
Con data do 3 de febreiro de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia número 22 a Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI435A). A denominación correspondente a estas axudas é a seguinte: axudas e subvencións a entidades locais: Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero.
Para o financiamento desta convocatoria destínase un crédito por un importe total de seiscentos cincuenta mil euros (650.000,00 €) con cargo á aplicación 08.07.313B.460.0, código de proxecto 2023 00095, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
Durante a fase de instrución das solicitudes recibidas na Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, e unha vez feitas as emendas e comprobado o cumprimento dos requisitos establecidos, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 13.2.
O órgano instrutor, tras a baremación e segundo o informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 13.4, elevou ao órgano competente, á Dirección Xeral de Promoción da Igualdade que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente resolución con data do 4 de maio de 2026.
Segundo o artigo 15.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 4 de maio de 2026, ditada ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI435A), e que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 4 de maio de 2026 pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2026
María Quintiana Pérez
Directora xeral de Promoción da Igualdade
ANEXO
Resolución do 4 de maio de 2026 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, convocadas pola Orde do 26 de decembro de 2025, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento SI435A)
Antecedentes:
Primeiro. Con data do 3 de febreiro de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 26 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI435A).
Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2026 as subvencións ás entidades locais de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, para o desenvolvemento de actuacións de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero, dirixidas a mulleres que pertenzan a colectivos en risco de exclusión ou estean nalgunha situación de vulnerabilidade, de cara a mellorar a súa situación social, laboral e profesional.
A denominación e o código de procedemento correspondente a estas axudas é o seguinte: axudas e subvencións a entidades locais: Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero (SI435A).
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.4 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 13.4 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes seguindo os criterios e pautas establecidos no artigo 14, a Comisión de Valoración emitirá un informe segundo o cal o órgano instrutor formulará a proposta de resolución ao órgano competente para resolver a concesión ou denegación da subvención solicitada, e propoñerá a concesión de subvención segundo a orde de puntuación e polo importe da axuda que corresponda ata esgotar o crédito dispoñible.
No suposto de esgotar o crédito dispoñible segundo o establecido no artigo 2, o resto das solicitudes consideradas subvencionables quedará en reserva para seren atendidas no caso de producirse algunha renuncia ou algún incremento do crédito inicialmente dispoñible, de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, o órgano instrutor poderá formular sucesivas propostas de resolución complementarias seguindo a orde de puntuación obtida.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 15.1 das bases reguladoras as resolucións que procedan ao abeiro desta orde serán ditadas pola persoa titular da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, que actuará por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade, logo da proposta do órgano instrutor, e, no caso de que o seu contido sexa a concesión da subvención, tras a súa fiscalización pola Intervención delegada.
Sexto. Segundo o artigo 15.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida polo órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención delegada, a directora xeral de Promoción da Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Conceder as subvencións para o financiamento das entidades locais que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 14 das bases reguladoras, pola contía e para o desenvolvemento das actuacións que figuran no anexo, por un importe total de 644.694,62 €, con cargo á aplicación 08.07.313B.460.0, código de proxecto 2023 00095, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
Segundo. No anexo II relaciónanse as solicitudes que quedan na lista de espera por se ter esgotado o crédito dispoñible para seren atendidas no caso de producirse algunha renuncia ou algún incremento do crédito inicialmente dispoñible, de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, o órgano instrutor poderá formular sucesivas propostas de resolución complementarias seguindo a orde de puntuación obtida.
Terceiro. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.
Cuarto. Informar ás entidades locais beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) As axudas do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A) están cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 no obxectivo político 4: Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico ES04.8: Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos e medida 2.H.03: Programa de atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras:
As axudas previstas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra subvención pública co mesmo obxecto e finalidade.
Así mesmo, se a actuación subvencionada xera ingresos como consecuencia de taxas de inscrición, matrículas ou equivalentes, o seu importe será deducido do gasto subvencionable despois de aplicar o tipo fixo no momento da concesión da axuda, en atención aos declarados, obtidos ou previstos na solicitude de axuda. Para o caso de que os ingresos obtidos non se fixesen constar na solicitude ou fosen superiores aos declarados nela, a dedución farase ou reaxustarase no momento do pagamento final.
c) As beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 20 (Obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.
d) No artigo 22 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, se é o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez notificada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar as actuacións subvencionadas no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicalo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 19.1 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento en concepto de anticipo con anterioridade á xustificación da axuda, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da resolución e aceptada por parte da entidade. Cando o importe da subvención non supere os 18.000,00 €, o anticipo acadará o 80 % da subvención concedida. No caso de que o importe da subvención concedida supere os 18.000,00 €, prevese, ademais, o pagamento anticipado dun 10 % adicional sobre o importe que exceda os 18.000,00 €.
Unha vez presentada a xustificación, realizarase o libramento final da axuda concedida, pola contía que corresponda, deducido, de ser o caso, o importe aboado en concepto de anticipo.
g) O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o seguinte:
Serán subvencionables os gastos xerados entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026, ambos os dous incluídos.
h) A data límite para a presentación da documentación xustificativa necesaria para proceder ao pagamento da subvención é o 13 de outubro de 2026.
i) As actuacións correspondentes ao Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A) xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados consonte o disposto nos artigos 53.1.d) e 56.1 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, segundo os custos directos de persoal subvencionables, aos cales se engade un tipo fixo do 10 % para financiar o resto de custos subvencionables da actuación.
j) A aceptación da subvención podería implicar a súa aparición na lista de operacións que se publique nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.
Quinto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Promoción da Igualdade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 26.12.2025; DOG núm. 22, de 3 de febreiro). María Quintiana Pérez. Directora xeral de Promoción da Igualdade.
ANEXO I
Concesións
|
Núm. de expediente |
Entidade (orde alfabética) |
NIF |
Nome da medida |
Gasto |
Puntuación |
Concesión (€) |
|
SI435A 2026-42 |
Concello da Bola |
P3201500J |
Programa de promoción da igualdade Concello da Bola |
4.125,00 |
48,00 |
3.712,50 |
|
SI435A 2026-51 |
Concello da Caniza agrupado con Covelo |
P3600900I |
Programa Clara |
17.600,00 |
64,00 |
16.720,00 |
|
SI435A 2026-05 |
Concello da Guarda |
P3602300J |
Atención integral a mulleres vítimas de violencia de xénero e ás súas fillas e fillos |
7.260,00 |
49,00 |
6.534,00 |
|
SI435A 2026-33 |
Concello da Mezquita |
P3204900I |
Nós outras mulleres VI |
15.400,00 |
47,00 |
13.860,00 |
|
SI435A 2026-57 |
Concello da Peroxa |
P3206000F |
Apoderamento das mulleres da Peroxa |
16.500,00 |
48,00 |
14.850,00 |
|
SI435A 2026-45 |
Concello da Veiga |
P3208400F |
A Parada: programa municipal de apoderamento e prevención das violencias machistas |
14.850,00 |
45,00 |
13.365,00 |
|
SI435A 2026-76 |
Concello de Amoeiro agrupado con Coles |
P3200300F |
Programa Emilia |
19.139,78 |
73,00 |
18.182,79 |
|
SI435A 2026-78 |
Concello de Arzúa agrupado con Boimorto e Santiso |
P1500600J |
Tecendo Irmandade |
9.900,00 |
59,00 |
9.405,00 |
|
SI435A 2026-70 |
Concello de Avión |
P3200500A |
VII escola de empoderamento feminino |
16.500,00 |
42,00 |
14.850,00 |
|
SI435A 2026-47 |
Concello de Bande |
P3200700G |
Igualbande-Servizo de promoción da igualdade e prevención da violencia |
15.950,00 |
53,00 |
14.355,00 |
|
SI435A 2026-79 |
Concello de Barbadás agrupado con Ramirás |
P3200900C |
Programa Luz Pozo Garza |
16.500,00 |
68,00 |
15.675,00 |
|
SI435A 2026-46 |
Concello de Boborás |
P3201400C |
Mulleres empoderadas en Boborás 2026 |
16.500,00 |
52,00 |
14.850,00 |
|
SI435A 2026-64 |
Concello de Calvos de Randín agrupado cos Blancos |
P3201700F |
Programa Raíñas |
18.590,00 |
71,00 |
17.660,50 |
|
SI435A 2026-55 |
Concello de Carballeda de Avia |
P3201900B |
Apodérate: fórmate dende o rural |
16.417,50 |
43,00 |
14.775,75 |
|
SI435A 2026-73 |
Concello de Chandrexa de Queixa |
P3203000I |
Mulleres empoderadas Chandrexa |
14.960,00 |
52,00 |
13.464,00 |
|
SI435A 2026-37 |
Concello de Coirós agrupado con Aranga, Irixoa e Oza Cesuras |
P1502700F |
Programa Violeta |
18.150,00 |
88,00 |
18.150,00 |
|
SI435A 2026-23 |
Concello de Cuntis |
P3601500F |
Promoción da igualdade e prevención de violencia de xénero |
7.273,46 |
41,00 |
6.546,12 |
|
SI435A 2026-53 |
Concello de Curtis agrupado con Sobrado |
P1503200F |
Igualdade 365 |
30.800,00 |
71,00 |
28.000,00 |
|
SI435A 2026-39 |
Concello de Dodro |
P1503300D |
Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero para mulleres |
8.463,93 |
43,00 |
7.617,54 |
|
SI435A 2026-27 |
Concello de Lobios |
P3204300B |
Escola de empoderamento do Xurés 2026 |
15.306,50 |
48,00 |
13.775,85 |
|
SI435A 2026-81 |
Concello de Manzaneda agrupado co Bolo |
P3204500G |
Activa 2026 |
30.800,00 |
72,00 |
28.000,00 |
|
SI435A 2026-28 |
Concello de Maside |
P3204600E |
VI Escola de empoderamento Maside 2026 |
12.925,00 |
51,00 |
11.632,50 |
|
SI435A 2026-62 |
Concello de Mos |
P3603300I |
Tempos de muller |
16.500,00 |
42,00 |
14.850,00 |
|
SI435A 2026-56 |
Concello de Nogueira de Ramuín agrupado con Esgos e Paderne de Allariz |
P3205300A |
Programa de igualdade e prevención da violencia de xénero Maruxa Mallo |
19.299,50 |
72,00 |
18.334,53 |
|
SI435A 2026-65 |
Concello de Paderne |
P1506500F |
Servizo de asesoría xurídico social |
16.500,00 |
49,00 |
14.850,00 |
|
SI435A 2026-12 |
Concello de Ribadavia |
P3207000E |
Apoderamento e igualdade no Concello de Ribadavia |
16.479,10 |
52,00 |
14.831,19 |
|
SI435A 2026-77 |
Concello de Ribadumia |
P3604600A |
Aprendéndonos, programa de atención, orientación e acompañamento para a mellora da vida persoal, social e laboral |
16.371,30 |
49,00 |
14.734,17 |
|
SI435A 2026-80 |
Concello de Salceda de Caselas agrupado coas Neves e Salvaterra de Miño |
P3604900E |
Programa Xuntas |
19.898,45 |
76,00 |
19.898,45 |
|
SI435A 2026-38 |
Concello de San Amaro agrupado con Cenlle |
P3207500D |
Lansbricae |
33.000,00 |
67,00 |
28.000,00 |
|
SI435A 2026-24 |
Concello de San Xoán de Río agrupado con Larouco |
P3207100C |
En rede 2026 |
30.800,00 |
72,00 |
28.000,00 |
|
SI435A 2026-75 |
Concello de Santa Comba |
P1507800I |
Sei Senda entre iguais |
11.192,50 |
46,00 |
10.073,25 |
|
SI435A 2026-72 |
Concello de Tomiño |
P3605400E |
Programa Of. municipal Igualdade: Atención e prevención da violencia de xénero e outras situacións de vulnerabilidade. Tomiño 26 |
25.161,95 |
45,00 |
15.000,00 |
|
SI435A 2026-40 |
Concello de Verea |
P3208500C |
Tempos de mulleres |
14.960,00 |
47,00 |
13.464,00 |
|
SI435A 2026-34 |
Concello de Vilar de Santos |
P3209100A |
Programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero |
10.450,00 |
47,00 |
9.405,00 |
|
SI435A 2026-63 |
Concello de Vimianzo |
P1509300H |
Programa de promoción da igualdade e prevención e intervención da violencia de xénero |
16.371,30 |
46,00 |
14.734,17 |
|
SI435A 2026-30 |
Concello de Xinzo de Limia |
P3203300C |
Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero: Espazo Benquerer |
11.000,00 |
44,00 |
9.900,00 |
|
SI435A 2026-10 |
Concello de Xunqueira de Ambía agrupado con Vilar de Barrio, Sandiás e Rairiz de Veiga |
P3203700D |
Programa Rosalía de promoción de igualdade e prevención de VX para mulleres en situación de vulnerabilidade |
19.831,90 |
74,00 |
18.840,31 |
|
SI435A 2026-11 |
Concello de Xunqueira de Espadanedo |
P3203800B |
Mediación comunitaria con mulleres rurais para prevención de violencias relacionais e fortalecemento autonomía persoal |
6.600,00 |
41,00 |
5.940,00 |
|
SI435A 2026-50 |
Concello do Castro de Caldelas agrupado con Montederramo |
P3202400B |
Programa mulleres caldelás |
19.580,00 |
71,00 |
18.601,00 |
|
SI435A 2026-13 |
Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín |
P3200025I |
Programa integral de acompañamento familiar e promoción da saúde para a prevención da violencia de xénero (PIAF-VG) |
17.050,00 |
82,00 |
17.050,00 |
|
SI435A 2026-41 |
Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Conso – Frieiras |
P3200016H |
En clave de muller VI |
16.500,00 |
76,00 |
16.500,00 |
|
SI435A 2026-26 |
Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria Terra de Celanova |
P8202502D |
Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero |
27.060,00 |
63,00 |
25.707,00 |
|
Total |
644.694,62 |
|||||
(*) Custos directos de persoal máis un 10 % e menos os ingresos, de ser o caso.
ANEXO II
Lista de espera
|
Núm. de |
Entidade (orde puntuación) |
NIF |
Nome da medida |
Gasto elixible (€) (*) |
Puntuación |
Importe que lle correspondería segundo puntuación (€) |
|
SI435A 2026-67 |
Concello de Tui |
P3605500B |
Feminino plural |
23.958,00 |
41,00 |
15.000,00 |
|
SI435A 2026-22 |
Concello de Vilasantar |
P1509100B |
Movéndonos en morado |
16.230,24 |
40,50 |
14.607,21 |
|
SI435A 2026-69 |
Concello de Pontedeume |
P1507000F |
Servizo para alfabetización e integración social das mulleres inmigrantes Concello de Pontedeume 2026 |
10.010,00 |
40,50 |
9.009,00 |
|
SI435A 2026-03 |
Concello de Guitiriz |
P2702200C |
Servizo de atención psicolóxica a mulleres en situación de vulnerabilidade |
26.552,48 |
39,00 |
15.000,00 |
|
SI435A 2026-17 |
Concello de Allariz |
P3200200H |
Atención a mulleres |
30.324,56 |
39,00 |
15.000,00 |
|
SI435A 2026-04 |
Concello de Fene |
P1503600G |
Prevención da violencia de xénero |
12.534,87 |
39,00 |
10.027,90 |
|
SI435A 2026-66 |
Concello de Rois |
P1507500E |
Espazos de mulleres |
4.730,00 |
36,00 |
3.784,00 |
|
SI435A 2026-07 |
Concello de Soutomaior |
P3605300G |
Espazo autocoidado |
13.816,56 |
36,00 |
11.053,25 |
|
SI435A 2026-09 |
Concello de Piñor |
P3206200B |
«Por elas» Escola de empoderamento de mulleres do Concello de Piñor |
6.983,40 |
35,50 |
5.586,72 |
|
SI435A 2026-54 |
Concello de Maceda |
P3204400J |
Espazo mulleres |
17.908,00 |
35,50 |
14.326,40 |
|
SI435A 2026-16 |
Concello de Melón |
P3204700C |
Empoderamento da muller |
15.945,38 |
35,00 |
12.756,30 |
|
SI435A 2026-18 |
Concello de Ponteareas |
P3604200J |
Programa Sostén: atención integral e acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero |
18.150,00 |
35,00 |
14.520,00 |
|
SI435A 2026-43 |
Concello de Marín |
P3602600C |
Programa Marín con M de mulleres |
16.500,00 |
35,00 |
13.200,00 |
|
SI435A 2026-59 |
Concello de Vedra |
P1509000D |
Mulleres + |
4.867,50 |
34,00 |
3.894,00 |
|
SI435A 2026-82 |
Concello de Valdoviño |
P1508800H |
Atopámonos entre nós |
4.400,00 |
34,00 |
3.520,00 |
|
SI435A 2026-01 |
Concello de Moraña |
P3603200A |
Programa de prevención, avaliación e intervención psicolóxica no ámbito da igualdade para persoas con diversidade funcional ou enfermidade mental |
5.236,00 |
33,00 |
4.188,80 |
|
SI435A 2026-68 |
Concello de Silleda |
P3605200I |
Apdera-t: escola de apoderamento de Silleda |
18.004,80 |
33,00 |
14.403,84 |
|
SI435A 2026-83 |
Concello da Pobra de Trives |
P3206400H |
Trives en igualdade 2026: atención e empoderamento no rural |
10.175,00 |
32,50 |
8.140,00 |
|
SI435A 2026-08 |
Concello das Pontes de García Rodríguez |
P1507100D |
Espazo de apoderamento: de contos de fadas a historias reais sen contos |
2.994,75 |
32,50 |
2.395,80 |
|
SI435A 2026-31 |
Concello de Ortigueira |
P1506200C |
Fiadeiras |
3.190,00 |
32,50 |
2.552,00 |
|
SI435A 2026-25 |
Concello de Vigo |
P3605700H |
Programa de inserción sociolaboral a mulleres en situación ou risco de prostitución ou explotación sexual |
11.374,00 |
32,00 |
9.099,20 |
|
SI435A 2026-61 |
Concello de Caldas de Reis |
P3600500G |
Caldas coida á infancia |
6.050,00 |
30,50 |
4.840,00 |
|
SI435A 2026-71 |
Concello de Vilalba |
P2706500B |
Escola de apoderamento |
2.970,00 |
30,00 |
2.376,00 |
|
SI435A 2026-48 |
Concello de Celanova |
P3202500I |
Programa de apoio e atención psicolóxica ás mulleres vulnerables 2026 |
10.164,00 |
29,00 |
8.131,20 |
|
SI435A 2026-06 |
Concello da Pobra do Caramiñal |
P1506800J |
Promoción da igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero |
20.623,90 |
29,00 |
15.000,00 |
|
SI435A 2026-02 |
Concello de Cangas de Morrazo |
P3600800A |
Atención psicolóxica a nenos e nenas, adolescentes e ás súas nais con exposición á violencia de xénero |
14.476,00 |
28,00 |
11.580,80 |
|
SI435A 2026-58 |
Concello de Ribeira |
P1507400H |
Itinerarios socioeducativos de empoderamento e autonomía para mulleres en situación de vulnerabilidade |
13.200,00 |
28,00 |
10.560,00 |
|
SI435A 2026-35 |
Concello de Nigrán |
P3603500D |
Programa Conecta-T destinado ao apoderamento das mulleres |
5.896,00 |
26,00 |
4.716,80 |
|
SI435A 2026-19 |
Concello de Vilanova de Arousa |
P3606100J |
Programa de apoio e atención psicolóxica ás mulleres vulnerables 2026 |
10.164,00 |
25,00 |
8.131,20 |
|
SI435A 2026-20 |
Concello de Gondomar |
P3602100D |
Programa de apoderamento dixital |
10.664,50 |
24,50 |
8.531,60 |
|
SI435A 2026-60 |
Concello de Monforte de Lemos |
P2703100D |
Programa para a promocion da empregabilidade feminina |
3.445,20 |
23,00 |
2.756,16 |
|
SI435A 2026-21 |
Concello de Ponte Caldelas |
P3604300H |
Programa de obradoiros creativos autoestimarte |
1.464,10 |
22,50 |
1.171,28 |
|
SI435A 2026-36 |
Concello de Ames |
P1500200I |
Programa de apoio e atención psicolóxica ás mulleres vulnerables 2026 |
10.164,00 |
22,00 |
8.131,20 |
|
SI435A 2026-32 |
Concello de Teo |
P1508300I |
Programa integral de apoderamento feminista |
5.648,50 |
21,50 |
4.518,80 |
|
SI435A 2026-49 |
Concello de Mugardos |
P1505200D |
Obradoiro de prevención da violencia |
1.870,00 |
21,00 |
1.496,00 |
|
SI435A 2026-44 |
Concello de Baiona |
P3600300B |
Promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero |
6.270,00 |
20,00 |
4.389,00 |
|
SI435A 2026-52 |
Concello do Porriño |
P3603900F |
Curso de prevención, detección e atención da violencia sexual |
11.000,00 |
19,50 |
7.700,00 |
|
SI435A 2026-29 |
Concello de Betanzos |
P1500900D |
Sanamente empoderadas |
4.400,00 |
18,50 |
3.080,00 |
|
SI435A 2026-14 |
Concello de Redondela |
P3604500C |
Programa Sinerxias: acompañamento emocional e apoio mutuo |
2.530,00 |
14,50 |
1.771,00 |
(*) Custos directos de persoal máis un 10 % e menos os ingresos, de ser o caso.
ANEXO III
Solicitudes excluídas e desistidas
|
Núm. de expediente |
Entidade local |
NIF |
Nome da medida |
Causa |
|
SI435A 2026-15 |
Concello de Marín |
P3602600C |
Marín con M de mulleres |
Desistencia expresa |
|
SI435A 2026-74 |
Concello de Valdoviño |
P1508800H |
Atopámonos entre nós |
Desistencia expresa |
