O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2026
Elvira Mª Casal García
Secretaria xeral técnica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
ANEXO
|
Denominación do convenio |
Achega da consellería |
Data da sinatura |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Parada de Sil para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal de Parada de Sil. |
Sen custo |
13.1.2026 |
|
Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Vigo para a realización dun programa de accións en materia de investigación, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. |
34.000,00 € |
16.1.2026 |
|
Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade da Coruña para a realización dun programa de accións en materia de investigación, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. |
27.920,00 € |
22.1.2026 |
|
Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dun programa de accións en materia de investigación, a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. |
692.036,00 € |
29.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Beariz para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Beariz. |
Sen custo |
31.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello da Pontenova para a integración na Rede de bibliotecas públicas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal Os Fornos. |
Sen custo |
31.1.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Escola Galega de Administración Pública para a realización de actividades de formación en lingua galega. |
127.476,48 € |
5.2.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Real Padroado de Sargadelos como contribución para o funcionamento e mantemento da Casa de Administración e realización do proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos. |
35.000,00 € |
10.2.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Université de la Sorbonne Nouvelle, París III (Francia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas. |
111.000,00 € |
16.2.2026 |
|
Segunda addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (Citmaga) para creación de xemelgos dixitais para o estudo e predición da circulación de aire no interior de monumentos, no ámbito do Programa Retech (Redes territoriais de especialización tecnolóxica), e no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU. |
Sen custo |
23.2.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América en materia de cultura. |
259.011,11 € |
24.2.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fiscalía Xeral do Estado para a realización dun curso básico de lingua galega para o ámbito xurídico. |
Sen custo |
6.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Rogelio Groba para a colaboración nos gastos de funcionamento da fundación. |
10.000,00 € |
13.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Cultural Évame-Oroza para a realización de actividades culturais. |
20.000,00 € |
13.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo para o VIII Certame de Rondallas. |
65.000,00 € |
13.4.2026 |
|
Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) para a realización de actividades de promoción do sector da ilustración e do día da ilustración no ano 2026. |
15.000,00 € |
13.4.2026 |
|
Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez e mantemento da fundación. |
15.000,00 € |
13.4.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Fernando Blanco de Lema para a colaboración nos gastos da xestión do Museo Fernando Blanco. |
12.000,00 € |
13.4.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Laxeiro para a realización de actividades culturais. |
20.000,00 € |
13.4.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a realización dun circuíto teatral a nivel autonómico, festival Agustín Magán e xornada 26 anos celebrando o Teatro Amador Galego. |
55.000,00 € |
13.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta de Galicia en materia de formación en patrimonio cultural para o ano 2026. |
20.000,00 € |
14.4.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Pazo de Mos para a colaboración nos gastos de funcionamento da fundación. |
12.000,00 € |
16.4.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Cultural-Musical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos del Museo Casa de La Troya para a colaboración nos gastos de xestión das visitas do Museo Casa de La Troya para o ano 2026. |
12.000,00 € |
16.4.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Eugenio Granell para a realización de actividades culturais. |
12.000,00 € |
16.4.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Gonzalo Torrente Ballester para colaborar nos gastos de funcionamento da fundación. |
15.000,00 € |
16.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Real Academia Galega polo que se instrumentan as subvencións nominativas para accións culturais e de investigación lingüística e para investimentos e se regula o seu réxime de libramentos con cargo aos orzamentos de 2026. |
890.000,00 € |
16.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y de las Actividades Marítimas–Exponav, para contribuír ao funcionamento do Museo da Construción Naval no ano 2026. |
75.000,00 € |
20.4.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Carlos Casares para a realización de actividades culturais. |
12.000,00 € |
20.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación Foro Enrique Peinador para actuacións de normalización e dinamización lingüística. |
15.000,00 € |
20.4.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e Contemporánea, Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia, para a programación expositiva de arte contemporánea, distribuídas en diferentes cidades de Galicia e actividades promovidas pola propia asociación. |
70.000,00 € |
20.4.2026 |
|
Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para a realización de actividades de promoción do libro e a lectura no ano 2026. |
15.000,00 € |
22.4.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Manolo Paz Arte Contemporáneo para colaborar nos gastos da exposición «A distancia que nos une» en Nova York. |
90.000,00 € |
27.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Marco para a realización de actividades culturais, didácticas e de difusión durante o ano 2026. |
100.000,00 € |
27.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas para a difusión, estudo e preservación da obra de Antonio Fraguas Fraguas. |
12.000,00 € |
27.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Colexio da Avogacía de Santiago de Compostela para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística. |
19.000,00 € |
27.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a realización da XXIV edición do Premio de Poesía Afundación. |
8.675,00 € |
27.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Delegación Territorial da ONCE en Galicia para actuacións en materia de normalización lingüística. |
2.000,00 € |
28.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Rosalía de Castro para difundir, estudar e preservar a obra de Rosalía de Castro. |
25.000,00 € |
28.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Padroado do Museo do Pobo Galego para o financiamento durante o ano 2026 de parte dos seus gastos correntes, das actividades culturais e outros gastos de capital. |
501.800,00 € |
28.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia) para a realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística. |
1.000,00 € |
28.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo en materia de normalización lingüística. |
36.000,00 € |
29.4.2026 |
|
Convenio entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Fundación Xesús Bal y Gay para a realización do XIII Festival Bal y Gay. |
35.000,00 € |
29.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para actuacións en materia de normalización lingüística. |
15.000,00 € |
29.4.2026 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro en Galicia no ano 2026, actividades de formación e actividades culturais nas librarías. |
165.000,00 € |
30.4.2026 |
