Antecedentes:
1. O 29.12.2025 publicouse no DOG núm. 250 a Orde do 11 de decembro pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria para a concesión de subvencións, mediante tramitación anticipada e en réxime de concorrencia competitiva, para desenvolver áreas de estacionamento seguras e protexidas para vehículos de transporte de mercadorías (AESP) na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento IF313A).
2. Ao abeiro da indicada convocatoria, as entidades interesadas que figuran no anexo a esta resolución presentaron a correspondente solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. O órgano instrutor informou de que todas as solicitudes da antedita orde cumpren cos requisitos para acceder ás subvencións e remitiunas á Comisión de Valoración.
2. O 21.4.2026, a Comisión de Valoración valorou as solicitudes, propuxo os solicitantes para obter unha subvención e determinou as contías das subvencións.
3. Considéranse axeitadas as contías das subvencións propostas.
4. A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é a competente para resolver este procedemento de acordo co artigo 12 da antedita orde.
5. Esta resolución notificarase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 17 da antedita orde.
De acordo co anterior,
RESOLVO:
1. Concederlles ás entidades que figuran no anexo I e polos importes que se indican as subvencións para desenvolver áreas de estacionamento seguras e protexidas para vehículos de transporte e mercadorías (AESP).
2. As empresas que obtiveron unha subvención asumen as obrigas que establece o artigo 20 da Orde do 11 de decembro de 2025.
3. As subvencións teñen o carácter da axudas de minimis exentas de acordo co Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
4. As subvencións serán compatibles con outras axudas, subvencións ou recursos destinados á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sempre que non se supere o 100 % do investimento subvencionable ou, se é o caso, o límite máximo establecido na normativa que resulte de aplicación.
5. O artigo 23 das bases reguladoras establece o prazo máximo de xustificación que será o 30 de novembro da anualidade correspondente, así como a forma de xustificación. Os gastos deben estar pagados entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 30 de novembro da anualidade correspondente.
6. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento da actuación, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas na orde, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obrigación de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.
7. Todas as empresas beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde están sometidas ao exercicio da función interventora e do control financeiro por parte da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, relativo ao control financeiro de subvencións, e ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.
8. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben, directamente recurso contencioso ante a sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses computados do mesmo xeito.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 11.12.2025; DOG núm. 250, do 29 de decembro)
Judit Fontela Baró
Directora xeral de Mobilidade
ANEXO I
|
Expediente |
NIF do interesado |
Interesado/a |
Denominación do proxecto (AESP) |
Aplicación orzamentaria |
Suma da subvención total |
Subvención 2026 |
Subvención 2027 |
|
IF313A-2026-1 |
B25953316 |
Aparcamientos del Noroeste, S.L. |
Aparcadoiro Vehículos Pesados Piadela Sur |
05.08.512A.770.0 |
127.000,00 |
109.220,00 |
17.780,00 |
|
IF313A-2026-2 |
B32424137 |
Vía Nova Transitarios, S.L. |
AESP Vía Nova |
05.08.512A.770.0 |
88.000,00 |
88.000,00 |
- |
|
IF313A-2026-3 |
B32286916 |
Antela Estación de Servicio, S.L. |
Antela Estación de Servizo |
05.08.512A.770.0 |
71.000,00 |
71.000,00 |
- |
|
IF313A-2026-4 |
***9061** |
José Luis Bermúdez Espantoso |
AESP Camiones Rábade |
05.08.512A.770.0 |
80.000,00 |
28.000,00 |
52.000,00 |
|
IF313A-2026-5 |
G32026056 |
Asoc. Empresarial de Transportes de Mercancías por Carretera_Apetamcor |
Aparcadoiro Seguro Apetamcor 60P-Parque Empresarial de Morás |
05.08.512A.770.0 |
127.000,00 |
2.624,00 |
124.376,00 |
|
IF313A-2026-6 |
G32400293 |
Fegatrans |
Aparcadoiro Seguro Apetamcor 40P-Parque Empresarial de Morás |
05.08.512A.770.0 |
67.000,00 |
1.156,00 |
65.844,00 |
|
Total |
560.000,00 |
300.000,00 |
260.000,00 |
||||
