Expediente: IN407A 2025/029-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Modificado 1 do proxecto para LMTS, CTC, RBT Anós.
Concello: Cabana de Bergantiños.
Feitos:
1. O día 19.2.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Por mor do fin da vida útil do centro de transformación CTI Anós (15ACX6) emprazado no lugar de Anós-Guisande, parroquia de Anós (Santo Estevo), concello de Cabana de Bergantiños, proxéctase a súa substitución por un de tipo compacto prefabricado de 250 kVA de potencia e unha liña de media tensión soterrada de 26 m que o conectará coa liña de distribución CBA810 (IN407A 07/174), procedente da subestación Cabana, e dúas novas saídas de baixa tensión.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Modificado 1 do proxecto para LMTS, CTC, RBT Anós (Cabana de Bergantiños), asinado o día 26.11.2025 por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial especialidade Electricidad, nº de colexiado 1534 de Galicia.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Cabana de Bergantiños. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
4. O día 31.3.2026 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas en Anós-Guisande, Anós, concello de Cabana de Bergantiños, e as súas características técnicas son as seguintes:
• Proxéctase a instalación dun centro de transformación manobra exterior, tipo 2L1P, cunha potencia de 250 kVA/15 kV con envolvente prefabricada de formigón, alimentado pola liña de media CBA810.
• O centro de transformación proxectado conectarase á rede mediante liña de media tensión soterrada a 15 kV, cunha lonxitude de 26 metros de condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, baixo tubo, coa orixe na LMTS CBA810 (expte. IN407A 2007/174-1) e final na mesma liña unha vez entre e saía do centro de transformación proxectado.
• Tanto as celas de liña como as de protección serán de tipo compactas e con corte SF6.
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 21 de abril de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
