DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 8 de maio de 2026 Páx. 27144

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

DECRETO 35/2026, do 27 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

A Lei 4/2025, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, no artigo 12, dispón que a oferta de emprego público se adaptará aos límites e aos restantes requisitos que se establezan na normativa básica estatal e, en particular, no referente á taxa de reposición de efectivos, respectando, en todo caso, as dispoñibilidades orzamentarias do capítulo I dos correspondentes orzamentos de gastos.

Por outra parte, no artigo 20.Dous da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, que se atopa prorrogada, fíxanse diferentes taxas de reposición; así, establécese unha taxa do 120 por cento para os sectores prioritarios e unha taxa do 110 por cento para os demais sectores.

Así mesmo, o dito precepto inclúe, entre outros, como sectores prioritarios: o control e a loita contra a fraude fiscal, laboral, de subvencións públicas e o control da asignación eficiente dos recursos públicos; o asesoramento xurídico e a xestión dos recursos públicos, a cobertura das prazas correspondentes ao persoal dos servizos de prevención e extinción de incendios, as prazas do persoal que presta asistencia directa á cidadanía nos servizos sociais e servizos de transporte público, as prazas de seguridade e emerxencias, as relacionadas coa atención á cidadanía nos servizos públicos e a xestión de prestacións e políticas activas en materia de emprego e persoal que preste servizos na área das tecnoloxías da información e das comunicacións.

Igualmente, o disposto no artigo 20.Dous e Tres da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, resulta de aplicación ás sociedades mercantís públicas e entidades públicas empresariais, fundacións do sector público e consorcios participados maioritariamente polas administracións e organismos que integran o sector público, segundo as disposicións adicionais vixésimo primeira, vixésimo segunda e vixésimo terceira da dita lei.

A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no artigo 48, establece os criterios xerais en que se debe enmarcar a oferta de emprego público, sen prexuízo das especificidades que se poidan establecer nas convocatorias respectivas. Esta oferta concíbese como un instrumento de programación das necesidades de persoal e de racionalización do emprego público e dos procesos de selección do persoal ao servizo das administracións públicas, en que deben primar os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, así como o de publicidade.

A oferta de emprego público para o ano 2026 inclúe as prazas por acceso libre que figuran no anexo I. Para determinar a taxa de reposición tívose en conta o número de xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias sen reserva de posto de traballo, altas e baixas producidas polos concursos de traslados a outras administracións e reingresos producidos durante o ano 2025; non computa na taxa de reposición, tal e como indica o artigo 20.Tres, punto 4, da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, as prazas que se convocan para a súa provisión mediante procesos de promoción interna.

Por outra banda, a oferta de emprego público é un instrumento de planificación dos recursos humanos que ten como obxectivo a consecución da eficacia na prestación dos servizos públicos e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dispoñibles.

Neste sentido, merece especial mención a promoción interna como unha das medidas derivadas da planificación dos recursos humanos, que deberá ser facilitada pola Administración como vía para a adquisición das correspondentes competencias e como requisito necesario para a progresión na carreira profesional desde niveis inferiores aos superiores.

Neste decreto de oferta para o ano 2026 inclúese unha promoción interna separada, o anexo II, para persoal funcionario de corpos xerais con convocatorias independentes das de acceso libre.

O anexo III recolle as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma que van ser obxecto dun proceso de funcionarización, nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e en aplicación do establecido na disposición adicional primeira do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Con respecto á reserva da cota para persoas con discapacidade, na oferta de emprego público resérvase unha porcentaxe do 12,50 % das vacantes, que se distribuirá segundo se establece nos anexos de prazas obxecto desta oferta. A reserva do 12,50 % indicado realizarase de xeito que o 2,05 % das prazas ofertadas sexa para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 10,45 % para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade.

Conforme os artigos 13.2.g) e 14.2.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, corresponde ao Consello da Xunta de Galicia aprobar a oferta de emprego público por proposta da consellería competente en materia de función pública. Así mesmo, o artigo 12.Catro da Lei 4/2025, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, exixe o informe favorable da Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico.

Neste marco e tendo en conta os postos de traballo vacantes, cómpre aprobar a oferta de emprego público para o ano 2026 relativa ao persoal funcionario de corpos e escalas da Administración xeral e especial e de persoal laboral, e establecer os criterios en que debe enmarcarse esta oferta, de conformidade co previsto no artigo 12 da Lei 4/2025, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, así como no artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023.

Na súa virtude, negociados os criterios xerais desta oferta de emprego público coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Persoal Empregado Público, logo do informe da Dirección Xeral de Orzamentos e Financiamento Autonómico e da Comisión de Persoal, e de conformidade co establecido no artigo 13.2.g) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, por proposta do conselleiro de Facenda e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vinte e sete de abril de dous mil vinte e seis,

DISPOÑO:

Artigo 1. Aprobación da oferta de emprego público

De conformidade co disposto no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro; no artigo 20 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023, así como no artigo 12 da Lei 4/2025, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, apróbase a oferta de emprego público correspondente a distintos corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e categorías de persoal laboral para o ano 2026, nos termos que se establecen neste decreto.

Artigo 2. Cuantificación da oferta de emprego público

1. O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo á taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2026.

2. O anexo II recolle as prazas que se ofertan de promoción interna, cuxos procesos selectivos se realizarán en convocatorias independentes das ordinarias de novo ingreso.

3. O anexo III recolle as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma que van ser obxecto dun proceso de funcionarización.

4. O anexo IV recolle as prazas de persoal laboral de entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Artigo 3. Promoción interna

Ás persoas aspirantes que superen os procesos de promoción interna da oferta de emprego público correspondente ao anexo I adxudicaráselles destino no mesmo posto do que fosen titulares con carácter definitivo, sempre que este figure na relación de postos de traballo aberto ao mesmo corpo, escala e especialidade a que accedan. No caso de que a persoa aspirante que supere o proceso sexa titular dun posto con carácter definitivo que non figure na relación de postos de traballo aberto ao mesmo corpo, escala e especialidade a que accede, ou no caso de que supere o proceso e non sexa titular de ningún posto con carácter definitivo, ofertaráselle na elección de destino un posto vacante, que figure na relación de postos de traballo aberto ao dito corpo, escala e especialidade.

Artigo 4. Promoción interna independente

1. Co obxecto de fomentar a promoción interna, ofértanse as prazas que se detallan no anexo II do presente decreto, para persoal funcionario de carreira polo sistema de concurso-oposición. Os procesos selectivos de promoción interna levaranse a cabo en convocatorias independentes das de novo ingreso e para o persoal funcionario será de aplicación o previsto no artigo 80 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

2. Realizarase unha promoción interna separada para permitir que o persoal funcionario dos corpos da Administración xeral, excluídas as escalas, poidan promocionar ao grupo inmediato superior sempre e cando posúan a titulación necesaria, prestasen servizos efectivos durante polo menos dous anos como persoal funcionario no corpo do grupo de titulación inmediatamente inferior ao do corpo a que pretende acceder, reúnan os requisitos exixidos na convocatoria e superen as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

3. Non obstante o anterior, no proceso de promoción interna para o acceso ao corpo superior da Administración xeral (subgrupo A1), tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de xestión da Administración xeral, da escala de inspectoras e inspectores de consumo (subgrupo A2) e da escala de inspección turística (subgrupo A2), e no proceso de promoción interna para o acceso ao corpo auxiliar, subgrupo C2, poderán participar as escalas pertencentes á agrupación profesional.

4. Para os funcionarios do corpo administrativo da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección de consumo, realizarase unha promoción interna separada para permitir que este persoal funcionario poida promocionar ao corpo de xestión da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectoras e inspectores de consumo, sempre e cando posúan a titulación necesaria, teñan prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como funcionario/a de carreira no corpo administrativo da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección de consumo, reúnan os requisitos exixidos na convocatoria e superen as probas que para cada caso estableza a consellería competente en materia de función pública.

5. Ás persoas aspirantes que superen os procesos de promoción interna da oferta de emprego público correspondente ao anexo II adxudicaráselles destino no mesmo posto do que fosen titulares con carácter definitivo, sempre que este figure na relación de postos de traballo aberto ao mesmo corpo, escala e especialidade a que accedan. No caso de que a persoa aspirante que supere o proceso sexa titular con carácter definitivo dun posto que non figure na relación de postos de traballo aberto ao mesmo corpo, escala e especialidade a que accede, ou no caso de que supere o proceso e non sexa titular de ningún posto con carácter definitivo, ofertaráselle na elección de destino un posto vacante, que figure na relación de postos de traballo aberto ao dito corpo, escala e especialidade.

Artigo 5. Promoción interna para o persoal laboral fixo: proceso de funcionarización

O anexo III recolle as prazas que se ofertan de promoción interna para o persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma que van ser obxecto dun proceso de funcionarización, nos termos sinalados na disposición transitoria primeira da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e na disposición transitoria segunda do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e en aplicación do establecido na disposición adicional primeira do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Ao persoal laboral fixo que como consecuencia deste proceso adquira a condición de persoal funcionario de carreira adxudicaráselle destino definitivo, de carácter funcionarial, no mesmo posto que viña desempeñando con carácter definitivo.

Dado que estas prazas se inclúen en aplicación da disposición adicional primeira do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, serán obxecto dunha convocatoria separada do resto de convocatorias de procesos de funcionarización que se poidan realizar.

Artigo 6. Criterios xerais de aplicación nos procesos selectivos

1. De acordo co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, sinálanse os seguintes principios reitores para o acceso ao emprego público e a adquisición da relación de servizo:

A) Na selección do seu persoal, a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia garantirá, ademais dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, os principios de:

– Publicidade das convocatorias e das súas bases.

– Transparencia.

– Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.

– Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.

– Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións e tarefas que se vaian desenvolver.

– Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.

– Simplificación dos procesos selectivos.

– Valoración ata a puntuación máxima na fase de concurso.

B) Os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna na Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, e no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, e das medidas de discriminación positiva previstas neste decreto. Nas convocatorias de promoción interna estableceranse medidas para fomentar o seu impulso e desenvolvemento.

C) A composición dos tribunais de selección do persoal da Administración pública galega será paritaria para o conxunto da oferta pública de emprego, tanto se se trata de acceso ao emprego público como se se trata de promoción interna, de acordo co disposto no artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Os órganos de selección aplicarán na súa actuación principios de austeridade e axilidade á hora de ordenar o desenvolvemento dos procesos selectivos, sen prexuízo do cumprimento dos principios de actuación, de conformidade co establecido no Estatuto básico do empregado público.

D) Nas convocatorias dos procesos selectivos en que se estableza a realización de probas con respostas alternativas faranse públicos os cadros de respostas, na páxina da Xunta de Galicia (www.xunta.gal/funcion-publica).

E) O funcionamento e a actuación dos tribunais de selección axustaranse ás instrucións ditadas para o efecto polo órgano competente.

F) De ser o caso, o desenvolvemento dos procesos selectivos terá que adecuarse ás recomendacións das autoridades sanitarias en períodos de emerxencia sanitaria.

2. Se nun determinado corpo, escala, subgrupo ou categoría da Administración pública galega se verifica a infrarrepresentación do sexo feminino, entendendo por infrarrepresentación unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos entre o número de mulleres e o número de homes, de existir méritos iguais entre dúas ou máis persoas candidatas ao finalizar o proceso selectivo e antes da proposta de nomeamento das persoas candidatas aprobadas, deberá aplicarse como primeiro criterio de desempate a preferencia das mulleres, salvo se, considerando obxectivamente todas as circunstancias concorrentes nos candidatos de ambos os sexos, existen motivos non discriminatorios para preferir o home, de acordo co artigo 153 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Artigo 7. Persoas con discapacidade

1. O artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, prevé a reserva dunha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para seren cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no punto 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.

2. Nesta oferta resérvase unha porcentaxe do 12,50 % para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade, de xeito que o 2,05 % será para as persoas que acrediten discapacidade intelectual e o 10,45 %, para aquelas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade. As prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual ofertaranse en convocatorias independentes. As prazas reservadas para persoas con calquera outra discapacidade poderán convocarse conxuntamente coas prazas ordinarias ou mediante convocatorias independentes ás dos procesos libres garantindo, en todo caso, o carácter individual dos procesos.

3. Os sistemas de selección que se convoquen para persoas con discapacidade desenvolveranse de acordo co establecido no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, así como no Decreto 80/2025, do 8 de setembro, polo que se regula o acceso e a provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

4. Nas probas selectivas, incluídos os cursos selectivos ou o período de prácticas, estableceranse, para as persoas con discapacidade que o soliciten, as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PJC/804/2025, do 23 de xullo, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de medios e tempos e a realización doutros axustes razoables nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

5. No suposto de que algunha das persoas aspirantes con discapacidade que se presentasen pola cota de reserva superase os exercicios e non obtivese praza na citada cota e a súa puntuación sexa superior á obtida por outras persoas aspirantes do sistema de acceso xeral, esta será incluída pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

6. As prazas reservadas para as persoas con discapacidade non cualificada de intelectual que quedasen desertas nos procesos selectivos acumularanse á quenda xeral.

Disposición adicional primeira. Acumulación de prazas e execución de convocatorias

1. Poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas ofertadas de persoal funcionario correspondentes aos corpos e ás escalas de Administración xeral e especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, xunto coas derivadas da oferta de emprego público correspondentes aos anos 2024 e 2025, que aínda estean pendentes de convocar. No caso de seren acumuladas, aplicarase a normativa correspondente á oferta do 2026.

2. De conformidade co disposto no artigo 20.Tres.3 da Lei 31/2022, do 23 de decembro, as prazas non cubertas durante a execución dunha convocatoria poderán convocarse novamente sempre que non transcorresen máis de tres anos desde a publicación da oferta de emprego público que as autorizase.

A nova convocatoria deberá identificar as prazas que proceden de convocatorias anteriores e a oferta a que corresponden. Esta previsión será aplicable ás convocatorias de procesos selectivos derivadas de ofertas de exercicios anteriores á de 2026, incluídas as que xa fosen publicadas.

Disposición adicional segunda. Igualdade en relación coas condicións de emprego da Administración pública

As convocatorias adaptaranse ao disposto na Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Disposición transitoria única. Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B)

As convocatorias dos procesos selectivos referentes ao corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B) deberán adecuarse ao disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Mentres non se desenvolva regulamentariamente o grupo B, a incorporación do persoal producirase no subgrupo C1.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento do decreto

Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de función pública para ditar, dentro das súas competencias, as normas precisas para o desenvolvemento do presente decreto.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e sete de abril de dous mil vinte e seis

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Acceso libre

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

25

5

30

Escala de letrados/as

8

8

Escala superior de finanzas

8

2

10

Corpo de xestión (subgrupo A2)

22

5

27

Escala técnica de finanzas

10

2

12

Corpo administrativo (subgrupo C1)

50

5

55

Escala de axentes de inspección

Especialidade de vixilancia de estradas

4

1

5

Especialidade de dominio público hidráulico

4

4

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

54

10

7

71

Agrupación profesional (AP)

Escala de persoal subalterno

40

6

10

56

Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais:

Especialidade de persoal de recursos naturais e forestais

5

5

Especialidade de persoal de limpeza e cociña

90

6

96

Total

320

42

17

379

Administración especial

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1):

Escala de arquitectos/as

3

3

Escala de enxeñeiros/as

Especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos

4

1

5

Especialidade enxeñaría industrial

1

1

Escala de veterinarios/as

60

10

70

Escala de facultativos:

Especialidade psicoloxía

8

2

10

Especialidade medicina

8

2

10

Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros:

Especialidade navegación marítima

1

1

Especialidade bioloxía pesqueira

1

1

Especialidade máquinas e instalacións mariñas

1

1

Especialidade lexislación marítima

1

1

Especialidade procesos de cultivo acuícola

1

1

Especialidade medicina subacuática e hiperbárica

1

1

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos

Especialidade bibliotecas

1

1

Escala de restauración

1

1

Escala de inspección urbanística

Especialidade xurídica

1

1

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2):

Escala de mestres/as de taller:

Especialidade de traballos técnicos de mergullo

1

1

Escala de enxeñeiros/as técnicos/as:

Especialidade de enxeñaría técnica industrial

1

1

Especialidade de enxeñaría técnica de minas

3

3

Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

6

2

8

Escala de subinspección urbanística

3

3

Escala de técnicos facultativos

Especialidade de enfermaría

9

1

10

Especialidade de fisioterapia

5

5

Especialidade de educador/a social

4

1

5

Especialidade de traballador/a social

4

1

5

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos

Especialidade de arquivos

1

1

Escala técnica de restauración

1

1

Corpo de técnicos/as de carácter facultativo (grupo B):

Escala de axentes técnicos/as facultativos/as

Especialidade de animación sociocultural

3

3

Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais:

Especialidade de bombeiro/a forestal-xefe/a de brigada

3

3

Corpo de axudantes de carácter facultativo (grupo C1):

Escala técnica de análises de laboratorio

7

3

10

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

18

4

22

Escala técnica de recursos naturais e forestais

Especialidade de mecánico naval

1

1

Corpo de auxiliares de carácter técnico (subgrupo C2):

Escala auxiliar de laboratorio

5

3

8

Escala auxiliar de coidadores/as

18

18

Escala auxiliar de cociña

15

5

20

Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais:

Especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a

23

2

25

Especialidade de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba

18

2

20

Especialidade de bombeiro forestal

49

5

54

Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

Especialidade de arquivos e bibliotecas

1

1

Total

292

44

336

Prazas de persoal laboral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Total prazas

III-102 Encadernador/a

1

1

III-43 Encargado/a de estrutura escénica

1

1

III-94 Técnico/a auxiliar de imaxe e son

1

1

IV-25 Tremoeiro/a

1

1

III-100 Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

8

3

11

IV-33 Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba

30

7

37

V-14A Bombeiro/a forestal condutor/a

10

2

12

V-14 Bombeiro forestal

20

3

23

V-10C Emisorista de defensa contra incendios forestais

8

1

9

Total

80

16

96

Administración xeral/especial/persoal laboral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total prazas

Total prazas

692

102

17

811

ANEXO II

Promoción interna independente

Administración xeral

Quenda xeral

Discapacidade xeral

Discapacidade intelectual

Total prazas

Corpo superior (subgrupo A1)

18

2

20

Corpo de xestión (subgrupo A2)

47

3

50

Escala de inspectoras e inspectores de consumo

1

1

Corpo administrativo (subgrupo C1)

70

4

1

75

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

140

8

6

154

Total prazas

276

17

7

300

ANEXO III

Promoción interna de persoal laboral fixo (proceso de funcionarización)

Corpo, escala e especialidade

Total prazas

Corpo facultativo superior (subgrupo A1):

Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de facultativos:

Especialidade de medicina

1

Corpo de xestión da Administración xeral da CA de Galicia

1

Corpo de xestión da Administración xeral da CA de Galicia, escala de xestión de sistemas de informática

1

Corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2):

Escala de técnicos facultativos:

Especialidade de enfermaría

1

Especialidade de terapia ocupacional

2

Especialidade de educador infantil

1

Corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B):

Escala técnica de axentes técnicos facultativos:

Escala técnica do SPDCIF:

Especialidade de bombeiro/a forestal-xefe/a de brigada

5

Especialidade de educación infantil

1

Corpo administrativo (subgrupo C1)

1

Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia:

Escala técnica auxiliar de informática

1

Escala de axentes de inspección:

Especialidade de vixilante de estradas

1

Escala técnica de cociña

1

Escala de axentes técnicos/as facultativos/as

Corpo auxiliar (subgrupo C2)

1

Corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da CA de Galicia:

Escala de auxiliares de clínica

14

Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

Especialidade de arquivos e bibliotecas

1

Escala auxiliar de cociña

9

Escala auxiliar de coidadores/as

2

Escala auxiliar de laboratorio

1

Escala auxiliar do SPDCIF:

Especialidade de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba

2

Especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a

3

Especialidade de bombeiro/a forestal

11

Escala de gardas de recursos naturais

2

Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da CA de Galicia:

Escala de persoal subalterno

4

Escala de persoal de mantemento

6

Escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais:

Especialidade de limpeza e cociña

16

Especialidade de persoal de recursos naturais e forestais

2

Total prazas

91

ANEXO IV

Entes públicos instrumentais-persoal laboral

Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.

Posto/categoría

Quenda xeral

Grupo e categoría

Titulación requirida

Total prazas

Oficial/a administrativo/a

Acceso libre

III-62

Título de bacharelato, bacharelato unificado polivalente ou formación profesional de técnico/a superior ou técnico/a especialista ou equivalente.

Nivel de coñecementos de lingua galega: Celga 4 ou perfeccionamento

1

Total prazas

1

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia-Intecmar

Posto/categoría

Quenda xeral

Grupo e categoría

Total prazas

Titulado/a superior

Acceso libre

I-10, 39

1

Titulado/a superior

Acceso libre

I-3, 10, 39, 19

1

Auxiliar de laboratorio

Acceso libre

IV-11

1

Total prazas

3

Portos de Galicia

Posto/categoría

Quenda xeral

Grupo/nivel

Titulación requirida

Total prazas

Celador-gardapeiraos xefe Z.N.

Promoción interna

Nivel 3.2

Bacharelato superior, FP II ou equivalente

1

Celador-gardapeiraos xefe Z.C.

Promoción interna

Nivel 3.2

Bacharelato superior, FP II ou equivalente

1

Celador-gardapeiraos xefe Z.S.

Promoción interna

Nivel 3.2

Bacharelato superior, FP II ou equivalente

1

Celador-gardapeiraos xefe Z.S.

Promoción interna

Nivel 3.2

Bacharelato superior, FP II ou equivalente

1

Celador-gardapeiraos xefe Z.C.

Acceso libre

Nivel 3.3

Bacharelato superior, FP II ou equivalente

1

Celador-gardapeiraos xefe Z.S.

Acceso libre

Nivel 3.3

Bacharelato superior, FP II ou equivalente

1

Total prazas

6

Centro Tecnolóxico del Mar-Fundación Cetmar

Posto/categoría

Quenda xeral

Titulación requirida

Total prazas

Coordinador/a da Área de Tecnoloxía de Produtos Pesqueiros (CT PP 0001)

Acceso libre

Grao e máster ou licenciatura en:

Economía, administración de empresas, dereito, ciencias políticas e da administración, dirección e xestión pública, comercio, empresa e tecnoloxía, química, bioloxía, ciencias do mar, ciencias ambientais, veterinaria, ciencia e tecnoloxía de alimentos

1

Total prazas

1

Fundación Deporte Galego

Posto/categoría

Quenda xeral

Grupo e categoría

Titulación requirida

Total prazas

Director/a técnico/a deportivo/a

Acceso libre

I

Licenciado/a ou graduado/a en ciencias da actividade física e do deporte

1

Total prazas

1

Redes de Telecomunicacións Galegas-Retegal

Posto/categoría

Quenda xeral

Nivel

Titulación requirida

Total prazas

Técnico/a de campo

Acceso libre

Categoría de técnico/a electrónico/a (nivel 4 do grupo técnico do convenio Retegal)

Ciclo superior en sistemas de telecomunicacións e informáticos ou equivalente

1

Total prazas

1

Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, S.A. (SPI)

Posto/categoría

Quenda xeral

Titulación requirida

Total prazas

Secretaria/o

Acceso libre-concurso oposición

Bacharelato ou técnico/a superior en formación profesional

1

Administrativa/o

Acceso libre-concurso oposición

Bacharelato ou técnico/a superior en formación profesional

1

Total prazas

2

Sociedade Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado (Xesgalicia, SGEIC, S.A.U.)

Posto/categoría

Quenda xeral

Titulación requirida

Total prazas

Auxiliar administrativo/a

Acceso libre

Ciclo formativo de grao medio en xestión administrativa, administración e finanzas, titulación de bacharelato ou titulación equivalente

2

Analista de investimentos e seguimento de carteira

Acceso libre

Grao en CC. económicas, empresariais ou dirección e administración de empresas, ou titulación equivalente e formación específica en novas disciplinas técnicas (biotecnoloxía, economía circular, sistemas informáticos)

2

Programador/a informático/a

Acceso libre

Grao superior en Informática, enxeñaría técnica informática ou titulacións equivalentes

1

Total prazas

5

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Posto/categoría

Quenda xeral

Nivel

Titulación requirida

Total prazas

Coordinador/a

Acceso libre

Grupo I-categoría 4

Titulado/a superior

1

Total prazas

1

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)

Posto/categoría

Quenda libre

Promoción interna

Libre quenda de discapacidade

Grupo e categoría

Titulación requirida

Total prazas

Técnico/a superior

1

Titulado/a superior

Grao en bioloxía, ciencias do mar ou equivalente (MECES 3)

1

Técnico/a medio/a

1

Titulado/a medio/a

Grao en enxeñaría informática ou equivalente (MECES 2)

1

Técnico/a medio/a

6

3

1

Titulado/a medio/a

Enxeñaría técnica forestal ou equivalente (MECES 2)

10

Administrativo/a oficial 2ª

1

2

Oficial 2ª administrativo/a

Ciclo formativo de grao superior, rama de administración, bacharelato ou equivalente

3

Auxiliar administrativo/a

1

1

Auxiliar administrativo/a

Ciclo formativo de grao medio/superior, rama de administración, bacharelato ou equivalente

2

Capataz

1

1

Capataz

Ciclo formativo de grao medio/superior na rama marítimo-pesqueira ou equivalente

2

Capataz

4

5+4 (*)

2

Capataz

Ciclo formativo de grao medio/superior na rama agroforestal ou equivalente

15

Maquinista-condutor/a

1

Maquinista-condutor/a

1º Ciclo de ensinanza secundaria obrigatoria ou equivalente

1

Total prazas

35

(*) Postos de reclasificación profesional

Galaria-Empresa Pública de Servizos Sanitarios

Posto

Categoría

Quenda xeral

Grupo/nivel

Titulación requirida

Total prazas

Posto: técnico/a de calidade

Técnico/a superior non sanitario/a

Acceso libre

Laboral–G-3-04

Título universitario oficial de grao, licenciado/a universitario/a en ciencias da saúde e afíns (farmacia, química, bioloxía, biotecnoloxía, bioquímica, veterinaria, etc.)

1