DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 12 de maio de 2026 Páx. 27717

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2026 pola que se autoriza a permuta dos puntos de ancoraxe entre os viveiros de cultivos mariños J.P. II e Pasfe I.

Antecedentes:

1. O día 14 de xaneiro de 2026, Marina Salvaje, S.L. (NIF B55402606) e Alberto Rosendo Barreiro (NIF: ***1810**) solicitaron autorización para permutar os puntos de ancoraxe das bateas denominadas J.P. II e Pasfe I.

2. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación deste procedemento.

3. No expediente constan os informes técnicos favorables.

Consideracións legais e técnicas:

1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade co disposto na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG núm. 83, do 30 de abril), e en virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).

2. O expediente tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e coas especialidades previstas na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a permuta dos puntos de ancoraxe dos seguintes viveiros:

Subtipo: batea.

Nome: J.P. II.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula nº: 67.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Titulares: Marina Salvaje, S.L.U. (B55402606).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Subtipo: batea.

Nome: Pasfe I.

Especies: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula nº: 26.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Titulares: Alberto Rosendo Barreiro (***1810**).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia da permuta, a localización dos títulos habilitantes queda como se indica:

Nome: J.P. II.

Localización:

Cuadrícula nº: 26.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Nome: Pasfe I.

Localización:

Cuadrícula nº: 67.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións do polígono de destino e as placas identificadoras modificaranse segundo o indicado nesta resolución.

Terceira. O traslado das bateas realizarase no prazo máximo de 3 meses contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, e contará coas pertinentes autorizacións de organismos competentes na materia. Rematado o prazo sen efectuar o traslado, a autorización quedará sen efecto.

Cuarta. Os titulares das concesións certificarán a realización da permuta, unha vez rematado o traslado dos artefactos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 16 de abril de 2026

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Directora territorial de Vigo