Expediente: IN407A 2024/311-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMT, CT e RBT Campiña (Oza Cesuras).
Concello: Oza-Cesuras.
Feitos:
1. O día 10.10.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración na zona.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución que comprende os seguintes documentos:
– Proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT Campiña (Oza Cesuras), asinado por Victoriano González Lemos, enxeñeiro tecnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo, o 19.9.2024.
– Anexo 1, asinado por Victoriano González Lemos, enxeñeiro tecnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo, o 4.11.2025.
2. O proxecto someteuse ao trámite de avaliación ambiental simplificada e consta no expediente unha resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, de data 27.6.2025, pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto.
O informe sinala o seguinte: «De acordo cos antecedentes e como resultado da avaliación de impacto ambiental simplificada realizada, formular o informe de impacto ambiental do proxecto LMT, CT e RBT Campiña, no termo municipal de Oza-Cesuras (A Coruña), concluíndo que, sempre que se cumpra, ademais do recollido no documento ambiental e a restante documentación avaliada, o condicionado e programa de vixilancia ambiental que figuran ao longo desta resolución, non son previsibles efectos adversos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto a avaliación de impacto ambiental ordinaria».
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 20.11.2025-Emenda erros 27.3.2026.
• BOP: 4.11.2025-Emenda erros 10.3.2026.
• Xornal La Voz de Galicia: 11.12.2025.
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 5.1.2026.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Oza-Cesuras.
A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 5.3.2026 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Campiña, no concello de Oza-Cesuras e as súas características técnicas son as seguintes:
– Novo centro de transformación intemperie con transformador de 50 kVA e con relación de transformación 15/0,4 V en apoio de celosía de tipo C-3.000/14.
– Liña de media tensión aérea (LMTA), de 581 m de lonxitude, condutor LA-56, de 15 kV, con orixe en derivada nun novo apoio proxectado a intercalar la LMT CES705 e final con CTI proxectado.
4. Na visita de campo realizada non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 de Real decreto 1955/200 para impor servidumes de paso.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) A resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pola que se formula o informe de impacto ambiental do proxecto sinala no seu punto 4.2.2. «Para este efecto, o promotor adoptará o programa de vixilancia e o seguimento ambiental deseñado que garantirá, ademais do cumprimento dos condicionantes e medidas preventivas e/ou correctoras establecidas no IIA e no documento ambiental, o cumprimento dos que, se é o caso, establezan os órganos competentes na tramitación sectorial de licenzas, permisos e/ou autorizacións e aqueloutros que, derivados do seguimento, sexa necesario incorporar. Deberá aprobalo previamente o órgano substantivo».
De acordo ao sinalado, e ao obxecto da realización do seguimento ambiental, deberá comunicar a data de inicio das actuacións autorizadas nesta resolución.
Deberá achegar a este departamento territorial no prazo máximo dun mes antes do inicio das obras o plan de vixilancia e de seguimento ambiental, de acordo coas consideracións establecidas no punto 4.2.2. da resolución de impacto ambiental.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– Se é o caso, acreditación ou declaración de que o proxecto se atopa dentro dalgunha das excepcións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, ou das indicadas na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) nº 2024/573 nos puntos relativos aos aparellos électricos.
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou ao equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e das normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 8 de abril de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Oza-Cesuras.
|
Nº de parcela |
Lugar e referencia catastral |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m² |
ml aér. |
ml sot. |
m² aér. |
m² sot. |
||||
|
1 |
Bullo Escabezado 15064B509010490000YD |
Rústico. Agrario. Matogueira |
Antonio López Sánchez |
1 |
2.0 |
30.56 |
345.0 |
||
|
2 |
Chousan 15064B509010820000YK |
Rústico. Agrario. Eucaliptus |
José Mario Vilariño, Martínez |
67.64 |
832.0 |
||||
|
3 |
Tarreo da Porta 15064B509011160000Y |
Rústico. Agrario. Prados ou pradeiras |
Manuel Sánchez Bermúdez |
2 |
2.0 |
6.4 |
134.0 |
||
|
4 |
Chousa de Roda 15064B509010830000YR |
Rústico. Agrario. Prados ou pradeiras |
Hrdos. de Isaura Martín Seoane |
119.98 |
1918.0 |
||||
|
5 |
Chousa da Roda 15064B509010850000YX |
Rústico. Agrario. Prados ou pradeiras |
Encarnación Bermúdez Díaz |
3 |
2.0 |
48.74 |
933.0 |
||
|
6 |
Chousa de Arriba 15064B509010860000YI |
Rústico. Agrario. Eucaliptus |
Manuel Sánchez Bermídez |
36.78 |
1189.0 |
||||
|
7 |
Revolta da Campiña 15064B509007250000YS |
Rústico. Agrario. Matogueira |
José Novo Bermúdez |
0.0 |
475.0 |
||||
|
8 |
Revolta 15064B509007240000YE |
Rústico. Agrario. Matogueira |
Manuel Gutiérrez García |
0.0 |
511.0 |
||||
|
9 |
Alto 15064B509010880000YE |
Rústico. Agrario. Matogueira |
Luis Bautista Balle |
4 |
2.0 |
18.4 |
459.0 |
||
|
10 |
Alto 15064B509010890000YS |
Rústico. Agrario. Eucaliptus |
Balbina Sánchez Bermúdez |
5 (CTI) |
2.0 |
13,34 |
482.0 |
||
|
11 |
Revolta 15064B509007230000YJ |
Rústico. Agrario. Matogueira |
Avelia Couceiro Rilo |
0.0 |
114.0 |
||||
Abreviacións:
|
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. |
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais. |
|
m² aér.: superficie de servidume aérea en m². |
m² sot.: superficie de servidume soterrada. |
