Expediente: IN407A 2023/154-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMT, CT e RBT Borreiros.
Concello: Abegondo.
Feitos:
1. O 16 de febreiro de 2026 (DOG núm. 49, do 13 de marzo) resolveuse conceder a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto para a instalación de distribución eléctrica mencionada.
2. No anexo da devandita resolución detectouse un erro material en canto á afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica.
Consideracións legais e técnicas:
O artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
De acordo con todo o indicado, resolvo rectificar a dita resolución de xeito que no cadro de afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica, onde di:
ml sot.: 31.0.
m2 sot.: 468.0.
Debe figurar:
ml aér.: 31.0.
m2 aér.: 468.0.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 30 de marzo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
