DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 7 de maio de 2026 Páx. 26889

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2026/27.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, no seu artigo 52 establece os requisitos de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. Por outra banda, na Lei 1/2024, do 7 de xuño, regúlanse as ensinanzas artísticas superiores e establécese a organización e equivalencias das ensinanzas artísticas profesionais.

O Real decreto 596/2007, do 4 de maio, establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, e a Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, establece o proceso de acceso e admisión do alumnado que desexe cursar ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de ciclos formativos ou de oferta modular nas escolas de arte e superiores de deseño (en diante, EASD) e nos centros autorizados de artes plásticas e deseño (en diante, CE.ART) na Comunidade Autónoma de Galicia, e autoriza, na súa disposición derradeira primeira, a dirección xeral correspondente para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento e a aplicación do previsto nesa orde.

Por todo o exposto, en virtude das atribucións que lle son conferidas a esta dirección xeral polo Decreto 138/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto

1.1. Esta resolución ten por obxecto convocar as probas de acceso para as ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño e ditar instrucións sobre os aspectos organizativos e o desenvolvemento do procedemento para o curso académico 2026/27 no ámbito da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

1.2. Para o efecto de cumprir o punto anterior, dítanse as instrucións xerais e establécense os anexos e calendarios específicos inseridos do seguinte xeito:

a) Acreditacións que permiten a exención da proba que substitúe os requisitos académicos de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño: anexo I.

b) Titulacións que permiten a exención das probas específicas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño: anexo II.

c) Organización, configuración e cualificación da proba que substitúe os requisitos académicos de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria no anexo III e de titulación de bacharelato no anexo IV.

d) Organización, configuración e cualificación das probas específicas de acceso aos ciclos formativos de grao medio no anexo V e aos ciclos formativos de grao superior no anexo VI.

e) Calendario do procedemento de acceso e admisión aos ciclos formativos de grao medio e grao superior: anexo VII.

f) Documentación que as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude segundo corresponda para o acceso aos ciclos formativos de grao medio no anexo VIII e para os ciclos formativos de grao superior no anexo IX.

g) Orde de prelación para a asignación das prazas ofertadas para as persoas aspirantes con acceso directo aos ciclos formativos de grao medio e grao superior: anexo X.

h) Composición da Comisión de Avaliación para o acceso aos ciclos formativos das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño: anexo XI.

i) Modelo de certificacións acreditativas de superación das probas: anexo XII.

1.3. A oferta de prazas en cada centro de ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, así como a normativa reguladora de admisión do alumnado, os calendarios e as diferentes listaxes do procedemento de acceso e admisión serán publicados a través da páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal/), e dos taboleiros de anuncios do interior dos centros sen visibilidade desde o exterior e das páxinas web dos centros correspondentes, respectando o disposto na disposición adicional sétima da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1.4. Para a distribución da oferta de prazas en cada ciclo formativo e a orde de prelación para a súa asignación observarase o disposto na Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

1.5. Segundo se establece no artigo 6 da Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, en cada EASD e CE.ART ofertaranse as prazas dispoñibles para cada módulo no caso da oferta modular das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. As condicións, os criterios e as probas de acceso serán os mesmos que os regulados para os ciclos formativos das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, segundo o establecido nesta resolución.

Segundo. Acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

2.1. Conforme o artigo 52.1 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, para acceder ao grao medio das ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño será necesario estar en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria e, ademais, acreditar as aptitudes necesarias mediante a superación dunha proba específica de acceso.

2.2. Conforme o artigo 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, poderán acceder ao grao superior de Artes Plásticas e Deseño os/as aspirantes que estean en posesión do título de bacharel ou o de técnico ou técnica de formación profesional e superen unha proba de acceso que permita acreditar as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate. Así mesmo, poderán acceder a estas ensinanzas os aspirantes que estean en posesión do título de técnico ou técnica de Artes Plásticas e Deseño.

2.3. Conforme o artigo 52.3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao medio e grao superior destas ensinanzas aqueles aspirantes que, carecendo dos requisitos académicos, superen unha proba de acceso segundo se recolle nos números 3.2 e 4.2 desta resolución.

2.4. As probas ás cales se refire o punto anterior para aspirantes que carecen dos requisitos académicos acreditarán, para o acceso ao grao medio, os coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas e as aptitudes necesarias mediante a superación dunha proba específica, e para o acceso ao grao superior acreditarán a madurez en relación cos obxectivos do bacharelato e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas. Esta proba de acceso constará de dúas partes, parte xeral e parte específica. A parte xeral ou proba que substitúe o requisito académico de titulación, para o acceso ao grao medio versará sobre os coñecementos e as capacidades básicas da educación secundaria obrigatoria, e para o acceso ao grao superior versará sobre os coñecementos e capacidades básicas das materias comúns do bacharelato. Esta proba configurarase segundo o indicado no artigo 10 da Orde do 25 de xuño de 2007 e segundo se recolle nos anexos III e IV desta resolución. A parte específica que permitirá valorar as aptitudes e os coñecementos artísticos necesarios para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes constará de tres exercicios, segundo se establece no artigo 9 da Orde do 25 de xuño de 2007 e se recolle nos anexos V e VI desta resolución.

2.5. As condicións e os requirimentos específicos para cada vía de acceso para acceder aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior recóllense, respectivamente, no ordinal terceiro e cuarto desta resolución.

Terceiro. Condicións e requirimentos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio de Artes Plásticas e Deseño

3.1. Requisitos académicos de acceso.

Para acceder aos ciclos formativos de grao medio será necesario:

– Estar en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou título declarado equivalente para os efectos académicos e, ademais, acreditar as aptitudes necesarias mediante a superación dunha proba específica de acceso, tal como se establece no anexo V desta resolución.

3.2. Acceso sen requisitos académicos.

Aqueles aspirantes que carezan dos requisitos académicos de titulación tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao medio mediante a superación da proba que substitúe os requisitos académicos de titulación, na cal acrediten posuír os coñecementos e habilidades suficientes para cursaren con aproveitamento as ditas ensinanzas; ademais, deberán superar a proba específica de acceso, segundo aparece recollido nos anexos III e V desta resolución, respectivamente.

Para acceder por esta vía aos ciclos formativos de grao medio requirirase ter dezasete anos, como mínimo, feitos no ano natural de realización da proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.

Quedarán exentas de realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria as persoas aspirantes que acrediten ter superado algunha das probas recollidas no anexo I desta resolución.

As persoas aspirantes que, estando matriculadas no cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, estean pendentes de ser avaliadas, do procedemento de revisión no centro ou de resolución do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ao respecto da reclamación contra as cualificacións do curso 2025/26, deberán realizar igualmente a inscrición no prazo establecido no ordinal sexto e poderán realizar a proba específica. De permitir o resultado da avaliación ou da reclamación contra a cualificación a obtención da titulación de educación secundaria obrigatoria, estas persoas deberán presentar a documentación acreditativa correspondente no centro de inscrición, con anterioridade á adxudicación de prazas. De non constar a acreditación da titulación antes da publicación da listaxe de adxudicación, non obterán praza.

3.3. Acreditación das aptitudes necesarias para o acceso. Proba específica de acceso.

Para acceder ao grao medio será necesario acreditar as aptitudes necesarias mediante a superación dunha proba específica de acceso segundo se establece no artigo 52 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, e que se recolle no anexo V desta resolución.

3.4. Exención da proba específica de acceso.

A exención de realizar a proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio considerarase para aqueles aspirantes que acrediten:

– Estar en posesión dun dos títulos recollidos no anexo II desta resolución e dos requisitos académicos para o acceso conforme o establecido nos artigos 52.1 e 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro.

As persoas aspirantes que, estando matriculadas nalgunha das ensinanzas conducentes aos títulos referidos no anexo II, teñan pendente algunha materia ou módulo, estean pendentes de ser avaliadas, do procedemento de revisión no centro ou de resolución do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ao respecto de reclamación contra as cualificacións do curso 2025/26, deberán realizar igualmente a inscrición no prazo establecido no ordinal sexto. De permitir o resultado da avaliación ou da reclamación contra a cualificación a obtención do título correspondente, estas persoas deberán presentar a documentación acreditativa correspondente no centro de inscrición, con anterioridade á adxudicación de prazas, para facer efectiva a exención da proba específica. De non constar a acreditación da titulación antes da publicación da listaxe de adxudicación, non obterán praza.

– Ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais dos ciclos formativos de grao medio aos cales se pretende acceder, para o cal achegarán a certificación da empresa onde se adquiriu a experiencia laboral, en que consten especificamente a duración do contrato, a natureza específica da actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade laboral. No caso de persoas traballadoras por conta propia, achegarán a certificación de alta no censo de obrigados tributarios. Será preciso tamén acreditar estar en posesión dos requisitos académicos para o acceso conforme o establecido nos artigos 52.1 e 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro.

3.5. Inscrición no procedemento de acceso e admisión.

A inscrición no procedemento de acceso e admisión aos ciclos formativos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño realizarase de acordo co disposto no ordinal sexto desta resolución.

3.6. Datas e horas para a realización das probas de acceso.

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio das ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño realizaranse nas EASD nos días e nas horas que se indican a seguir, e de acordo co establecido nos anexos III e V desta resolución:

a) Proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria: día 23 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas.

b) Proba específica: día 7 de xullo, desde as 10.00 ata as 19.00 horas.

Cuarto. Condicións e requirimentos para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño

4.1. Requisitos académicos de acceso.

Para acceder aos ciclos formativos de grao superior será necesario cumprir, polo menos, unha das seguintes condicións:

– Estar en posesión do título de bacharel, ou título declarado equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica que permita amosar as aptitudes precisas para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate e segundo se establece no anexo VI desta resolución.

– Estar en posesión do título de técnico ou técnica de formación profesional e superar unha proba específica que permita amosar as aptitudes precisas para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate e segundo se establece no anexo VI desta resolución.

– Estar en posesión dun título de técnico ou técnica de Artes Plásticas e Deseño, neste caso sen necesidade de realizar a proba específica segundo se establece no artigo 14.2 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio.

4.2. Acceso sen requisitos académicos.

Aqueles aspirantes que carezan dos requisitos académicos de titulación tamén poderán acceder aos ciclos formativos de grao superior mediante a superación dunha proba que substitúe os requisitos académicos de titulación, na cal acrediten os coñecementos e as habilidades suficientes para cursar con aproveitamento as ditas ensinanzas, ademais da superación dunha proba específica de acceso, segundo aparece recollido nos anexos IV e VI desta resolución, respectivamente.

Para acceder por esta vía aos ciclos formativos de grao superior requirirase ter dezanove anos, como mínimo, feitos no ano natural de realización da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato, ou dezaoito anos se se acredita estar en posesión dun título de técnico ou técnica relacionado con aquel ao cal se desexa acceder.

Quedarán exentas de realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato as persoas aspirantes que acrediten ter superado algunha das probas recollidas no anexo I desta resolución.

As persoas aspirantes que, estando matriculadas no último curso dalgunha das ensinanzas conducentes ás titulacións requiridas para o acceso segundo a epígrafe 4.1, teñan pendente algunha materia ou módulo, estean pendentes de ser avaliadas, do procedemento de revisión no centro ou de resolución do departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ao respecto de reclamación contra as cualificacións do curso 2025/26, deberán realizar igualmente a inscrición no prazo establecido no ordinal sexto e poderán realizar a proba específica de acceso. De permitir o resultado da avaliación ou da reclamación contra a cualificación a obtención do título requirido, estas persoas deberán presentar a documentación acreditativa correspondente no centro de inscrición, con anterioridade á adxudicación de prazas. De non constar a acreditación da titulación antes da publicación da listaxe de adxudicación, non obterán praza.

4.3. Acreditación das aptitudes necesarias para o acceso. Proba específica de acceso.

Para acceder aos ciclos formativos de grao superior será necesario acreditar as aptitudes necesarias mediante a superación dunha proba específica de acceso segundo se establece no artigo 52 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, e que se recolle no anexo VI desta resolución.

4.4. Exención da proba específica de acceso.

A exención de realizar a proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao superior establecerase para aqueles aspirantes que acrediten:

– Estar en posesión dun dos títulos recollidos no anexo II desta resolución e dos requisitos académicos para o acceso conforme o establecido nos artigos 52.1 e 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro.

As persoas aspirantes que, estando matriculadas nalgunha das ensinanzas conducentes aos títulos referidos no anexo II, teñan pendente algunha materia ou módulo, estean pendentes de ser avaliadas, do procedemento de revisión no centro ou de resolución da departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ao respecto de reclamación contra as cualificacións do curso 2025/26, deberán realizar igualmente a inscrición no prazo establecido no ordinal sexto. De permitir o resultado da avaliación ou da reclamación contra a cualificación a obtención do título correspondente, estas persoas deberán presentar a documentación acreditativa correspondente no centro de inscrición, con anterioridade á adxudicación de prazas para facer efectiva a exención da proba específica. De non constar a acreditación da titulación antes da publicación da listaxe de adxudicación, non obterán praza.

– Ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais dos ciclos formativos de grao superior aos cales se pretende acceder, achegando a certificación da empresa onde se adquiriu a experiencia laboral, na cal consten especificamente a duración do contrato, a natureza específica da actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a actividade laboral. No caso de persoas traballadoras por conta propia, achegarán a certificación de alta no censo de obrigados tributarios. Será preciso tamén acreditar estar en posesión dos requisitos académicos para o acceso conforme o establecido nos artigos 52.1 e 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro.

4.5. Inscrición no procedemento de acceso e admisión.

A inscrición no procedemento de acceso e admisión nos ciclos formativos de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño realizarase de acordo co disposto no ordinal sexto desta resolución.

4.6. Datas e horas para a realización das probas de acceso.

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior das ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño realizaranse nos días e nas horas que se indican a seguir e de acordo co establecido nos anexos IV e VI desta resolución.

a) Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato: día 23 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas.

b) Proba específica: día 7 de xullo, desde as 10.00 ata as 19.00 horas.

Quinto. Reserva e orde de prelación de prazas para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior

En cada EASD e CE.ART ofertaranse as prazas dispoñibles para cada ciclo formativo e teranse en conta as seguintes reservas e prelacións:

5.1. Reserva e orde de prelación para as persoas aspirantes exentas da realización da proba específica de acceso, persoas aspirantes con acceso directo ao grao medio e ao grao superior.

Reservarase un mínimo do 50% das prazas ofertadas para cada ciclo formativo. A orde de prelación para a asignación de prazas de acceso para estes aspirantes será a establecida pola mellor cualificación media do expediente académico do título alegado. No caso de haber máis aspirantes que prazas ofertadas, terase en conta o establecido na Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, na orde de prelación que se recolle no anexo X desta resolución.

5.2. Reserva e orde de prelación para os aspirantes aos ciclos formativos de grao medio e grao superior mediante a superación da proba específica de acceso.

Reservarase un mínimo do 35 % do total das prazas dispoñibles para cada ciclo formativo. A orde de prelación para a asignación de prazas de acceso para estes aspirantes será a establecida pola mellor cualificación obtida na proba específica de acceso, ou pola mellor media aritmética entre as cualificacións obtidas na parte xeral e na parte específica, no caso de aspirantes que deban superar a proba establecida para quen non posúa os requisitos de titulación para o acceso.

5.3. Reserva e orde de prelación para os aspirantes aos ciclos formativos de grao medio e grao superior mediante a superación da proba específica de acceso, coa condición de deportista de alto nivel ou rendemento.

Conforme o establecido na Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, aos aspirantes aos ciclos formativos de grao medio e superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño mediante a superación da proba específica de acceso coa condición de deportista de alto nivel e/ou rendemento reservaráselles un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que, cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a vinte (20), reservarase unha (1) praza e, cando o número total de prazas ofertadas sexa de vinte e unha (21) a trinta (30), reservaranse dúas (2) prazas. Para tal efecto, deberán presentar, xunto co formulario de inscrición, a documentación que acredite oficialmente a súa condición de deportista de alto nivel e/ou rendemento.

5.4. Reserva e orde de prelación para os aspirantes aos ciclos formativos de grao medio e grao superior mediante a superación da proba específica de acceso, cunha discapacidade acreditada de, polo menos, o 33 %.

Para as persoas aspirantes que presenten discapacidade de, polo menos, o 33 %, reservarase un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles para cada ciclo formativo, de tal xeito que, cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a vinte (20), reservarase unha (1) praza e, cando o número total de prazas ofertadas sexa de vinte e unha (21) a trinta (30), reservaranse dúas (2) prazas.

As persoas aspirantes que acrediten o recoñecemento oficial dun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar a adaptación que corresponda para a realización das probas de acceso a estas ensinanzas, de acordo co regulado no artigo 17 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

Para tal efecto, as persoas aspirantes deberán presentar no prazo de inscrición a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e, de ser o caso, unha solicitude de adaptación dos medios e das condicións de realización da proba de acceso.

Correspóndelle á Comisión de Avaliación encargada da organización, realización e cualificación de cada proba adoptar as medidas precisas e adaptar os medios e as condicións de realización da proba co obxecto de permitir que as persoas aspirantes a poidan realizar en condicións de igualdade que o resto de aspirantes. A adaptación deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio. A Comisión de Avaliación comunicaralles a resolución de adaptación da proba ás persoas que a solicitasen.

5.5. Conforme o establecido na Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, as prazas non cubertas en calquera das reservas establecidas nesta epígrafe acumularanse ás reservas establecidas para aspirantes coa condición de deportista de alto nivel ou rendemento. As prazas non cubertas na reserva establecida para aspirantes coa condición de deportista de alto nivel ou rendemento acumularanse na reserva establecida para os aspirantes exentos de realización da proba específica de acceso.

Sexto. Procedemento de inscrición para o acceso e a admisión nos ciclos formativos de grao medio e grao superior de Artes Plásticas e Deseño

6.1. Xeración das solicitudes de inscrición.

Con carácter xeral, as solicitudes de inscrición cubriranse de xeito telemático a través da aplicación informática «EAS» (https://www.edu.xunta.gal/eas), que permitirá a achega electrónica da documentación requirida para este procedemento, nos termos previstos nesta resolución. O acceso á dita aplicación poderá realizarse mediante os sistemas de identificación electrónica habilitados para o efecto.

A xeración da solicitude na aplicación «EAS» non producirá efectos administrativos mentres non se proceda á súa formalización conforme o disposto no número 6.3 desta resolución, sobre formalización das solicitudes de inscrición. Para estes efectos, unha vez cargada a documentación preceptiva e completada a solicitude na aplicación informática, deberase finalizar e xerar o documento correspondente, para a súa posterior formalización polos medios establecidos nesta resolución.

As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) poderán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros de inscrición.

Para os efectos desta resolución, considérase centro de inscrición aquel que figure na solicitude como primeira opción de preferencia para cursar estudos.

6.2. Características das solicitudes de inscrición.

As persoas interesadas, durante o proceso de xeración da solicitude na aplicación informática «EAS», incorporarán toda a documentación requirida para a acreditación dos datos consignados na súa inscrición, sempre de xeito previo á finalización do prazo de inscrición, agás nos casos establecidos nos números 3.2 e 4.2 desta resolución para aspirantes pendentes de avaliación, revisións ou resolución de cualificacións.

Con carácter xeral, as persoas interesadas deberán presentar, en todos os casos de acceso aos ciclos formativos, a copia do DNI, NIE da persoa solicitante ou, no caso de non disporen deles, o pasaporte.

No caso das persoas menores de idade, a solicitude deberá ser xerada e presentada polas persoas que exerzan a súa representación legal, que deberán acreditar esta condición por calquera medio válido en dereito, de conformidade coa normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No caso das persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro, deberán achegar a copia da credencial de homologación do título estranxeiro ao título correspondente do sistema educativo español ou, de ser o caso, do volante de inscrición condicional expedido polo órgano competente.

As persoas aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou do título de bacharel farano constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar esta proba, non serán admitidas na proba específica.

Na solicitude de inscrición deberase indicar o ciclo formativo que se desexa cursar, así como a EASD ou CE.ART a que se aspire acceder, por orde de preferencia ata un máximo de catro (4) opcións. Así mesmo, as persoas aspirantes que precisen realizar a proba específica deberán sinalar o centro en que desexan realizar a proba.

A documentación específica correspondente para cada caso reflíctese nos anexos VIII e IX, respectivamente.

As persoas aspirantes poderán presentar renuncia á súa participación neste procedemento, en calquera das súas fases, nos centros en que presentasen a súa solicitude de inscrición ou polos medios telemáticos habilitados para o efecto.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de xeito motivado o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou emenda da información orixinal.

6.3. Formalización das solicitudes de inscrición.

Para completar o proceso de inscrición e formalizar a solicitude, as persoas interesadas deberán presentar unha copia debidamente asinada da solicitude xerada na aplicación informática «EAS» no centro de inscrición, nos prazos establecidos nesta resolución. A documentación requirida para o procedemento, tal e como figura no punto anterior, incorporarase electronicamente na citada aplicación no momento de xerar a solicitude, polo que non será preciso presentala novamente no centro, sen prexuízo das actuacións de comprobación e validación que correspondan.

As persoas aspirantes que desexen cursar ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño nos CE.ART terán que formalizar a súa inscrición de xeito presencial nos centros onde desexen cursar as ensinanzas. As direccións dos CE.ART remitiranlle todas as solicitudes xunto coa documentación correspondente á EASD a que estean adscritos, dentro dos prazos establecidos nesta resolución.

A solicitude entenderase presentada na data en que teña entrada no Rexistro do centro correspondente.

6.4. Carácter único e validez das solicitudes.

A solicitude de inscrición, debidamente formalizada, terá carácter único e vinculante para acceder ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso académico 2026/27, e non poderá ser modificada unha vez rematado o prazo de inscrición establecido nesta resolución.

Para os efectos deste procedemento, considerarase válida unicamente a última solicitude formalizada para cada ciclo formativo medio ou superior, dentro do prazo de inscrición, e quedarán sen efecto as anteriormente presentadas.

6.5. Prazo de inscrición.

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición comprenderá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o día 12 de xuño.

6.6. Tramitación e información do procedemento.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos na aplicación informática «EAS» e na documentación achegada, segundo corresponda.

As EASD verificarán o cumprimento dos requisitos exixidos e validarán, cando proceda, as solicitudes de inscrición das persoas interesadas; así mesmo, recibirán e tramitarán, no prazo establecido, as reclamacións e/ou emendas que se formulen. Para estes efectos, as EASD comunicaranlle ao Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente a información necesaria para a tramitación do procedemento.

Sétimo. Comisión de Avaliación

7.1. De acordo co artigo 7 da Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, para a resolución das exencións previstas no procedemento de acceso e admisión, así como para a organización, desenvolvemento, avaliación e cualificación das diferentes probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño, a Dirección Xeral de Formación Profesional nomeará as comisións de avaliación que se consideren necesarias. Para o acceso ao ano académico 2026/27 serán as que figuran no anexo XI desta resolución.

7.2. En caso de ausencia xustificada, ante a Dirección da EASD en que teña o seu destino, de calquera membro titular da Comisión de Avaliación, este será substituído/a polo membro da Comisión de Avaliación suplente que lle corresponda. A suplencia do presidente ou presidenta da Comisión de Avaliación suplente será autorizada pola Dirección Xeral de Formación Profesional. No caso de ausencia de vogais suplentes, a súa falta será substituída polo/a vogal que corresponda, segundo a orde en que figuren na disposición que os/as nomeou. Unha vez esgotado o sistema de substitución dos/das vogais anteriormente citado, se aínda non se pode constituír a Comisión de Avaliación, a suplencia será autorizada desde a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas.

7.3. A Comisión de Avaliación é o órgano competente para avaliar, cualificar e resolver sobre as probas de admisión. Nas direccións das EASD e nos CE.ART as persoas titulares destes serán as responsables do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado. As comisións de avaliación tomarán como criterios de avaliación os que se indican nos anexos III, IV, V e VI desta resolución.

7.4. As direccións das EASD garantirán a actuación dos tribunais e organizarán a distribución horaria e de espazos de ocupación do tribunal que actúe nas probas correspondentes. Así mesmo, designarán o persoal docente necesario para o correcto desenvolvemento das probas en cada centro.

7.5. A Comisión de Avaliación resolverá segundo proceda e remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional, a través das direccións das diferentes EASD, a documentación relacionada co proceso de admisión segundo os prazos indicados nesta resolución.

7.6. Todas as listaxes establecidas neste procedemento serán remitidas polo/a presidente da Comisión da Avaliación para dar cumprimento aos prazos establecidos nesta resolución, segundo lle sexan requiridas pola Dirección Xeral de Formación Profesional.

7.7. O/a presidente/a da Comisión de Avaliación expedirá a certificación da cualificación obtida por cada aspirante segundo o modelo do anexo XII. As certificacións quedarán depositadas e custodiadas pola EASD en que se realizaron as probas. As persoas aspirantes poderán retirar estas certificacións; en calquera caso, quedará unha copia da certificación na EASD na cal realizou a proba e constarán nesta copia a data e a sinatura do/da aspirante que a retire.

7.8. Unha vez rematado definitivamente o proceso de matrícula, as EASD e os CE.ART deberán solicitar as certificacións aos centros en que se realizaron as probas e incorporalas no expediente académico do seu alumnado.

Oitavo. Publicación das listaxes

8.1. Concluído o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Formación Profesional, a través do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, publicará a relación provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas, con expresión, neste último caso, das causas que motivaron a exclusión e con indicación do lugar de realización da proba correspondente para cada quenda de acceso.

Logo de rematado o prazo de presentación de solicitudes e documentación, o día 15 de xuño, o/a presidente/a da Comisión de Avaliación remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado inscrito.

As persoas interesadas disporán dun prazo de reclamación de dous (2) días desde o día seguinte ao da publicación da listaxe provisional para emendaren as causas que motivaron a súa exclusión, segundo se recolle no calendario establecido nesta resolución. As alegacións entenderanse resoltas e notificadas, para todos os efectos, coa publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

Establécense as publicacións das seguintes listaxes de persoas admitidas e excluídas:

• Listaxe provisional: publicarase o día 16 de xuño. As persoas aspirantes poderán presentar por escrito, de xeito presencial, a correspondente reclamación no centro en que se inscribisen, desde o día 17 ata o 18 de xuño. Logo de rematado o prazo de presentación de reclamacións, o día 19 de xuño o/a presidente/a da Comisión de Avaliación remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional as resolucións das reclamacións e a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas.

• Listaxe definitiva: publicarase o día 22 de xuño.

8.2. As listaxes provisionais e definitivas de cualificacións publicaranse logo de rematar os procesos de cualificación das diferentes probas.

Logo de rematado o proceso de cualificación da proba que substitúe o requisito da titulación, o día 26 de xuño o/a presidente/a da Comisión de Avaliación remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de cualificacións provisionais.

Logo de rematado o proceso de cualificación da proba específica, o día 13 de xullo o/a presidente/a da Comisión de Avaliación remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de cualificacións provisionais.

Establécense as datas de publicacións das seguintes listaxes de cualificacións:

a) Listaxe de cualificacións das probas que substitúen o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou do título de bacharel:

• Listaxe provisional: publicarase o día 29 de xuño. As persoas aspirantes poderán presentar por escrito, de xeito presencial, a correspondente reclamación nos centros en que se inscribisen, durante os días 30 de xuño e 1 de xullo. Logo de rematado o prazo de presentación e tramitación de reclamacións segundo proceda, o día 2 de xullo o/a presidente/a da Comisión de Avaliación remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional as resolucións de reclamacións e a listaxe de cualificacións definitiva.

• Listaxe definitiva: publicarase o día 3 de xullo.

b) Listaxe de cualificacións da proba específica:

• Listaxe provisional de cualificacións da proba específica: publicarase o día 14 de xullo. As persoas aspirantes poderán presentar por escrito, de xeito presencial, a correspondente reclamación nos centros en que se inscribisen, durante os días 15 e 16 de xullo. Logo de rematado o prazo de presentación e tramitación de reclamacións segundo proceda, o día 17 de xullo o/a presidente/a da Comisión de Avaliación remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional as resolucións de reclamacións e a listaxe de cualificacións definitiva.

• Listaxe definitiva: publicarase o día 20 de xullo.

8.3. As listaxes de adxudicación publicaranse nas seguintes datas:

• Listaxe de primeira adxudicación: publicarase o día 20 de xullo.

• Listaxe de segunda adxudicación: publicarase o día 27 de xullo.

Noveno. Cualificacións

9.1. Cualificación da proba específica de acceso para o alumnado que reúna os requisitos académicos.

A cualificación final da proba específica será a media aritmética dos exercicios que a compoñen, expresada coa escala de cero (0) a dez (10) con dous decimais. A valoración de cada un dos exercicios expresarase en termos numéricos empregando una escala de cero (0) a dez (10) e con dous decimais, segundo se recolle nos anexos V e VI. Para a superación da proba será preciso obter unha cualificación igual ou superior a cinco (5) en cada un dos exercicios de que conste, segundo o establecido no artigo 9 da Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013. Considerarase superada a proba cando se obteña unha cualificación de cinco (5,00) puntos ou superior.

9.2. Cualificación da proba de acceso para o alumnado que non reúne os requisitos académicos.

A cualificación final da proba de acceso para o alumnado que non reúne os requisitos académicos será o resultado da media aritmética das partes xeral e específica, expresada de cero (0) a dez (10) con dous decimais. Considerarase superada a proba cando se obteña unha cualificación de cinco (5,00) puntos ou superior. A cualificación de cada parte da proba (xeral ou específica) reflectirase segundo o recollido nos anexos III, IV, V e VI para cada caso.

9.3. Cualificación da proba de acceso para aspirantes exentos da realización da proba específica de acceso.

A cualificación final da proba de acceso para os aspirantes exentos da realización da proba específica de acceso corresponderase coa cualificación media do expediente académico. No caso de aspirantes que aleguen para o acceso estar en posesión dun título de técnico ou técnico superior de Artes Plásticas e Deseño, a cualificación media do seu expediente académico calcularase segundo se dispón no artigo 15.4 da Orde do 1 de decembro de 2008 pola que se regula a organización, a avaliación e a acreditación académica das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia. No resto dos casos, a cualificación media do expediente calcularase segundo dispoña a normativa que regula o currículo cursado pola persoa aspirante. No caso de non existir especificación, a nota media do expediente será a media aritmética das cualificacións obtidas nos diferentes módulos ou disciplinas dos estudos alegados para o acceso ao ciclo formativo, expresada con dous números decimais. Para os efectos do cálculo da cualificación media do expediente académico das persoas que soliciten acceder aos ciclos formativos, aplicaranse as seguintes equivalencias, agás que no seu expediente consten explicitamente as cualificacións numéricas das materias: suficiente/aprobado: 5,5, ben: 6,5, notable: 7,5 e sobresaliente/matrícula de honra: 9,0. Para determinar a cualificación media do expediente académico non se considerarán as materias que o alumnado teña validadas ou das cales estea exento/a.

Décimo. Admisión, asignación e adxudicación

10.1. A admisión nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño realizarase tendo en conta os criterios establecidos na Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, para a correcta reserva, orde de prelación, asignación e adxudicación das prazas.

10.2. As prazas existentes nas distintas especialidades e centros adxudicaranse tendo en conta as reservas, a orde de prelación e as cualificacións finais obtidas polas persoas aspirantes neste procedemento e o recollido nesta resolución. Para tal efecto, atenderase á especialidade de cada centro que a persoa aspirante sinalase como primeira preferencia na súa solicitude. Enténdese por primeira preferencia aquela que a persoa aspirante indique en primeiro lugar, ou en lugares sucesivos se as especialidades ou escolas solicitadas esgotasen as súas prazas. As opcións consignadas polas persoas aspirantes na solicitude de inscrición no procedemento de acceso serán vinculantes para a asignación de prazas e non poderán ser modificadas.

10.3. A Comisión de Avaliación, á vista das listaxes de persoas aspirantes que superaron a proba de acceso e das persoas aspirantes que optan pola quenda de acceso directo, determinará, en función do número de vacantes, as persoas aspirantes que obteñen praza nos respectivos centros.

10.4. As persoas aspirantes que obteñan praza na primeira adxudicación do 20 de xullo poderán formalizar a súa matrícula no centro de adxudicación os días 21, 22 e 23 de xullo. O día 24 de xullo, o/a presidente/a da Comisión de Avaliación remitiralle á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado matriculado, así como a relación de prazas vacantes correspondente a cada ciclo formativo. Respecto deste prazo de matrícula terase en conta a seguinte casuística:

1. As persoas que obtiveron a praza solicitada en primeira opción na primeira adxudicación e non se matriculen neste prazo perderán a praza adxudicada e non poderán concorrer á segunda adxudicación.

2. As persoas que non obtiveron a praza solicitada en primeira opción na primeira adxudicación e non se matriculen neste prazo permanecerán por defecto no proceso de segunda adxudicación, a non ser que manifesten expresamente a súa renuncia, presencial ou telematicamente polos medios habilitados para o efecto.

10.5. As persoas que obteñan praza na segunda adxudicación do 27 de xullo deberán formalizar a súa matrícula entre os días 28 e 29 de xullo.

Décimo primeiro. Matrícula e constitución de grupos de ciclos formativos

11.1. As persoas aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula nos prazos indicados para a ensinanza artística profesional a que accedan. Para formalizar a matrícula, as persoas interesadas dirixiranse aos centros en que obtiveron praza, onde se lles facilitarán os modelos de documentación correspondentes que, unha vez cubertos, deberán ser presentados nestes.

11.2. Establécense dous prazos de matrícula correspondentes a cadansúa adxudicación.

• Prazo de primeira matrícula para a primeira adxudicación: días 21, 22 e 23 de xullo.

• Prazo de segunda matrícula para os aspirantes con praza asignada na segunda adxudicación: días 28 e 29 de xullo.

11.3. O/a presidente/a da Comisión de Avaliación remitiralle o día 29 de xullo, á Dirección Xeral de Formación Profesional, a listaxe de alumnado matriculado a cada especialidade, así como a relación de prazas vacantes, co cal se porá fin ao procedemento ordinario de acceso e admisión convocado nesta resolución.

11.4. Para cada ciclo formativo constituirase, con carácter xeral, un único grupo de alumnado por escola. O número de alumnos e alumnas de cada grupo dependerá das características pedagóxico-didácticas, das posibilidades das instalacións e dos medios de cada ciclo e centro, e non deberá ser superior a trinta (30) alumnos/as en ningún caso, a posta en marcha de cada ciclo formativo quedará condicionada á existencia dun número mínimo de dez (10) alumnos e alumnas, e non se cuantificará, para estes efectos, o alumnado repetidor. Calquera modificación deste límite requirirá autorización previa e expresa do correspondente departamento territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Décimo segundo. Prazo de cobertura de vacantes rematado o proceso de admisión

12.1. Unha vez rematado o procedemento ordinario de admisión e os prazos de formalización de matrícula establecidos, as prazas que resulten vacantes poderán ser obxecto dunha fase extraordinaria de cobertura.

12.2. De existiren prazas vacantes, o día 29 de xullo cada centro publicará o número de prazas dispoñibles por quenda e especialidade, na súa páxina web e no seu taboleiro de anuncios.

12.3. As persoas interesadas que superasen a correspondente proba de acceso e acrediten o cumprimento dos requisitos de acceso establecidos para cada caso deberán dirixirse presencialmente ao centro no cal desexen solicitar a vacante e cubrir o formulario correspondente os días 30 e 31 de xullo.

12.4. A cobertura das prazas vacantes realizarase para cada quenda, especialidade e centro de entre todas as solicitudes presentadas que cumpran os requisitos de acceso, dentro do prazo de cobertura establecido, atendendo á orde de prelación resultante das cualificacións obtidas ou acreditadas por cada persoa solicitante e segundo os criterios establecidos nesta resolución, en cumprimento da Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, para a correcta reserva, orde de prelación e adxudicación das prazas.

Décimo terceiro. Convocatoria extraordinaria

13.1. Unha vez rematado o prazo de cobertura de vacantes, a partir do día 31 de xullo, as direccións das EASD remitiranlle á Dirección Xeral de Formación Profesional a listaxe de alumnado matriculado, a relación de prazas vacantes e, de ser o caso, a solicitude de realización de probas extraordinarias de acceso no mes de setembro a aqueles ciclos formativos de grao medio e de grao superior en que existan prazas vacantes, xunto coa proposta de calendario do procedemento extraordinario.

13.2. De existiren prazas vacantes, no caso de autorizarse a realización de probas extraordinarias nos diferentes ciclos formativos, a oferta de prazas e o calendario serán publicados nos taboleiros de anuncios dos centros e nas súas páxinas web.

13.3. As probas extraordinarias terán lugar nos primeiros días do mes de setembro cun calendario unificado entre as EASD que as convoquen. Estas probas extraordinarias serán organizadas, supervisadas, avaliadas e cualificadas pola mesma Comisión de Avaliación que fose nomeada para a organización, supervisión, avaliación e cualificación das probas de acceso ordinarias, e atendendo ao recollido no ordinal sétimo desta resolución. As probas extraordinarias realizaranse de acordo co establecido nesta resolución, e os prazos, calendario e listaxes faranse públicos na páxina web e nos taboleiros de anuncios de cada EASD que teña autorizado convocar probas de acceso extraordinarias. A Comisión de Avaliación publicará as cualificacións definitivas da proba específica extraordinaria para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior en cada EASD, e deberá remitirlle á Dirección Xeral de Formación Profesional, a través do/a presidente/a da Comisión de Avaliación ou do/da director/a de cada centro, de ser o caso, a listaxe de alumnado matriculado, así como a relación de prazas vacantes unha vez rematado o proceso extraordinario.

Décimo cuarto. Reclamacións e recursos

14.1. Os acordos e as decisións acerca do acceso e da admisión do alumnado, tomados polas comisións avaliadoras, poderán ser obxecto de reclamación, ante o mesmo órgano que os ditou, no prazo de dous (2) días hábiles. Estes órganos deberán resolver as reclamacións no prazo dun (1) día hábil.

14.2. Contra as resolucións das reclamacións emitidas polas comisións avaliadoras a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada nos termos establecidos no artigo 16 da Orde do 25 de xuño de 2007.

Décimo quinto. Validez das probas de acceso

15.1. De acordo co artigo 17.3 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio nacional, e a súa superación dará dereito a matricularse conforme a normativa vixente no ciclo formativo correspondente, sen prexuízo da normativa de admisión de cada comunidade autónoma e da dispoñibilidade de prazas nos diferentes centros.

15.2. As probas que substitúen o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria e do título de bacharel para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño terán validez permanente en todo o territorio nacional.

Décimo sexto. Información básica sobre protección de datos persoais

16.1. Os datos persoais solicitados neste procedemento serán tratados, na súa condición de responsable, pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

16.2. O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

16.3. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2026

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO I

Acreditacións que permiten a exención da proba que substitúe os requisitos académicos da titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Acreditación que exime de realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria para o acceso aos ciclos formativos de grao medio:

Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas.

Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.

Probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.

Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.

Proba que substitúe o requisito de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio superada en convocatorias anteriores.

Acreditación que exime de realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso aos ciclos formativos de grao superior:

Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.

Probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.

Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior superada en convocatorias anteriores.

ANEXO II

Titulacións que permiten a exención das probas específicas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Titulacións que permiten a exención da proba de acceso específica aos ciclos formativos de grao medio:

Título de técnico de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.

Título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.

Ter superado os cursos comúns de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, ou os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias en centros de ensinanzas artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes, e realizar correspondente inscrición nos estudos que queira realizar.

Título de bacharelato, modalidade de Artes, ou de bacharel Artístico Experimental.

Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.

Licenciatura ou grao en Belas Artes.

Titulo de Arquitectura superior ou grao en Arquitectura.

Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.

Titulacións que permiten a exención da proba de acceso específica aos ciclos formativos de grao superior:

Título de técnico de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.

Título de técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.

Título de bacharelato, modalidade de Artes, ou de bacharel Artístico Experimental.

Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.

Licenciatura ou grao en Belas Artes.

Titulo de Arquitectura superior ou grao en Arquitectura.

Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.

ANEXO III

Organización, configuración e cualificación da proba que substitúe os requisitos académicos de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria

Proba que substitúe o requisito académico de titulación

de graduado/a en educación secundaria obrigatoria

Organización da proba:

Lugar de

realización da proba:

A proba realizarase nas EASD en que estean inscritas as persoas aspirantes.

– EASD Antonio Faílde; avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense.

– EASD Mestre Mateo; rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela.

– EASD Pablo Picasso; rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña.

– EASD Ramón Falcón; Paseo dos estudantes, s/n, en Lugo.

Data e hora de

realización da proba:

Realizaranse o día 23 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas:

– Primeira parte: desde as 10.00 ata as 13.00 horas.

– Segunda parte: desde as 16.00 ata as 17.00 horas.

Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Obrigas das persoas inscritas:

Deberán presentarse provistas do documento oficial de identidade para accederen ás probas.

Configuración da proba:

A proba que substitúe o requisito de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria para os ciclos formativos de grao medio das familias profesionais de Artes Plásticas e Deseño constará de dúas partes:

Primeira parte: sociocultural. O contido da proba de acceso que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria terá relación cos obxectivos xerais recollidos no Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia, e valorará a madureza intelectual necesaria para cursar con aproveitamento o correspondente ciclo formativo, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos fundamentais, relacionadas coas ensinanzas a que aspira.

Os/as aspirantes seleccionarán tres dos seguintes cuestionarios:

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua castelá a partir dun texto escrito.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos.

Segunda parte: educación plástica e visual. Versará sobre contidos relacionados coa educación plástica e visual e consistirá na realización dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto.

Cualificación da proba:

A valoración da proba resultará da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada unha das súas partes. Cada unha das partes cualificarase de 0 a 10 puntos, con dous números decimais, segundo se recolle no artigo 10 da Orde do 25 de xuño de 2007. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.

Publicación das cualificacións:

• Cualificacións provisionais: publicaranse o día 29 de xuño.

• Poderanse presentar reclamacións por escrito ás cualificacións provisionais os días 30 de xuño e 1 de xullo na EASD na cal realizaron as probas.

• Cualificacións definitivas: publicaranse o día 3 de xullo.

ANEXO IV

Organización, configuración e cualificación

da proba que substitúe os requisitos académicos de titulación de bacharelato

Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato

Organización da proba:

Lugar de

realización da proba:

A proba realizarase nas EASD en que estean inscritas as persoas aspirantes.

– EASD Antonio Faílde; avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense.

– EASD Mestre Mateo; rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela.

– EASD Pablo Picasso; rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña.

– EASD Ramón Falcón; Paseo dos estudantes, s/n, en Lugo.

Data e hora de

realización da proba:

Realizaranse o día 23 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas:

– Primeira parte: desde as 10.00 ata as 13.00 horas.

– Segunda parte: desde as 16.00 ata as 17.00 horas.

Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Obrigas das persoas inscritas:

Deberán presentarse provistas do documento oficial de identidade para accederen ás probas.

Configuración da proba:

A proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para os ciclos formativos de grao superior das familias profesionais de Artes Plásticas e Deseño constará de dúas partes:

Primeira parte: as materias comúns. O contido da proba de acceso que substitúe o título de bacharelato versará sobre as materias comúns do currículo do bacharelato:

– Lingua Castelá e Literatura.

– Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).

– Lingua Galega e Literatura.

– Historia de España.

– Filosofía.

Cumprirá seleccionar tres das ditas materias e desenvolver por escrito as cuestións que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de tres horas. Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

Segunda parte: as materias específicas da modalidade. Versará sobre contidos relacionados coas materias da modalidade de Artes na vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño. Consistirá na realización dun exercicio de composición e deseño onde se amosen coñecementos e aptitudes relacionados coas materias da modalidade.

Cualificación da proba:

A valoración da proba resultará da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada unha das súas partes. Cada unha das partes cualificarase de 0 a 10 puntos, con dous números decimais, segundo se recolle no artigo 10 da Orde do 25 de xuño de 2007. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.

Publicación das cualificacións:

• Cualificacións provisionais: publicaranse o día 29 de xuño.

• Poderanse presentar reclamacións por escrito ás cualificacións provisionais os días 30 de xuño e 1 de xullo na EASD na cal realizaron as probas.

• Cualificacións definitivas: publicaranse o día 3 de xullo.

ANEXO V

Organización, configuración e cualificación das probas específicas de acceso aos ciclos formativos de grao medio

Proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio

Organización da proba:

Lugar de

celebración da proba:

A proba realizarase nas EASD en que estean inscritas as persoas aspirantes.

– EASD Antonio Faílde; avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense.

– EASD Mestre Mateo; rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela.

– EASD Pablo Picasso; rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña.

– EASD Ramón Falcón; Paseo dos estudantes, s/n, en Lugo.

Data e hora de

realización da proba:

Realizarase o día 7 de xullo, co seguinte horario:

– Primeiro exercicio: desde as 10.00 ata as 11.00 horas.

– Segundo exercicio: desde as 12.00 ata as 14.00 horas.

– Terceiro exercicio: desde as 17.00 ata as 19.00 horas.

Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Obrigas das persoas inscritas:

Deberán presentarse provistas do documento oficial de identidade para accederen ás probas.

Configuración da proba:

A proba específica de acceso permitirá demostrar as aptitudes e os coñecementos artísticos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate.

a) Primeiro exercicio: desenvolvemento, nun tempo máximo dunha hora, dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas.

Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.

b) Segundo exercicio: realización, nun tempo máximo de dúas horas, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior.

Neste exercicio valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

c) Terceiro exercicio: execución dun exercicio, durante un tempo máximo de dúas horas, cos bosquexos realizados no segundo exercicio.

Neste exercicio valoraranse a capacidade artística e a creatividade dos aspirantes, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

Cualificación da proba:

A valoración de cada un dos exercicios de que constan as probas expresarase en termos numéricos, utilizando para iso a escala de cero a dez con dous decimais. Para a superación das probas será necesario obter unha cualificación igual ou superior a cinco en cada un dos exercicios de que conste. A cualificación final da proba específica será a media aritmética destes exercicios, expresada coa escala de cero a dez con dous decimais. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.

Publicación das cualificacións:

• Cualificacións provisionais: publicaranse o día 14 de xullo.

• Poderanse presentar reclamacións por escrito ás cualificacións provisionais os días 15 e 16 de xullo na EASD na cal realizaron as probas.

• Cualificacións definitivas: publicaranse o día 20 de xullo.

ANEXO VI

Organización, configuración e cualificación das probas específicas de acceso aos ciclos formativos de grao superior

Proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao superior

Organización da proba:

Lugar de

celebración da proba:

A proba realizarase nas EASD en que estean inscritas as persoas aspirantes.

– EASD Antonio Faílde; avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense.

– EASD Mestre Mateo; rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela.

– EASD Pablo Picasso; rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña.

– EASD Ramón Falcón; Paseo dos estudantes, s/n, en Lugo.

Data e hora de

celebración da proba:

Realizarase o día 7 de xullo, co seguinte horario:

– Primeiro exercicio: desde as 10.00 ata as 11.00 horas.

– Segundo exercicio: desde as 12.00 ata as 14.00 horas.

– Terceiro exercicio: desde as 17.00 ata as 19.00 horas.

Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional.

Obrigas das persoas inscritas:

Deberán presentarse provistas do documento oficial de identidade para accederen ás probas.

Configuración da proba:

A proba específica de acceso permitirá demostrar as aptitudes e os coñecementos artísticos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate.

a) Primeiro exercicio: desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coa historia da arte.

• Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.

b) Segundo exercicio: realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos sobre un tema proposto que servirán de base para a realización posterior.

• Neste exercicio valoraranse as destrezas, as habilidades, a capacidade de percepción, de observación e de aptitude á predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

c) Terceiro exercicio: execución dun exercicio, durante un tempo máximo de dúas horas, do xeito que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior dun traballo relacionado co ciclo ao que a persoa aspira a acceder

• Neste exercicio valorarase a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

Cualificación da proba:

A valoración de cada un dos exercicios de que constan as probas expresarase en termos numéricos, utilizando para iso a escala de cero a dez con dous decimais. Para a superación das probas será necesario obter unha cualificación igual ou superior a cinco en cada un dos exercicios de que conste. A cualificación final da proba específica será a media aritmética destes exercicios, expresada coa escala de cero a dez con dous decimais. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.

Publicación das cualificacións:

• Cualificacións provisionais: publicaranse o día 14 de xullo.

• Poderanse presentar reclamacións por escrito ás cualificacións provisionais os días 15 e 16 de xullo na EASD na cal realizaron as probas.

• Cualificacións definitivas: publicaranse o día 20 de xullo.

ANEXO VII

Calendario do procedemento de acceso e admisión

aos ciclos formativos de grao medio e grao superior

Parte do procedemento

Data

1. Fase de inscrición

Prazo de inscrición:

Desde o día seguinte ao da publicación no DOG ata o 12 de xuño

• Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

16 de xuño

• Período de reclamación contra a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas

Desde o 17 ata o 18 de xuño

• Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

22 de xullo

2. Fase de probas

Proba que substitúe o requisito de titulación

23 de xuño

Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación

29 de xuño

Período de reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación

30 de xuño e 1 de xullo

Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba que substitúe o requisito de titulación

3 de xullo

Realización da proba específica

7 de xullo

Publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica

14 de xullo

Período de reclamación contra a listaxe de cualificacións da proba específica

15 e 16 de xullo

Publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica

20 de xullo

3. Fase de adxudicación e matrícula

Publicación da listaxe de primeira adxudicación

20 de xullo

Primeiro período de formalización de matrícula para o curso 2026/27

21, 22, e 23 de xullo

Publicación da listaxe de segunda adxudicación

27 de xullo

Segundo período de formalización de matrícula para o curso 2026/27

28 e 29 de xullo

ANEXO VIII

Documentación que as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude segundo corresponda para o acceso aos ciclos formativos de grao medio

Documentación que cómpre presentar para o acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño dos CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO segundo a casuística do aspirante

Documentación xeral

(todos os aspirantes)

– Copia do DNI,NIE ou pasaporte.

Obrigatorio

Documentación acreditativa da titulación

(todos os aspirantes)

– Título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou documentación que acredite ter superado todas as materias e ter realizado o depósito do correspondente título.

Obrigatorio

Documentación acreditativa da titulación (aspirantes pendentes de avaliación ou revisión)

– Certificación académica de cuarto curso da educación secundaria obrigatoria con identificación de materias pendentes cando corresponda.

Obrigatorio

Documentación para os/as aspirantes que non poidan acreditar a titulación requirida para o acceso e opten pola exención de realización da proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria

– Acreditación de superación da proba para o acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

Obrigatorio

(polo

menos un)

– Acreditación de superación da parte común da proba para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

– Certificado de superación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio de ensinanzas deportivas.

– Certificado de superación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.

– Certificado de superación da probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

– Certificado de superación da proba substitutiva da titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.

– Certificado de superación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.

– Certificado de superación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en educación secundaria obrigatoria para ciclos formativos de grao medio en convocatorias anteriores.

Documentación para os/as aspirantes que poidan acreditar a titulación requirida para o acceso e opten pola exención de realización da proba específica de acceso (acceso directo)

– Título correspondente á quenda de acceso sen proba específica segundo corresponda e se indica no anexo II desta resolución e certificado acreditativo de superación de estudos correspondentes á dita titulación, con indicación da expresión cuantitativa e cualitativa da nota media do título.

Obrigatorio

(polo

menos un)

– Acreditación de ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder segundo aparece reflectido no número 3.4 desta resolución.

Documentación para os/as aspirantes que acrediten ser deportista de alto nivel e/ou rendemento

– Documentación que acredite oficialmente ser deportista de alto nivel e/ou rendemento.

Obrigatorio

Documentación para

os/as aspirantes que acrediten discapacidade

– Documentación que acredite oficialmente a discapacidade do 33 % da persoa aspirante e a solicitude de adaptación se corresponde.

Obrigatorio

Documentación para as persoas con titulacións obtidas no estranxeiro

No caso de persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro, deberán achegar a copia da credencial de homologación do título estranxeiro ao título correspondente do sistema educativo español ou o volante de inscrición condicional, expedidos polo órgano competente.

Obrigatorio

ANEXO IX

Documentación que as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude segundo corresponda para o acceso aos ciclos formativos de grao superior

Documentación que cómpre presentar para o acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de CICLOS FORMATIVOS DE GRAO SUPERIOR segundo a casuística do aspirante

Documentación xeral

(todos os/as aspirantes)

– Copia do DNI,NIE ou pasaporte

Obrigatorio

Documentación acreditativa da titulación

(todos os/as aspirantes)

– Título de bacharelato ou título declarado equivalente para os efectos académicos, ou documentación que acredite ter superado todas as materias e ter realizado o depósito do correspondente título.

Obrigatorio

(polo

menos un)

– Título de técnico ou técnica de formación profesional

– Título de técnico de Artes Plásticas e Deseño

Documentación acreditativa da titulación (aspirantes pendentes de avaliación ou revisión)

– Certificación académica do bacharelato, con identificación de materias pendentes, ou certificación académica das titulacións acreditativas obrigatorias, con identificación dos módulos pendentes cando corresponda.

Obrigatorio

Documentación para os/as aspirantes que non poidan acreditar a titulación requirida para o acceso e opten pola exención de realización da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato

– Acreditación de superación da parte común da proba para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

Obrigatorio

(polo

menos un)

– Certificado de superación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.

– Certificado de superación da probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

– Certificado de superación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.

– Certificado de superación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.

Documentación para os/as aspirantes que poidan acreditar a titulación requirida para o acceso e opten pola exención de realización da proba específica de acceso (acceso directo)

–Título correspondente á quenda de acceso sen proba específica segundo corresponda e se indica no anexo II desta resolución e certificado acreditativo de superación de estudos correspondentes á dita titulación, con indicación da expresión cuantitativa e cualitativa da nota media do título.

Obrigatorio

(polo

menos un)

– Acreditación de ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder segundo aparece reflectido no número 4.4 desta resolución.

Documentación para os/as aspirantes que acrediten ser deportista de alto nivel e/ou rendemento

– Documentación que acredite oficialmente ser deportista de alto nivel e/ou rendemento.

Obrigatorio

Documentación para

os/as aspirantes que acrediten discapacidade

– Documentación que acredite oficialmente a discapacidade do 33 % da persoa aspirante e, de ser o caso, solicitude de adaptación da proba.

Obrigatorio

Documentación para as persoas con titulacións obtidas no estranxeiro

No caso de persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro, deberán achegar a copia da credencial de homologación do título estranxeiro ao título correspondente do sistema educativo español ou o volante de inscrición condicional, expedidos polo órgano competente.

Obrigatorio

ANEXO X

Orde de prelación para a asignación das prazas ofertadas para as persoas aspirantes con acceso directo aos ciclos formativos de grao medio e grao superior

Orde de prelación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio:

Orde de prelación. 1º

Título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou declarado equivalente, e que acredite experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais dos ciclos formativos de grao medio a que se pretende acceder

(1º-Título de graduado en ESO + exp.laboral)

Orde de prelación. 2º

Ter superado os cursos comúns de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes (2º-Cursos comúns)

Orde de prelación. 3º

Título de bacharelato na modalidade de Artes (3º-Título Bach. Artes)

Orde de prelación. 4º

Título de bacharelato Artístico Experimental (4º-Título Bach. Artes Exp.)

Orde de prelación. 5º

Título de técnico de Artes Plásticas e Deseño, ou título declarado equivalente (5º-Título de técnico Artes Plást. e Deseño)

Orde de prelación. 6º

Título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño, ou título declarado equivalente (6º-Título técnico sup. Artes Plást. e Deseño)

Orde de prelación. 7º

Título superior de Artes Plásticas, ou título declarado equivalente (7º-Título sup. Artes Plást.)

Orde de prelación. 8º

Título superior de Deseño, ou título declarado equivalente (8º-Título sup. Deseño)

Orde de prelación. 9º

Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais nas súas diferentes especialidades, ou título declarado equivalente (9º-Título sup. Conservación e Rest.)

Orde de prelación. 10º

Título de licenciado/a en Belas Artes (10º-Título licenciado Belas Artes)

Orde de prelación. 11º

Título de Arquitectura (11º-Título Arquitectura)

Orde de prelación. 12º

Título de Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial (12º-Título Enx. Técn. Deseño Industrial)

Orde de prelación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior:

Orde de prelación. 1º

Título de bacharelato na modalidade de Artes (1º-Título Bach. Artes)

Orde de prelación. 2º

Título de bacharelato Artístico Experimental (2º-Título Bach. Artes Exp.)

Orde de prelación. 3º

Título de bacharelato en calquera modalidade e que acredite experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais dos ciclos formativos de grao superior a que pretende acceder (3º-Título Bach.+Exp.laboral)

Orde de prelación. 4º

Título de técnico de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente (4º-Título Técnico. Artes Plást. e Deseño)

Orde de prelación. 5º

Título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente (5º-Título técnico sup. Artes Plást. e Deseño)

Orde de prelación. 6º

Título superior de Artes Plásticas ou título declarado equivalente (6º-Título sup. Artes Plást.)

Orde de prelación. 7º

Título superior de Deseño nas súas diferentes especialidades ou título declarado equivalente (7º-Título sup. Deseño)

Orde de prelación. 8º

Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais nas súas diferentes especialidades ou título declarado equivalente (8º-Título sup. Conservación e Rest.)

Orde de prelación. 9º

Título de licenciado/a en Belas Artes (9º-Título licenciado Belas Artes)

Orde de prelación. 10º

Título de Arquitectura (10º-Título Arquitectura)

Orde de prelación. 11º

Título de Enxeñaría Técnica en Deseño Industrial (11º-Título Enx. Técn. Deseño Industrial)

ANEXO XI

Composición da Comisión de Avaliación para o acceso aos ciclos formativos

das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Comisión de Avaliación titular/Tribunal titular

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidente

***2188**

Adrio Fondevila, Juan Marcos

Vogal 1ª

***7121**

Anta Barragán, Raquel

Vogal 2ª

***2014**

Vizcaíno Insua, Sonia María

Vogal 3ª

***0532**

Otero García, Olga María

Vogal 4º

***1483**

Fernando Alonso, Javier

Vogal 5º

***5840**

Fernández Ares, José Francisco

Vogal 6ª

***7025**

Rodríguez de las Heras, Emilia Amparo

Vogal 7º

***3401**

Isla Fernández, Carlos

Vogal 8ª

***2847**

Gregorio López, Sandra

Comisión de Avaliación suplente/Tribunal suplente

Posto

DNI/NIE

Apelidos e nome

Presidenta suplente

***0764**

Pardo Antequera, Elena

Vogal suplente 1ª

***8416**

Pérez Teijeiro, Emma

Vogal suplente 2ª

***1602**

Gómez García, María

Vogal suplente 3º

***9738**

Fernández Serrano, Jacobo Julio

Vogal suplente 4ª

***1854**

Rodríguez Iñarrea, Beatriz

Vogal suplente 5ª

***7400**

Cancio Méndez, Marta

Vogal suplente 6ª

***2929**

Salgado Iglesias, Marta María

Vogal suplente 7ª

***1013**

Fernández Núñez, Marta María

Vogal suplente 8ª

***3544**

Suárez Saá, Beatriz

missing image file
missing image file