DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Martes, 28 de abril de 2026 Páx. 25605

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 13 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR341K, TR342D e TR341M).

Advertidos erros materiais na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 71, do 17 de abril de 2026, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 23494, no penúltimo parágrafo do artigo 20.1, onde di: «As persoas ou entidades solicitantes asinarán na declaración responsable que forma parte dos anexos de documentación xustificativa de cada un dos procedementos, que dispoñen dos documentos asinados pola persoa ou persoas contratadas, no que autorizan ou se opoñen á comprobación dos seus datos, conforme ao modelo do anexo VII. O devandito documento poderá ser requirido pola Administración pública en calquera momento», debe dicir: «As persoas ou entidades solicitantes deben informar ás persoas traballadoras do carácter subvencionado ou subvencionable dos seus contratos de traballo, así como obter destas a autorización para a comprobación dos seus datos por parte da Administración, conforme o modelo do anexo VII, nos termos dos anexos IV, V e VI e da declaración responsable que deberán presentar coa solicitude e que consta na páxina web da consellería https://conselleriaemprego.xunta.gal/axudas-subvencions/emprego?content=iniciativa_0177.xml. O devandito documento poderá ser requirido pola Administración pública en calquera momento».

Na páxina 23496, no primeiro parágrafo do número 3 do artigo 22, onde di: «A contía base da subvención establécese en 2.400 €/mes por cada persoa traballadora apoiada, co tipo e grao de discapacidade indicados no artigo 3.2, con contrato por tempo indefinido ou temporal de duración igual ou superior a seis (6) meses a xornada completa », debe dicir: «A contía base da subvención establécese en 2.400 € por cada persoa traballadora apoiada, co tipo e grao de discapacidade indicados no artigo 3.2, con contrato por tempo indefinido ou temporal de duración igual ou superior a seis (6) meses a xornada completa».

Na páxina 23505, na letra d) do artigo 28.6.2ª, onde di: «d) Un 25 % se a persoa contratada ten a condición de persoa emigrante retornada conforme establece o artigo 3.6», debe dicir: «d) Un 25 % se a persoa contratada ten a condición de persoa emigrante retornada conforme establece o artigo 3.5».

Na páxina 23506, na letra f) do artigo 28.6.2ª, onde di: «f) Un 25 % no caso de que o centro de traballo en que se incorpora a persoa traballadora estea situado nun concello rural segundo a definición do artigo 3.10.», debe dicir: «f) Un 25 % no caso de que o centro de traballo en que se incorpora a persoa traballadora estea situado nun concello rural segundo a definición do artigo 3.8».

Na páxina 23522, o artigo 41.1, onde di: «No prazo de corenta (40) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases reguladoras, presentarase a seguinte documentación:», debe dicir: «No prazo de corenta (40) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases reguladoras, as entidades solicitantes presentarán o anexo VI xunto coa seguinte documentación:».