Expediente: IN407A 2026/071-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Desmontaxe CT r/ Gerona-15CKT7 (Carballo).
Concello: Carballo.
Feitos:
Ao abeiro do artigo 135 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o día 9.3.2026, Elena Navarro Cuellas, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., achegou unha solicitude de autorización administrativa para o peche definitivo das instalacións recollidas no proxecto denominado Desmontaxe CT r/ Gerona-15CKT7 (Carballo), asinado o 27.2.2026 por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado 2.980 de Vigo.
Por mor do fin da súa vida útil, proxéctase desmontar o actual CT 15CKT7-r/ Gerona (expediente 148/98, con data de APS do 21.2.2002 e potencia regularizada de 400 kVA), situado na planta baixa de edificio e cuxa rede de baixa tensión actual será asumida na súa totalidade polo CT 15SLDB-r/ Tarragona (expediente 458/04).
Proxéctase un empalme MT no PAR existente situado á saída do CT 15CKT7-r/Gerona para dar continuidade ás liñas de baixa tensión.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febrero), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
Terceira. As instalacións atópanse na rúa Gerona, concello de Carballo, e as súas características técnicas son as seguintes:
CT por desmantelar:
• Tensión nominal: 15 kV.
• Potencia: 400 kVA (para desmontar).
• Relación de transformación: 15.000/400 V.
• Localización: rúa Gerona, 1.
• Tipo de centro de transformación: compacto 2L1P 400 kVA/15 kV sen envolvente exterior.
• Illante: aceite.
LMTS: empalme MT no PAR existente situado á saída do CT 15CKT7-r/ Gerona para dar continuidade ás liñas de MT existentes.
Cuarta. No expediente consta un informe favorable do 20.4.2026, emitido polos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o sinalado,
RESOLVO:
I. Conceder a autorización administrativa de peche da dita instalación de distribución eléctrica.
II. O desmantelamento da instalación executarase no prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da comunicación desta resolución, e producirase a caducidade da autorización de non se realizaren os traballos no prazo establecido.
III. Unha vez efectuada a desmontaxe das instalacións, deberá comunicalo a este departamento territorial para emitir a acta de peche.
Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas a presente resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 22 de abril de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
