DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 5 de maio de 2026 Páx. 26611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, de declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2023/519-4).

Expediente: IN407A 2023/519-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS e substitución CT Chapela, 1 (36C937) por CTC.

Concello: Redondela.

Feitos:

1. O 27.11.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica denominada LMTS e substitución CT Chapela, 1 (36C937) por CTC.

2. O expediente foi tramitado segundo o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Logo da tramitación correspondente, o 25.10.2024, o Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria ditou unha resolución de autorización administrativa previa e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2023/519-4), publicada no Diario Oficial de Galicia do 21.11.2024, coas seguintes características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1 en tres actuacións. A primeira é de 9 metros, coa orixe na LMTS RED7140277 e final no centro de transformación proxectado. A segunda é de 9 metros, coa orixe na LMTS TRO7210370 e final no centro de transformación proxectado. A terceira é de 9 metros, coa orixe na LMTS TRO7181882 e final no centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación compacto a 630 kVA, con relación de transformación 15 kV/400 V, situado nas parcelas con referencias catastrais 7195010NG2779N0001RP e 7195023NG2779N0001WP, xunto co número 173, na avenida Vigo, Chapela.

– Retirada do centro de transformación tipo pombal Chapela, 1 (36C937).

A instalación está situada en Laredo, en Chapela, no concello de Redondela (Pontevedra).

3. O 24.6.2025, por problemas de permisos, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a declaración de utilidade pública para a instalación LMTS e substitución CT Chapela, 1 (36C937) por CTC (expediente IN407A 2023/519-4).

4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 28.8.2025, publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 18.9.2025.

– Xornal Faro de Vigo: 19.9.2025.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Redondela desde o 8.9.2025 ata o 28.10.2025, segundo certificado emitido polo propio concello.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

4. Como non foi posible efectuar a notificación deste procedemento ás persoas afectadas pola declaración, en concreto, de utilidade pública, este departamento publicou os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 5.9.2025 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 11.9.2025, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e logo da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 9 de abril de 2026

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Redondela

Lugar

Terreo

Referencia catastral

Titular

CT (m²)

1

Av. Vigo-Chapela

Urbano

7195023NG2779N0001WP

Descoñecido/a

11,00