DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Mércores, 29 de abril de 2026 Páx. 25967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Ordes e Oroso (expediente IN407A 2026/067-1).

Expediente: IN407A 2026/067-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: LAT 66 kV CTO1 Sigüeiro-Mesón do Vento. Distancias antirregulamentarias entre AP.8-AP.96.

Concellos: Ordes e Oroso.

Feitos:

1. O 16.11.2023 (DOG núm. 234, do 12 de decembro), a través do expediente IN407A 2022/229-1, a entón denominada Xefatura Territorial da Coruña resolveu conceder a UFD Distribución Electricidad, S.A. a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para o proxecto denominado LAT 66 kV CTO1 Sigüeiro-Mesón do Vento. Distancias antirregulamentarias entre AP.8-AP.96, que tiña como obxecto corrixir situacións non regulamentarias en diferentes vans da dita liña de distribución.

O día 3.3.2026, debido á caducidade do prazo de efecto da Resolución do 16.11.2023 pola demora na consecución doutras autorizacións administrativas necesarias, a empresa promotora solicita que se inicie de novo o trámite de autorización administrativa previa e de construción para o mesmo proxecto, e indica que non sería precisa a declaración de utilidade pública, xa que, posteriormente, acadou a totalidade de acordos particulares necesarios.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. A empresa promotora achega os informes favorables das seguintes entidades afectadas: Concello de Ordes, Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas, AESA, Red Eléctrica de España e Telefónica.

4. O día 5.3.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas

As instalacións obxecto deste expediente están situadas nos concellos de Oroso e Ordes, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Regulamentación dos vans da LAT 66 kV CTO1 Sigüeiro-Mesón do Vento (expediente 5.912), que une a subestación Sigüeiro (UFD) coa subestación Mesón do Vento (UFD):

– Apoios nº 9-10: substitución do apoio nº 9 por un de maior altura por non cumprir distancias coa LMT SIG802 Ordes2.

– Apoios nº 55-56: substitución do apoio nº 55 por un de maior altura por non cumprir distancias con edificacións.

– Apoios nº 79-81: substitución dos apoios nº 79 e 80 por outros de maior altura por non cumprir distancias con explotacións gandeiras e agrarias, con liñas de telefonía e con liñas eléctricas de baixa tensión.

– Apoios nº 93-94: substitución do apoio nº 93 por un de maior altura por non cumprir distancias con edificacións e coa LAT 220 kV Mesón D.V. Santiago de Compostela (REE).

– Substitución de condutor no tramo LMTA a 66 kV, condutor existente AL-AC 18,2, con inicio no apoio nº 92 e remate no apoio nº 93 para substituír, por condutor LA 180.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– No seu caso, acreditación ou declaración de que o proxecto se atopa dentro dalgunha das excepcións de aplicación do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, ou das indicadas na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) 2024/573 nos puntos relativos á aparamenta électrica.

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 30 de marzo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña