O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,
DISPOÑO:
Artigo único. Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2026
O presidente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
P.D. (Resolución do 8.3.2019; DOG núm. 54, do 18 de marzo)
María Adela Quinzá-Torroja García
Xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
ANEXO
|
Convenio |
Obxecto |
Importe achegado polo Issga |
Data de sinatura |
|
Convenio de colaboración entre o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) e Quirónprevención para a realización de rotacións na formación de residentes de medicina e enfermaría do traballo, nos centros territoriais do Issga. |
Fixar as pautas e mecanismos de rotación dos residentes da Unidade docente de Medicina de Saúde Laboral (UDMSL) de Quirónprevención nos centros territoriais do Issga da Coruña e Pontevedra, coa finalidade de establecer unha adecuada programación e verificación do correcto desenvolvemento da colaboración. |
0,00 € |
4.2.2026 |
