
Con data do 26 de xaneiro de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia número 16 a Orde do 30 de decembro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI427A).
Para o financiamento desta convocatoria destínase un crédito por un importe total de un millón oitocentos cincuenta mil euros (1.850.000 €), que se imputan á aplicación orzamentaria 08.07.313B.481.2, código de proxecto 2023 00096.
Durante a fase de instrución das solicitudes recibidas na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, e unha vez feitas as emendas e comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 13.2.
O órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución, que, como establece o artigo 13.4, elevou ao órgano competente, á Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional segunda para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente resolución con data do 30 de abril de 2026.
Segundo o artigo 15.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 30 de abril de 2026, ditada ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI427A), e que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 30 de abril de 2026 pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2026
María Quintiana Pérez
Directora xeral de Promoción da Igualdade
ANEXO
Resolución do 30 de abril de 2026 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións convocadas mediante a Orde do 30 de decembro de 2025, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI427A).
Antecedentes:
Primeiro. Con data do 26 de xaneiro de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI427A).
Segundo. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e a convocatoria no ano 2026 das axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro rexistradas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), para o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.5 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 13.4 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes seguindo os criterios e as pautas de baremación establecidos no artigo 14 desta convocatoria, a Comisión de Valoración emitirá un informe segundo o cal o órgano instrutor lle formulará proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión ou a desestimación da subvención solicitada, e proporá a concesión da subvención segundo a orde de puntuación e polo importe da axuda que corresponda ata esgotar o crédito dispoñible.
No caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda, pero que non se inclúen na proposta de concesión anterior por se ter esgotado o crédito dispoñible, quedarán en lista de espera por orde de puntuación para seren atendidas no caso de producirse algunha renuncia ou algún incremento do crédito inicialmente dispoñible. Para estes efectos, o órgano instrutor poderá formular sucesivas propostas de resolución con anterioridade ao remate do prazo de xustificación das axudas.
Así mesmo, no caso de quedar crédito libre despois de adxudicar a contía que lle corresponda a cada unha das entidades que resulten beneficiarias da subvención, e sempre que non exista lista de espera, este repartirase entre elas a partes iguais, de xeito que se manteña a proporcionalidade derivada da aplicación dos criterios de baremación, co límite da contía máxima da axuda ou, de ser inferior, da contía solicitada.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 15.1 das bases reguladoras as resolucións que procedan ao abeiro desta orde serán ditadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, que actuará por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, logo da proposta do órgano instrutor, e, no caso de que o seu contido sexa a concesión da subvención, tras a súa fiscalización pola Intervención delegada.
Sexto. Segundo o artigo 15.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida polo órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade pola Intervención Delegada, a directora xeral de Promoción da igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional segunda para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade (SI427A) que se relacionan no anexo I como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 14 da convocatoria, pola contía que se reflicte no anexo, por un importe total de 1.838.762,20 euros con cargo á aplicación orzamentaria 08.07.313B.481.2, proxecto de gasto 2023 00096.
Segundo. No anexo II relaciónanse as solicitudes que quedan na lista de espera por se ter esgotado o crédito dispoñible segundo a orde de puntuación para seren atendidas no caso de producirse algunha renuncia ou algún incremento do crédito inicialmente dispoñible. Para estes efectos, o órgano instrutor poderá formular sucesivas propostas de resolución con anterioridade ao remate do prazo de xustificación das axudas.
Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.
Cuarto. Informar as beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) Esta convocatoria está cofinanciada nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4. Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico 4.8: Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos; medida 2.H.03-Programa de atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Así mesmo, infórmase que a aceptación da subvención poderá implicar a súa aparición na lista de operacións que se publique nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.
b) As subvencións para as actuacións e as actividades recollidas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade. Se a actividade ou actuación subvencionada xera ingresos como consecuencia de achegas das participantes, taxas de inscrición, matrículas ou equivalentes, o seu importe será deducido do gasto subvencionable despois de aplicar o tipo fixo no momento da concesión da axuda, en atención aos declarados, obtidos ou previstos na solicitude de axuda. Para o caso de que os ingresos obtidos non se fixesen constar na solicitude ou fosen superiores aos declarados nela, a dedución farase ou reaxustarase no momento do pagamento final.
c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e coas obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e coas obrigas establecidas no artigo 20 (Obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.
d) No artigo 22 (Minoración, reintegro e sancións) das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, se é o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez notificada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 19 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 90 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da resolución de concesión. As entidades beneficiarias quedan exoneradas da obriga de constituír garantías.
O 10 % restante, ou a parte que corresponda, librarase, logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta resolución.
g) O período de referencia para o desenvolvemento do correspondente programa e para a imputación dos gastos subvencionables será o comprendido entre o do 1 de setembro de 2025 e o 31 de agosto de 2026, ambos os dous incluídos.
h) A data límite para a presentación da documentación xustificativa necesaria para proceder ao pagamento da correspondente subvención é o 11 de setembro de 2026.
A falta de presentación da xustificación no prazo establecido para o efecto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.
i) A xustificación realizarase a través da modalidade de custos simplificados, segundo o previsto no Regulamento (UE) núm. 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 e, concretamente, conforme o disposto nos artigos 53.1.b), 55.2.a), 53.3.a).i), 53.1.d) e 56.1 do devandito regulamento.
Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Promoción da Igualdade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional segunda da Orde do 30.12.2025; DOG núm. 16, do 26 de xaneiro). María Quintiana Pérez. Directora xeral de Promoción da Igualdade.
ANEXO I
Concesións
|
Nº de expte. |
Entidade |
NIF |
Denominación do programa |
Datas de inicio e de fin do programa |
Nº de horas imputadas ao programa |
Custo persoal segundo o custo unitario hora |
Importe 20 % tipo fixo |
Total gasto elixible |
Nº mínimo de usuarias |
Ptos. |
Intensidade da axuda |
Importe da concesión |
|
SI427A-2026-00000001-00 |
Asociación Íntegro das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte |
G15173263 |
PIMD rural |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 735 |
21.633,48 |
4.326,70 |
25.960,18 |
Nº mínimo: 24 |
76 |
80 % |
20.768,14 |
|
SI427A-2026-00000003-00 |
Asociación para o Desenvolvemento Social da Comarca do Deza |
G36527745 |
Ollando cara o futuro VI |
2.2.2026-31.8.2026 |
Grupo I: 650 |
14.014,00 |
2.802,80 |
16.816,80 |
Nº mínimo: 15 |
79 |
80 % |
13.453,44 |
|
SI427A-2026-00000005-00 |
Arelas. Asociación de Familias de Menores e Mocidade Trans de Galicia |
G27820182 |
Apodéra-T. Ti, tránsito cara a túa liberdade |
1.3.2026-31.8.2026 |
Grupo I: 480 |
19.564,80 |
3.912,96 |
23.477,76 |
Nº mínimo: 22 |
67 |
70 % |
16.434,43 |
|
SI427A-2026-00000006-00 |
Patronato Concepción Arenal |
G15030372 |
Mediación intercultural para mulleres Concepción Arenal: Raíces e Ás |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.980 |
93.962,80 |
18.792,56 |
112.755,36 |
Nº mínimo: 42 |
94 |
90 % |
40.000,00 |
|
SI427A-2026-00000007-00 |
Asociación Iris Social |
G16824088 |
Redeiras |
1.12.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 801 |
32.802,36 |
6.560,47 |
39.362,83 |
Nº mínimo: 37 |
92 |
90 % |
35.426,55 |
|
SI427A-2026-00000008-00 |
Asociación Amicos |
G15747678 |
Programa mulleres, maltrato e prevención do maltrato |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.720 |
37.083,20 |
7.416,64 |
44.499,84 |
Nº mínimo: 40 |
75 |
80 % |
35.599,87 |
|
SI427A-2026-00000009-00 |
Asociación Galega para Axuda dos Emfermos con Demencia tipo Alzhéimer-Agadea |
G15483498 |
Coidando na igualdade |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 884 |
24.473,44 |
4.894,69 |
29.368,13 |
Nº mínimo: 27 |
94 |
90 % |
26.431,32 |
|
SI427A-2026-00000011-00 |
Asociación Participaccion |
G32477127 |
Abrindo cancelas con flores |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 380 |
8.192,80 |
1.638,56 |
9.831,36 |
Nº mínimo: 9 |
80 |
80 % |
7.865,09 |
|
SI427A-2026-00000012-00 |
Asociación Aliad Ultreia |
G27021120 |
Programa Senlleiras |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.546 |
33.331,76 |
6.666,35 |
39.998,11 |
Nº mínimo: 36 |
75 |
80 % |
31.998,49 |
|
SI427A-2026-00000013-00 |
Asociación Alume Saúde Mental |
G27198977 |
Programa de apoio e rehabilitación con aloxamento para mulleres vulnerables con enfermidade mental |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.720 |
37.083,20 |
7.416,64 |
44.499,84 |
Nº mínimo: 15 |
81 |
80 % |
35.599,87 |
|
SI427A-2026-00000014-00 |
Fundación CIP |
G15849318 |
IntegrAcción 25-26 |
20.10.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.720 |
37.083,20 |
7.416,64 |
44.499,84 |
Nº mínimo: 40 |
90 |
90 % |
39.247,59 |
|
SI427A-2026-00000015-00 |
Fundación Impulsarse para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social |
G27866763 |
Gaia VII |
1.12.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.306 |
33.245,36 |
6.649,07 |
39.894,43 |
Nº mínimo: 37 |
86 |
90 % |
35.904,99 |
|
SI427A-2026-00000016-00 |
Asociación de Ayuda a la Vida-Ayuvi |
G36802536 |
Ti podes |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 412 |
33.324,32 |
6.664,86 |
39.989,18 |
Nº mínimo: 39 |
84 |
80 % |
31.991,34 |
|
SI427A-2026-00000018-00 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias de Lugo-Afalu |
G27285980 |
Inclusión integral das mulleres coidadoras no rural |
2.3.2026-31.8.2026 |
Grupo I: 650 |
17.134,00 |
3.426,80 |
20.560,80 |
Nº mínimo: 19 |
72 |
70 % |
11.934,12 |
|
SI427A-2026-00000019-00 |
Asociación de Viúvas María Andrea |
G32014334 |
Apoiando na soidade |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.108 |
23.888,48 |
4.777,70 |
28.666,18 |
Nº mínimo: 26 |
71 |
70 % |
20.066,33 |
|
SI427A-2026-00000021-00 |
Asociación de Mulleres Algueirada de Manzaneda |
G32354227 |
Servizo de atención a mulleres maiores que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 81 |
20.831,16 |
4.166,23 |
24.997,39 |
Nº mínimo: 25 |
86 |
90 % |
22.497,65 |
|
SI427A-2026-00000022-00 |
Down Pontevedra Xuntos Asociación Síndrome de Down |
G36164887 |
Programa Intervención integral dirixido a mulleres coa síndrome de Down e discapacidade Intelectual e súas familiares mulleres |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.298 |
27.984,88 |
5.596,98 |
33.581,86 |
Nº mínimo: 30 |
72 |
70 % |
23.507,30 |
|
SI427A-2026-00000023-00 |
Fundación Érguete-Integración |
G36861078 |
Proxecto E.V.A. (Emprego-Visibilidade-Autonomía) |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.580 |
36.752,80 |
7.350,56 |
44.103,36 |
Nº mínimo: 40 |
85 |
90 % |
39.693,02 |
|
SI427A-2026-00000024-00 |
Asociación Arraianas |
G70179189 |
Programa Aloia |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.505 |
33.335,55 |
6.667,11 |
40.002,66 |
Nº mínimo: 36 |
94 |
90 % |
36.002,39 |
|
SI427A-2026-00000025-00 |
Asociación Mulleres Pedra da Vella |
G36837433 |
Amparando mulleres |
2.2.2026-31.8.2026 |
Grupo I: 832 |
34.641,92 |
6.928,38 |
41.570,30 |
Nº mínimo: 40 |
74 |
70 % |
29.099,21 |
|
SI427A-2026-00000026-00 |
ONG Mestura para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes |
G15940414 |
Programa Neneiras |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.552,5 |
33.471,90 |
6.694,38 |
40.166,28 |
Nº mínimo: 36 |
100 |
100 % |
40.000,00 |
|
SI427A-2026-00000027-00 |
Asociación Down Ourense |
G32311870 |
Programa de acompañamento integral dirixido a mulleres con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 250 |
23.706,80 |
4.741,36 |
28.448,16 |
Nº mínimo: 28 |
81 |
80 % |
22.758,53 |
|
SI427A-2026-00000028-00 |
Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia-Fademur |
G70101647 |
Servizo de atención a mulleres do rural en situación de vulnerabilidade |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.067 |
33.276,52 |
6.655,30 |
39.931,82 |
Nº mínimo: 37 |
80 |
80 % |
31.945,46 |
|
SI427A-2026-00000029-00 |
Asociación Síndrome de Down de Lugo |
G27202043 |
Atención integral para o fortalecemento das capacidades persoais, sociais e laborais das mulleres con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais da provincia de Lugo |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.118 |
24.104,08 |
4.820,82 |
28.924,90 |
Nº mínimo: 26 |
76 |
80 % |
23.139,92 |
|
SI427A-2026-00000030-00 |
Congregación Siervas de la Pasión |
R0800086A |
Xestando, programa integral para mulleres xestantes e/ou lactantes vulnerables |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.090 |
45.887,60 |
9.177,52 |
55.065,12 |
Nº mínimo: 20 |
78 |
80 % |
40.000,00 |
|
SI427A-2026-00000031-00 |
Asociación Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico-Adicam |
G36380301 |
Forza rapazas 2026! programa de apoderamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.127 |
24.298,12 |
4.859,62 |
29.157,74 |
Nº mínimo: 26 |
86 |
90 % |
26.241,97 |
|
SI427A-2026-00000032-00 |
Asociación Érguete Prevención e Intervención en Condutas Adictivas |
G36642726 |
Intervención desde unha perspectiva de xénero con mulleres reclusas ou exrreclusas. É-muller |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.720 |
37.083,20 |
7.416,64 |
44.499,84 |
Nº mínimo: 40 |
85 |
90 % |
40.000,00 |
|
SI427A-2026-00000033-00 |
Unión Xeral de Traballadores de Galicia-UGT Galicia |
G15383011 |
Servizo de atención a mulleres inmigrantes e emigrantes retornadas |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.471,6 |
31.727,70 |
6.345,54 |
38.073,24 |
Nº mínimo: 34 |
76 |
80 % |
30.458,59 |
|
SI427A-2026-00000034-00 |
Asociación Andaina Pro Saúde Mental |
G70264999 |
A(poder)arte: programa de igualdade |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 989 |
21.322,84 |
4.264,57 |
25.587,41 |
Nº mínimo: 23 |
86 |
90 % |
23.028,67 |
|
SI427A-2026-00000036-00 |
Asociación Xarela Formación-Animación |
G32261307 |
Valor-es, programa dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.623 |
34.991,88 |
6.998,38 |
41.990,26 |
Nº mínimo: 38 |
86 |
90 % |
37.791,23 |
|
SI427A-2026-00000038-00 |
Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia-Feafes |
G15545353 |
Atención integral a mulleres con problemas de saúde mental en situación de especial vulnerabilidade |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 40 |
33.905,60 |
6.781,12 |
40.686,72 |
Nº mínimo: 41 |
81 |
80 % |
32.549,38 |
|
SI427A-2026-00000040-00 |
Cruz Roja Española |
Q2866001G |
Cerca de ti |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.720 |
37.083,20 |
7.416,64 |
44.499,84 |
Nº mínimo: 40 |
75 |
80 % |
35.599,87 |
|
SI427A-2026-00000041-00 |
Asociación Red Madre Ourense |
G32394082 |
Nais |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo II: 619 |
24.413,80 |
4.882,76 |
29.296,56 |
Nº mínimo: 32 |
79 |
80 % |
23.437,25 |
|
SI427A-2026-00000042-00 |
Asociación Red Madre Pontevedra |
G27707686 |
Nais |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 615 |
25.687,90 |
5.137,58 |
30.825,48 |
Nº mínimo: 32 |
79 |
80 % |
24.660,38 |
|
SI427A-2026-00000044-00 |
Faraxa pola Abolición da Prostitución |
G27728658 |
Importas 8: atención integral ás mulleres inmigrantes en situación de especial vulnerabilidade |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.153 |
33.337,78 |
6.667,56 |
40.005,34 |
Nº mínimo: 38 |
84 |
80 % |
32.004,27 |
|
SI427A-2026-00000045-00 |
Auxilia Delegación de Lugo |
G08317059 |
Diversas pero iguais XII |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 550 |
11.858,00 |
2.371,60 |
14.229,60 |
Nº mínimo: 13 |
86 |
90 % |
12.806,64 |
|
SI427A-2026-00000046-00 |
Asociación Familiares Enfermos Alzhéimer Chantada |
G27320225 |
Gabinete de apoio á muller coidadora |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 564 |
33.337,44 |
6.667,49 |
40.004,93 |
Nº mínimo: 39 |
94 |
90 % |
36.004,44 |
|
SI427A-2026-00000047-00 |
Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra-Femupo |
G94200326 |
Femupo contigo |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.016 |
21.904,96 |
4.380,99 |
26.285,95 |
Nº mínimo: 24 |
88 |
90 % |
22.730,00 |
|
SI427A-2026-00000048-00 |
Asociación Puntodelas-Secretaría das Mulleres |
G70370119 |
Escola de igualdade |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 280 |
44.782,40 |
8.956,48 |
53.738,88 |
Nº mínimo: 53 |
69 |
70 % |
37.617,22 |
|
SI427A-2026-00000051-00 |
Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui |
G94194701 |
Integralab |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 415 |
18.595,40 |
3.719,08 |
22.314,48 |
Nº mínimo: 23 |
89 |
90 % |
20.083,03 |
|
SI427A-2026-00000053-00 |
Asociación de coaching para el Desarrollo Social y Comunitario Daleth |
G70480595 |
Bolboretas 10.0 |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.546 |
33.331,76 |
6.666,35 |
39.998,11 |
Nº mínimo: 36 |
81 |
80 % |
31.998,49 |
|
SI427A-2026-00000054-00 |
Down Vigo Asociación para el Síndrome de Down |
G36697324 |
Recursos integrais de atención personalizada e grupal de mulleres con síndrome de Down e discapacidade |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.720 |
37.083,20 |
7.416,64 |
44.499,84 |
Nº mínimo: 40 |
81 |
80 % |
35.599,87 |
|
SI427A-2026-00000058-00 |
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-Cogami |
G32115941 |
Servizo de atención especializada á muller con discapacidade |
1.1.2026-31.8.2026 |
Grupo I: 2.210,25 |
44.161,53 |
8.832,31 |
52.993,84 |
Nº mínimo: 51 |
75 |
80 % |
40.000,00 |
|
SI427A-2026-00000059-00 |
Asociación Labregas |
G15945686 |
Sensibilización e prevención social e dinamización comunitaria |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 448 |
47.348,48 |
9.469,70 |
56.818,18 |
Nº mínimo: 56 |
69 |
70 % |
39.772,73 |
|
SI427A-2026-00000060-00 |
Asociación para el Empoderamiento de Personas Vulnerables y o Riesgo de Exclusión-APERES |
G70573514 |
Programa APERES 25/26 de atención a mulleres |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 450 |
14.310,00 |
2.862,00 |
17.172,00 |
Nº mínimo: 16 |
89 |
90 % |
15.454,80 |
|
SI427A-2026-00000061-00 |
Valoresc Innovation |
G70377585 |
A tribo de Malala |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.254 |
30.989,24 |
6.197,85 |
37.187,09 |
Nº mínimo: 35 |
80 |
80 % |
29.749,67 |
|
SI427A-2026-00000062-00 |
Asociación Ecos do Sur |
G15354483 |
Apoio a nais |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.653 |
37.021,08 |
7.404,22 |
44.425,30 |
Nº mínimo: 40 |
94 |
90 % |
39.982,77 |
|
SI427A-2026-00000063-00 |
Asociación pola Igualdade e a Coeducación-Apico |
G94088549 |
Programa Apico 2025/2026: plan de loita, información e apoio integral para as vítimas de violencia de xénero |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 270 |
17.533,20 |
3.506,64 |
21.039,84 |
Nº mínimo: 20 |
88 |
90 % |
18.935,86 |
|
SI427A-2026-00000065-00 |
Asociación Mirabal |
G70312954 |
Programa Mimosa 2025/2026 |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 380 |
13.323,80 |
2.664,76 |
15.988,56 |
Nº mínimo: 15 |
88 |
90 % |
14.389,70 |
|
SI427A-2026-00000067-00 |
Asociación Redmadre Coruña |
G70180229 |
Briana |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 949 |
20.460,44 |
4.092,09 |
24.552,53 |
Nº mínimo: 22 |
79 |
80 % |
19.642,02 |
|
SI427A-2026-00000068-00 |
Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade A Lama A Ponte de Caldelas |
G94172277 |
Raíces seguras: atención integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade no rural |
1.1.2026-31.8.2026 |
Grupo I: 135 |
5.758,10 |
1.151,62 |
6.909,72 |
Nº mínimo: 7 |
80 |
80 % |
5.527,78 |
|
SI427A-2026-00000069-00 |
ONGD Senvalos |
G70610282 |
Programa Valía |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.840 |
42.417,40 |
8.483,48 |
50.900,88 |
Nº mínimo: 47 |
94 |
90 % |
40.000,00 |
|
SI427A-2026-00000070-00 |
Asociación Síndrome de Down da Coruña |
G15731466 |
Atención integral e inclusión laboral de mulleres con discapacidade intelectual |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 946 |
20.395,76 |
4.079,15 |
24.474,91 |
Nº mínimo: 22 |
79 |
80 % |
19.579,93 |
|
SI427A-2026-00000071-00 |
Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia |
G15068091 |
Recursos especializados para mulleres xordas |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.295 |
27.920,20 |
5.584,04 |
33.504,24 |
Nº mínimo: 30 |
80 |
80 % |
26.803,39 |
|
SI427A-2026-00000073-00 |
Fundación Amigos de Galicia |
G15859911 |
A-podérate 2026-programa integral de atención especializada a mulleres en situación de exclusión |
1.10.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 580 |
31.320,80 |
6.264,16 |
37.584,96 |
Nº mínimo: 36 |
80 |
80 % |
30.067,97 |
|
SI427A-2026-00000074-00 |
Cáritas Diocesana de Tui-Vigo |
R3600368I |
Agarimo XI |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 900 |
19.404,00 |
3.880,80 |
23.284,80 |
Nº mínimo: 21 |
67 |
70 % |
16.299,36 |
|
SI427A-2026-00000075-00 |
Asociación Penitenciaria Concepción Arenal |
G27119809 |
Atención integral a mulleres en situación pre, intra e post penitenciaria e familiares afectadas |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.645 |
35.466,20 |
7.093,24 |
42.559,44 |
Nº mínimo: 38 |
91 |
90 % |
38.303,50 |
|
SI427A-2026-00000076-00 |
Asociación Limisi |
G32302671 |
Tecendo sororidade |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 900 |
38.604,00 |
7.720,80 |
46.324,80 |
Nº mínimo: 44 |
80 |
80 % |
37.059,84 |
|
SI427A-2026-00000077-00 |
Asociación Ámbar |
G15052434 |
OIGO. Programa integral de apoderamento e autoxestión para mulleres |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 192 |
10.550,42 |
2.110,08 |
12.660,50 |
Nº mínimo: 13 |
81 |
80 % |
10.128,40 |
|
SI427A-2026-00000080-00 |
Asociación Diversidades |
G27783950 |
Donas 2025-26 |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.364 |
33.377,59 |
6.675,52 |
40.053,11 |
Nº mínimo: 37 |
76 |
80 % |
32.042,49 |
|
SI427A-2026-00000082-00 |
Federación Escuelas Familiares Agrarias Galicia |
G15299357 |
Mulleres que suman |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.720 |
37.083,20 |
7.416,64 |
44.499,84 |
Nº mínimo: 40 |
89 |
90 % |
40.000,00 |
|
SI427A-2026-00000083-00 |
Asociación Albores Saúde Mental |
G27252279 |
Redemente 2025-2026 |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 265 |
9.203,30 |
1.840,66 |
11.043,96 |
Nº mínimo: 11 |
94 |
90 % |
9.939,56 |
|
SI427A-2026-00000084-00 |
Asociación Veciñal As Termas |
G32334989 |
Espazo veciñal de apoio ás mulleres |
1.12.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 492 |
10.607,52 |
2.121,50 |
12.729,02 |
Nº mínimo: 11 |
78 |
80 % |
9.209,72 |
|
SI427A-2026-00000085-00 |
Agrupación de Asociacións Veciñais do Rural e Periferia do Concello Ourense-Miño |
G32408023 |
Rede veciñal de mulleres |
1.9.2025-30.8.2026 |
Grupo I: 780 |
16.816,80 |
3.363,36 |
20.180,16 |
Nº mínimo: 18 |
84 |
80 % |
16.144,13 |
|
SI427A-2026-00000086-00 |
Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus |
G15681000 |
Mulleres tecendo redes |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.720 |
37.083,20 |
7.416,64 |
44.499,84 |
Nº mínimo: 40 |
89 |
90 % |
40.000,00 |
|
SI427A-2026-00000087-00 |
Asociación Antonio Noche |
G15210388 |
Confeccionando o teu futuro |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 1.410 |
33.103,92 |
6.620,78 |
39.724,70 |
Nº mínimo: 36 |
88 |
90 % |
35.752,23 |
ANEXO II
Lista de espera
|
Orde lista espera |
Nº de expte. |
Entidade |
NIF |
Denominación do programa |
Datas de inicio e de fin do programa |
Nº de horas imputadas ao programa |
Custo persoal segundo o custo unitario hora |
Importe 20 % tipo fixo |
Total gasto elixible |
Nº mínimo de usuarias |
Ptos. |
|
1 |
SI427A-2026-00000010-00 |
Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol |
G15458060 |
Mulleresteimudas: apoio na etapa adulta ás mulleres coa síndrome de Down e discapacidade intelectual |
1.9.2025-29.7.2026 |
Grupo I: 774 |
16.687,44 |
3.337,49 |
20.024,93 |
Nº mínimo: 18 |
66,00 |
|
2 |
SI427A-2026-00000017-00 |
Federación Aspace Galicia |
G36344950 |
Atención especializada a mulleres con parálise cerebral |
1.1.2026-31.8.2026 |
Grupo II: 1.505 |
28.896,00 |
5.779,20 |
34.675,20 |
Nº mínimo: 35 |
65,00 |
|
3 |
SI427A-2026-00000004-00 |
CIMO, Entidad Prestadora de Servicios |
G32010449 |
Actívate |
1.1.2026-31.8.2026 |
Grupo I: 348 |
7.502,88 |
1.500,58 |
9.003,46 |
Nº mínimo: 8 |
65,00 |
|
4 |
SI427A-2026-00000043-00 |
Fundación Ronsel |
G15752660 |
Córdoba: apoderamento da muller migrante e retornada galega a través do emprego e do emprendemento |
1.1.2026-31.8.2026 |
Grupo II: 1.161 |
22.291,20 |
4.458,24 |
26.749,44 |
Nº mínimo: 27 |
65,00 |
|
5 |
SI427A-2026-00000020-00 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer y otras Demencias de Galicia-Afaga |
G36776920 |
Programa de atención integral ás mulleres coidadoras de persoas con demencia |
1.9.2025-31.8.2026 |
Grupo I: 2.550 |
54.978,00 |
10.995,60 |
65.973,60 |
Nº mínimo: 59 |
62,00 |
|
6 |
SI427A-2026-00000035-00 |
Asociación Woman Defense Solidaria |
G10547644 |
Woman Defense en Galicia |
1.6.2026-31.8.2026 |
Grupo II: 100 |
9.290,00 |
1.858,00 |
11.148,00 |
Nº mínimo: 13 |
58,00 |
|
7 |
SI427A-2026-00000056-00 |
Asociación O Son do Pobo |
G94017704 |
Programa integral inserción e regularización sociolaboral mulleres inmigrantes en situación irregular |
1.4.2026-31.8.2026 |
Grupo I: 800 |
17.248,00 |
3.449,60 |
20.697,60 |
Nº mínimo: 19 |
57,00 |
|
8 |
SI427A-2026-00000039-00 |
Aspnais-Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo |
G27018365 |
Programa de igualdade para as mulleres con discapacidade intelectual de Aspnais |
1.9.2025-15.7.2026 |
Grupo I: 560 |
29.525,60 |
5.905,12 |
35.430,72 |
Nº mínimo: 35 |
56,00 |
|
9 |
SI427A-2026-00000050-00 |
Asociación de Atención a la Parálisis Cerebral y Afines Amencer-Aspace |
G36153757 |
Coidar(se): Coidarse para coidar |
1.9.2025-31.7.2026 |
Grupo I: 188,5 |
15.077,19 |
3.015,44 |
18.092,63 |
Nº mínimo: 20 |
55,00 |
|
10 |
SI427A-2026-00000064-00 |
Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo |
G36928646 |
A inserción no camiño cara á igualdade |
2.3.2026-31.8.2026 |
Grupo II: 480 |
9.216,00 |
1.843,20 |
11.059,20 |
Nº mínimo: 11 |
52,00 |
|
11 |
SI427A-2026-00000079-00 |
Asociación Coruñesa de Esclerosis Múltiple |
G15510266 |
Programa de acollida e información a mulleres con esclerose múltiple |
1.1.2026-31.8.2026 |
Grupo I: 1.048 |
22.594,88 |
4.518,98 |
27.113,86 |
Nº mínimo: 24 |
51,00 |
|
12 |
SI427A-2026-00000052-00 |
Asociación Axel-Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses |
G27305218 |
Triple E: Emprego, Apoderamento e Aprendemento |
6.4.2026-31.8.2026 |
Grupo I: 160 |
13.858,10 |
2.771,62 |
16.629,72 |
Nº mínimo: 18 |
46,00 |
ANEXO III
Solicitudes excluídas e desistidas
|
Nº de expte. |
Entidade |
NIF |
Denominación do programa |
Causa |
|
SI427A-2026-00000066-00 |
Asociación de Mulleres Rurais entre Mulleres |
G75632000 |
Mulleres que importan |
Artigo 5.10 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos. |
|
SI427A-2026-00000002-00 |
Asociación Cultural Progreso |
G70232202 |
Programa Acompáñate no RURAL |
Desistencia expresa: artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. |
|
SI427A-2026-00000037-00 |
Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo |
G70464334 |
Espazo integral de acompañamento para mulleres |
Artigo 12.1 das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 18 de marzo de 2026 (DOG núm. 58, do 27 de marzo). |
|
SI427A-2026-00000049-00 |
Fundación Amigó |
G81454969 |
Acompañando |
Artigo 12.1 das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 18 de marzo de 2026 (DOG núm. 58, do 27 de marzo). |
|
SI427A-2026-00000055-00 |
A Casa das Redes, S. Coop. Galega |
F75415836 |
Programa Mulleres Atlánticas 360º-Baiona-Nigrán |
Artigo 4.2 das bases reguladoras: entidade que está excluída do ámbito de aplicación da convocatoria. |
|
SI427A-2026-00000057-00 |
Asociación Xuvenil Cultural Staccato |
G36592582 |
Programa de musicoterapia para a inclusión social, benestar emocional e participación comunitaria |
Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). |
|
SI427A-2026-00000072-00 |
Asociación Rexurdir de Actividades Sociales |
G36046241 |
Avanza: itinerarios de inserción sociolaboral para mulleres migrantes |
Artigo 12.1 das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 18 de marzo de 2026 (DOG núm. 58, do 27 de marzo). |
|
SI427A-2026-00000078-00 |
Asociación Ayuda al Desahuciado |
G94121597 |
- |
Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). |
|
SI427A-2026-00000081-00 |
Alianza de Mulleres Rurais |
G27873660 |
Rede de apoio integral para mulleres (RAM) |
Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). |
