DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Xoves, 30 de abril de 2026 Páx. 26082

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Resolución do 21 de abril de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido á mocidade de orixe galega ou descendente de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR930B).

BDNS (Identif.): 901763.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/901763

Primeiro. Persoas beneficiarias

Con carácter xeral, poderán optar a unha praza para participar neste programa os mozos e mozas con residencia habitual no estranxeiro que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter unha idade comprendida entre os 10 a os 17 anos o día 15 de xullo de 2026.

b) Ter nacido en Galicia ou ser descendentes de persoa emigrante galega residente no exterior.

c) Ter a nacionalidade española.

d) Carecer de enfermidades transmisibles con risco de contaxio, discapacidades e outros impedimentos que lles imposibiliten participar con normalidade nas actividades recreativas e deportivas do campamento que soliciten.

Segundo. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto regular as axudas correspondentes ao programa Aventúrate con Galicia para o ano 2026, que ten por finalidade facilitarlles a 30 mozas e mozos de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas que residan no estranxeiro, a participación en determinadas actividades de verán convocadas pola Xunta de Galicia para a xuventude galega, así como o encontro cos seus familiares residentes na Comunidade Autónoma.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócase estas axudas para o ano 2026 (código de procedemento PR930B).

3. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva ata o cobertura das prazas convocadas, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 21 de abril de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido á mocidade de orixe galega ou descendente de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR930B).

Cuarto. Financiamento

As axudas do programa teñen a consideración de axudas en especie e, consecuentemente, non suporán ningún gasto para a Secretaría Xeral da Emigración polo que non é necesaria a súa contabilización.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes e iniciarase ás 9.00 horas do quinto día natural seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, comezará o día hábil seguinte.

O prazo finalizará ás 20.00 horas do día en que se cumpra un mes desde a data de inicio do prazo. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ata as 20.00 horas do primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata ás 20.00 horas do último día do mes.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2026

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración