De conformidade co establecido no artigo 7 da Resolución do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (DOG núm. 6, do 12.1.2026), unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes para o acceso aos graos extraordinarios I, II e III, esta dirección xeral
ACORDA:
Primeiro. Aprobar a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I, do grao II e do grao III da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da oficina virtual do persoal da Administración de xustiza de Galicia (OPAX).
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente no prazo de dous meses. Ambos os dous prazos contaranse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
