Antecedentes:
1. O día 28 de xaneiro de 2026, Juan Benito Portas Grande (***4598**) e José Luis Iglesias García (***5317**) solicitaron autorización para a permuta de puntos de fondeadura entre as bateas denominadas Sanes e Amparo.
2. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.
3. No expediente constan os informes técnicos favorables.
Consideracións legais e técnicas:
1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade co disposto na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG núm. 83, do 30 de abril), e en virtude da Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).
2. O expediente tramitouse de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeadura e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar a Juan Benito Portas Grande e José Luis Iglesias García a permuta de puntos de fondeadura dos seguintes viveiros:
Subtipo: batea.
Nome: Sanes.
Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Localización:
Cuadrícula nº 281.
Polígono: B.
Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Titular: Juan Benito Portas Grande (***4598**).
Subtipo: batea.
Nome: Amparo.
Especie: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Localización:
Cuadrícula nº 6.
Polígono: B.
Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Titular: José Luis Iglesias García (***5317**).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. Como consecuencia da permuta modifícanse as localizacións dos títulos habilitantes, que quedan como se indica:
Subtipo: batea.
Nome: Sanes.
Localización:
Cuadrícula nº 6.
Polígono: B.
Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Subtipo: batea.
Nome: Amparo.
Localización:
Cuadrícula nº 281.
Polígono: B.
Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
Segunda. As bateas afectadas deberán adaptarse ás condicións dos polígonos de destino e as súas placas identificadoras modificaranse segundo o indicado nesta resolución.
Terceira. A permuta realizarase no prazo máximo de tres (3) meses contados desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución. Rematado o prazo indicado para a realización da permuta sen que esta se levase a cabo, a autorización quedará sen efecto.
Cuarta. As bateas contarán coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia para o traslado á nova localización.
Quinta. Os titulares das concesións certificarán a realización da permuta, unha vez rematado o traslado dos artefactos.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).
Vigo, 1 de abril de 2026
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022; DOG núm. 41, do 1 de marzo)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
