DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 13 de maio de 2026 Páx. 27776

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 5 de maio de 2026 pola que se dá publicidade da relación dos permisos de creación/construción, modificación substancial ou inicio de actividades de escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade pública concedidos e de prazas creadas dentro do marco temporal do Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

missing image file

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de asistencia social, segundo o disposto no artigo 27.23 do seu Estatuto de autonomía.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu artigo 3 os obxectivos do Sistema galego de servizos sociais, incluíndo entre estes, o de proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral, así como o de garantir o apoio ás familias como marco de referencia en que se desenvolven as persoas.

A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, recoñece no seu artigo 6 como un dos principios de responsabilidade pública o de atender, apoiar e protexer as familias como núcleo fundamental da sociedade no cumprimento das súas funcións.

Así mesmo, a Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, establece no seu artigo 49.1 que a Administración autonómica garantirá a calidade e o carácter inclusivo dos recursos de educación infantil 0-3, avanzará na súa universalización e gratuidade e promoverá unha dotación suficiente de prazas e os recursos para facer efectivas as posibilidades de acceso, permanencia e promoción de toda a poboación infantil a esta etapa educativa, preferentemente en centros públicos.

O Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, recolle os requisitos materiais, arquitectónicos, funcionais e de persoal que deben cumprir as escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia, e no seu artigo 5 establece a obriga de obter as correspondentes autorizacións administrativas para a súa creación, construción ou modificación substancial, así como os correspondentes permisos de inicio e cesamento de actividades.

O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais, establece o procedemento para a obtención das correspondentes autorizacións administrativas que habilitan a creación e posta en funcionamento das escolas infantís 0-3 e os puntos de atención á infancia.

Por outra banda, a Comisión Europea estableceu, como mecanismo de verificación, a obriga de publicación no diario oficial da comunidade autónoma dos actos xurídicos que acrediten a creación de novas prazas de titularidade pública 0-3, creadas ao abeiro do Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Para dar cumprimento á obriga prevista no parágrafo anterior, cómpre dar publicidade á relación dos diferentes permisos de creación/construción, modificación substancial ou inicio de actividades concedidos e prazas creadas nas escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade pública dentro do marco temporal do Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Polo tanto, en virtude desta orde, que ten efectos meramente declarativos, preténdese dar unha adecuada publicidade e difusión ao total de prazas creadas en virtude dos correspondentes permisos concedidos, servindo de mecanismo de verificación respecto aos obxectivos asumidos por Galicia con base no Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

En consecuencia, facendo uso das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación dos permisos de creación/construción, modificación substancial ou inicio de actividades de escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade pública concedidos e prazas creadas dentro do marco temporal do Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Nextgeneration EU que a continuación se relacionan:

Municipio

Escola Infantil/

Punto de Atención á

Infancia

Tipo de resolución de

autorización

Data de resolución

Prazas

creadas

Paderne de Allariz

Escola Infantil Paderne de Allariz

Creación/construción

17.9.2021

41

A Guarda

Escola Infantil A Guarda

Creación/construción

5.9.2022

41

Chantada

Escola Infantil de Chantada

Modificación substancial

19.9.2022

13

Zas

Escola Infantil de Zas

Modificación substancial

14.10.2022

11

O Grove

Punto de Atención á

Infancia do Grove

Creación/construción

10.11.2022

20

Outes

Escola Infantil Municipal de Outes

Creación/construción

15.2.2023

10

Ordes

Escola Infantil Municipal Rúa Galicia de Ordes

Creación/construción

13.6.2023

61

Miño

Escola Infantil Municipal

A Ceboliña de Miño

Modificación substancial

13.9.2023

20

Outes

Escola Infantil Municipal de Outes

Modificación substancial

15.1.2024

11

Teo

Escola Infantil Municipal de Calo

Modificación substancial

5.4.2024

7

Miño

Escola Infantil Municipal Vilanova

Creación/construción

5.8.2024

41

Lalín

Escola Infantil de Pontiñas Lalín

Modificación substancial

14.10.2024

15

Begonte

Escola Infantil Municipal de Begonte

Creación/construción

15.11.2024

36

Outeiro de Rei

Escola Infantil Municipal Outeiro de Rei

Modificación substancial

11.12.2024

37

San Cibrao das Viñas

Escola Infantil Municipal de San Cibrao das Viñas

Modificación substancial

23.1.2025

18

Vilalba

Punto de Atención á

Infancia de Vilalba

Creación/construción

24.2.2025

20

Sober

Escola Infantil Municipal de Sober

Modificación substancial

25.4.2025

21

O Porriño

Escola Infantil Municipal Pontellas-O Porriño

Creación/construción

27.5.2025

72

O Porriño

Escola Infantil Municipal Budiño-O Porriño

Creación/construción

27.5.2025

77

Tordoia

Escola Infantil Municipal de Tordoia

Modificación substancial

31.10.2025

10

Rois

Punto de Atención á

Infancia de Urdilde-Rois

Creación/construción

26.11.2025

20

Ribadavia

Punto de Atención á

Infancia de Ribadavia

Creación/construción

26.11.2025

20

Ponteareas

Escola Infantil Municipal Trovador

Creación/construción

16.12.2025

93

Municipio

Escola Infantil/

Punto de Atención á

Infancia

Tipo de resolución de

autorización

Data de resolución

Prazas

creadas

A Pobra do Caramiñal

Escola Infantil Polígono Industrial da Tomada

Modificación substancial

13.2.2026

40

Mos

Escola Infantil Municipal Rebullón-Mos

Creación/construción

20.3.2026

41

Cerceda

Escola Infantil Municipal Os Pillabáns Cerceda

Modificación substancial

23.3.2026

20

Guitiriz

Escola Infantil Municipal de Guitiriz

Modificación de autorización de inicio de actividades

26.3.2026

15

A Baña

Escola Infantil Municipal da Baña

Modificación substancial

27.3.2026

10

Laxe

Punto de Atención á

Infancia de Laxe

Inicio de actividades

31.3.2026

20

Friol

Escola Infantil Municipal Friol

Modificación substancial

31.3.2026

21

Vilanova de Arousa

Punto de Atención á Infancia de Baión

Creación/construción

17.4.2026

20

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2026

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Igualdade