Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións ditadas pola persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte no expediente sancionador número PO-01850-O-2025 e dous máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, están á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte sita na praza de Europa, 5A, 2º, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.
No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026
Eva Lorenzo Queiro
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte
ANEXO
|
Expediente Matrícula |
DNI/CIF persoa sancionada |
Infracción cometida Data-Hora-Estrada-p.q. |
Precepto |
Precepto |
Sanción |
|
PO-01850-O-2025 5929-GNC |
Y3111575B |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 24.6.2025; 11.38.00; N-550; 134,388 |
Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT |
Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-03262-O-2025 9040-HJB |
47354540R |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 13.3.2025; 18.15.00; AC-432; 18,184 |
Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT |
Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
|
XC-03309-O-2025 6093-MLM |
33288070D |
Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro carecendo de título habilitante. 10.2.2025; 17.50.00; AC-550; 78,289 |
Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT |
Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT |
801 euros |
