Na sesión que tivo lugar o 29 de abril de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 9 de setembro de 2025 (DOG núm. 176, do 12 de setembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, polas quendas de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia, especialidade de mecánico/a, convocado pola Resolución do 14 de maio de 2025 (DOG núm. 98, do 23 de maio),
ACORDOU:
Primeiro. Consonte o disposto na base III.1.1.3 da convocatoria, abrir un prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo presenten a documentación acreditativa de que posuían, no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026
José Antonio Baliñas Pazos
Presidente do tribunal
