DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 18 de maio de 2026 Páx. 28678

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de formación e orientación laboral, convocado mediante a Resolución do 18 de xullo de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 162, do 26 de agosto), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 6 de maio de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de febreiro de 2026 (DOG núm. 42, do 4 de marzo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de formación e orientación laboral, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 18 de xullo de 2025 (DOG núm. 162, do 26 de agosto),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, na quenda de acceso libre superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que acaden as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas por esta quenda, sempre que acaden o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos.

Convocada pola quenda de acceso libre unha (1) praza, superarán o primeiro exercicio as persoas aspirantes que obteñan as catro (4) mellores notas, sempre e cando acaden o mínimo do 40 % das respostas correctas.

Feita a corrección dos exames en sesión do día 5 de maio de 2026, a nota de corte establécese en 97 preguntas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, tendo en conta que este número de preguntas correctas da persoa aspirante que acadou o limiar do 40 % de respostas correctas e obtivo a cuarta mellor puntuación.

Tendo en conta o anterior, a valoración de 25 puntos correspóndese con 97 preguntas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Segundo. Publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de formación e orientación laboral.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, os aspirantes que superaron o primeiro exercicio deberán entregar a programación didáctica correspondente ao segundo exercicio o día 4 de xuño de 2026, na sala D situada na planta baixa do Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, entre as 15.30 e as 16.30 horas. A dita programación será recollida polo tribunal e defenderase ante este no momento en que sexa convocado/a para tal efecto, empregando unha copia da programación que se entregou. A programación didáctica fará referencia ao currículo dunha materia ou módulo relacionado coa especialidade en que se participa (formación e orientación laboral) e axustarase ao modelo establecido no anexo XIII da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, e deberá conter un mínimo de catro (4) unidades didácticas.

Resultará excluído do proceso selectivo o persoal cuxa programación non se axuste ao establecido no parágrafo anterior. Non se poderán excluír en ningún caso as persoas aspirantes por deficiencias no contido da programación.

Quinto. De acordo coa base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2026

Patricia Villajos Grande
Presidenta do tribunal