DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 5 de maio de 2026 Páx. 26566

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2026 pola que se recoñecen como forza maior, para os efectos da xestión e do pagamento das axudas da PAC das campañas 2025 e 2026, as zonas afectadas polos incendios forestais acaecidos no verán de 2025 en Galicia.

O artigo 3 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013, recoñece expresamente como causa de forza maior a catástrofe natural grave ou o fenómeno meteorolóxico grave que afecte seriamente as explotacións agrarias.

O artigo 3.19) do Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro, sobre a aplicación, a partir de 2023, das intervencións en forma de pagamentos directos e o establecemento de requisitos comúns no marco do Plan estratéxico da política agrícola común, e a regulación da solicitude única do sistema integrado de xestión e control, define como causa de forza maior, na súa letra c), a catástrofe natural grave ou o fenómeno climatolóxico adverso asimilable a catástrofe natural que afecte seriamente as terras agrarias da explotación.

Pola súa banda, o artigo 4 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e de control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, dispón que as autoridades competentes poderán recoñecer a existencia de forza maior ou circunstancias excepcionais, podendo considerar como gravemente afectada unha zona claramente delimitada cando concorran este tipo de situacións. Correspóndelle, pois, á autoridade competente valorar a concorrencia destas circunstancias cando acontecementos alleos á vontade das persoas beneficiarias impidan o cumprimento das obrigas derivadas das axudas da PAC.

Durante o verán de 2025 produciuse en Galicia unha vaga de incendios forestais de elevada intensidade que afectou distintas zonas do territorio, provocando danos significativos en superficies agrarias, particularmente en pastos, cultivos e explotacións apícolas, así como en infraestruturas rurais e recursos produtivos vinculados ao medio agrario.

Estes episodios tiveron unha incidencia relevante sobre as explotacións agrarias situadas nas zonas afectadas, comprometendo a actividade agraria e dificultando o cumprimento dos compromisos asumidos polas persoas beneficiarias de axudas no marco do Plan estratéxico da PAC.

Para estes efectos, e conforme os datos subministrados pola Dirección Xeral de Defensa do Monte, identificáronse os incendios forestais en situación operativa 1 e 2 acaecidos durante o verán de 2025, determinándose as zonas gravemente afectadas por estes, delimitadas conforme os seus perímetros, cuxa relación se recolle no anexo desta resolución, sen prexuízo da súa posible actualización.

A concorrencia destas circunstancias permite o recoñecemento de oficio da situación de forza maior para as explotacións situadas nas devanditas zonas afectadas, sen necesidade de comunicación individualizada previa por parte das persoas beneficiarias.

Así mesmo, dado que os incendios forestais xeran impactos significativos na actividade apícola debido á destrución directa de colmeas, á perda de flora melífera e á alteración do hábitat das abellas, resulta necesario evitar penalizacións derivadas de circunstancias alleas ao control das persoas beneficiarias, considerando como determinadas as colmeas solicitadas ata o máximo das comprometidas.

A Dirección do Fogga é, conforme o disposto no artigo 3.1 do Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro, a autoridade competente na Comunidade Autónoma de Galicia para a xestión das axudas reguladas no dito real decreto.

A disposición derradeira primeira da Orde do 25 de febreiro de 2025 e da Orde do 13 de febreiro de 2026, polas que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, faculta a persoa titular da Dirección do Fogga, no ámbito das súas competencias, para ditar as instrucións precisas para a execución destas ordes.

Por todo o exposto, resulta necesario recoñecer os incendios forestais acaecidos durante o verán de 2025 como causa de forza maior para os efectos da xestión, concesión e pagamento das axudas xestionadas pola Subdirección Xeral de Xestión da PAC do Fogga.

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a existencia de causa de forza maior nas explotacións agrarias situadas nas zonas gravemente afectadas polos incendios forestais acaecidos durante o verán de 2025, delimitadas conforme os perímetros dos incendios en situación operativa 1 e 2 identificados pola Dirección Xeral de Defensa do Monte e recollidos no anexo desta resolución.

Esta declaración será de aplicación nas campañas 2025 e 2026.

Segundo. Recoñecer como admisibles as superficies agrarias afectadas situadas nas devanditas zonas, para os efectos da percepción das axudas directas á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Terceiro. Reducir, no caso da axuda asociada para as persoas gandeiras extensivas e semiextensivas de ovino e caprino de carne, o limiar mínimo de movementos de saída da explotación establecido no artigo 96.4 do Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro, a 0,3 cordeiros ou cabritos por femia elixible, no período comprendido entre o 1 de xuño do ano anterior á solicitude e o 31 de maio do ano da solicitude.

Cuarto. Establecer que, para as alvarizas situadas nas zonas afectadas recollidas no anexo, non se aplicarán penalizacións por incumprimento do mantemento do compromiso, considerándose determinadas as colmeas solicitadas ata o máximo das comprometidas, mesmo no caso de perda das alvarizas como consecuencia dos incendios.

Quinto. Esta resolución será de aplicación ás solicitudes de axuda e de pagamento reguladas na Orde do 25 de febreiro de 2025 e na Orde do 13 de febreiro de 2026 polas que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Sexto. Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ante a Presidencia do Fondo Galego de Garantía Agraria, de conformidade cos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026

Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Provincia

Concello

Parroquia

Data do inicio

Data da fin

15

Ponteceso

Corme Aldea (Santo Adrán)

5.8.2025

10.8.2025

15

Camariñas

Xaviña (Santa María)

5.8.2025

9.8.2025

15

Toques

San Martiño de Oleiros (San Martiño)

14.8.2025

17.8.2025

27

Carballedo

A Cova (San Xoán)

21.8.2025

27.8.2025

27

A Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán)

25.8.2025

30.8.2025

27

Quiroga

Vilanuíde (Santo Antonio)

15.8.2025

31.8.2025

27

Pantón

Frontón (San Xoán)

18.9.2025

29.9.2025

32

Vilardevós

Terroso (Santa Cruz)

1.8.2025

8.8.2025

32

Chandrexa de Queixa

Requeixo (Santa María Madanela)

8.8.2025

31.8.2025

32

Maceda

Castro de Escuadro (Santa Baia)

9.8.2025

30.8.2025

32

Vilariño de Conso

Mormentelos (Nosa Señora da O)

10.8.2025

31.8.2025

32

Montederramo

Paredes (Santa María)

11.8.2025

30.8.2025

32

Verín

Mourazos (San Martiño)

11.8.2025

18.8.2025

32

Vilardevós

Moialde (Santa María)

11.8.2025

25.8.2025

32

Cartelle

Anfeoz (Santa Baia)

11.8.2025

13.8.2025

32

Maceda

Santiso (Santa María)

12.8.2025

30.8.2025

32

A Pobra de Trives

Xunqueira (San Pedro)

12.8.2025

25.8.2025

32

A Mezquita

A Mezquita (San Martiño)

12.8.2025

30.8.2025

32

Piñor

A Canda (San Mamede)

12.8.2025

12.8.2025

32

Ourense

Seixalbo (San Breixo)

12.8.2025

16.8.2025

32

A Merca

Olás de Vilariño (Santa María)

12.8.2025

12.8.2025

32

Oímbra

A Granxa (San Xoán)

12.8.2025

31.8.2025

32

Piñor

A Corna (Santa María do Desterro)

12.8.2025

14.8.2025

32

Chandrexa de Queixa

Parafita (San Bartolomeu)

12.8.2025

31.8.2025

32

Xinzo de Limia

A Pena (San Pedro)

12.8.2025

12.8.2025

32

A Merca

A Manchica (Nosa Señora de Lourdes)

12.8.2025

12.8.2025

32

Xunqueira de Ambía

A Abeleda (San Vicente)

12.8.2025

12.8.2025

32

Laza

O Castro de Laza (San Pedro)

12.8.2025

13.8.2025

32

Toén

Toén (Santa María)

12.8.2025

12.8.2025

32

Cualedro

Rebordondo (San Martiño)

12.8.2025

13.8.2025

32

O Carballiño

Lobás (Santa Ouxea)

13.8.2025

13.8.2025

32

Parada de Sil

San Lourenzo de Barxacova (San Lourenzo)

13.8.2025

13.8.2025

32

Toén

Moreiras (San Pedro)

13.8.2025

13.8.2025

32

Montederramo

Sas do Monte (San Pedro)

13.8.2025

13.8.2025

32

Vilardevós

Vilar de Cervos (San Vicente)

13.8.2025

29.8.2025

32

O Pereiro de Aguiar

Prexigueiró (San Salvador)

13.8.2025

14.8.2025

32

Larouco

Seadur (Santa Mariña)

13.8.2025

31.8.2025

32

O Riós

Fumaces e A Trepa (Santa María)

14.8.2025

25.8.2025

32

Baños de Molgas

Betán (San Martiño)

15.8.2025

15.8.2025

32

Melón

Melón (Santa María)

15.8.2025

15.8.2025

32

Montederramo

Sas do Monte (San Pedro)

15.8.2025

25.8.2025

32

Paderne de Allariz

Golpellás (Santa Baia)

15.8.2025

15.8.2025

32

Carballeda de Avia

Vilar de Condes (Santa María)

15.8.2025

29.8.2025

32

Taboadela

Taboadela (San Miguel)

15.8.2025

15.8.2025

32

Xinzo de Limia

Gudín (San Miguel)

15.8.2025

31.8.2025

32

Beade

As Regadas (San Amaro)

15.8.2025

29.8.2025

32

Leiro

Bieite (Santo Adrao)

15.8.2025

15.8.2025

32

Baños de Molgas

Betán (San Martiño)

16.8.2025

16.8.2025

32

San Cibrao das Viñas

Rante (Santo André)

16.8.2025

20.8.2025

32

Castrelo de Miño

Macendo (Santa María)

17.8.2025

17.8.2025

32

Melón

Quins (Santa María)

17.8.2025

17.8.2025

32

Celanova

Mourillós (San Pedro)

17.8.2025

17.8.2025

32

O Riós

O Riós (Santa María)

17.8.2025

18.8.2025

32

Cartelle

Espiñoso (San Miguel)

17.8.2025

20.8.2025

32

Maside

Amarante (Santa María)

17.8.2025

17.8.2025

32

A Merca

Zarracós (Santo André)

17.8.2025

18.8.2025

32

Toén

Xestosa (Santa María)

17.8.2025

17.8.2025

32

Baños de Molgas

Ponte Ambía (Santa María)

17.8.2025

18.8.2025

32

Coles

Gustei (Santiago)

18.8.2025

18.8.2025

32

O Riós

Trasestrada (Santo Estevo)

18.8.2025

25.8.2025

32

Coles

A Barra (Santa María)

18.8.2025

18.8.2025

32

Verín

Queizás (San Pedro)

18.8.2025

21.8.2025

32

Carballeda de Valdeorras

Casaio (Santa María)

18.8.2025

29.8.2025

32

A Merca

A Manchica (Nosa Señora de Lourdes)

18.8.2025

18.8.2025

32

Baños de Molgas

Ponte Ambía (Santa María)

18.8.2025

19.8.2025

32

Sarreaus

Bresmaus (San Bartolomeu)

19.8.2025

19.8.2025

32

Vilardevós

Fumaces e A Trepa (Santa María)

19.8.2025

19.8.2025

32

Maside

Piñeiro (San Xoán)

20.8.2025

20.8.2025

32

A Merca

A Manchica (Nosa Señora de Lourdes)

20.8.2025

20.8.2025

32

San Cristovo de Cea

Covas (Santa María)

20.8.2025

21.8.2025

32

Coles

Gustei (Santiago)

21.8.2025

21.8.2025

32

A Merca

A Merca (Santa María)

21.8.2025

21.8.2025

32

Ramirás

Grixó (Santa Isabel)

21.8.2025

21.8.2025

32

Sarreaus

Codosedo (Santa María)

21.8.2025

21.8.2025

32

Amoeiro

Bóveda de Amoeiro (San Paio)

21.8.2025

22.8.2025

32

Muíños

Requiás (Santiago)

22.8.2025

22.8.2025

32

Coles

Ribela (San Xillao)

22.8.2025

22.8.2025

32

San Cibrao das Viñas

San Cibrao das Viñas (Santo Ildefonso)

22.8.2025

23.8.2025

32

Muíños

Requiás (Santiago)

22.8.2025

22.8.2025

32

Maside

Amarante (Santa María)

22.8.2025

22.8.2025

32

Cualedro

A Xironda (San Salvador)

23.8.2025

23.8.2025

32

Cartelle

Couxil (Santa María)

23.8.2025

23.8.2025

32

A Bola

Veiga (San Munio)

23.8.2025

23.8.2025

32

Padrenda

Desteriz (San Miguel)

23.8.2025

23.8.2025

32

Vilamarín

Vilamarín (Santiago)

23.8.2025

23.8.2025

32

Ourense

Ourense

23.8.2025

23.8.2025

32

Coles

Melias (San Miguel)

23.8.2025

23.8.2025

32

Xinzo de Limia

Morgade (San Tomé)

24.8.2025

24.8.2025

32

Avión

Nieva (Santa María)

24.8.2025

30.8.2025

32

Melón

Melón (Santa María)

25.8.2025

25.8.2025

32

San Amaro

Anllo (Santiago)

25.8.2025

26.8.2025

32

San Amaro

Grixoa (Santa María das Neves)

25.8.2025

25.8.2025

32

Ribadavia

Campo Redondo (Santo André)

25.8.2025

25.8.2025

32

Xinzo de Limia

Lamas (Santa María)

26.8.2025

26.8.2025

32

Cartelle

Cartelle (Santa María)

26.8.2025

26.8.2025

32

A Veiga

Baños (San Fiz)

26.8.2025

26.8.2025

32

Celanova

Vilanova dos Infantes (San Salvador)

27.8.2025

27.8.2025

32

Sarreaus

Codosedo (Santa María)

27.8.2025

27.8.2025

32

O Pereiro de Aguiar

Prexigueiró (San Salvador)

27.8.2025

28.8.2025

32

Xunqueira de Ambía

Sobradelo (San Román)

28.8.2025

28.8.2025

32

O Riós

O Riós (Santa María)

28.8.2025

29.8.2025

32

Xunqueira de Ambía

Sobradelo (San Román)

29.8.2025

29.8.2025

32

Ourense

Santa Mariña do Monte (Santa Mariña)

30.8.2025

30.8.2025

32

Xunqueira de Ambía

Sobradelo (San Román)

30.8.2025

30.8.2025

32

Vilamartín de Valdeorras

Correxais (San Pedro)

30.8.2025

30.8.2025

32

O Bolo

Vilaseco (San Donato)

18.9.2025

21.9.2025

36

Salvaterra de Miño

Pesqueiras (Santa Mariña)

28.7.2025

31.7.2025

36

Arbo

Arbo (Santa María)

29.7.2025

1.8.2025

36

A Caniza

O Couto (San Bartolomeu)

30.7.2025

3.8.2025

36

Salceda de Caselas

A Picoña (San Martiño)

6.8.2025

8.8.2025

36

As Neves

San Pedro de Batalláns (San Pedro)

6.8.2025

8.8.2025

36

Dozón

O Castro (San Salvador)

12.8.2025

17.8.2025

36

Agolada

O Sexo (Santiago)

15.8.2025

23.8.2025

36

Vilaboa

Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina)

21.8.2025

25.8.2025

36

Oia

Mougás (Santa Uxía)

21.8.2025

23.8.2025