Expediente: IN407A 2025/311-1.
Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Desmontaxe CT 15CDV9 Río Monelos.
Concello: A Coruña.
Feitos:
Ao abeiro do artigo 135 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o día 20.11.2025, UFD Distribución Electricidad, S.A. achegou unha solicitude de autorización administrativa para o peche definitivo das instalacións incluídas no proxecto do 20.8.2025, nomeado Desmontaxe CT 15CDV9 Río Monelos, situadas na rúa Monelos, concello da Coruña.
No proxecto expóñense as circunstancias técnicas, económicas, ambientais ou de calquera outro orde polas que se pretende o peche da instalación.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
Terceira. As características técnicas das instalacións descritas no proxecto e das que se solicita o peche e desmantelamento son as seguintes:
– Desmantelamento do actual CT Río Monelos-15CDV9 (expediente IN407A 2016/535) cunha potencia total de 1.260 kVA. A rede de baixa tensión do centro de transformación alimentarase dos centros de transformación máis próximos: 15SAB2-Xeneral Sanjurjo (expediente 51196) e 15CFA7-Posse (expediente 27808).
– Proxéctase un empalme en MT en PAR situado á saída do CT Río Monelos-15CDV9 (expediente IN407A 2016/535) co obxecto de dar continuidade ás liñas de media tensión existentes en condutor RHV-95 e RHZ1-240 (expediente 2016/2146), pertencentes á LMTS EIR707, unindo os centros de transformación 15SAB2-Xeneral Sanjurjo (expediente 51196) e 15CXT9-San Diego 17 (expediente 384/04).
Quinta. No expediente consta un informe favorable, do 7.4.2026, dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o sinalado,
RESOLVO:
I. Conceder a autorización administrativa de peche da dita instalación de distribución eléctrica.
II. O desmantelamento da instalación executarase no prazo de 6 meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación desta resolución; de non realizarse os traballos no prazo establecido, producirase a caducidade da autorización.
III. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalacións, deberá comunicalo a este departamento territorial para emitir a acta de peche.
Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas a presente resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 8 de abril de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
