No Diario Oficial de Galicia núm. 24, do 5 de febreiro de 2026, publicouse a Orde do 12 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI451A).
Para a concesión destas axudas destínanse 700.000,00 euros imputables á aplicación orzamentaria 08.06.313D.481.2 (código de proxecto 2018 00112).
A dita partida orzamentaria finánciase con fondos finalistas do Estado, que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Durante a fase de instrución das solicitudes recibidas na Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, e unha vez feitas as emendas e comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano regulado no artigo 16 da convocatoria.
O órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 16.4, elevou ao órgano competente, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero. Esta dirección xeral, en virtude da competencia delegada na disposición adicional primeira para resolver os procedementos de concesión, emitiu a correspondente resolución o 23 de abril de 2026.
Segundo o regulado no artigo 20, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 23 de abril de 2026, ditada ao abeiro da Orde do 12 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI451A), que se xunta con esta resolución no anexo.
2. Comunicar que a Resolución do 23 de abril de 2026 pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interporse un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
O recurso contencioso-administrativo non se poderá interpor ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 24 de abril de 2026
Roberto Barba Alvedro
Director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero
ANEXO
Resolución do 23 de abril de 2026, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións convocadas mediante a Orde do 12 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI451A).
Antecedentes:
Primeiro. Con data do 5 de febreiro de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 12 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (código de procedemento SI451A).
Segundo. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar para o ano 2026 subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral.
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.2 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas na Orde do 12 de xaneiro de 2026 tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 16.4 da Orde do 12 de xaneiro de 2026, unha vez avaliados os expedientes segundo os criterios de valoración establecidos nas bases reguladoras, a Comisión de Valoración emitirá un informe segundo o cal o órgano instrutor formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión ou a denegación da axuda solicitada, e proporá a concesión da subvención segundo a orde de puntuación e polo importe da axuda que corresponda ata esgotar o crédito.
No caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda pero que non se inclúen na proposta anterior por terse esgotado o crédito dispoñible, quedarán en reserva para seren atendidas no suposto de que quedase crédito libre por producirse algunha renuncia, ou por modificación nos programas inicialmente subvencionados, ou ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención, de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado nesta base.
Así mesmo, no caso de quedar crédito libre de adxudicar a contía que corresponda a cada unha das entidades que resulten beneficiarias da subvención, e sempre que non exista lista de agarda, poderá repartirse entre elas a partes iguais de xeito que se manteña a proporcionalidade derivada da aplicación dos criterios de baremación, e sen que en ningún caso se poida superar a contía solicitada.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 18.1 das bases reguladoras, a concesión das subvencións obxecto da Orde do 12 de xaneiro de 2026 será resolta pola persoa titular da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, por proposta do órgano instrutor e unha vez fiscalizada a proposta pola Intervención Delegada.
Sexto. Segundo o artigo 20.1 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida polo órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade pola Intervención Delegada, o director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, en virtude da competencia delegada na disposición adicional primeira para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as axudas a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral dirixidos a mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, coa finalidade de apoialas na súa integración ou reintegración no mercado laboral, como elemento clave para unha recuperación integral (procedemento SI451A), que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 17 da convocatoria, pola contía que se reflicte no anexo, por un importe total de 699.989,20 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.06.313D.481.2, proxecto 2018–00112.
Segundo. Denegar a solicitude que se relaciona no anexo II, con indicación da causa específica, por non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 4 das bases reguladoras destas axudas.
Terceiro. Declarar desistida expresamente a solicitude que se relaciona no anexo III.
Cuarto. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) Estas axudas fináncianse con fondos finalistas do Estado, que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, as subvencións para as actuacións recollidas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública, ou incentivo á contratación, para a mesma finalidade.
c) As entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas e requisitos exixidos na Orde do 12 de xaneiro de 2026 e, de xeito particular, deben cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.
b) Carecer de ánimo de lucro.
c) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Cumprir os requisitos e condicións establecidos na normativa xeral de subvencións.
Todos os requisitos exixidos deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución dos programas subvencionados.
d) No artigo 26 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez notificada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días hábiles a súa aceptación, e comprometerase a executar o programa ou actuación subvencionados no prazo e condicións establecidos na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 25 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da subvención. O 20 % restante, ou a parte proporcional que corresponda, librarase logo da xustificación por parte das entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas na Orde do 12 de xaneiro de 2026.
g) O período de referencia para a imputación dos gastos relativos ás axudas será do 1 de febreiro de 2026 ao 31 de outubro de 2026.
h) A xustificación presentarase con data límite o 5 de novembro de 2026.
A falta de presentación da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
i) A documentación para a xustificación destas axudas é a que se indica no artigo 24.3 da convocatoria.
Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse un recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional primeira da Orde do 25 de febreiro de 2025; DOG núm. 47, do 10 de marzo). Roberto Barba Alvedro, director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero.
