DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 7 de maio de 2026 Páx. 27030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 15 de abril de 2026, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente OU-00564-O-2025).

Conforme o previsto no artigo 44 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do recurso de alzada ditada pola directora xeral de Mobilidade, no expediente sancionador número OU-00564-O-2025, tramitado por infracción da normativa reguladora do transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, están á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte sita na praza de Europa, 5A, 2º, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a resolución do recurso de alzada, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026

Eva Lorenzo Queiro
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción
imposta

Resolución recurso

OU-00564-O-2025

8965-MYX

18188259C

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante.

25.3.2025; 19.27.00; N-120; 461,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros

Desestimado