DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 6 de maio de 2026 Páx. 26717

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de abril de 2026, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo e a execución da sentenza do Xulgado do Social número 1 de Lugo (Autos 700/2017), sobre clasificación profesional e diferenzas salariais dun posto de traballo.

En consecuencia, por proposta da Axencia Galega de Infraestruturas e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 27 de abril de 2026, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de abril de 2026, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Infraestruturas, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file