316.001,52 € |
274.921,31 € |
|
2027 |
470.836,13 € |
409.627,43 € |
|
2028 |
470.836,13 € |
409.627,43 € |
|
2029 |
154.834,61 € |
134.706,12 € |
|
Total |
1.412.508,39 € |
1.228.882,29 € |
O importe total do orzamento inclúe a participación económica das persoas usuarias e da Administración, estimándose esta última nun 87 %, cuxa contía ascende a 1.228.882,29 €.
2. A participación das persoas usuarias no financiamento dos servizos obxecto de concerto social determínase mediante a aplicación dunha bonificación sobre o custo real do servizo, de acordo co establecido no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, ou na normativa que o substitúa ou complemente.
b) Módulos económicos.
1. O módulo económico para cada tipo de servizo é o seguinte:
|
Servizo |
Prezo por hora (sen IVE) |
IVE |
Prezo por hora (IVE incluído) |
|
|
Formación prelaboral |
46,65 €/hora |
21 % |
9,80 € |
56,45 €/hora |
|
Adestramento de habilidades persoais e sociais |
46,65 €/hora |
21 % |
9,80 € |
56,45 €/hora |
|
Logopedia |
46,65 €/hora |
Exento |
46,65 €/hora |
|
Os servizos de logopedia, de acordo co artigo 20.1.3 da Lei 37/1992, do 28 de decembro, do imposto sobre o valor incluído, están exentos deste tributo.
2. O orzamento que corresponde a cada un dos lotes, logo de aplicar os módulos económicos sinalados, son os seguintes:
|
Lote 1-A Coruña |
||||||||
|
Ano |
1010901 Formación prelaboral |
1010505 Logopedia |
1010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais |
Achega Admón. |
||||
|
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
Orzamento total |
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
||
|
2026 |
10.029,75 € |
2.106,25 € |
12.136,00 € |
6.251,10 € |
17.540,40 € |
3.683,48 € |
21.223,88 € |
34.461,55 € |
|
2027 |
14.928,00 € |
3.134,88 € |
18.062,88 € |
9.330,00 € |
26.124,00 € |
5.486,04 € |
31.610,04 € |
51.332,54 € |
|
2028 |
14.928,00 € |
3.134,88 € |
18.062,88 € |
9.330,00 € |
26.124,00 € |
5.486,04 € |
31.610,04 € |
51.332,54 € |
|
2029 |
4.898,25 € |
1.028,63 € |
5.926,88 € |
3.078,90 € |
8.583,60 € |
1.802,56 € |
10.386,16 € |
16.870,99 € |
|
Total servizo |
44.784,00 € |
9.404,64 € |
54.188,64 € |
27.990,00 € |
78.372,00 € |
16.458,12 € |
94.830,12 € |
153.997,62 € |
|
Total lote |
177.008,76 € |
153.997,62 € |
||||||
|
Lote 2-Santiago de Compostela |
||||||||
|
Ano |
1010901 Formación prelaboral |
1010505 Logopedia |
1010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais |
Achega Admón. |
||||
|
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
Orzamento total |
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
||
|
2026 |
50.102,10 € |
10.521,44 € |
60.623,54 € |
14.088,30 € |
20.992,50 € |
4.408,43 € |
25.400,93 € |
87.098,11 € |
|
2027 |
74.640,00 € |
15.674,40 € |
90.314,40 € |
20.992,50 € |
31.255,50 € |
6.563,66 € |
37.819,16 € |
129.739,67 € |
|
2028 |
74.640,00 € |
15.674,40 € |
90.314,40 € |
20.992,50 € |
31.255,50 € |
6.563,66 € |
37.819,16 € |
129.739,67 € |
|
2029 |
24.537,90 € |
5.152,96 € |
29.690,86 € |
6.904,20 € |
10.263,00 € |
2.155,23 € |
12.418,23 € |
42.641,56 € |
|
Total servizo |
223.920,00 € |
47.023,20 € |
270.943,20 € |
62.977,50 € |
93.766,50 € |
19.690,98 € |
113.457,48 € |
389.219,01 € |
|
Total lote |
447.378,18 € |
389.219,01 € |
||||||
|
Lote 3-Lugo |
||||||||
|
Ano |
1010901 Formación prelaboral |
1010505 Logopedia |
1010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais |
Achega Admón. |
||||
|
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
Orzamento total |
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
||
|
2026 |
9.376,65 € |
1.969,10 € |
11.345,75 € |
3.125,55 € |
4.525,05 € |
950,26 € |
5.475,31 € |
17.353,55 € |
|
2027 |
13.995,00 € |
2.938,95 € |
16.933,95 € |
4.665,00 € |
6.764,25 € |
1.420,49 € |
8.184,74 € |
25.911,81 € |
|
2028 |
13.995,00 € |
2.938,95 € |
16.933,95 € |
4.665,00 € |
6.764,25 € |
1.420,49 € |
8.184,74 € |
25.911,81 € |
|
2029 |
4.618,35 € |
969,85 € |
5.588,20 € |
1.539,45 € |
2.239,20 € |
470,23 € |
2.709,43 € |
8.558,26 € |
|
Total servizo |
41.985,00 € |
8.816,85 € |
50.801,85 € |
13.995,00 € |
20.292,75 € |
4.261,47 € |
24.554,22 € |
77.735,43 € |
|
Total lote |
89.351,07 € |
77.735,43 € |
||||||
|
Lote 4-Ourense |
||||||||
|
Ano |
1010901 Formación prelaboral |
1010505 Logopedia |
1010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais |
Achega Admón. |
||||
|
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
Orzamento total |
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
||
|
2026 |
7.837,20 € |
1.645,82 € |
9.483,02 € |
3.125,55 € |
3.778,65 € |
793,52 € |
4.572,17 € |
14.947,24 € |
|
2027 |
11.662,50 € |
2.449,13 € |
14.111,63 € |
4.665,00 € |
5.598,00 € |
1.175,58 € |
6.773,58 € |
22.228,68 € |
|
2028 |
11.662,50 € |
2.449,13 € |
14.111,63 € |
4.665,00 € |
5.598,00 € |
1.175,58 € |
6.773,58 € |
22.228,68 € |
|
2029 |
3.825,30 € |
803,31 € |
4.628,61 € |
1.539,45 € |
1.819,35 € |
382,06 € |
2.201,41 € |
7.281,44 € |
|
Total servizo |
34.987,50 € |
7.347,39 € |
42.334,89 € |
13.995,00 € |
16.794,00 € |
3.526,74 € |
20.320,74 € |
66.686,04 € |
|
Total lote |
76.650,63 € |
66.686,04 € |
||||||
|
Lote 5-Vigo |
||||||||
|
Ano |
1010901 Formación prelaboral |
1010505 Logopedia |
1010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais |
Achega Admón. |
||||
|
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
Orzamento total |
Orzamento base |
IVE |
Orzamento total |
||
|
2026 |
56.353,20 € |
11.834,17 € |
68.187,37 € |
28.176,60 € |
35.360,70 € |
7.425,75 € |
42.786,45 € |
121.060,86 € |
|
2027 |
83.970,00 € |
17.633,70 € |
101.603,70 € |
41.985,00 € |
52.714,50 € |
11.070,05 € |
63.784,55 € |
180.414,73 € |
|
2028 |
83.970,00 € |
17.633,70 € |
101.603,70 € |
41.985,00 € |
52.714,50 € |
11.070,05 € |
63.784,55 € |
180.414,73 € |
|
2029 |
27.616,80 € |
5.799,53 € |
33.416,33 € |
13.808,40 € |
17.353,80 € |
3.644,30 € |
20.998,10 € |
59.353,87 € |
|
Total servizo |
251.910,00 € |
52.901,10 € |
304.811,10 € |
125.955,00 € |
158.143,50 € |
33.210,15 € |
191.353,65 € |
541.244,19 € |
|
Total lote |
622.119,75 € |
541.244,19 € |
||||||
3. O valor estimado do concerto, incluíndo as posibles prórrogas e modificacións, ascende a 3.024.669,40 €, de acordo coa seguinte distribución por lotes:
|
Lote 1 |
|||
|
Núm. horas |
1.080 |
||
|
Concello |
A Coruña |
||
|
Servizos |
01010901 Formación prelaboral 01010505 Logopedia 01010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais |
||
|
Duración inicial |
Anualidades |
Total sen IVE |
Modificación 50 % |
|
1 maio 2026-30 abril 2027 |
50.382,00 € |
25.191,00 € |
|
|
1 maio 2027-30 abril 2028 |
50.382,00 € |
25.191,00 € |
|
|
1 maio 2028-30 abril 2029 |
50.382,00 € |
25.191,00 € |
|
|
Renovacións |
1 maio 2029-30 abril 2030 |
50.382,00 € |
25.191,00 € |
|
1 maio 2030-30 abril 2031 |
50.382,00 € |
25.191,00 € |
|
|
Totais |
251.910,00 € |
125.955,00 € |
|
|
Valor estimado |
377.865,00 € |
||
|
Lote 2 |
|||
|
Núm. horas |
2.720 |
||
|
Concello |
Santiago de Compostela |
||
|
Servizos |
01010901 Formación prelaboral 01010505 Logopedia 01010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais |
||
|
Duración inicial |
Anualidades |
Total sen IVE |
Modificación 50 % |
|
1 maio 2026-30 abril 2027 |
126.888,00 € |
63.444,00 € |
|
|
1 maio 2027-30 abril 2028 |
126.888,00 € |
63.444,00 € |
|
|
1 maio 2028-30 abril 2029 |
126.888,00 € |
63.444,00 € |
|
|
Renovacións |
1 maio 2029-30 abril 2030 |
126.888,00 € |
63.444,00 € |
|
1 maio 2030-30 abril 2031 |
126.888,00 € |
63.444,00 € |
|
|
Totais |
634.440,00 € |
317.220,00 € |
|
|
Valor estimado |
951.660,00 € |
||
|
Lote 3 |
|||
|
Núm. horas |
545 |
||
|
Concello |
Lugo |
||
|
Servizos |
01010901 Formación prelaboral 01010505 Logopedia 01010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais |
||
|
Duración inicial |
Anualidades |
Total sen IVE |
Modificación 50 % |
|
1 maio 2026-30 abril 2027 |
25.424,25 € |
12.712,13 € |
|
|
1 maio 2027-30 abril 2028 |
25.424,25 € |
12.712,13 € |
|
|
1 maio 2028-30 abril 2029 |
25.424,25 € |
12.712,13 € |
|
|
Renovacións |
1 maio 2029-30 abril 2030 |
25.424,25 € |
12.712,13 € |
|
1 maio 2030-30 abril 2031 |
25.424,25 € |
12.712,13 € |
|
|
Totais |
127.121,25 € |
63.560,65 € |
|
|
Valor estimado |
190.681,90 € |
||
|
Lote 4 |
|||
|
Núm. horas |
470 |
||
|
Concello |
Ourense |
||
|
Servizos |
01010901 Formación prelaboral 01010505 Logopedia 01010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais |
||
|
Duración inicial |
Anualidades |
Total sen IVE |
Modificación 50 % |
|
1 maio 2026-30 abril 2027 |
21.925,50 € |
10.962,75 € |
|
|
1 maio 2027-30 abril 2028 |
21.925,50 € |
10.962,75 € |
|
|
1 maio 2028-30 abril 2029 |
21.925,50 € |
10.962,75 € |
|
|
Renovacións |
1 maio 2029-30 abril 2030 |
21.925,50 € |
10.962,75 € |
|
1 maio 2030-30 abril 2031 |
21.925,50 € |
10.962,75 € |
|
|
Totais |
109.627,50 € |
54.813,75 € |
|
|
Valor estimado |
164.441,25 € |
||
|
Lote 5 |
|||
|
Núm. horas |
3.830 |
||
|
Concello |
Vigo |
||
|
Servizos |
01010901 Formación prelaboral 01010505 Logopedia 01010805 Adestramento de habilidades persoais e sociais |
||
|
Duración inicial |
Anualidades |
Total sen IVE |
Modificación 50 % |
|
1 maio 2026-30 abril 2027 |
178.669,50 € |
89.334,75 € |
|
|
1 maio 2027-30 abril 2028 |
178.669,50 € |
89.334,75 € |
|
|
1 maio 2028-30 abril 2029 |
178.669,50 € |
89.334,75 € |
|
|
Renovacións |
1 maio 2029-30 abril 2030 |
178.669,50 € |
89.334,75 € |
|
1 maio 2030-30 abril 2031 |
178.669,50 € |
89.334,75 € |
|
|
Totais |
893.347,50 € |
446.673,75 € |
|
|
Valor estimado |
1.340.021,25 € |
||
c) Revisión dos módulos económicos.
1. Os módulos económicos revisaranse cando se produza unha variación substancial nos custos do servizo respecto das condicións económicas do concerto social. Para estes efectos, serán revisables desde a entrada en vigor dos concertos conforme as variacións económicas do Convenio colectivo xeral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade, coas limitacións que a normativa vixente estableza.
A revisión dos módulos precisará dun informe da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade sobre os custos económicos do concerto social, en que se evidencie a necesidade da revisión.
2. No suposto en que se produza unha variación substancial nos custos que implique unha alteración substancial do equilibrio económico do concerto social, procederase á revisión de prezos establecida no artigo 5 da Lei 2/2005, do 30 de maio, de desindexación da economía española, sempre que se xustifique nunha memoria económica específica para este fin.
A dita memoria económica deberá axustarse ao previsto no artigo 12 e na disposición adicional primeira do Real decreto 55/2017, do 3 de abril, polo que se desenvolve a Lei 2/2015, do 30 de maio, de desindexación da economía española. En todo caso, a dita memoria deberá xustificar a oportunidade da revisión e a análise do impacto económico e orzamentario. A revisión de prezos quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente.
3. A revisión dos prezos ou módulos económicos efectuarase mediante resolución ditada para o efecto polo órgano competente, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.
Sexta. Duración do concerto social
1. A duración inicial dos concertos sociais formalizados ao abeiro desta convocatoria é de tres anos desde a súa formalización, prevista para o 1 de maio de 2026.
2. Os concertos poderán renovarse, de conformidade co artigo 31 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, ata acadar un máximo de cinco anos.
3. No caso de resolución do concerto ou extinción polo seu incumprimento, a entidade concertada estará obrigada a seguir prestando o servizo, en idénticas condicións, durante o tempo indispensable para que a Administración poida asegurar a continuidade na prestación do servizo.
Sétima. Requisitos que deben cumprir as entidades
1. Para poderen acollerse ao réxime de concerto social as entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia (en diante, RUEPSS).
b) Estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas pola lexislación vixente, e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Contar coa solvencia económica e financeira, e técnica ou profesional, segundo o establecido na base novena desta convocatoria.
d) Acreditar a titularidade do centro en que se vai prestar o servizo obxecto de concerto ou a súa dispoñibilidade mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da vixencia deste, así como, de ser o caso, a autorización da entidade ou persoa titular do centro no que se prestan os servizos.
e) Estar en condicións de acreditar o cumprimento da normativa que, con carácter xeral ou específico, lles sexa aplicable, tanto pola natureza xurídica da entidade como polo tipo de servizo obxecto do concerto social.
f) Contar cunha experiencia mínima dun ano na atención ao colectivo destinatario do obxecto do concerto.
g) Contar cun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura non inferior a 150.000 euros para garantir a obriga de indemnizar as persoas usuarias polos danos que se lles poidan ocasionar como consecuencia da execución do concerto.
Os requisitos das liñas a) e b) serán comprobados de oficio polo órgano competente para a formalización do concerto social, agás que a entidade se opoña ou non autorice a súa consulta.
Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
2. Non poderán acollerse ao réxime de concerto social as entidades que estean nalgún dos supostos de prohibición para concertar aos cales se refire o artigo 7 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Oitava. Medios mínimos profesionais e materiais necesarios para levar a cabo a prestación
1. As entidades deberán dispoñer do persoal preciso para atender a realización dos servizos concertados, o cal deberá cumprir os requisitos establecidos na normativa que sexa de aplicación e o establecido na presente convocatoria.
2. Nas sesións grupais deberán respectarse as ratios de persoal establecidos no prego técnico desta convocatoria (anexo I).
3. As entidades concertadas deberán dispoñer de instalacións no concello correspondente ao lote ou lotes a que concorran, que deberán reunir as condicións axeitadas de accesibilidade e habitabilidade para a prestación dos servizos. Durante a vixencia do concerto, contarán cos recursos materiais, equipamento e sistemas informáticos e de comunicacións, se é o caso, necesarios para realizar con eficacia, calidade e garantía, as prestacións obxecto do concerto.
Novena. Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional
1. Para poder concertar os servizos ao abeiro desta convocatoria, as entidades solicitantes deberán acreditar a súa solvencia económica e financeira. Reputarase solvente a entidade que acredite cumprir un dos seguintes requisitos:
• Un seguro de indemnización por riscos profesionais ou de responsabilidade civil, vixente ata a fin do remate do concerto, por importe igual ou superior ao 50 % do valor anual medio do importe do lote a que concorra (IVE excluído).
A súa acreditación efectuarase por medio dun certificado expedido polo asegurador, en que consten os importes e riscos asegurados e a data do vencemento do seguro, e mediante un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, no caso en que proceda, para garantir o mantemento da súa cobertura durante toda a execución do concerto.
• Un volume anual de negocios no ámbito das actividades de contido similar ao obxecto do concerto, referido ao ano de maior volume de negocios dos tres últimos dispoñibles en función das datas de constitución ou de inicio das actividades da entidade e de presentación das solicitudes, que deberá ser igual ou superior ao 50 % do valor anual medio do importe do lote ao que concorra (IVE excluído).
A súa acreditación efectuarase por medio dunha copia das contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se a entidade estivese inscrita no dito rexistro; en caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba quedar inscrita. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante copia dos seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.
2. Así mesmo, as entidades solicitantes deberán acreditar a súa solvencia técnica ou profesional. Reputarase solvente a entidade que acredite ter executado durante os tres últimos anos concluídos na data de fin de presentación das solicitudes un ou varios traballos de contido similar aos do obxecto do concerto, cuxos importes anuais acumulados, no ano de maior execución concluído, sexan iguais ou superiores ao 50 % do valor anual medio do importe do lote ao que concorra (IVE excluído).
Entenderanse por traballos de contido similar aqueles en que se xestionen programas de prevención da situación de dependencia e de promoción da autonomía persoal, que inclúan todos e cada un dos servizos que forman parte do lote ao cal a entidade presenta solicitude (logopedia, servizo de adestramento de habilidades persoais e sociais e servizo de formación prelaboral). Só se terán en conta os servizos ou traballos relacionados no formulario de solicitude de participación nesta convocatoria (anexo II) e respecto dos cales se acheguen as correspondentes certificacións ou declaracións.
Cada un dos traballos recollidos no devandito anexo deberá acreditarse do seguinte xeito:
a) Se o destinatario foi unha entidade do sector público, mediante copia da certificación de boa execución expedida ou visada polo órgano competente.
b) Se o destinatario foi un suxeito privado, mediante unha copia da certificación de boa execución expedida por este ou, a falta de certificación, mediante unha declaración responsable da entidade solicitante en que se manifeste ter realizado o traballo ou servizo a satisfacción daquel, xunto cos documentos que consten no seu poder, que acrediten a realización da prestación.
3. Tanto para a solvencia económica e financeira como para a solvencia técnica ou profesional, os importes do 50 % do valor anual medio de cada lote (IVE excluído) ascenden a:
|
Lote |
Importe |
|
1 |
25.191,00 € |
|
2 |
63.444,00 € |
|
3 |
12.712,13 € |
|
4 |
10.962,75 € |
|
5 |
89.334,75 € |
Décima. Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
3. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá ás persoas interesadas para que, nun prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
4. Presentarase unha única solicitude por entidade, podendo referirse a un, varios ou a todos os lotes, e incluirá a totalidade de servizos que integran cada lote, indicando o centro en que prestarán os servizos.
5. A presentación da solicitude (anexo II) supón a aceptación incondicional da entidade solicitante da totalidade do contido desta convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.
6. No anexo II constan as seguintes declaracións responsables:
a) Que a entidade non está incursa en ningunha causa de prohibición para concertar, segundo o disposto no artigo 7.1 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
b) Que, de acordo co artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas, a entidade non solicitou outras axudas para o financiamento dos servizos ou prestacións obxecto deste concerto.
c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
d) Que a entidade participante acepta a totalidade das condicións establecidas nesta convocatoria e no prego técnico.
e) Que a entidade se compromete a adscribir á execución do concerto os medios persoais exixidos, que deben contar coa titulación requirida no prego da convocatoria deste concerto social.
f) Que a entidade declara que está exenta do imposto sobre o valor engadido, de ser o caso.
Décimo primeira. Documentación complementaria
1. As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
a) Documentación xustificativa da solvencia económica e financeira, de acordo cos medios establecidos na base novena desta convocatoria.
b) Documentación xustificativa da solvencia técnica ou profesional, de acordo cos medios establecidos na base novena desta convocatoria.
c) Acreditación da titularidade do centro en que se vai prestar o servizo obxecto de concerto ou a súa dispoñibilidade mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da vixencia deste, así como, de ser o caso, a autorización da entidade ou persoa titular do centro onde se prestan os servizos.
d) Documentación acreditativa da experiencia mínima na atención ao colectivo destinatario do obxecto do concerto exixida na base sétima da convocatoria.
No caso de que esta experiencia derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. Neste caso, a entidade presentará unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.
e) Póliza dun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura non inferior a 150.000 euros para garantir a obriga de indemnizar as persoas usuarias polos danos que se lles poidan ocasionar como consecuencia da execución do concerto.
f) A documentación que acredite os criterios de selección e preferencia recollidos na base décimo sétima desta concertación.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de maneira presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Décimo segunda. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados de maneira electrónica accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Décimo terceira. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Inscrición no RUEPSS da entidade solicitante.
d) Certificado de que a entidade solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Décimo cuarta. Pagamento do custo do concerto
1. A entidade concertada só devindicará dereitos de cobramento polas horas de cada un dos servizos efectivamente prestadas ás persoas usuarias, cuxa prestación quede acreditada.
A cada persoa usuaria non se lle poderá prestar, dentro deste concerto, máis horas de servizos que as que teñan recoñecidas no programa individual de atención, establecido pola consellería competente en materia de servizos sociais. Os servizos prestados a maiores do dito límite non xerarán dereitos para a entidade concertada fronte á Administración.
Os servizos concertados prestaranse de forma individualizada a cada persoa usuaria, sumando os minutos de cada unha das sesións a que asista. Cando as características do servizo o permitan e o caso particular das persoas usuarias o fagan aconsellable, poderase prestar o servizo de forma grupal, imputando a cada persoa usuaria o resultado de dividir o tempo da sesión entre o número de asistentes a esta.
2. Para o aboamento dos servizos prestados, a entidade concertada deberá presentar ante o departamento territorial da consellería competente en materia de servizos sociais que corresponda, nos cinco primeiros días do mes seguinte á prestación dos servizos, a correspondente factura, en que se deberá detallar cada un dos servizos prestados, o número de horas e o custo total, así como os seguintes documentos:
a) Declaración responsable da persoa que ten a representación da entidade concertada en que se detallen os servizos prestados, incluídas, de ser o caso, as melloras ofertadas, así como as incidencias relativas ás persoas usuarias, segundo o modelo que se establece no anexo III desta convocatoria.
b) Certificación emitida pola persoa que ten a representación da entidade sobre as cantidades percibidas das persoas usuarias, de conformidade co modelo recollido no anexo IV desta convocatoria.
Sen prexuízo do anterior, a entidade concertada deberá achegar, xunto coa primeira factura, unha relación do persoal adscrito á prestación dos servizos obxecto de concerto, segundo o modelo que consta no anexo V desta convocatoria. De producirse altas ou baixas no persoal, a entidade deberá comunicalo á Administración coa factura correspondente á mensualidade seguinte a que este cambio se faga efectivo.
A factura e demais documentación deberá presentarse de forma electrónica a través do Sistema electrónico de facturación da Comunidade Autónoma de Galicia, dispoñible no enderezo https://sefprov.cixtec.es/sef/login
A forma de pagamento será por meses vencidos, logo de presentación da entidade concertada da documentación sinalada nesta epígrafe. As entidades, agás que estean exentas do pagamento do IVE, deberán aplicalo a aqueles servizos que por lei estean suxeitos a este imposto.
A Administración concertante terá a obriga de aboar o prezo dentro dos 30 días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados.
3. A achega das persoas usuarias polos servizos recibidos facturaraa directamente a entidade concertada a estes, nos 10 primeiros días de cada mes.
Ante a falta de pagamento e transcorridos 30 días desde a data en que debería facerse efectivo este, a persoa responsable da entidade poñerao en coñecemento da consellería competente en materia de servizos sociais para os efectos de iniciar o expediente que corresponda.
A entidade concertada non poderá facturar ás persoas usuarias cantidade adicional ningunha polos servizos ou prestacións complementarias establecidas por esta, entre os que se atopan as melloras que, de ser o caso, ofertase a entidade concertada, a que se refire a cláusula décimo sétima desta convocatoria.
Décimo quinta. Instrución do procedemento
1. O órgano competente para a tramitación do procedemento é a Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade, da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
Presentada a solicitude, a unidade administrativa instrutora realizará, de oficio, cantas actuacións considere necesarias para determinar, coñecer e comprobar os datos en virtude dos que se deba pronunciar a resolución, conforme o establecido nesta convocatoria.
2. De conformidade co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano instrutor requirirá ás entidades solicitantes para que, nun prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte ao da notificación do dito requirimento, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da resolución que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 21 da mesma lei.
3. O órgano instrutor, por solicitude da Comisión de Valoración e de maneira motivada, poderá requirir das persoas solicitantes a información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.
Décimo sexta. Comisión de Valoración
1. Constituirase como órgano colexiado unha Comisión de Valoración de conformidade co artigo 15 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
2. A Comisión de Valoración será a encargada de verificar o cumprimento das condicións impostas ás entidades para concertar e de valorar as solicitudes de conformidade cos criterios de baremación establecidos na base décimo sétima desta convocatoria.
3. A Comisión rexerase polo establecido na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, no relativo aos órganos colexiados, e estará integrada polos seguintes membros:
a) A persoa titular da Subdirección Xeral de Recursos e Equipamentos de Apoio á Discapacidade, que actuará como presidente/a.
Se, por calquera causa, a persoa titular da presidencia non puidese asistir cando a Comisión de Valoración se reúna para o exame das solicitudes, será substituída pola persoa funcionaria designada para estes efectos pola persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
b) A persoa titular do Servizo de Contratación e Xestión Económica.
c) A persoa titular do Servizo de Recursos e Equipamentos para a Discapacidade.
d) Unha persoa funcionaria designada pola persoa titular da presidencia, que actuará como secretario/a.
Se, por calquera causa, as persoas titulares dos servizos competentes ou o/a secretario/a que compoñen a Comisión de Valoración non puidese asistir cando esta se reúna para o exame das solicitudes, será substituída pola persoa funcionaria designada para estes efectos pola persoa que exerza a presidencia.
4. A Comisión de Valoración determinará aquelas entidades que cumpran os requisitos para concertar e elaborará un informe de acordo cos criterios de selección e preferencia establecidos na base décimo sétima desta convocatoria.
5. Segundo o referido informe da Comisión de Valoración, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver o concerto.
No informe da Comisión de Valoración figurarán de maneira individualizada as solicitudes propostas para a concertación de cada un dos lotes obxecto de concerto, con especificación da puntuación que lles corresponde e/ou, se é o caso, a preferencia.
Décimo sétima. Criterios de selección e preferencia
1. Para a formalización deste concerto, de acordo co artigo 33 quinquies.5 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, darase prioridade ás entidades sen ánimo de lucro, cando existan análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, sempre que, en todo caso, se garanta a libre concorrencia e se respecten os principios de igualdade de trato, de non discriminación e de transparencia.
Entenderase que existen análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social cando as ofertas presentadas polas entidades sen ánimo de lucro superen os 40 puntos segundo o baremo establecido nos apartados a), b), e c) do punto 2 desta cláusula.
Cando non se dean análogas condicións de efectividade, calidade e rendibilidade social, ou en ausencia de entidades de iniciativa social, a Administración poderá concertar co resto de entidades prestadoras de servizos sociais.
2. Neste procedemento de asignación de concerto establécense os seguintes criterios para a selección da entidade concertada, coa finalidade de acadar unha valoración que sirva para establecer unha orde de prelación para concertar:
a) A antigüidade da entidade.
b) A experiencia da entidade na prestación dos servizos que integran os lotes aos cales se presenta solicitude.
c) A aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade na execución do concerto.
d) A calidade do proxecto técnico de intervención presentado pola entidade.
e) O establecemento de melloras, como prestacións que poden enriquecer e completar a atención prestada ás persoas usuarias, segundo o modelo recollido no anexo VI desta convocatoria, que, en todo caso, serán gratuítas para as persoas beneficiarias dos servizos.
3. A valoración dos criterios de selección efectuarase segundo unha escala de 0 a 100 puntos, do seguinte xeito:
a) A antigüidade da entidade: 1 punto por cada ano completo de antigüidade da inscrición da entidade no RUEPSS, cun máximo de 20 puntos.
b) A experiencia da entidade na prestación dos servizos obxecto de concerto, 1 punto por cada ano de experiencia, cun máximo de 20 puntos.
c) A aplicación de políticas empresariais en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade na execución do concerto, cun máximo de 10 puntos.
De acordo co establecido no artigo 57 da Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, valorarase do seguinte xeito a existencia na empresa de políticas en materia de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade que se apliquen na execución do concerto:
– Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, do Certificado de empresa familiarmente responsable ou calquera outro certificado ou acreditación adecuado a estes efectos, ou ben incluír unha medida de conciliación: 5 puntos.
– Estar en posesión da Marca galega de excelencia en igualdade, do Certificado de empresa familiarmente responsable ou calquera outro certificado ou acreditación adecuado a estes efectos, ou ben incluír dúas ou máis medidas de conciliación: 10 puntos.
d) A calidade do proxecto de intervención presentado pola entidade, cun máximo de 40 puntos.
Valorarase a calidade do proxecto presentado para a prestación dos servizos obxecto deste concerto (logopedia, formación prelaboral e adestramento de habilidades persoais e sociais), atendendo aos seguintes aspectos:
d.1. Metodoloxía, adecuación e coherencia do proxecto ás necesidades das persoas usuarias (ata 25 puntos):
• Descrición da metodoloxía proposta, dirixida á promoción da autonomía das persoas con discapacidade intelectual e deseñada sobre a base da necesidade e intensidade de apoios obxecto de valoración.
• Claridade nos obxectivos xerais e específicos.
• Descrición detallada das actividades previstas e planificación.
• Descrición da elaboración e interdisciplinariedade do plan de atención individualizada.
• Grao de adecuación do proxecto ás características e necesidades das persoas usuarias, así como a coherencia entre os obxectivos, actividades, metodoloxía, cronograma e recursos propostos.
• Inclusión de mecanismos innovadores e de valor engadido que melloren a calidade da intervención, tales como a incorporación de metodoloxías innovadoras ou o uso de recursos materiais e tecnolóxicos que faciliten ou melloren a eficacia dos servizos.
d.2. Calidade dos sistemas de avaliación e seguimento do proxecto (ata 10 puntos):
• Definición de procedementos de seguimento e control da calidade do servizo.
• Existencia de indicadores claros e medibles para a avaliación dos resultados do proxecto.
• Introdución de mecanismos de retroalimentación, tanto por parte do profesional como das persoas usuarias ou familias como enquisas, reunións periódicas ou caixas de correos para suxestións.
d.3. Recursos humanos asignados ao proxecto (ata 5 puntos):
• Experiencia profesional do persoal.
• Existencia de plans de formación continua, reciclaxe e actualización profesional.
e) Melloras: asignaranse ata 5 puntos aos servizos e ata 5 puntos á intensidade horaria, cun máximo de 10 puntos, consonte as seguintes fórmulas:
P1 = (A1 * B1) / C1
Entenderase por:
P1: os puntos por melloras.
A1: o número máximo de puntos (5).
B1: o número de melloras ofertadas pola entidade solicitante.
C1: o número de melloras da solicitude que oferte o maior número de melloras no lote.
P2 = ( A2 * B2) / C2
Entenderase por:
P2: os puntos por intensidade horaria.
A2: o número máximo de puntos (5).
B2: o número de horas ofertados pola entidade solicitante.
C2: o número de horas da solicitude que oferte o maior número de horas no lote.
Seleccionaranse as solicitudes das entidades seguindo a orde de prelación da listaxe resultante da aplicación do baremo descrito.
4. No caso de igualdade entre dúas ou máis solicitudes, terá preferencia a entidade que teña no seu cadro de persoal un número de traballadores con discapacidade superior ao 2 por 100. No caso de que varias empresas se atopen nestas circunstancias, terá preferencia na adxudicación do concerto a entidade que acredite maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade no seu cadro de persoal.
Décimo oitava. Resolución
1. A resolución, logo da proposta, correspóndelle, por delegación da persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais, á persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade.
2. O prazo máximo para resolver e notificar será de tres meses contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Este prazo poderá ser ampliado, de acordo coa normativa sobre o procedemento administrativo, por un prazo máximo doutros tres meses.
Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes teranse por desestimadas.
3. A resolución de concesión recollerá os seguintes datos:
a) NIF, razón social e número de rexistro no RUEPSS da entidade que concerta.
b) Enderezo e, de ser o caso, número de rexistro no RUEPSS do centro ou centros en que se van prestar os servizos.
c) Lote ou lotes dos que resulte beneficiaria a entidade, con detalle dos servizos que os integran e do número de horas que se concertan.
d) Período de concerto.
e) Importe do concerto.
Décima novena. Publicidade dos concertos
Publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concertación, que terá os efectos de notificación.
Sen prexuízo do indicado no parágrafo anterior, de forma complementaria poderase efectuar a notificación da resolución ás entidades solicitantes por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Vixésima. Notificacións por medios electrónicos
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse de forma complementaria só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación de Galicia-Notifica.gal.
Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos de posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e o sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitadas cando transcorresen 10 días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Vixésimo primeira. Formalización dos acordos de concerto social
1. Os concertos sociais resultado desta convocatoria formalizaranse mediante documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.
2. Os documentos de formalización serán subscritos, en representación da Administración, pola persoa titular da Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade por delegación da persoa titular da consellería competente en materia de servizos sociais.
3. O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.
4. O documento de formalización dos concertos sociais conterá as mencións sinaladas no artigo 19.5 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Vixésimo segunda. Seguimento e avaliación do concerto social
A Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade é a responsable do seguimento e avaliación dos acordos de acción concertada subscritos, sen prexuízo das funcións inspectoras que realice o órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia.
Realizarase unha avaliación cada dous anos e unha ao final do concerto social, incluídas as prórrogas subscritas.
Vixésimo terceira. Organización e funcionamento dos servizos
1. A entidade concertada disporá dun regulamento de réxime interno visado, que deberá estar exposto nun lugar visible das instalacións en que se presten os servizos.
2. Sen prexuízo do referido regulamento de réxime interno, as instalacións e os servizos deben axustarse ao establecido no prego técnico desta convocatoria.
Vixésimo cuarta. Acceso aos servizos das persoas usuarias
Correspóndelle á consellería competente en materia de servizos sociais a determinación das persoas que poderán acceder aos servizos obxecto deste concerto.
As persoas designadas para recibir os servizos obxecto desta convocatoria contarán cun programa individual de atención (PIA), en que se recoñeza, como modalidade de intervención, o acceso a algún dos servizos que constitúen o obxecto deste concerto e a súa intensidade horaria.
A entidade concertada realizará un estudo e avaliación de cada persoa usuaria a que lle sexa asignado o recurso, elaborando un plan de execución do programa de atención individualizada (PAI).
Vixésimo quinta. Obrigas da entidade concertada
1. A formalización dun concerto social obrigará á entidade concertada ao cumprimento das obrigas establecidas no artigo 20 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
2. A entidade concertada achegará a súa propia dirección e xestión na execución e é responsable da organización do servizo, da calidade técnica dos traballos que desenvolve e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución da prestación obxecto de concerto.
3. Están obrigados a manter vixente o seguro de responsabilidade civil, exixido en virtude da cláusula sétima desta convocatoria, durante toda a duración do acordo de concerto social.
4. No caso de resolución do concerto ou extinción polo seu incumprimento, a entidade concertada estará obrigada a seguir prestando o servizo, en idénticas condicións, durante o tempo indispensable para que a Administración poida asegurar a continuidade na prestación do servizo. Nestes casos de extensión do servizo, a entidade concertada terá dereito a ser compensada de acordo cos prezos establecidos no propio acordo de concertación, ou de producirse, naqueles outros documentos en que se formalice a modificación dos referidos prezos.
Vixésimo sexta. Obrigas da Administración concertante
A formalización dun concerto social obrigará a Administración concertante ao cumprimento das obrigas establecidas no artigo 22 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Se a Administración se demora no pagamento e incumpre o prazo de 30 días seguintes á data de aprobación dos documentos que acrediten a conformidade cos servizos prestados, deberá aboar á entidade concertada, a partir do cumprimento do dito prazo, os xuros de demora e a indemnización por custos de cobramento, nos termos previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Vixésimo sétima. Publicidade
1. As entidades acollidas ao concerto social, xunto coa súa denominación, teñen que facer constar na documentación, en todas as comunicacións externas, particularmente ás persoas usuarias dos servizos (informes, documentos, trípticos de difusión, webs, insercións en prensa) e na publicidade que realizan, a condición de entidade concertada pola Xunta de Galicia, segundo as indicacións do Manual de identidade corporativa que se facilitará desde a Administración, sempre co visto e prace da consellería competente en materia de servizos sociais.
2. As instalacións en que se presten os servizos obxecto do concerto teñen que estar sinalizadas no exterior, para o que se deberá colocar nun lugar visible a indicación da entidade acompañado da lenda «Este centro dispón de servizos concertados coa Xunta de Galicia». Así mesmo, as estancias interiores das instalacións teñen que estar identificadas.
3. Toda a publicidade, a documentación escrita, os anuncios ou a sinalización exterior, como tamén calquera tipo de información en apoio electrónico, informático ou telemático que derive desta actividade ten que utilizar unha linguaxe inclusiva.
4. As entidades concertadas teñen a obriga de apuntar na súa memoria anual de funcionamento, toda a publicidade, a documentación escrita, os anuncios ou a sinalización que utilizasen, en que conste que existe financiamento da Xunta de Galicia.
Vixésimo oitava. Réxime de compatibilidade
1. De acordo co exposto no artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, o réxime de concertos sociais será incompatible coas subvencións para o financiamento dos servizos ou prestacións obxecto destes.
2. Sen prexuízo do sinalado no punto anterior, este réxime é compatible con programas específicos que non financien gastos estruturais imputables a este concerto.
Vixésimo novena. Subcontratación e cesión de servizos concertados
1. Queda prohibida a subcontratación das prestacións obxecto deste concerto.
2. Queda prohibida a cesión, total ou parcial, dos servizos obxecto do concerto social, excepto cando a entidade concertada sexa declarada en concurso de acredores e non quede garantida a continuidade da atención das persoas usuarias, con autorización expresa e previa da Administración, que adoptará as medidas precisas para garantir a continuidade e calidade do servizo.
3. Os cambios de titularidade do servizo concertado, xa sexa por sucesión da entidade concertada ou pola cesión do concerto formalizado, terán a consideración de modificación do concerto social.
Poderase producir a sucesión da entidade concertada cando esta se fusione ou transforme noutra. Neste caso o concerto continuará vixente coa entidade que a suceda, sempre que esta continúe reunindo os requisitos exixidos para formalizar o concerto social.
A entidade sucesora subrogarase nos dereitos e obrigas derivados do concerto social que estivesen vixentes no momento da sucesión.
Se non é posible concertar coa entidade sucesora por non cumprir esta cos requisitos exixidos no concerto social, considerarase para todos os efectos un suposto de resolución do concerto por culpa da entidade concertada.
Para os efectos anteriores, a entidade concertada deberá comunicar á consellería competente en materia de servizos sociais a circunstancia que a producise.
Trixésima. Penalizacións por incumprimento
1. En caso de cumprimento defectuoso da execución dos servizos concertados, ou, de ser o caso, incumprimento dos medios persoais e materiais exixidos nas presentes bases, a Administración poderá impoñer á entidade as penalidades indicadas no punto seguinte.
Considerarase execución defectuosa:
a) O incumprimento da obriga de manter, durante toda a vixencia do concerto, as condicións técnicas que foron exixidas nas presentes bases.
b) A utilización de medios persoais ou materiais inferiores aos establecidos nestas bases, tanto a efectos cuantitativos, cualitativos ou de titulación.
c) As deficiencias na prestación do servizo, na satisfacción de necesidades e no control e protección das persoas usuarias que afecten a súa integridade física ou emocional cando sexan imputables á entidade.
d) A inobservancia reiterada das instrucións dadas pola Administración concertante, relativas á correcta prestación do servizo ou pola ocultación de feitos relevantes que afecten as persoas usuarias ou a prestación do servizo.
e) O mal trato dispensado polo persoal da entidade adscrito á execución do concerto ás persoas beneficiarias do servizo, entendéndose por tal os abusos e a desatención das devanditas persoas, e inclúe todos os tipos de malos tratos físicos ou psicolóxicos, desatención, neglixencia ou doutro tipo que causen ou poidan causar un dano á saúde, desenvolvemento ou dignidade da persoa usuaria, ou poñer en perigo a súa supervivencia, no contexto dunha relación de responsabilidade, confianza ou poder.
f) A negativa para admitir no servizo a calquera persoa usuaria proposta segundo o previsto nestas bases.
2. A base económica das penalizacións (en diante, BP) calcularase sobre o total do número de horas concertadas no momento en que se producise o feito que dea lugar ás penalidades, valoradas ao orzamento do concerto en cómputo anual, segundo a seguinte fórmula:
BP= horas de servizos concertados anualmente x prezo unitario do servizo
Para estes efectos, o prezo unitario será aquel a que se estean facturando os servizos o día en que se produza a deficiencia ou incumprimento.
3. Poderase impoñer unha penalidade de ata o 1,5 % da base económica nos seguintes casos:
a) Por incumprimento das condicións técnicas de prestación do servizo, sempre que dean lugar a unha situación de risco para a saúde e a integridade da persoa usuaria.
b) Por non cumprir coas melloras ofertadas, cando estas desen lugar ao outorgamento de puntuación como criterio de selección.
4. Poderase impoñer unha penalidade de ata o 0,5 % da base económica nos seguintes casos:
a) Por incumprimento das condicións técnicas de prestación do servizo, sempre que non dean lugar a unha situación de risco para a saúde e a integridade da persoa usuaria.
b) Pola disposición de medios persoais ou materiais inferiores aos establecidos nestas bases, tanto a efectos cuantitativos, cualitativos ou de titulación.
c) Polo incumprimento de calquera outra obriga establecida no Decreto 229/2020, do 17 de decembro, e nesta convocatoria.
5. En todo caso cando a contía das penalidades impostas por estas causas alcance o 10 % do importe do concerto, poderá procederse á resolución do acordo.
6. Nos casos en que, debido ao cumprimento defectuoso da entidade concertada ou ao incumprimento das condicións esenciais do concerto social, a Administración concertante teña que intervir en defensa dos dereitos das persoas usuarias, poderá exixirlle á entidade os danos e perdas sufridos.
7. Os actos ou resolucións que finalicen os procedementos administrativos no relativo á imposición de penalizacións ou determinación dos danos e perdas producidos serán inmediatamente executivos e faranse efectivos mediante deducións nos pagamentos que se deben facer á entidade.
8. Para a imposición á entidade concertada deste tipo de penalidades, instruirase un procedemento no que necesariamente terá lugar o trámite de audiencia.
Trixésimo primeira. Modificación do acordo de concertación
Unha vez formalizados os acordos de concertación, poderán ser modificados nos supostos, cos requisitos e seguindo o procedemento establecido no artigo 27 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Trixésimo segunda. Modificación do número de horas concertadas
1. De acordo coas dispoñibilidades orzamentarias e estando xustificada na demanda dos servizos polas persoas que teñan ou poidan ter dereito a estes, poderá modificarse o número de horas obxecto do concerto social durante a súa vixencia.
2. A porcentaxe de incremento do número de horas de cada concerto social non poderá exceder o 50 % de cada acordo.
3. Poderase minorar o número de horas ou servizos concertados nos casos en que non exista suficiente demanda para a súa cobertura. Nos casos en que esta insuficiencia da demanda sexa prolongada, durante tres meses consecutivos ou de seis meses nun período de doce, a Administración concertante poderá impoñer unilateralmente a minoración das horas ou servizos afectados.
Trixésimo terceira. Modificación das condicións técnicas
1. As condicións recollidas no prego técnico poderán ser modificadas como consecuencia de cambios normativos que as afecten ou da súa revisión por parte da Administración. Neste último caso deberán estar motivadas pola mellora das condicións de prestación dos servizos mediante informe do órgano competente e logo da audiencia ás entidades concertadas afectadas para que poidan formular alegacións á revisión proposta.
2. No expediente de modificación deberá constar unha memoria económica en que se avalíe o impacto do cambio das condicións técnicas nos prezos unitarios ou módulos económicos. De ter incidencia nestes últimos, deberase proceder ao seu reaxuste.
3. A modificación das condicións técnicas deberá afectar todas as horas da mesma tipoloxía de servizo, sen que se poida facer distinción en función da entidade concertada.
Trixésimo cuarta. Causas de extinción
1. Os acordos de acción concertada derivados da presente convocatoria extinguiranse polas causas establecidas no capítulo VI do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
2. Extinguido o acordo, a entidade concertada deberá seguir prestando o servizo, en idénticas condicións, durante o tempo indispensable para que a consellería competente en materia de servizos sociais poida asegurar ás persoas usuarias a continuidade do servizo.
Trixésimo quinta. Constitución de garantías
Para a formalización dos concertos sociais non se exixe constitución de garantía nin provisional nin definitiva ao tratarse da prestación de servizos sociais, ao abeiro do segundo parágrafo do artigo 107.1 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.
Trixésimo sexta. Delegación de competencias
Delégase na Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade a resolución do procedemento de concerto social a que se refire esta convocatoria, así como, se é o caso, a renovación dos concertos derivados dela. Así mesmo é facultada, no ámbito das súas competencias, para ditar cantas instrucións sexan necesarias, tanto para a execución e aplicación desta resolución como para a adecuada xestión dos concertos no seu ámbito funcional.
Trixésimo sétima. Confidencialidade e tratamento de datos
A entidade concertada estará obrigada ao cumprimento das normas sobre confidencialidade de datos e declara que se responsabiliza de que o tratamento de datos de carácter persoal que se poida realizar no marco da prestación do servizo se fará de conformidade coas instrucións da consellería competente en materia de servizos sociais, e con absoluto respecto das normas de seguridade, de acordo co establecido no Regulamento 2016/679 (UE) xeral de protección de datos persoais (en diante, RXPD) e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, sendo así mesmo de aplicación ao respecto a disposición adicional vixésimo quinta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público e demais normativa concordante na materia. En caso de incumprimento do estipulado, a entidade concertada e os técnicos destacados serán responsables das infraccións que del deriven. Todo iso, segundo as seguintes estipulacións:
1. Tratamento de datos persoais da entidade concertada por parte da consellería competente en materia de servizos sociais.
Os datos persoais que a entidade concertada facilite para a formalización e o adecuado desenvolvemento do concerto social serán tratados, na súa condición de responsable, pola consellería competente en materia de servizos sociais.
A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao responsable do tratamento con base na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e conforme o Decreto 229/2020, do 17 de decembro.
Os datos persoais proporcionados pola entidade concertada serán tratados coa finalidade de levar a cabo a tramitación xeral do concerto social e o desenvolvemento das prestacións derivadas deste, polo que se conservarán mentres sexan necesarios para as devanditas finalidades e, en todo caso, durante os prazos establecidos pola lexislación vixente.
Así mesmo, determinados datos poderán ser publicados, nos termos previstos na lexislación vixente, a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios, a fin de dar a publicidade legalmente exixida ao procedemento de asignación do concerto social.
No caso de que a entidade concertada facilite datos persoais de terceiros, incluídos os relativos ao persoal ao seu servizo, previamente á súa inclusión deberán informar ás persoas interesadas dos aspectos establecidos nos parágrafos anteriores.
As persoas interesadas poderán solicitar o acceso, rectificación e supresión dos seus datos, así como exercer outros dereitos segundo se explicita na información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
As persoas interesadas poderanse poñer en contacto co delegado de Protección de Datos correspondente segundo o especificado en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
2. Deber de confidencialidade da entidade concertada.
A entidade concertada deberá respectar o segredo profesional e, en consecuencia, manter absoluta confidencialidade e reserva sobre a totalidade dos documentos e informacións que lle fosen confiados ou que sexan elaborados con ocasión da execución do concerto social. Así mesmo, queda expresamente obrigado:
• A utilizar a devandita información exclusivamente no ámbito do acordo de acción concertada e para as finalidades previstas neste.
• A non comunicala, nin total nin parcialmente, a ningún terceiro sen autorización expresa do emisor salvo nos casos expresamente previstos na lei, exixindo idéntico compromiso ao persoal que empregue ou que con el colabore na execución do concerto social.
• A facilitar o acceso á información unicamente ao persoal que a necesite para o desenvolvemento da devandita relación, a quen se comunicará a obriga de tratar a información á que se lles da acceso con carácter estritamente confidencial.
• A aplicar medidas de cautela e protección e destruír en calquera momento a documentación escrita recibida, se así o solicita a parte que a forneceu.
Considerarase información confidencial aquela a que a entidade concertada acceda en virtude deste concerto, especialmente a de tipo técnico ou tecnolóxico, de produción, de mercadotecnia, administrativa, ou económico-financeira, sempre que non teña carácter público ou notorio.
Este deber manterase durante un prazo mínimo de dez anos desde o coñecemento desa información.
3. Condición de encargado do tratamento da entidade concertada.
A entidade concertada, respecto ao tratamento de datos persoais que puidese levar a cabo en virtude da prestación dos servizos obxecto da acción concertada, terá a consideración de encargado do tratamento para os efectos do disposto no artigo 28 e concordantes do RXPD, polo que deberá dar cumprimento ás obrigas incluídas a continuación, exixindo idéntico compromiso do persoal ao seu servizo:
3.1. Utilizar os datos persoais obxecto de tratamento, ou os que recolla para a súa inclusión, só para a finalidade obxecto deste concerto social. En ningún caso poderá utilizar os datos para fins propios.
3.2. Tratar os datos de acordo coas instrucións da consellería competente en materia de servizos sociais, responsable do tratamento. Se a entidade concertada, encargada do tratamento, considera que algunha das instrucións infrinxe o RXPD ou calquera outra disposición vixente en materia de protección de datos informará inmediatamente á dita consellería.
3.3. Levar por escrito, cando proceda segundo o artigo 30 do RXPD, un rexistro das actividades de tratamento efectuadas por conta do responsable, que inclúa o contido previsto no referido artigo.
3.4. Non comunicar os datos a terceiras persoas, salvo que conte coa autorización expresa da consellería competente en materia de servizos sociais nos supostos legalmente admisibles. O encargado pode comunicar os datos a outros encargados do tratamento deste responsable, de acordo coas instrucións deste último.
3.5. Manter o deber de segredo respecto dos datos persoais a que tivese acceso en virtude deste concerto, mesmo despois de que finalice o seu obxecto.
3.6. Garantir que as persoas autorizadas para tratar datos persoais se comprometan, de forma expresa e por escrito, a respectar a confidencialidade e a cumprir as medidas de seguridade correspondentes, das cales serán informadas convenientemente. O encargado manterá á disposición da consellería competente en materia de servizos sociais a documentación acreditativa do cumprimento desta obriga.
3.7. Garantir a formación necesaria en materia de protección de datos persoais das persoas autorizadas para tratar este tipo de información.
3.8. Asistir á consellería competente en materia de servizos sociais na resposta ao exercicio dos dereitos recoñecidos pola lexislación vixente en materia de protección de datos persoais, a través de medidas técnicas e organizativas apropiadas, para que esta poida cumprir coa súa obriga de responder as devanditas solicitudes das persoas interesadas nos prazos previstos pola normativa vixente. Para iso, o encargado facilitará á consellería competente en materia de servizos sociais, por requirimento desta, e á maior brevidade posible, canta información sexa necesaria ou relevante para estes efectos. No caso de que as persoas afectadas solicitasen o exercicio dos seus dereitos ante o encargado do tratamento, este informaralles, a través de calquera medio fidedigno, de que poderán acceder ao procedemento previsto para iso en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos
3.9. No caso de que o obxecto do concerto social prevexa a recollida de datos directamente pola entidade concertada, esta facilitará a información relativa aos tratamentos de datos que se van a realizar no momento de recadar os datos. A redacción e o formato en que se facilitará a información débese acordar coa consellería competente en materia de servizos sociais e dará cumprimento en todo caso ás esixencias previstas no RXPD.
3.10. Notificar á consellería competente en materia de servizos sociais, de forma inmediata e aplicando as medidas de seguridade necesarias, as violacións da seguridade dos datos persoais ao seu cargo das que teña coñecemento, xunto con toda a información relevante para a documentación e comunicación da incidencia, de ser o caso, á Axencia Española de Protección de Datos, conforme o previsto no artigo 33 do RXPD.
3.11. Dar apoio á citada consellería na realización das avaliacións de impacto relacionadas coa protección de datos e na realización das consultas previas á autoridade de control, cando proceda.
3.12. Aplicar as previsións recollidas no Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade (ENS). En todo caso, implantará as medidas de seguridade necesarias para:
• Garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento.
• Restaurar a dispoñibilidade e o acceso aos datos persoais de forma rápida, en caso de incidente físico ou técnico.
• Verificar, avaliar e valorar, de forma regular, a eficacia das medidas técnicas e organizativas implantadas para garantir a seguridade do tratamento.
• Pseudonimizar e cifrar os datos persoais, se for necesario.
3.13. Poñer á disposición da consellería competente en materia de servizos sociais toda a información necesaria para demostrar o cumprimento das súas obrigas, en particular, certificados de cumprimento da normativa expedidos por entidades acreditadas ou, no caso de non existir, facilitando a realización das auditorías ou inspeccións que faga a consellería competente en materia de servizos sociais ou outro auditor autorizado.
3.14. Designar un delegado de protección de datos, se corresponde segundo o previsto no artigo 37 do RXPD, e comunicar a súa identidade e datos de contacto á consellería.
3.15. Devolver á consellería competente en materia de servizos sociais, unha vez cumpridas as prestacións obxecto deste concerto, os datos de carácter persoal e, de ser o caso, os soportes onde consten. A devolución suporá o borrado total dos datos existentes nos equipamentos informáticos utilizados polo encargado. Non obstante, este último poderá conservar unha copia dos datos estritamente necesarios, debidamente bloqueados, mentres poidan derivar responsabilidades da execución da prestación.
Trixésimo oitava. Resolución de conflitos e recursos
Este concerto terá carácter administrativo e rexerase nos seus efectos polo establecido nas súas cláusulas, polo disposto no Decreto 229/2020, do 17 de decembro; na Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, así como na Lei 8/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. Na súa falta, para resolver as lagoas e dúbidas que puidesen presentarse, rexerase polo establecido na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, así como pola Lei 40/2015, do 1 de outubro.
As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución serán resoltas pola consellería competente en materia de servizos sociais e os seus acordos poñen fin á vía administrativa.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación. Así mesmo, con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte da súa publicación, ante o mesmo órgano que ditou a resolución. Todo iso de conformidade co establecido nos artigos 112, 114, 115, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e os artigos 8, 14.2 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poidan exercer, de ser o caso, calquera outro que consideren procedente.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2026
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade
ANEXO I
Prego técnico para a prestación de servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal, dirixidos a persoas con discapacidade intelectual nos concellos da Coruña, Santiago de Compostela,
Lugo, Ourense e Vigo
1. Obxecto.
Este prego ten por obxecto describir as obrigas e condicións técnicas da prestación dos servizos de logopedia, adestramento de habilidades persoais e sociais e formación prelaboral que deben asumir e desenvolver as entidades concertadas na presente convocatoria.
Estes servizos concíbense como unha alternativa de atención dirixida ás persoas dependentes con discapacidade intelectual, cuxa situación demanda unha atención desde o ámbito público en prol de previr situacións de dependencia máis graves e/ou de potenciar, no que sexa posible, o grao de autonomía ou capacidade que posúen en cada momento.
2. Definición, obxectivos, e descrición dos servizos obxecto da concertación.
2.1. Definición.
Os servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal descríbense como o conxunto de intervencións que teñen por finalidade desenvolver e manter a capacidade persoal de controlar, afrontar e tomar decisións acerca de como vivir de acordo coas normas e preferencias propias, e facilitar a execución das actividades básicas da vida diaria, de maneira que todas as persoas poidan levar unha vida o máis autónoma posible.
Os servizos de logopedia, adestramento de habilidades persoais e sociais e formación prelaboral están incluídos nos servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal previstos no Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias na financiamento do seu custo, regulando na carteira de servizos comúns os servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal.
Os servizos de prevención das situacións de dependencia e promoción da autonomía persoal poderán asignarse individualmente ou como complemento doutros servizos da carteira de servizos comúns ou das carteiras específicas, respectando as limitacións que en materia de incompatibilidades estableza a normativa vixente en cada momento.
2.2. Obxectivos.
Para a execución destes servizos establécense os seguintes obxectivos:
– Garantir ás persoas usuarias unha atención específica que contribúa a previr o agravamento da súa situación de dependencia.
– Promover o mantemento ou a mellora da capacidade persoal para controlar, afrontar e tomar decisións sobre o propio proxecto de vida, de acordo coas preferencias propias.
– Promover o mantemento, fortalecemento ou mellora de habilidades xa adquiridas.
– Facilitar a execución das actividades básicas da vida diaria.
– Evitar a aparición de limitacións na actividade, deficiencias ou déficits secundarios.
– Potenciar o desenvolvemento persoal, a adaptación ao seu entorno e a integración social e laboral.
– Acadar un maior nivel de autonomía e calidade de vida.
2.3. Descrición dos servizos obxecto da concertación.
a) Servizo de logopedia (código 01010505): servizo dirixido á prevención, avaliación, tratamento e recuperación dos trastornos e alteracións na audición, fonación, linguaxe e comunicación, mediante técnicas terapéuticas propias da disciplina, así como a súa estimulación e adestramento.
O obxectivo deste servizo é facilitar á persoa usuaria a comunicación para lograr un nivel óptimo de interacción e relación, así como unha adecuada competencia social. Este servizo inclúe o apoio na deglutición das persoas con grandes necesidades de apoio ou en proceso de avellentamento.
b) Servizo de adestramento de habilidades persoais e sociais (código 01010805): servizo dirixido á adquisición e fortalecemento de destrezas e habilidades relacionais para que as persoas en situación de dependencia melloren as súas competencias sociais, as habilidades para a solución de problemas e as habilidades para a comunicación verbal e non verbal.
c) Servizo de formación prelaboral (código 01010901): servizo a través do cal se prestará apoio no proceso de adquisición e desenvolvemento de habilidades persoais, sociais e coñecementos básicos específicos para un posto de traballo, co fin de que poidan mellorar a súa empregabilidade e acadar, dentro das posibilidades de cada persoa usuaria, a máxima integración sociolaboral.
3. Réxime de utilización dos servizos.
3.1. Persoas usuarias.
Poderán ser persoas usuarias destes servizos aquelas que cumpran os requisitos de acceso ao Sistema de autonomía e atención á dependencia (SAAD). O acceso ao servizo realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, garantindo a igualdade de oportunidades e a adecuación das intervencións ás necesidades individuais de cada persoa usuaria.
Así mesmo, deberán ter recoñecida unha situación de dependencia e diagnosticada unha discapacidade intelectual, ou no caso de persoas que aínda non teñan recoñecida a dependencia, se atopen nunha situación de risco de padecela.
As persoas usuarias contarán cun programa individual de atención (PIA) establecido pola consellería competente en materia de servizos sociais, que se elaborará de acordo cos criterios e intensidades que en cada momento estableza a normativa vixente e de conformidade coas disposicións aplicables en materia de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. O PIA determina as actuacións, intensidades e recursos adecuados para garantir unha atención axustada ás necesidades particulares de cada persoa usuaria.
O acceso ao servizos poderá ter lugar con independencia da idade da persoa usuaria, tal e como establece o artigo 5 do Decreto 149/2013, do 5 de setembro.
3.2. Designación das persoas usuarias.
Correspóndelle á consellería competente en materia de servizos sociais a determinación das persoas que poderán acceder aos servizos obxecto deste concerto.
Para estes efectos e, con carácter previo, a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencia en materia de servizos sociais, terá ditada resolución pola que se aproba o programa individual de atención (PIA), recoñecendo, como modalidade de intervención, o acceso a algún dos servizos que constitúen o obxecto deste concerto e a súa intensidade horaria.
A entidade concertada comprométese expresamente a aceptar ás persoas usuarias designadas pola Administración da Xunta de Galicia para acceder aos servizos.
Unha vez notificada a concesión do servizo, as persoas usuarias, ou quen exerza a súa representación legal, e a entidade concertada, con anterioridade ao inicio do servizo, deberán asinar un contrato de prestación de servizos, que deberá cumprir cos requisitos exixidos pola normativa aplicable, debendo constar nel necesariamente a obriga da persoa usuaria de aboarlle á entidade concertada o importe que, se é o caso, lle corresponda asumir en concepto de copagamento designado pola Administración en aplicación do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, ou a normativa vixente en cada momento.
Dentro da intensidade horaria recoñecida no programa individual de atención (PIA) de cada persoa usuaria, o tempo total de prestación dun servizo distribuirase entre o número de sesións mensuais, asignando a cada sesión a duración que o profesional técnico encargado considere axeitada, tendo en conta as características e necesidades específicas de cada persoa usuaria.
Os servizos concertados prestaranse, con carácter xeral, de forma individualizada. Non obstante, e logo de autorización da Administración, cando as características do servizo o permitan e se considere recomendable atendendo ao caso concreto das persoas usuarias, poderanse realizar sesións grupais. Neste suposto, deberá acreditarse esta circunstancia mediante informe do profesional técnico competente. O tempo de prestación asignado a cada persoa usuaria nunha sesión grupal calcularase de forma proporcional ao número de participantes que asistan a esta.
A entidade concertada e o persoal que teña relación directa ou indirecta coa prestación da atención prevista neste prego técnico, gardarán absoluto segredo profesional respecto de toda a información, documentación e datos aos que teñan acceso ou dos que teñan coñecemento durante a vixencia do concerto, mantendo esta obriga mesmo finalizada a súa vixencia. A entidade concertada comprométese expresamente a cumprir coa normativa en materia de protección de datos persoais vixente en cada momento, así como a formar e informar o seu persoal nas obrigas derivadas desta normativa.
No caso de que a persoa usuaria sexa derivada a outra entidade, a de orixe facilitaralle os informes necesarios para garantir a continuidade da atención, respectando en todo momento a normativa vixente en materia de protección de datos persoais.
3.3. Causas de perda da condición de persoa usuaria do servizo.
A condición de persoa usuaria do servizo perderase, logo de resolución polo órgano competente da consellería competente en materia de servizos sociais, por algunha das seguintes circunstancias:
a) Por petición propia ou por solicitude da súa persoa representante legal.
b) Por ocultación ou falsidade nos datos e/ou documentos que se teñan en conta para a concesión do servizo.
c) Por incumprimento grave das obrigas e deberes establecidas nas normas de funcionamento do servizo.
d) Por faltas de asistencia ao servizo reiteradas, sen conformidade da entidade prestadora.
e) Por traslado a outro servizo.
f) Por falta de pagamento da cantidade establecida en concepto de participación económica no custo do servizo ou ocultación de datos relativos á capacidade económica.
g) Por falecemento.
h) Por calquera outra causa que resulte procedente de acordo coa normativa vixente aplicable en cada momento.
Cando a baixa se produza por calquera das circunstancias a que se refiren as letras b), c), d), f) ou h) deberá garantirse, en todo caso, a audiencia previa da persoa interesada.
4. Programa de atención individualizada e expediente persoal.
4.1. Programa de atención individualizada (PAI).
A entidade concertada realizará un estudo e avaliación de cada persoa usuaria á que lle sexa asignado o recurso, elaborando un plan de execución do programa de atención individualizada (PAI).
O PAI incluirá todas aquelas actuacións orientadas a favorecer o maior nivel posible de autonomía persoal e a consecución dos obxectivos sinalados no punto 2.2 deste prego.
Así mesmo, a entidade disporá dun sistema de rexistro que permita documentar e seguir os axustes ou modificacións realizados no dito plan de atención.
4.2. Expediente persoal da persoa usuaria.
De cada persoa usuaria deberá existir un expediente persoal en que constará a información administrativa, sociofamiliar e de saúde que sexa precisa para o desenvolvemento dos servizos obxecto da concertación.
Estes expedientes, cuxo contido terá carácter confidencial, estarán debidamente ordenados e á disposición da consellería competente en materia de servizos sociais, co fin de comprobar a atención prestada ás persoas usuarias.
5. Rexistros.
Ademais do rexistro indicado no punto 4.1 anterior, no cal figuren os axustes realizados no plan de atención, a entidade concertada e prestadora do servizo contará cun rexistro actualizado de altas e baixas das persoas usuarias.
Así mesmo, disporá dun rexistro no cal se reflectirán as incidencias diarias no desenvolvemento do servizo, en relación coas persoas usuarias.
6. Réxime de autorización dos servizos e lugar de prestación.
Os servizos obxecto deste concerto, de conformidade co previsto no artigo 6 do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, serán prestados previa inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
O desenvolvemento dos servizos deberá realizarse nas instalacións que a entidade concertada dispoña para a execución deste concerto social. As ditas instalacións deben estar situadas no concello correspondente ao lote ao que concorra a entidade concertada e deberán reunir as condicións axeitadas de accesibilidade e habitabilidade para a prestación dos servizos. Así mesmo, as entidades concertadas están obrigadas a xestionar os permisos, licenzas e autorizacións establecidos na normativa nacional, autonómica e local que lle sexa de aplicación, e nas normas de calquera outro organismo público ou privado que sexan necesarias para a prestación do servizo concertado.
Non é exixible que as instalacións conten coa autorización da consellería con competencia en materia de servizos sociais establecida no artigo 24 do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais de Galicia. Non obstante, no caso de que os servizos se presten en instalacións que conten coa dita autorización, estes desenvolveranse fóra dos horarios de apertura do centro, ou en horario coincidente sempre que non se exceda a máxima capacidade recoñecida na autorización, asegurando en todo caso, a compatibilidade do desenvolvemento de todas as actividades.
En calquera caso, as instalacións desde as que se presten os servizos deberán estar sinalizadas no exterior e identificadas as estancias interiores.
7. Seguros.
O centro deberá dispoñer dunha póliza de seguro de responsabilidade civil por un importe mínimo de 150.000 euros, que garanta a cobertura das posibles indemnizacións que a favor das persoas usuarias puidesen xerarse por feitos ou circunstancias ocorridos como consecuencia da prestación dos servizos.
8. Persoal.
A entidade deberá dispoñer do persoal preciso para atender a realización dos servizos concertados, o cal deberá cumprir os requisitos establecidos na normativa que sexa de aplicación e na documentación que rexe este concerto.
O devandito persoal dependerá exclusivamente da entidade concertada, por canto esta terá todos os dereitos e obrigas inherentes á súa calidade de empresaria e deberán cumprir as disposicións vixentes en materia fiscal, laboral, de seguridade social, de integración social das persoas con discapacidade, igualdade de xénero e seguridade e saúde no traballo.
O incumprimento destas obrigas por parte da entidade concertada non implicará responsabilidade algunha para a Administración.
Requiriranse os seguintes perfís profesionais:
– Servizo de logopedia: titulación universitaria de grao ou equivalente en logopedia, ou titulación universitaria de grao ou equivalente de mestre/a de audición e linguaxe.
– Servizo de adestramento de habilidades persoais e sociais: titulación universitaria de grao ou equivalente en ciencias da educación ou ciencias sociais.
– Servizo de formación prelaboral: titulación universitaria de grao ou equivalente en ciencias da educación ou ciencias sociais, ou técnico superior con formación en orientación e formación laboral e prelaboral.
No caso de sesións grupais, deberán respectarse as ratios de persoal que se especifican a continuación:
– Servizo de logopedia: ratio mínimo de 0,25: 1 cada 4 persoas usuarias.
– Servizo de adestramento de habilidades persoais e sociais: ratio mínimo de 0,125: 1 cada 8 persoas usuarias.
– Servizo de formación prelaboral: ratio mínimo de 0,125: 1 cada 8 persoas usuarias.
Para efectos da ratio entenderase por persoas usuarias o número máximo de persoas que poden estar sendo atendidas simultaneamente por un mesmo profesional, en cada sesión.
9. Réxime interno.
A entidade concertada disporá dun regulamento de réxime interno visado, que deberá estar exposto nun lugar visible das instalacións en que se preste o servizo, garantindo que todas as persoas usuarias teñan acceso á información sobre normas, dereitos e deberes.
As persoas usuarias dos servizos veñen obrigadas a cumprir as normas de réxime interno do centro. No caso de incumprimento, esta circunstancia deberá notificarse previamente ao órgano competente da consellería competente en materia de servizos sociais, que ditará a resolución que proceda. Para este efectos, será de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 89 e seguintes da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
10. Tratamento de queixas e reclamacións.
Existirá un protocolo de recepción, tratamento e tramitación de queixas, reclamacións e suxestións escritas que garanta a súa análise detallada, a adopción das oportunas solucións e a identificación de áreas de mellora continua no servizo.
11. Incidencias.
A entidade concertada notificará ao órgano competente en materia de inspección e autorización de servizos sociais, directamente ou a través do departamento territorial da consellería competente en materia de servizos sociais correspondente, no prazo máximo de tres días, as incidencias de carácter grave que se produzan, indicando a súa causa.
As demais incidencias, como os períodos de ausencia, que se produzan respecto ás persoas usuarias, e que non supoñan unha situación relevante para o funcionamento do centro, notificaranse mensualmente ao departamento territorial da consellería competente en materia de servizos sociais correspondente, con base no modelo de declaración que se recolle no anexo III da convocatoria.
As ditas notificacións efectuaranse por medios electrónicos a través da sede electrónica.
12. Compromisos das entidades concertadas.
Serán os que teñan por obxecto desenvolver as prescricións deste prego, e en concreto:
• Achegar para a realización do obxecto do concerto os medios persoais e materiais que sexan precisos para a boa execución deste.
• Facilitar o labor do persoal de Inspección da consellería competente en materia de servizos sociais, de conformidade co Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos socias, que se reservan a facultade de efectuar as visitas que xulguen necesarias para comprobar o trato e a asistencia que reciben as persoas usuarias, así como o axeitado funcionamento do servizo e o cumprimento das obrigas contraídas. Con esta finalidade, a entidade concertada deberá ter dispoñible toda a documentación administrativa relacionada co funcionamento do servizo, así como a persoal das persoas usuarias, para o seu exame pola inspección no caso que proceda.
– Achegar a información que en relación ao funcionamento do servizo concertado lle sexa requirida pola consellería competente en materia de servizos sociais.
– Notificar as incidencias que se produzan conforme o establecido no apartado 11 deste prego.
– Cumprir co disposto na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, no Regulamento 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), así como a restante normativa na materia ou aquela outra que en cada momento estea vixente.
– Designar unha persoa responsable do servizo ao seu cargo, quen coordinará e supervisará a súa prestación. Esta persoa responsable recibirá e executará as indicacións que o órgano competente da consellería competente en materia de servizos sociais considere oportuno impartir en relación coa prestación do servizo e deberá ter atribucións suficientes para adoptar, de ser o caso e ao momento, as decisións necesarias para asegurar un bo funcionamento del.
