DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 28 de abril de 2026 Páx. 25692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Presidencia da Xunta de Galicia

ANUNCIO do 14 de abril de 2026, da Secretaría Xeral de Medios, polo que se comunica a renovación automática da licenza correspondente a un servizo de comunicación audiovisual radiofónica.

Coa entrada en vigor da Lei 7/2010, do 31 de marzo, xeral da comunicación audiovisual, o 1 de outubro de 2010, o Consello da Xunta de Galicia autorizou outorgar unha licenza ao Concello de Ordes (A Coruña) para a prestación do servizo público de comunicación audiovisual radiofónica (FM 107,3 MHz). No acordo establécese que o prazo de vixencia da licenza é de 15 anos (DOG núm. 226, 24 de novembro).

De conformidade co establecido no artigo 29.2 da Lei 13/2022, do 7 de xullo, xeral de comunicación audiovisual, ao cumprir a licenza os requisitos previstos na citada norma, renóvase automaticamente.

Segundo as competencias previstas no artigo 149.1.27 da Constitución e no artigo 34 do Estatuto de autonomía de Galicia, e as funcións atribuídas no Decreto 135/2024, do 20 de maio, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes de Presidencia da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 16/2025, do 10 de marzo, unha vez transcorrido o prazo outorgado de 15 anos, por aplicación directa do artigo 29.2 da Lei 13/2022, do 7 de xullo, en cumprimento dos seus requisitos, entre outros, sobre a base do disposto no artigo 10.b) do Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, visto o informe emitido pola Asesoría Xurídica Xeral,

DECLARO:

1. A renovación automática da licenza de servizo público de comunicación audiovisual radiofónica local de Ordes (A Coruña) na frecuencia 107,3 MHz, por un prazo de vixencia de 15 anos.

2. A renovación produce efecto na data de vencemento da licenza, o 24 de novembro de 2025, e o seu titular está obrigado a garantir as condicións e requisitos establecidos na normativa vixente en materia de comunicación audiovisual.

3. De conformidade co disposto pola Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 240, do 11 de decembro), a renovación de licenzas para a prestación de servizos de comunicación audiovisual está suxeita ao pagamento dunha taxa.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2026

Pedro Francisco Rojo Otero
Secretario xeral de Medios