Expediente: IN407A 2023/195-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMT, CT e RBT lugar de Casanova.
Concello: Arteixo.
Feitos:
1. O día 12.4.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de mellorar a calidade da subministración de enerxía eléctrica nos lugares de Santaia do Igrexario e Casanova.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT no lugar de Casanova, asinado o día 15.11.2022 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, con número de colexiado 2.980 de Vigo.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 12.7.2023 publicado nos seguintes medios:
Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 7.8.2023.
• BOP: 19.7.2023.
• Xornal La Voz de Galicia: 9.8.2023.
• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo certificado municipal do 8.9.2023.
3. Durante o período durante o cal o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Posteriormente, a empresa promotora presentou as seguintes modificacións en proxectos asinados polo mesmo enxeñeiro:
• Modificado 1, do 13.8.2024, co obxecto de reflectir os cambios introducidos na localización do centro de transformación proxectado, que se despraza uns metros para deixar acceso á parcela.
• Anexo 1 ao modificado 1, do 13.5.2025, co obxecto de reflectir o cambio de tamaño do centro de transformación e actualizar a relación de bens e dereitos afectados, de xeito que na parcela número 2 da dita relación os metros cadrados de afección de solo en pleno dominio pasan de 22,38 a 24,22.
• Anexo 1 (segundo) ao modificado 1, do 27.3.2026, de aclaración de cuestións técnicas.
5. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Arteixo, Augas de Galicia e Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
6. O día 1.4.2026 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para resolver os procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG número 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG número 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
( Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas nos lugares de Santaia do Igrexario e Casanova, no concello de Arteixo, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Modificación, mantendo a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15005A01600230000PQ, do apoio número 52-B-31 (matrícula A6N1SCB0) metálico tipo CH-1000/13, pertencente á arquitectura da liña LAR-707, consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de xogo de pararraios autoválvulas e dun interruptor telecontrolado composto por unha cámara illada en SF6 e un armario de control.
– Instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres saídas (unha de reserva), que se instalará na parcela con referencia catastral 15005A017000170000PF, sita no lugar de Casanova.
– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 944 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×150 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S), que se instalará no apoio número 52-B-31 modificado e remate en cela de liña do CT proxectado.
4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• De ser o caso, acreditación ou declaración de que o proxecto se encontra dentro dalgunha das excepcións de aplicación do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, ou das indicadas na Guía técnica de interpretación do Regulamento (UE) nº 2024/573 nos puntos relativos á aparellaxe eléctrica.
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 15 de abril de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados. Concello de Arteixo
|
Nº de parcela |
Lugar |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
|
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
|
1 |
Tarreo de Esqueiro Ref. catastral: polígono: 16 parcela: 230 |
Prados ou pradeiras |
Esperanza Recouso Rodríguez |
2.0 |
6.0 |
||||
|
2 |
Casa Nova Ref. catastral: Polígono: 17 Parcela: 17 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño e matogueira |
Luciano Grela Suárez |
Centro de transformación e acceso |
24,22 |
||||
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.
m2 aér.: superficie da servidume aérea en m2.
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.
m2 sot.: superficie da servidume soterrada.
