Co obxecto de estender o programa de plurilingüismo a novos centros na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria, na educación infantil e no bacharelato para o curso 2026/27, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolve anunciar:
Primeiro. Na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) estarán dispoñibles a regulación e a convocatoria de incorporación de novos centros para participar no programa de ensinanzas plurilingües na educación primaria e na educación secundaria obrigatoria, no Programa plurilingüe no segundo ciclo da educación infantil (Plurinfantil) e no bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach) para o curso 2026/27.
Segundo. O prazo de presentación de solicitudes será ata o 15 de maio de 2026 a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Os centros que desexen impartir o programa de plurilingüismo deberán facer a correspondente solicitude en liña completando o formulario electrónico dispoñible na aplicación a que se accede na ligazón http://www.edu.xunta.gal/programaseducativos
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2026
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa
