DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 5 de maio de 2026 Páx. 26551

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xuventude, pola que se publica a Resolución do 23 de abril de 2026 da concesión das subvencións ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS320A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 20, do 30 de xaneiro de 2026, publícase a Orde do 30 de decembro de 2026, da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, coas bases reguladoras das subvencións a entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS320A).

De conformidade co artigo 14 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 15 da mesma orde, establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Tras a instrución do procedemento, con data do 23 de abril de 2026 o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento de concesión das subvencións do programa Servizo de voluntariado xuvenil.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 23 de abril de 2026 para o procedemento BS320A de concesión das axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 23 de abril de 2026 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2026

Lara del Carmen Meneses Álvarez
Directora xeral de Xuventude

ANEXO

Resolución do 23 de abril de 2026 da concesión das subvencións ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS320A)

Con data do 30 de xaneiro de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 20 a Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS320A).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Finalizado o prazo, unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Con data do 24 de marzo de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia o requirimento de emenda da documentación das solicitudes presentadas con indicación expresa ás entidades solicitantes de que son requiridas para que, no prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do requirimento, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria, con indicación de que, se así non o fixeren, se considerará que desisten da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Finalizado o prazo, logo de analizar a documentación, con data do 14 de abril de 2026 e de acordo co disposto nos artigos 12, 13 e 14 da dita orde de convocatoria, reuniuse a comisión avaliadora para analizar as solicitudes de axuda e valorar os proxectos presentados polas entidades de acción voluntaria e as entidades locais, así como para proceder a elaborar o correspondente informe no cal figuran as entidades con proxectos valorados.

Emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, emite, de conformidade co disposto no artigo 14 da orde de convocatoria, a proposta de resolución con data do 15 de abril de 2026.

Vista a proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 14 da Orde do 30 de decembro de 2025,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade dos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 47.120,00 €, para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.460.0.

Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 132.950,00 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.312F.481.0.

Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.

Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 30 de decembro de 2025 e, especialmente, ás establecidas no artigo 20.

A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 17 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizáranse de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.

Cuarto. Establecer a lista de agarda que se recolle no anexo III, de acordo co artigo 6.6.

Quinto. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo IV, con indicación da causa concreta que motivou a denegación.

Sexto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Artigo 14 e disposición adicional terceira da Orde do 30.12.2025). Lara del Carmen Meneses Álvarez. Directora xeral de Xuventude.

ANEXO I

Axudas concedidas a entidades locais

Concesións conxuntas.

Nº expediente

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2026/042

Concello de Boqueixón/Voluntariado Social

P1501200H

A Coruña

60,00

12.000,00 €

Total

12.000,00 €

Concesións individuais.

Nº expediente

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2026/018

Concello de Lousame

P1504300C

A Coruña

59,47

4.800,00 €

2

2026/013

Concello de Mesía

P1504800B

A Coruña

51,24

2.400,00 €

3

2026/031

Concello de Ribas de Sil

P2705200J

Lugo

59,50

4.800,00 €

4

2026/019

Concello de Cervo

P2701300B

Lugo

50,44

4.800,00 €

5

2026/033

Concello de Quiroga

P2705000D

Lugo

50,00

4.800,00 €

6

2026/038

Concello de Ribadavia

P3207000E

Ourense

54,14

4.800,00 €

7

2026/044

Concello de Ponteareas/Oficina Municipal de Voluntariado

P3604200J

Pontevedra

71,46

4.800,00 €

8

2026/028

Concello de Vila de Cruces

P3605900D

Pontevedra

51,00

3.920,00 €

Total

35.120,00 €

ANEXO II

Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria

Nº expediente

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2026/012

Fundación Abrente

G70397849

A Coruña

77,50

4.800,00 €

2

2026/010

Club Deportivo Inclusivo Enki

G70505276

A Coruña

74,85

3.980,00 €

3

2026/053

Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental

G15983570

A Coruña

68,05

4.800,00 €

4

2026/052

Asociación Centro Xuvenil Don Bosco

G15071566

A Coruña

65,32

2.400,00 €

5

2026/009

Asociación Integro para a Diversidade Funcional das Comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra

G15173263

A Coruña

63,01

4.800,00 €

6

2026/045

Asociación Altaír Galiza

G27439124

A Coruña

60,99

4.800,00 €

7

2026/016

Asociación Medioambiental Amabul

G15925209

A Coruña

60,71

2.400,00 €

8

2026/027

Asociación de Padres de Personas con Discapacidad Intelectual, Aspas

G15031537

A Coruña

59,70

4.800,00 €

9

2026/057

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

A Coruña

59,66

4.800,00 €

10

2026/034

Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia, Amicos

G15747678

A Coruña

59,52

4.800,00 €

11

2026/060

Federación ASDE-Scouts de Galicia-Exploradores de Galicia

G70305008

A Coruña

58,50

2.900,00 €

12

2026/003

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

A Coruña

54,99

4.800,00 €

13

2026/020

Acción Familiar Ferrol-AFA Ferrol

G15745466

A Coruña

54,84

4.130,00 €

14

2026/017

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

A Coruña

53,75

4.800,00 €

15

2026/035

Asociación Centro Xuvenil Abeiro

G15456700

A Coruña

53,00

2.400,00 €

16

2026/022

Fundación Ingada

G70394374

A Coruña

52,27

4.800,00 €

17

2026/056

Asociación Juvenil y Cultural Ateibo

G27013309

Lugo

62,12

2.000,00 €

18

2026/025

Asociación Cultural Semente Coral

G22856074

Lugo

51,87

4.800,00 €

19

2026/055

Asociación Sustinea

G32422834

Ourense

60,45

4.800,00 €

20

2026/021

Asociación Cultural, Social, Ecolóxica e Económica Os Tres Reinos

G32345274

Ourense

59,25

4.800,00 €

21

2026/041

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia

G32302671

Ourense

58,50

4.800,00 €

22

2026/006

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

Ourense

55,50

4.320,00 €

23

2026/046

Valoresc Innovation

G70377585

Ourense

54,25

4.800,00 €

24

2026/043

Asociación Cultural, Social, Deportiva, Lúdica, Ecolóxica, da Muller, de Inclusión, do Rural, Vive Vilariño

G32504508

Ourense

53,25

4.800,00 €

25

2026/030

Asociación del Centro de Desarrollo Rural O Viso

G32122376

Ourense

52,76

1.700,00 €

26

2026/050

Asociación Grupo Scout Ilex

G32466187

Ourense

52,00

4.800,00 €

27

2026/007

Federación Provincial de Asociacións de Persoas con Discapacidade de Pontevedra. Cogami-Pontevedra

G36704195

Pontevedra

59,75

1.200,00 €

28

2026/039

Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal

G27727593

Pontevedra

59,58

4.800,00 €

29

2026/040

Apamp, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral

G36624120

Pontevedra

58,75

3.120,00 €

30

2026/048

Centro Cultural, Artístico e Recreativo de Valladares

G36617082

Pontevedra

54,29

4.800,00 €

31

2026/023

Asociación Xuvenil Saraiba do Mar

G36324523

Pontevedra

53,25

2.400,00 €

32

2026/037

Club Serendipia

G70923586

Pontevedra

51,75

2.400,00 €

33

2026/054

Somosterra Sociedade Cooperativa Galega

F27874528

Pontevedra

51,32

1.600,00 €

34

2026/032

Asociación de Apoyo a Personas con Diversidad Intelectual, Aceesca

G36021970

Pontevedra

51,08

4.800,00 €

Total

132.950,00 €

ANEXO III

Lista de agarda

Entidades de acción voluntaria.

Nº expediente

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento solicitado

1

2026/024

Asociación Cultural Airiños do Miño de Meira

G01863182

Lugo

50,87

4.800,00 €

2

2026/036

Asociación Deligras Galicia

G23846306

Pontevedra

50,40

2.640,00 €

ANEXO IV

Solicitudes denegadas

Denegadas entidades locais.

Nº expediente

Entidade

NIF

Provincia

Motivo da denegación

1

2026/015

Concello de Ponteceso

P1506900H

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

2

2026/049

Concello de Negreira

P1505700C

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

3

2026/051

Concello de Rábade

P2705600A

Lugo

Desistencia

4

2026/047

Concello de Verín

P3208600A

Ourense

Inadmisión por incumprimento artigo 4.b).1

Denegadas entidades de acción voluntaria.

Nº expediente

Entidade

NIF

Provincia

Motivo da denegación

1

2026/004

Asociación Paracetafolk

G16382368

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

2

2026/008

Asociación Porteiro Alvarellos

G22829824

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

3

2026/029

Xeración Asociación Cultural

G70385091

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

4

2026/005

Club ITF Coirós

G70594684

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

5

2026/014

Asociación de Voluntarios para Ayuda a Necesitados, AVAN

G15512502

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

6

2026/026

Asociación Cultural Lucus Vivace

G70798582

Lugo

Non alcanzar a puntuación requirida

7

2026/002

Asociación Stop Suicidio Galicia

G56590888

Lugo

Non alcanzar a puntuación requirida

8

2026/011

A Casa das Redes, Sociedade Cooperativa Galega

F75415836

Pontevedra

Non alcanzar a puntuación requirida

9

2026/058

Asociación Xuvenil Cultural Staccato

G36592582

Pontevedra

Non inscrita R.A.V.

10

2026/059

Asociación O Son do Pobo

G94017704

Pontevedra

Non alcanzar a puntuación requirida