DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 8 de maio de 2026 Páx. 27220

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2025 (DOG núm. 74, do 16 de abril) para cualificar este proceso selectivo

ACORDOU:

Primeiro. Declarar exentas de realizar o terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por acreditar o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da convocatoria.

Segundo. Declarar finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026

Antonio Lamas Fernández
Presidente do tribunal