DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 7 de maio de 2026 Páx. 27026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 15 de abril de 2026, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifica a resolución ditada no expediente sancionador en materia de transportes terrestres (expediente PO-02858-O-2025).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución ditada pola directora xeral de Mobilidade no expediente sancionador número PO-02858-O-2025, por infracción da normativa sobre transporte terrestres, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, están á disposición das persoas interesadas na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte sita na praza de Europa, 5A, 2º, As Fontiñas, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Comunicáselle que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A sanción imposta foi aboada anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026

Eva Lorenzo Queiro
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa sancionada

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto
cualificador

Precepto
sancionador

Sanción
imposta

PO-02858-O-2025

PO-3476-BL

35471236S

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

7.10.2025; 11.52.00; PO-549; 5,6

Art. 140.23 da LOTT

Art. 197.26 do ROTT

Art. 143.1.c) da LOTT

Art. 20.1.h) do ROTT

Art. 143.1 da LOTT

2.001 euros